Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa

Page 12

12

ta de furia pois non soportaba que un cociñeiro lle dixese aquelas dúas verdades, así que, non contenta con despedir ao Gran Gogol, acusárao de roubar os cubertos de prata. Tras o anoxoso episodio Gran botara a correr para non ser detido pola garda da duquesa. E pouco despois, durante a súa carreira, coñeceu a Leopolda. Leopolda sabía o mirado que era o Gran Gogol cos horarios da comida, pero tamén sabía que el sempre acababa perdoándollo todo. Ela non era unha duquesa. —Leopolda, por favor, baixa… —Que si. Unha vez máis o Gran Gogol suspirou e mirou a cabeza do peixe asado buscando complicidade. Mais o peixe asado non pensaba ofrecerlla, non despois do trato que recibira. —É a hora de cear, Leo –dixo Gran respirando fondo cando ela baixou por fin–. Comer é necesario.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.