__MAIN_TEXT__

Page 1

Antón Cortizas VAIA TROPA! 788499 142999

DE 9 ANOS EN DIANTE

9

13 4 3 2 13

I S B N 978-84-9914-299-9

213

merlín Vaia tropa! Antón Cortizas Ilustracións de Mª Reyes Guijarro


Ilustración cuberta: Mª Reyes Guijarro Deseño cuberta: Miguel Vigo Maquetación: Helena Pérez Produción: Xosé M. García Crego 1.ª edición: outubro, 2011

© do texto: Antón Cortizas, 2011 © das ilustracións: Mª Reyes Guijarro, 2011 © Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2011 Dr. Marañón, 12. 36211 VIGO xerais@xerais.es http://xerais.blogaliza.org ISBN: 978-84-9914-299-9 Depósito legal: VG 828-2011 Printed in Spain Impreso en Orymu, S. A. Ruíz de Alda, 3-5 28320 Pinto-Madrid

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


merlín Vaia tropa! Antón Cortizas Ilustracións de Mª Reyes Guijarro


A todos os tolos e as tolas de amar.


PRÓLOGO

Querido lector,

querida lectora, estás ante un libro pasado de moda. Non deixa de ser como unha manía, pretender que lea a xente poesía. Como din que a letra con sangue é que entra, pensei escribir con sangue os poemas; pero desistín porque me mareo cando vexo o sangue, e máis se está fresco! (O sangue en morcilla non me fai efecto, tampouco en filloas me causa tormento.)

7


Entón, pra que che entren cun pouco de xeito lerás as poesías de modo diverso. Pra leres algunhas (é truco de vello) terás que poñer o libro de esguello, Así, chusca un ollo e leas sen medo (se chiscas os dous todo o verás negro). Para outras precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. E noutras poesías coa imaxinación podes atopar o tolo en cuestión.

8


Como non é cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello pra velos con xeito. Se así se consegue cousa divertida quizabes che agraden estas fantasías. Todas elas falan de xente rariña, inda que ás veces máis rara é a vida. Mais hai un intruso no medio de todos que ben que o pareza nada ten de tolo.

9


En fin, diferentes son estas tolemias, se algunhas che gustan dounas por ben feitas E despois de as leres convido a que inventes algĂşn compaĂąeiro pra toda esta xente. MĂĄis nada, que gustes. Asinado: o autor, (non sei se estou tolo ou algo peor).

10


11


1

12


2

Camilo é de Muros e tiña un camelo

que sempre levaba collido do pelo; o bicho bufaba, Camilo tamén, e as xentes en roda, moitos máis de cen, sen tregua o insultaban: Camilo é un camelo!

13


3

En Baiona hai unha casa sen xanelas porque o arquitecto esqueceu facelas. Pero certo día un vello veciño nunha das fachadas fixo un furadiño e puido sacar ao sol as canelas.

15


4

17


5

Naceu un volátil bebé no Rosal,

de parto imprevisto, nun berce casual; naceu de repente e nun santiamén medrou, colleu moza, casou e tamén volatilizouse sen deixar sinal.

19


6

C

,nórdaP ed are e axroB esabámah .non aíd is aíd sotnemep aímoc ,axrog a ellaídra ,abacip ell núgla eS axroB a euq odnicid abalumisid siam .non euq neuqip euq otnemep nu atropmi ell

20


7

U

soznavarag sotiom emoc allev ahn .soznateB odot rop odnaediep iav e !sallero sa omsem e ziran o edapaT allev a iav sov ía euq añixa soedápaT .soznateB odot rop aediep es lat euq

21


8

ca

p

a

s e u c alc e tĂ­ n ,e

arĂ­n q u e g a r d

s aa

r, be n ao a za

e

fal a

a o l are t

s

x e it o

a is

D is q u e h ai u n

22

oe

,

cid

a u n h a as sa c a

na

ha

m

la

r

nM

nd

sen

a e dĂĄ en p aro un

la b

ras no

o ll

ep et

e s . e n fi n

et lar

as


9

Un día pegado a un televisor

quedou frei Vicente, o frade prior. Pasaron os anos e seguiu pegado. «É santo», correuse, e foi venerado: San Televicente das Series en Flor.

23


24


10

Coñezo unha terra, un país de lenda

que chea de festas ten a súa axenda: do grelo, do queixo, do polbo, do recho, do pan, da empanada, e do berberecho... creo que se chama País das Merendas.

25


11

26


21

R

arretsiF ne odican ozom nob nu é orima ;arreug an ratiol arp noramahc o aíd nu euq orit nu nin ued non atsfiicap res rop ,soripsus uoznal ós ariehcnirt a edned siop .arretsiF arp ratlov odnereuq e odnasnep

27


13

Unha vella rusa da Rusia do zar,

que gusta das papas máis ca do caviar, pon cen cuncas cheas todas en ringleira e cómeas a embute cunha escumadeira ao tempo que grita: Isto si é papar!

28


14

Un

home moi fráxil vivía en Mourente era coma o vidro todo transparente. Na vila pasaba desapercibido até que un mal día caeu e, partido, morreu o vidroso señor de Mourente.


a . e a sí so vío

vexan ben

cla , ro

ara que os op na far so dá voltas a o ace

ar á s c r ei

e ir

s bota a

ra

; ira re

o

it e e nt

que vive nun ira fa be

de aló p o ller rR mu i

no

s disque é a poi to , r ro

15

Sei dun ha

cun fac hic


16

Don Fino FiniĂąo naceu no Condado

igual cĂł seu nome era moi delgado e todas as noites quedaba durmido enriba dun libro que non daba lido marcando a lectura todo escarranchado.

32


17

A un certo individuo nacido en Esteiro,

que é ben coñecido por ser contiñeiro, da boca lle saen os chismes a esgalla: unha roda, un ferro, un prato ou navalla… e véndeos na feira por pouco diñeiro!

33


18

Un home moi gordo que vive por Miño

percorre tranquilo calquera camiño; mais como é tan gordo, se atranca no medio, a xente que o atopa non ten máis remedio que saltar por riba do gordo de Miño.

35


19

No Porto vivía María Varuda

unha portuguesa, muller moi forzuda, que lavaba os dentes con pasta e cun brus, pra ir ao traballo collía o autobús e ao lombo o levaba tan pancha e tan ruda.

36


20

Se ao saĂ­r da casa topas de ent rep e c

grande serpe, sorprendentemente, unha

de

or ell a s

e

n queiro n o rmes, trompa longa e grosa, co s

atas, e ep

n el moi rugosa, estate tranquilo(a ): n o ap

ĂŠ un h

as e r pe nte!

37


21

Un rei sen camisa dun país do confín

para mercar unha viaxou a Marín; na primeira tenda quedou moi pasmado e non polas roupas, senón namorado dunha primorosa e chic manequín.

39


22

D

adagova ahnu are sotierP aíL ano .adaS ed aliv an etefub nu añit euq raznad ne abamiet ozíux nu a aí odnaC ,lacsfi oc némat ,zíux oc ,oer oc .adabmal ahnu uo aclop ahnu ,ognat nu

40


32

S

,sodot sorieñiram ,setollev ortac no ,sodom solam iom ed sonem neuq e siám neuq sadazabal esnad etob nun soditem sadacsep sednarg siám añapa neuq rev rop .odomoca nes siam arucserf á odnariehc

41


24

Había unha mestra aló por Monforte

de moita sabenza e elegante porte, e tanto sabía que non lle cabía na súa cabeza a sabedoría por iso a gardaba nunha caixa forte.

42


25

os n ais a berr un río en Naró n s a ú n o l á d n n z a a nse xabó insult n insulta por culpa dun galo e dunha galiñ a que tiveron pitos e buscan madriña, e as dúas pretenden

D

ter a distinción.

43


26

Giovanni Tenorio cantaba en coral

mais cando cantaba facíao moi mal, saíanlle galos e algunha galiña; por moitos ensaios que aquel home tiña nunca ben cantou, mais fixo un curral.

45


27

Aló en Pontevedra habita don Lóxico.

Por ser un primate vive nun zoolóxico, en grande gaiola con reixas de ferro que ten un letreiro que di «Isto é un herro». E así vive o home deste xeito ilóxico.

46


28

Aquel futbolista (o nome non digo)

custoulle un pastón ao Celta de Vigo. Tan caro custou que entre partidos o teñen pechado aló en Balaídos nunha gran vitrina, gardado ao abrigo.

47


29

Era un domador un pouco caguiñas, famoso en Lisboa e cidades veciñas. Como tiña medo da doma das feras xa fose dos tigres, leóns ou panteras, aquel domador domaba galiñas.

49


50


30

Vivía Xacinto nun testo en Marsella en fronte de Rosa das lindas guedellas. Como dos seus testos saír non podían, e moi namorados os dous se querían, mandábanse os bicos mediante as abellas.

51


13

D

ollepse on osicraN esrarim otnat e .ollev esoxĂ­f e arac a uotsaglam oxelpmoc narg nu erfos osicraN arogA oxefler nu nĂłnes anaicaf net non siop .ollepse emrone nu azebac ed zev ne e

52


23

E

olot ollev nu iah oloB od anaiV n oloc on odilloc ollev ortuo avel euq ,orbmo uesnadac ne ,avel zev aĂşs ĂĄ euq orbmosa nasuac e ,setollev sollev suod .oloB od anaiV ed sollev ortac sese

53


33

55


34

Xosé é un comerciante que vende a granel.

Na tenda dá voltas coma un carrusel, pois non ten clientes. Pra non se arruinar compra pra si mesmo, e por se non fiar só vende ao contado con carto efectivo.

56


35

Dona Flora tiña unha ave canora.

Non se separaban a ningunha hora. Cantáballe a ave cancións en francés mentres a señora remollaba os pés botándose auga cunha cantimplora.

58


36

Muller moi chistosa aquela Pandora,

que tamén che era boa pescadora, un día apañou unha gran pescada e contoulle un chiste, e dunha risada morreu a pescada que pescou Pandora.

59


37

Sabino ĂŠ un gran sabio que vive en Carnota que mentres matina non bebe nin gota; e como estĂĄ sempre veĂąa a matinar pasa moita sede e para a saciar Sabino imaxina que bebe con bota.

61


83

N

zuliraM uecan esneruO ed oirrab nu ,zurtseva esrerc ed oxelpmoc o añit euq edadic a adot rop sarierrac sá abadna e edadicolev lat erpmes aílloc e .zul ad etsop nun esuorfanse aíd nu euq

62


93

O

,sábmaC ne eviv euq etnatnac nu é otiT ,sáhcsarracsahc nat ,setatilot nat é euq ,salenitnit nat nat ,saniatiritit nat ...salebarat nat nat ,orietiritit nat .sápmac o ,nótniT namahc ell sodot euq

63


40

Crispín foi criado por unha cegoña

que o trouxo nun trouxe até Taragoña, mais polo camiño perdeu o destino, e nun campanario medrou o meniño de pito adoptivo sen darlle vergoña.

64


41

Un indio poeta, de maneiras mansas,

loce gran plumaxe de plumas de gansa; ter ten moitas plumas, mais non ten tinteiro, e mentres cociĂąa, con fume lixeiro escribe poemas no ceo de Arkansas.

66


42

Xhing ĂŠ unha nipona que veste quimono,

e estache afectada polo mal do sono. Durmiuse na rĂşa, causou tal desastre que un garda multouna e veu un guindastre para retirala de tal abandono.

67


43

Beltrano ten cara de merlo merlón,

uns din que é un bon peixe, outros paxarón, pra o caso é o mesmo xa que é un caradura da cabeza ao embigo, dos pés á cintura; en fin, as dúas cousas: é un peixe voador!

68


44

Pois ĂŠ a Carolina,

que ten un lagarto Cando a Carolina o rĂŠptil ao rabo e menea a moza 70


rapaza da raia, pintado na saia. se pon a bailar non para de dar ata que a desmaia. 71


45

Sei dun xornalista dun grande xornal que escribe noticias dende a capital, e de tal maneira nolas enguedella que onde ĂŠ abella el escribe ovella e nunca se sabe se o que di ĂŠ cabal.

73


46

Un home de Neda, famoso informático

vive tan tranquilo nun pequeno ático. e aínda que ten móbil e mais internet envía mensaxes á moza en Poblet con pombas carteiras porque é máis simpático.


47

Don Listo Sabido era un profesor

que a táboa do cinco sabía de cor, mais ao recitala quedaba atascado no cinco por cinco, e avergoñado pedía chorando un desatascador.

75


84

C

sallaX ed arreT ad sovroc soref orta .sallabrac ortac ed salรณp san naballarg ,corc ,corC :oxid e aedi ahnu ovit nU ?kcor ed opurg nu somecaf non euq rop .allagse a norallarg sovroc sert sortuo so E

76


94

E

,aroh añit non euq aroñes ahnu ar ;aroga nu añit nin ,etno nin ,exoh nin ,adapucoerpsed iom ,opmet nes aíviv adaretla esrev nes aírroc adiv a e .aromed nes uerrom aíd nob nu euq éta

77


50

Remedios Rumores

é un caso especial pois ten un curioso vicio semanal: Compra tres revistas, das do corazón, que mira e remira con tanta paixón que mesmo as devora crúas e sen sal.

78


O Bólas é un club de moito diñeiro que

81

xoga na liga con once estranxeiros que en vez de correr

en tras dunha pelota cada un ten a súa, qu

e bota e rebota, e todos contentos, incluso o porteiro!

51


52

Unha mestra en Muros, que é un pouco badanas, gózache un montón comendo bananas; comelas con pela dálle moito noxo e ter que pelalas prodúcelle anoxo, entón sempre compra as bananas sen ganas.

82


84


53

Coñezo un sarxento que vive en Ferrol

que en vez de ter can ten un caracol. E todas as noites o saca a mexar; tan lento é o bicho, a desesperar, que ao volver á casa xa saíu o sol.

85


54 Unha mulleriña que naceu en Foz é tan pequeniña coma un gran de arroz, sequera ten nome porque non lle cabe; mais ser pequerrecha non é nada grave e vive tan pancha dentro dunha noz.

87


55

Era dona Amalia fiscal de Allariz,

un día naceulle un xasmín no nariz e cando o cortou brotoulle unha dalia, despois unha malva, e a pobre da Amalia a pesar das flores vivía feliz.

88


56

Coñezo un paisano que é de onde son eu

e ten un aspecto igualiño ao meu, e vai a onde eu vou e vive onde eu vivo e dorme onde eu durmo e ri cando eu río. Imítame tanto...! Non sei se el son eu!

90


57

Un

home moi gordo, , nacido en Sevilla ue era marabilla. q a lĂ­ u g en e Ă­a m co n groso e obeso ta e, d n ra g n ta a Estab seu propio peso co o d en d o p n o n que xa unha carretilla. levaba a barriga n

91


58

Unha costureira nacida en Burela

remenda calzóns bebendo purrela, quédase durmida con cada puntada e a pobriña acorda, moi sobresaltada, soñando que vive sobre a Berenguela.

93


59

Brandán é un artista que vive en Mugardos que ten o costume de andar aos biosbardos. Un día chegounos feliz e patriótico dicindo que vira un biosbardo exótico falando en galego por todo Mugardos.

95


60

Honorio o notario é un home notorio;

vive en equilibrio nun alto ciborio. Cal será o motivo desa extravagancia? Dar fe cada día, con certa elegancia, de que se divisa moito territorio.

96


ansfor

Eu sei dun rei Midas nacido en Coruña que converte en

luña unha simple uña, que tr

en lamigo, pudor en ludor, o midas laísta lacido en Loruña.

61

ma o amor en vulgar lamor, amigo


62

Nas brañas do Miño vive unha andoriña.

Tenlle tal cariño a unha tía miña, que nos seus sobrazos constrúe o seu niño con liñas de liño e, vermiño a vermiño, cría as súas crías nesa tía miña.

100


63

Era unha señora, famosa en Carballo,

que pasou a vida sentada nun tallo. A cantos pasaban por diante saudaba: «Boa noite, bon día, boa madrugada...» E así foi o seu saudábel traballo.

102


E foi c oñe c id

moi raro cheg ou a

q

s

Sintra.

v na ba ta

ila de

ra d eit a e n S i n t

pensand oq u ee

o lu s o i lu s o

103

o tra ín

co

.

se

U ipo nt

ue

o

mo

i –dixo m e deite oi c m u on e í l fu s –A e n a L d uín cor t ra a e

64

Lu


65

Un músico fino que

tocaba a guitarra pois dáballe a volta baténdoa tocaba ás vecs ás présas, 104


naceu en Ordes sen saber acordes, e con ela virada unha gran pandeirada รกs veces engorde. 105


66

Un nacho curioso de aló por Viveiro

tíñalle manía ao mes de xaneiro; polo san Silvestre desaparecía, e o nacho en ningures nese mes vivía e cun mes de menos volvía en febreiro.

107


67

No lago Alcaián que está en Coristanco

reside un lavanco que é branco e non manco. Non sabe voar, como era o previsto, porque é un lacazán e coida que é listo por ser de Alcaián, ser pato e ser branco.

109


68

Que lista que era Calista, a de Ourense,

tan lista e relista que che era forense; un día Calista a lista se alistou na Santa Compaña que acompañou e así foi fantasma de trapo trapense.

110


111


112


69

(Ao grupo Espazo Lectura de Gondomar)

Había un artista aló en Gondomar

que dende a súa casa non miraba o mar. Como era pintor tiña moitas mañas: Pintou transparentes casas e montañas e así a través delas puido ver o mar.

113


70

Falacias faladas falsete faquir

fermoso feitizo felino feliz funestos fulanos fuxindo fusil folerpas fogosas florete florĂ­n finxidas figuras finas fitas FIN.

115


E por se isto fose pouco engade se queres tres tipos máis loucos. ..................................................................... cesta ..................................................................... testa ................................................................ traballo .................................................................... atallo ................................................................... besta. ................................................................ canguro ................................................................... futuro .................................................................. fariña ................................................................... veciña ................................................................. escuro. ................................................................ pescada ................................................................. escada ................................................................... mozo ................................................................ pescozo .................................................................... nada.

117


Nota Este libro de poesía do absurdo, do sen sentido, está para ser lido de formas diversas, compaxinándose caligramas con determinadas ilusións ópticas e outros modos orixinais de presentar os poemas. Hai unha serie de poemas que terás que ler axudándote do espello flexíbel que vai ao final do libro, xa que van do revés, poñendo este ao seu carón. Van nas páxinas 20-21, 27, 40-41, 52-53, 62-63, 76-77. O espello tamén o terás que utilizar para poder ver ben os debuxos anamórficos que están nas páxinas: 34, 48, 69, 83, 89, 92, 101, 106, 111. Para iso deberás coller o espello e darlle forma cilíndrica colocándoo centrado e en fronte ao debuxo, poderás ver este de forma normal. Con outros poemas terás que ir dándolle voltas ao libro na dirección en que te leve o debuxo para podelos ler e incluso nalgún, para entendelo, poñelo de esguello, ou lelo en vertical. Noutros moi difícil o terás, por iso a solución ímoscha dar: É o poema número 11. Debes lelo poñendo o libro á altura dos ollos e miralo dende o bordo, seguindo a orde dos números que van incluídos na ilustración.


Por se che resulta moi difícil, aquí che vai a solución: Nunha humilde casa do centro de Lugo mora un xubilado que ten un teixugo, e rosma que rosma falan sen atranco e os veciños pasan as noites en branco por mor do teixugo e do vello de Lugo. Na páxina 117 e xa ao final, inclúense tres esquemas de estrofas, coas palabras finais dos versos, para que, tal como se convida no prólogo, o lector/a, e collido xa o ritmo e o estilo dos poemas, se anime e se atreva a engadir algún tolo máis a esta tropa.

Profile for Xerais

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas  

LIBRO COMPLETO. Ilustracións de María Reyes Guijarro. «Vaia tropa!» é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser...

«Vaia tropa!», de Antón Cortizas  

LIBRO COMPLETO. Ilustracións de María Reyes Guijarro. «Vaia tropa!» é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser...

Advertisement