Acuario

Page 1

MARÍA CANOSA • DANI PADRÓN

edicións embora




Colección: Fardel dos soños

A meu avó, que xa se foi e sempre está, coma o vento, o aire, o mar. María Canosa

Acuario María Canosa e Dani Padrón © do texto orixinal: María Canosa © das ilustracións: Dani Padrón © desta edición: Edicións Embora, 2012 R/ Galiano, 63 - 1º. 15402 Ferrol www.edicionsembora.es Impreso en C/A Gráfica Primeira edición: xuño 2012 ISBN: 978-84-92644Depósito Legal:


edicións embora

MARÍA CANOSA • DANI PADRÓN


Marta, Xoán e os seus amigos queren saber do fondo mariño. Hoxe non poden meterse no mar por iso o acuario terán que observar. Hai ducias de peixes algas e moluscos de distintas cores para todos os gustos. Miran cara a eles a través do cristal e unha grande historia queren inventar. Chea de piratas e tesouros grandes tal coma os peixes que viven nos mares.



SOLL A

Vive agochada a rentes da area alí non a ven peixes nin baleas.

As súas aletas son de cartilaxe para que resulte mellor a viaxe.

Redonda cal lúa e figura plana dun feixe de espiñas está rodeada.

Irás con coidado ao andar pola beira pois podes pisala tapada coa area.

Aínda sendo parda parece sevillana pois con moitas pintas está decorada.

Se a sentes moverse baixo os teus pés ti terás cóxegas e ela, a correr!



Din que no barco se agocha un tesouro o primeiro en buscalo foi o amigo polbo. Cóntanche del que é intelixente e así move o corpo coidadosamente. Por extremidades ten oito raxos non é ningún sol, sonche os seus brazos! Nestes apéndices ten fortes ventosas con elas agárrase a furnas e rochas. Que brando, que mol corpo e cabeza, ben pode meterse nalgunha botella.

POLBO

Como unha mensaxe poderá chegar navegando no vidro moi lonxe no mar.



Vén dende o río e queda na porta non lle gusta o sal á fermosa troita. Non pode achegarse ao fondo do mar, e o barco pirata non vai explorar. Mantense moi leda e falangueira no lombo pintada leva unha pingueira. Cabeza pequena e cores douradas toda ela de manchas está salpicada.

TROITA

Foxe a troita lonxe do mar a boca no anzol non quere picar.



Maxestosa e calada entre as augas frescas avanza con graza movendo as aletas. En vez de coroa leva ben chantada no alto do lombo unha crista espiñada. Así son tamén as dúas aletas que adornan o peixe e nadan á présa. Que grande a robaliza que fermosa e longa un peixe feitiño da cabeza á cola. Co seu penacho semella un galo pero cando medre será un robalo.

ROBALIZA

É feliz o peixe no medio do mar pero asado ou cocido, ben rico que está!



SARDIÑA

Dorme a sardiña no buque afundido, un barco pirata por corsarios vencido. Leva cen anos sen ir navegar coidando dos peixes que viven no mar. Son as sardiñas os seus preferidos que acoden en bancos buscando acubillo. Chegan todas xuntas coma unha familia son moi divertidas dan voltas e brincan. Viran sen parar e do verde azulado amosan a prata que levan nos flancos. Que presumidas son estas sardiñas co manto brillante parecen raíñas.



Esta agulla cose sen fío as augas do mar e non as do río.

Ao afouto robalo quere namorar con fitas de argazo vaise engalanar.

Moito lle gusta na auga nadar e así as ondas poder enfiar.

Chíscalle un ollo e mándalle un bico que lle sae da boca en forma de pico.

Busca no fondo do barco pirata vestidos de seda, colares de prata.

AGULLA



Vive nas entrañas das profundidades por iso non fai grandes amizades. É moi escuro, negro ou mouro o peixe sen cores chámase congro. De corpo redondo e de carne branca con tantas espiñas a moitos espanta. Vive nas furnas busca acubillos por iso é feliz no barco afundido. En calquera fenda atopa pousada, pero o mellor sitio é nunha empanada!

CONGRO



Non é un peixe, é un molusco que ten agochado o luscofusco. Falo da lura que garda no peto a tinta que o enche e lixa de negro. Este saquiño está coroado por unha cabeza e oito tentáculos. Cando se asusta e quere fuxir con tinta escura vainos tinxir. Todos os lazos que ten na cabeza converten a lura nunha marquesa.

LURA



Coouse no barco aló polo fondo unha gran familia que vive no lodo. Teñen dúas cunchas que lles fan de casa con elas protéxense e nada lles pasa. Buscan e rebuscan entre as areas pillando tesouros viven as ameixas. Se algún peixe as vai molestar as súas cunchas deben pechar.

AMEIXA

Son pequenas son ben feitas, están saborosas á mariñeira.



Que coqueto é este becho mariño ten debuxos no lombo, que presumido! É verde e azul, bandullo de prata finas raias negras no lombo marcadas. Chámanlle rincha e tamén cabala, pero o máis común é dicirlle xarda. Que veloz pasea a esvelta xarda axúdalle a forma fina e alongada.

XARDA

Calquera segredo cóntallo á sardiña faina confidente por ser da familia.



SARGO

O mĂĄis fachendoso dos veciĂąos do mar loce preto da cola un coqueto lunar.

Hainos bicudos e acastaĂąados sempre orgullosos todos son sargos.

Vai ben vestido sempre de prata e da mesma cor son as escamas.

Ten ollos ben grandes aletas marcadas a eles sĂł lles falta pintar as pestanas.

Vive nas rochas ten forma ovalada leva no lombo raias debuxadas.



Coma o abadexo pero máis pequeniña é este peixe de cor douradiña. Dúas aletas coas que nadar ten a faneca, pois vive no mar! A algunhas delas chámanlles bravas, porque se as pisas a crista che cravan. Esta picada dá moita dor, inxecta veleno sen compaixón. Brilla a faneca coma unha raiola. A min gustaríame levala á tixola.

FANECA



Danza a meiga un fermoso baile faino no mar e nunca no aire. Dá unha volta e veña a virar a este peixe gústalle bailar. Non é nin bruxa nin feiticeira é peixe mariño de escamas e aletas. Non nos fará ningún meigallo, e no fondo do mar buscará un regalo. A meiga é da cor da area, plana como a solla e bastante pequena.

MEIGA



Dúas cunchas negro-azuladas protexen a carne da cor da laranxa. Nunha batea poden medrar ou moi agarrados ás rochas do mar. Aínda que semellan unhas castañolas están moi ricos fervidos en olas. Tamén están bos á vinagreta sendo sinxela esta receita. Non se despegan do barco pirata as cunchas ao casco están abrazadas.

MEXILÓN



Quen trae as novas ao fondo do mar son o golfiño e mais o arroaz. Contentos e ledos sempre camiñan ao lado dos barcos que serven de guía. Van escoitando os sabios mariños e sucan os mares co longo fociño. Gústanlle os nenos, correr e brincar é inconfundible a aleta dorsal.

ARROAZ

O lombo escuro o ventre claro, con só dúas cores están decorados.





Outros títulos da colección: De que cor es tí? Luis Rapela e Spela Trobec O traxe novo do emperador Xaquín Marín Riciños de Ouro Alberto Toval Sopra neste furadiño Antón Cortizas e Leandro Lamas Vestida co arco da vella Antón Cortizas e Spela Trobec As pitas baixo a choiva Ricardo Carvalho Calero e Alberto Toval Contín Contón Antón Cortizas e Leandro Lamas A princesa de Taramundi Xoán Babarro e Spela Trobec Soño de pixamas Fran Nuño e Alberto Toval Luces, Bicos e cores Concha Blanco e Gemma Aguasca Patente de corso Rafa Vilar e Gemma Capdevila


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.