Ai feb 2014

Page 1

73

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | febreiro 2014

Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 Edita: edicións embora | Director: Miguel Toval | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación Departamento comercial: Bucle Comunicación | Depósito Legal: C 4370-2007 | ferrol@edicionsembora.es | Nº 73 • Ano VI A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos.

Carlos Blanco ao vivo

Made in Jabón presenta “Bubble Bros”

Abrapalabra trae ao Pazo da Cultura “As do peixe”

O pianista Cecilio Tieles actúa no Teatro Jofre


2#

febr eiro 2014

ENTREVISTA

Asociar o VIH a condutas socialmente mal vistas pesa máis que a obxectividade”

“ p e e

Carlos Var

Despois de catro anos como responsable da ONG Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol, este educador social deixa paso un novo secretario. Antes, fai un percorrido pola difícil actualidade da asociación que vai abrir novas sedes en Vigo e Santiago TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Kiko Delgado

AÍ. Que é Lazos Pro Solidariedade? CV. Unha ONG sen ánimo de lucro fundada en 1995 que presta axuda sociosanitaria e formativa a afectados polo virus de inmunodeficiencia humana (VIH) que non están cubertos polas administración públicas. Tamén desenvolve unha actividade asistencial noutros eidos. AÍ. Que cambiou nestes anos para os enfermos de VIH? CV. Se nos remontamos a 1995, acompañábase aos enfermos ata os últimos momentos. A finais de 1996 apareceron os tratamentos efectivos e o paradigma cambia para todos. Comeza a posibilitarse un proxecto de vida que antes era inexistente, estabamos condenados a unha morte segura. Así, o que nos pasa a preocupar é o apartado dos dereitos, a discriminación existente no ámbito social e sanitario. AÍ. Tamén no sanitario? CV. Un estudo revela que o feito de asociar o VIH a condutas socialmente mal vistas pesa máis que a obxectividade de que o virus se transmite por unhas vías moi concretas. Aínda que se presupón que o persoal sanitario debería dominar esa información. AÍ. Que servizos prestades? CV. Desde 2006 cambiamos as areas de

atención non só xa cara a prevención, sobre todo en colectivos vulnerables (traballadores sexuais, usuarios de drogas, homes que teñen sexo con homes, etc.) e dar apoio ás persoas xa infectadas, e ampliamos o abano a persoas con risco de exclusión social, xente sen fogar e inmigrantes. E por suposto a persoas co VIH. Así, desenvolvemos programas de prevención primaria en mozos e colectivos en risco. Tamén, en 2010 comezamos de xeito pioneiro en Galiza un programa de detección de corpos do VIH a través da realización de probas rápidas que posibilitan a confidencialidade e evitan a exposición. En canto á exclusión social, temos tres programa: calor e café, para persoas con risco de exclusión social. Alimentación, hixiene e un lugar que lles permita mellorar a súa situación a base de obradoiros e cursos. Está “Incorpora”, un programa de incorporación sociolaboral para persoas con VIH, cuxa taxa de paro oscila entre un 50% e un 70%. Tamén estamos a dar charlas en institutos nun programa de prevención centrado na mocidade. Temos unha páxina web: www.lazosprosolidariedade.org/web. AI. Cantos traballades en Lazos? CV. Fomos cinco, un número suficiente, pero agora somos tres: un psicólogo, unha traballadora social e un educador social. Poucos porque falamos dunha


fe b r e i r o 2 01 4

# 3

“Somos 3 traballadores; poucos para dar atención personalizada a moita xente

“Desenvolvemos programas de prevención entre mozos e colectivos en risco”

arela

“A asistencia integral ten que ser un dereito universal”

atención personalizada a 30 ou 50 persoas diarias. Tamén contamos co voluntariado, que varía entre 6 e 10 persoas e a quen formamos nós mesmos a través de obradoiros. AÍ. Que problema tedes co voso local? CV. O espazo é moi importante. Hai que ver que o 90% das persoas seropositivas vive esta situación de xeito oculto e nós somos as únicas persoas coas que falan do seu problema. É clave ter un espazo que permita a confidencionalidade e intimidade. Tivemos un local na rúa Fernando VI e algo melloramos no actual da rúa Doutor Fleming, pero non abonda. Demandamos un espazo ao Concello, ofrécenos un en Recimil que cumpre polo tamaño pero non pola habitabilidade. Amañalo custaría 95.000 euros sen garantía de non facer novas reformas. Deste xeito a Deputación ofrécenos 60.000 euros e a solución sería obter un local do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), con quen xa falamos, e empregar a subvención da Deputación para arranxalo.

AÍ. Tedes moitas axudas? CV. Despois de ter que prescindir de dous traballadores, non se pode facer máis con menos. A nosa situación é límite. En 2010 recibimos 21.000 euros da Xunta e este ano foron 6.000. A Deputación pasou nun ano dos 12.000 aos 7.000, mentres que o Concello mantén 13.000 euros pero xa non por un ano senón por 15 meses. En novembro pasado iniciamos o Plan de Inclusión Social de Galicia como entidade de referencia para a axuda da poboación inmigrante, polo que nos aportan 7.000 euros. Tamén colabora con nós o laboratorio Gilead con 5.000 euros. Os socios, calquera pode selo, aportan 24 euros ao ano e hai unha cota especial para desempregados por 5 euros. AÍ. É suficiente? CV. Non. Aquí hai moitos gastos. A clave está no atraso dos pagos da Administración. Nos facemos as cousas, xustificámolas para subvencións pero para cobralas no canto dos tres meses que deberían tardar como procedementos administrativos, poden pasar ata dous anos. Temos que endebedarnos con liñas de crédito que logo impídennos acceder a subvencións porque estamos endebedados, e vivimos nun círculo vicioso que só beneficia aos bancos. AÍ. Como estades a vivir a crise? CV. Para nós e devastadora polo anterior e pola con supresión de programas para enfermos de VIH. A asistencia integral ten que ser un dereito universal nas mellores condicións, e non abonda só co voluntariado.


4#

febr eiro 2014

música

teatro

Teatro Jofre | 01.02.2014 | 20.30 h | 18 euros

Pazo da Cultura | 01.02.2014 | 20.00 h | 12 euros

en un lugar del quijote HUMOR E MÚSICA EN DIRECTO PARA UNHA NOVA VERSIÓN DUN CLÁSICO UNIVERSAL CO QUE A TODOS NOS GUSTA IDENTIFICARNOS. unha proposta teatral moderna e magnífica

Con pasión A CANTANTE PASIÓN VEGA E O DÚO DE PIANO DEL VALLE PRESENTAN UN ESPECTÁCULO MUSICAL ECLÉCTICO E MOI ALONXADO DO ESTILO PRIMEIRO DA ARTISTA MALAGUEÑA

A cantante andaluza Pasión Vega presenta no Jofre o espectáculo “Dos pianos con Pasión”, unha proposta escénica que Pasión Vega comparte co dúo de pianistas malagueños Del Valle, os irmáns Víctor e Luís. O concerto é un abrazo entre músicas clásicas e populares que vai do jazz ao flamenco e pasa polo klezmer, o fado, o music hall e a copla sen esquecer as influencias dos compositores da chamada música culta. O dúo del Valle é unha das agrupaciones camerísticas máis relevantes do panorama actual. Coa súa procura constante de novos xeitos de entender a música Pasión Vega e este dúo clásico apostan pola fusión de estilos nun espectáculo dirixido por Vanessa Rodríguez que permitirá ao espectador escoitar músicas de Manuel de Falla, Agustín Lara, Ernesto Halfter Manuel Infante, Santos Discépolo e Eric Satie, entre outros.

Nunha gran biblioteca imaxinaria, o fidalgo Alonso Quijano recrea as súas marabillosas fazañas como cabaleiro andante mentres Miguel de Cervantes escribe a súa obra mestra... Quen é máis real, Cervantes ou don Quixote? Quen soña e quen vive? Chega a Galicia, precedida dunha excelente acollida da crítica, a versión “Ron Lalá” de Don Quixote: unha gran aventura do teatro, a palabra e a música en directo para experimentar en vivo toda a graza, a maxia, a rebeldía, a tristeza e a fondura dunha obra inmortal. A proposta desta compañía é unha combinación de música e textos orixinais cunha linguaxe escénica propia, posto todo ao servizo do humor crítico. música Teatro Jofre | 06.02.2014 | 20.30 h | 15, 12 e 6 euros

CONCERTO DA SINFÓNICA DE GALICIA a sociedade filharmónica ferrolana convida este ano por vez primeira á orquestra sinfónica de galicia

O violonchelista francés David Ethève, na actualidade solista deste instrumento na Sinfónica de Galicia, será o protagonista dun programa que inclúe as obras “Cap de Quers”, de David del Puerto, o Concerto para violonchelo e orquestra, en la menor, op. 129 de Schumann, o Agnus Dei de Penderecki e as Cancións Eternas de Karlowicz. A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará nesta ocasión baixo a dirección do polaco Michal Nesterowicz.


fe b r e i r o 2 01 4

TEATRO familiar

TEATRO

Teatro Jofre| 08.02.2014 | 20.00 h | 10, 8 e 5 euros

Pazo da Cultura | 15.02.14 | 20:00 h | 9,50 €euros

# 5

OS IRMÁNS BROS

tempos de paz

A COMPAÑÍA madrileña “MADE IN JABÓN” presenta un espectáculo de

a COMPAÑÍA PORTUGUESA DE TEATRO

humor xestual con burbullas xigantes. unha obra chea de Fantasía

CONTEMPORÁNEO A ESCOLA DA NOITE TRAE A

que vai encantar aos máis cativos

NARÓN UNHA OBRA SOBRE A GUERRA

O xenial Dr. Bros, o máis sabio de todos os científicos, médicos e alquimistas, áchase inmerso nun experimento fascinante que cambiará a súa vida. Todos os seus coñecementos e sabedoría foron adquiridos pola súa incansable labor de experimentación nun laboratorio secreto perdido na sabana africana. O gran soño do Dr. Bros é conseguir aquilo que a ciencia sempre perseguiu: a creación doutro ser humano. O seu experimento consistirá na fusión de diversas materias, como o éter, o aire e o xabrón, dentro dunha gran máquina esférica, dando lugar a unha persoa de tamaño real.

O 18 de abril de 1945, cando a II Guerra Mundial está preto do fin, un emigrante polaco, Clausewitz, desembarca no porto do Río de Janeiro, en busca dunha nova vida como agricultor. Á chegada ten que falar con Segismundo, un oficial da alfándega que desconfía do polaco. Sen o salvoconducto asinado por Segismundo, Clausewitz non entrará no Brasil. Segismundo propón un desafío ao estranxeiro, o que leva aos dous personaxes a confrontar as súas memorias: dun lado un actor que perdeu familiares e amigos, do outro un ex-torturador que sempre cumpriu ordes.

MONÓLOGO Teatro Jofre | 16.02.2014 | 20.00 h | 12 euros

carlos blanco (ao vivo) o actor galego máis querido polo público presenta no jofre o seu espectáculo carlos blanco ao vivo (de momento), unha chea de retranca e sentido común

Tras actuar en London como Charles White (velaí os éxitos do decreto do plurilinguismo), Carlos Blanco trae ao Jofre un espectáculo recompilatorio da súa traxectoria co que está a percorrer todos os teatros do país. Nel conta como Maradona estivo a un chisco de xogar no Cambados (por cartos non foi!), entre outras cuestións que explican como está o país.


6#

febr eiro 2014

TEATRO

TEATRO

Pazo da Cultura | 22.02.2014 | 20.00 h | 9,5 euros

Teatro Jofre | 22.02.2014 | 20.30 h | 15, 12 e 10 euros

AS DO PEIXE a compañía abrapalabra pon en escena “as do peixe”, unha obra de candido pazó baseada en testemuñas reais da vida das traballadoras das fábricas de conserva

el día de la madre unha comedia tradicional con tres grandes actrices é o que propón o teatro jofre para o derradeiro sábado do mes

Catro mulleres reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Lembran o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. A súa historia, e a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrube dunha economía e dun xeito de vivir. As súas vidas pasarán por diante delas facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi, e enfrontarse a un presente cheo de incertezas.

“El gran día de la madre’ é unha historia cómica sobre unha familia na que unha avoa, unha nai e unha neta descobren que en realidade non son familia; a partir dese momento xorden as dúbidas entre os personaxes pero, no entanto, as tres mulleres da familia deciden celebrar a festividade dunha forma que non esquecerán. A obra está interpretada por Marta Megías, Rosario Pardo e Carmen Gutiérrez baixo a dirección de Julián Quintanilla.

Clínica veterinaria

CANTÓN

C/ Carmen, 2 bajo Ferrol (A Coruña) T 981 35 11 44 / 630 03 20 21


fe b r e i r o 2 01 4

EXPOSICIÓN

TEATRO infantil

C.C. Torrente Ballester | Ata o 25 de febreiro

Teatro Jofre| 23.02.2014 | 18.00 h | 5 euros

os anos circulares

UNHA DE ASTRONAUTAS

a exposición pecha o proxecto Afluentes e

teatro dos ghazafelhos presenta nova obra. ·3, 2, 1...” é unha

# 7

ten como intención revisar a renovación

historia do espazo, de astronautas e ausencia de gravidade. unha

de linguaxes na arte galega

obra sen palabras para toda a familia

Os anos circulares. Afluentes 94 explora a situación da arte en Galicia a partir dos anos noventa, momento no que se producen varios feitos significativos que levan aos expertos a falar dunha época de cambio no mundo da arte. Son intres de xurdimento de institucións específicas como o CGAC ou ciclos expositivos como Miradas virxes realizados no propio Centro Torrente Ballester. O coñecemento das linguaxes e o campo creativo dos artistas novos permitiralles manexar unha serie de materiais que os distinguirán claramente das xeracións anteriores. MÚSICA Teatro Jofre | 26.02.2014 | 20.30 h | 12, 8 e 6 euros

ao piano: cecilio tieles ten actuado en prácticamente todo o mundo e a súa labor concertística está abondosamente recoñecida en latinoamérica, asia e europa. Remata o mes no jofre

Cecilio Tieles, nacido en La Habana, formouse musicalmente nos Conservatorios Nacional de París e Tchaikowsky de Moscú. Foi o primeiro músico cubano en defender a súa tese no Instituto Superior de Arte de Cuba. A súa actividade artística, caracterizada pola súa técnica segura e musicalidade, así como polo seu amplísimo repertorio, foi recoñecida pola crítica en numerosos países de Europa, Asia e América onde ofreceu a súa arte.

Os membros da compañía Teatro dos Ghazafelhos, Pepablo Patinho, Jorge Casas e Montse Piñón veñen de estrear obra. Esta vez propoñen teatro xestual e mímica, ademáis de manipulación de títeres e outros obxectos e –tamén– música. A obra conta o encontro entre dous extraterrestres que se atopan por casualidade e como resultado das súas exploracións nun planeta descoñecido para eles. Unha obra chea de humor e ternura na que os máis pequenos e as súas familias irán descubrindo os sentimentos dos personaxes e participarán das súas decisións sobre se quedar ou non a vivir nese planeta e o porque das súas decisións.


8#

febr eiro 2014

praceres solitarios xuvenil

a illa de todas as illas Apaixonada reivindicación da literatura para todas as idades; un artefacto requintado que recupera o espazo insular como territorio vizoso para a imaxinación.

autor: Xavier P. Docampo EDITORIAL: xerais PÁXINAS: 168 PREzO: 16 euros

O volume móvese en dúas partes, por unha banda está a aventura de tres nenos na misteriosa illa Coelleira onde “realidade” e imaxinación conviven a través do encontro entre os personaxes “reais” e diversos protagonistas de aventuras literarias ben coñecidas polo lector medio. Unha ponte na que a literatura reivindica o seu ADN. Por outra banda, Docampo remata o libro cun pequeno ensaio no que reflexiona sobre a illa como espazo de imaxinación a través de exemplos de obras sobranceiras onde non faltan autores como Stevenson, Verne ou Cunqueiro con exemplos incontestables como “A illa misteriosa”, “Robinsón Crusoe”, “Venres ou a vida salvaxe” ou a perfecta “A illa do tesouro”, así como outros títulos, moitos deles accesibles en galego. Ao longo do libro acompáñannos as ilustracións magníficas de Xosé Cobas, que unha vez máis potencia o rico e apaixonado mundo de Xabier P. Docampo. Todo un convite á lectura máis fascinante e proba contundente do difícil que resulta ás veces separar a literatura para mozos da de adultos.

viaxes

terror

autor: david pintor

autor: Edward bulwer-lytton

EDITORIAL: kalandraka

EDITORIAL: impedimenta

PÁXINAS: 64

Páxinas: 108

PRECIO: 15 euros

PRECIO: 14,95 euros

lisboa

La casa y el cerebro

Nun delicioso paseo en bici, este debuxante plasma a súa fascinación por Lisboa cunha trintena de imaxes cheas de frescura, a súa capacidade para mostrar distintos espazos da capital –os coñecidos e os os menos populares para os turistas– introducindo elementos imaxinarios á vez que recolle a esencia da paisaxe e a identidade lisboeta: a luminosidade dos lugares, as rúas empedradas, o colorido dos tendais e os azulexos, o ambiente acolledor das prazas, os xardíns e terrazas entre a arquitectura doméstica e monumental.

Coa recomendación afervoada de H. P. Lovecraft, estamos ante un dos mellores contos de fantasmas e casas encantadas. O narrador relata como pasou unha noite nunha casa e as terribles visións que alí tivo. A través dunhas cartas comeza a desvelar o segredo dunha das habitacións e o que alí sucedeu, conectado cun ser de malignidade insoportable. Este fantástico relato, cuxo final deixa no aire un arrecendo diabólico, é obra do inglés Edward BulwerLytton (1803-1873).


fe b r e i r o 2 01 4

delicias sonoras

música

the new medicants “Into the lime” (2014)

felices “CoraSons” brasileiros e portugueses

Quen estivera o pasado decembro na sala Super 8 de Ferrol para ver en directo o novo proxecto de Norman Blake (Teenage Fanclub) Joe Pernice (Pernice Brothers) gardará esa data como un grato recordo. O dúo radicado en Ontario publica agora o seu primeiro LP, un disco que naceu en principio para ser a banda sonora da película baseada no libro de Nick Hornby “A long way down”, e que potencia todas as súas virtudes en directo: grandes voces, son de guitarras cristalinas e un chisco de melancolía. Acompañados do batería canadiano Mike Belitsky (The Sadies), queda claro que a unión de ambos talentos potencia as súas mellores características. Os temas máis sensibles de Pernice e os máis intensos de Blake conxúntanse con naturalidade facendo ao que axudan unhas voces que en nada teñen que envexar aos Stealers Wheel de Joe Egan e Gerry Rafferty. Temas como “If you only knew her”, “Cruel Anette” ou “Out of the lime” amosan como o talento pode abrirse paso aínda que non se faga nada novo. Comeza 2014 e xa temos un dos discos que sen dúbida estarán na listas dos mellores a finais de ano.

# 9

Os proxectos creativos teñen ás veces orixes do máis particular. Eis unha exposición de fotografía da artista portuguesa Isabel Leal sobre corazóns que engaiola á cantante Uxía, quen semella estares en absolutamente tódalas frontes da música galega actual. Desa fascinación nace un lusofónico traballo que consta dun CD e un DVD máis que interesantes. Editado coa fermosura e calidade que adoita Kalandraka, a obra adicada ao mundo do corazón e dos sentimentos (con paixón e humor necesarios para afastarse de sentimentalismos) implica a outros artistas como Magín Blanco, Chus Domínguez, Xoán Curiel, Najla Shami, Sérgio Tannus, Carlos Blanco, António Zambujo, Rui David, Budiño, Joao Afonso, Tatán Cunha e outros ata sumar uns 40. Tras un concerto inicial na Casa das Crechas de Compostela para acompañar a exposición de Leal,engádense artistas e cantores e a iniciativa toma forma definitiva na illa de Arousa cun gran concerto en abril de 2012 e a paralela gravación dos temas durante tres días. A edición de “CoraSons” aporta 19 cancións onde poden escoitarse todo tipo de ritmos ou sonoridades nunhas pezas que teñen ao amor como centro da súa diana. As letras están incluídas no libro-CD e acompañadas dunha escolma das fotografías de Isabel Leal. Canda isto, o traballo inclúe tamén un fermoso DVD elaborado pola man mestra de Paco Abelleira que sabe transmitir como a maxia das casualidades acaba por converterse nun proxecto creativo da altura e calor deste “CoraSons”, auténtico tributo á amizade a través da música, a palabra e a imaxe.


1 sábado

8 sábado

exposicións

narón

ferrol

FERROL

teatro En un lugar del Quijote. Ron Lalá. Pazo da Cultura. 20.00 h

espectáculo familiar Bubble Bros. Made in Jabón. Teatro Jofre. 20.00 h MÚSICA Delocos (Tributo a Loquillo & Trogloditas). Sala Súper 8. 22.30 h

AFLUENTES 94. os anos circulares Pintura. C.C. Torrente Ballester, ata o 28 de febreiro.

ferrol MÚSICA Pasión Vega. Teatro Jofre. 20.30 h

NARÓN horarios Fundación Caixa Galicia Luns a venres: de 12.00 a 14.00 h e 16.00 h a 21.00 h. Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h. Centro Cultural Torrente Ballester Martes a domingo: (incluído festivos) de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h. Luns pechado. Centro Cultural Carvalho Calero Luns a venres: de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h. Ateneo Ferrolán (Oficina provisoria por obras) Luns a venres: de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.30 h. Real Coro Toxos e Froles Luns a venres: de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h. Sábados: de 12.00 a 14.00 h. Galería Sargadelos Luns a sábado: de 09.00 a 21.00 h. Casa das Palmeiras de Neda: De luns a domingo: de 17.30 a 19.30 h. Casa da Cultura de Valdoviño: De luns a venres: de 16.00 a 18.00 h. Luns e mércores tamén en horario de mañá: de 10.00 a 13.00 h. Casa da Cultura de Fene: De luns a venres: de 16.00 a 21.30 h. Martes e xoves tamén en horario de mañá: de 10.00 a 12.30 h.

comedia Noites de retanca: Víctor Fábregas, Manuel Manquiña e Rober Bodegas. Pazo da Cultura. 20.00 h 13 xoves

música Victor Aneiros Band & Julie Guravich (Blues Night). Sala Super 8, 22:30 h 2 Domingo

ferrol

NARÓN

NARÓN

cine Sweeny Todd V.O.S.. Cines Dúplex. 20.00 h Noche de humor Fran Nogueira. Sala Super 8, 22:30 h

TEATRO contemporáneo Novas diretrizes em tempos de paz. A escola da noite. Pazo da Cultura. 20.00 h

comedia As do peixe. Abrapalabra creacións escénicas. Pazo da Cultura. 20.00 h

NARÓN

ferrol

16 domingo ferrol

teatro infantil El gallo de las veletas. La Canica. Teatro Jofre. 18.00 h

ciclo de monólogos Carlos Blanco. Ao vivo (de momento). Teatro Jofre. 20.00 h

6 xoves

20 xoves

ferrol

ferrol COMEDIA As mil vidas de Matías Houseman. Teatro do Adro. Café Teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h

23 Domingo ferrol teatro infantil 3, 2, 1. Ghazafelhos. Teatro Jofre. 18.00 h 26 mércores ferrol Música clásica Cecilio Tieles. Concerto de piano Teatro. Teatro Jofre. 20.30 h 6 xoves ferrol

15 sábado CINE Charlie y la fábrica de chocolate V.O.S.. Cines Dúplex. 20.00 h

ferrol teatro Hagamos lo que hagamos. Corrales de comedias Teatro. Teatro Jofre. 20.00 h

MÚSICA clásica Orquestra Sinfónica de Galicia. Teatro Jofre. 20.30 h MÚSICA The fleshtones. Sala Super 8, 22:00 h

Música TórtelConcierto GPS Sala Súper 8. 22.30 h 22 sábado ferrol

7 venres ferrol Música Alén de Ancos presenta Trinus. Sala Súper 8. 22.30 h

CINE Batman V.O.S.. Cines Dúplex. 20.00 h

música Riff-Raff. Sala Súper 8. 22.30 h

teatro de humor El gran día de la madre. Qdequintanilla. Teatro Jofre. 20.30 h MÚSICA 1996 (Rock band-versiones 90’s. Sala Súper 8. 22.30 h

CINE Batman Returns V.O.S.. Cines Dúplex. 20.00 h


En xaneiro… draMa

coMEdia

12/01

16/01

narración oral

17/01

narración oral

18/01

coMEdia

tEatro contEMPoránEo

24/01

30/01

domingo

xoves

venres

sábado

venres

xoves

la pavana

unahoramenos

encontro internacional de narración oral

encontro internacional de narración oral

eme 2 emoción&arte

viriscrón

Una jornada con cierto particular sexo

oswaldo Pai contada colectiva

Meu ben

Sobre o desamor e outras mariconadas

e en febreiro… tEatro cláSico

01/02

coMEdia

13/02

tEatro contEMPoránEo

15/02

coMEdia

22/02

sábado

xoves

sábado

sábado

ron lalá

teatro do adro

a escola da noite

abrapalabra creacións escénicas

En un lugar as mil vidas del Quijote de Matías Houseman

novas diretrizes em as do peixe tempos de paz

Máis información en: www.padroadodacultura.es facebook/padroadodeculturaconcellodenaron


/ferrolcultura

Programa cultural

Febreiro 2014

Axenda Teatro Jofre

01 sáBAdo

08 sáBAdo

Son’S do jofre

eSPectáculo fAmIlIAr

16 €**

20:30 horas

22 sáBAdo 10/8/5 €*

20:00 horas

Pasión Vega

Bubble bros

en concerto

teAtro de Humor

15/12/10 €*

20:30 horas

el gran día de la madre

mAde In jABón

qdequIntAnIllA

13 xoves dePorte

02 domingo teAtro InfAntIl

Gala do deporte ferrolá

5€

18:00 horas

23 domingo teAtro InfAntIl

15 sáBAdo

el gallo de las veletas

teAtro

10 €

20:00 horas

lA cAnIcA

5€

18:00 horas

3, 2, 1

GHAzAfelHoS

Hagamos lo que hagamos corrAleS de comedIAS teAtro

16 domingo cIclo de monóloGoS

06 xoves múSIcA cláSIcA

10 €***

20:00 horas

carlos Blanco

15/12/6 €*

Ao VIVo (de momento)

20:30 horas

orquestra Sinfónica de Galicia

23 mérCores múSIcA cláSIcA

12/8/6 €*

20:30 horas

concerto de piano cecIlIo tIeleS

en concerto

*Zonas A/B/C **18 € o día da actuación ***12 € o día da actuación

Axenda outros espazos 11/11/13 ao 28/02/14

C. C. Torrente Ballester

Exposición

Capela do C.C. Torrente Ballester

Afluentes 94. os anos circulares

Información e venda de entradas: T 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | Taquilla Teatro Jofre y C.C. Torrente Ballester


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.