Issuu on Google+

O ENTROIDO DA ULLA


O ENTROIDO ou CARNAVAL é unha festa que parece ter as súas orixes nas celebracións dionisíacas gregas, que logo pasaron a Roma coas bacanais, saturnais e lupercais. Posteriormente foron asimiladas polo cristianismo e pola Igrexa católica relacionándoo coa chegada da Coresma. Así, Entroido significaría a ‘entrada’ a este período de abstinencia, co que implicaría unha despedida da “carne”, e que abarcaría os tres días anteriores ao Mércores de Cinza, porta da vixilia, de onde toma o nome de carnaval, ‘quitar a carne’. Sería, pois, un tempo de licenza, transgresión e liberdade plena, no que se permitirían facer cousas prohibidas o resto do ano, criticando e ridiculizando feitos da vida cotiá. De xeito popular nalgúns lugares tamén se denomina Antroido.

OS XENERAIS DO ULLA É unha das


modalidades de entroido con características e personaxes propios que encontramos en Galicia. As parroquias que participan nestas festas pertencen aos concellos de Teo, Vedra, Boqueixón, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. Aínda se conserva nalgunha parroquia do concello de Santiago.

Non se coñece con certeza a orixe desta tradición. Uns opinan de que son unha parodia da loita contra os franceses durante a Guerra da Independencia; e outros consideran que tendo en conta os uniformes uniformes e tricornios da súa vestimenta, aluden ás loitas carlistas.

PERSONAXES Existen diferencias dunha zona a outra, mais en case todas os personaxes fundamentais son:


CORREOS

Os correos son chamados tamén lanceirosTeñen a función de adiantarse ao grupo para anunciar a súa chegada, e solicitar permiso para entrar nas eiras ...


Van montados a cabalo cunha chaqueta de veludo, dependendo da zona asĂ­ ĂŠ a cor, con charleteiras, borlas douradas. Levan unha gorreta adornada con doas e abelorios.

Os cabalos dos correos levan un timbre ou un colar de axĂłuxeres

XENERAIS


Son con diferencias os máis vistosos e montados a cabalo, recordan os xenerais do exército napoleónico.

Os seus traxes constan de chaqueta con dúas charreteiras, medallas varias, borlas douradas, un faixín, unha banda e cordón dourado. Pantalón axustado e botas con esporas.


Levan tricornio con plumas de pavo e plumachos de avestruz tinxidos. Os complementos como o sabre, o baston de mando son imprescindibles.

Os cabalos van ricamente adornados, levan unha manta de moitas cores e as veces na espello ou timbre na sĂşa cabeza.


ABANDEIRADO

Viste uniforme mari単eiro e porta unha bandeira.

CORO DE MOZAS E MOZOS


Acompañan ao grupo dirixidos por un director e unha directora, cantando cancións satíricas de critica social ou política. O director de coro viste casaca vermella ( ou doutra cor dependendo da zona) con gorreta, pantalón branco e leva batuta.


A directora viste un vestido de gala cun tocado na cabeza, tamén leva batuta ou abano para a mesma función.

CORO DE VELLOS Persoas adultas cantan cancións con letras picantes ou satíricas.

A FESTA Os correos van polas casas ofrecendo que os xenerais canten vivas a cambio dunha doazón.


Como remate da festa celébrase o acto chamado “atranque, salto ou alto”. Os xenerais divídense en dous bandos e enfróntanse nunha disputa verbal de versos, aludindo a feitos ocorridos durante o ano e relacionados sobre todo coa política, sociedade, cultura e continúan o debate ata que ao final acordan a paz.


Entroido da Ula