Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa

Page 75

Sentado no chan Fred Quincalla miraba arredor. Todo estaba feito con materiais variados, e de cores e tamaños diferentes. Nada que ver co aceiro inoxidable e o ferro pulido da cidade dos robots perfectos, nin coa excesiva beleza da illa dos autómatas fermosos. O vento percorría as rúas como po máxico, outorgándolle unha cor especial a todo. —Aquí hai vida –murmurou Fred. Por estraño que pareza, por primeira vez na súa vida Fred Quincalla sentiuse vivo. Xa non tiña medo, nin sequera polas noites. Naquela vila a ninguén parecía importarlle que falase daquela maneira tan oxidada, pois alí todos falaban dunha maneira particular. Tampouco lles importaba que cometese erros. —Os erros sempre se poden reparar, igual cós barcos –aseguraban os mecánicos daquel lugar. Quincalla fíxose forte. Era feliz no medio daqueles autómatas que non se estra-

75


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.