Titorial Edición de vídeo con Sony Vegas Movie 11.0 (nivel básico)

Page 7

Borado con efectos de flashes, dobladuras, persianas, figuras,… Aquí comezará a funcionar a creatividade do autor para conseguir un resultado óptimo. (Hai programas que este apartado ofrecen a opción de facelo aleatorio. Se ben así eliminamos unha boa parte de esforzo corremos o perigo de resultar barrocos en exceso aplicando unha cantidade cargante de recursos que non teñan demasiado sentido coas imaxes que se proxectan. Nese sentido cómpre ser responsables co noso esforzo e darlle o noso toque persoal para conseguir un resultado que realmente nos deixe satisfeitos) Na seguinte pestaña “Efectos de vídeo” poderemos elexir un bo número de efectos para aplicar ao noso proxecto. A forma de clasificación é a mesma que no caso das transicións, aparecendo na ventá da esquerda as categorías de efecto e na da dereita, na grande, os exemplos de cada un deles. Os efectos son innumerables e van dende pasar o noso proxecto a branco e negro, simular unha televisión de fai 40 anos, correxir a cor, pixelar, ampliar,… Case calquer cousa que se nos ocurra pódese facer automáticamente desde esta ventá de efectos (e se non haberá forma de conseguilo xuntando varias opcións). Por último temos a pestaña “Xeradores de medios” que empregaremos fundamentalmente para crear títulos, créditos e outras ferramentas de texto. Sen embargo as súa funcionalidade vai moito máis alá permitíndonos crear efectos do máis diverso, fondos para as nosas esceas e moito máis que, co tempo e a práctica, iremos demandando, investigando e conseguindo. Vista Previa Na metade superior esquerda atopamos a zona de vista previa que consiste basicamente nunca pequena fiestra na que iremos vendo en tempo real cada un dos cambios que vaiamos introducindo no noso proxecto. Neste programa está realmente moi lograda e a xestión que fai dos recursos é mo boa polo que o seu funcionamento será fluído (a menos que empreguemos gran cantidade de efectos que se ralentizará e andará a saltos, cousa pouco probable alomenos no nosos primeiros pasos no mundo da edición de vídeo). Debaixo da ventá principal onde se irán proxectando as imaxes temos os botóns de control de reproducción como en calquer mando dun reproductor de dvd, por poñer un exemplo. Na parte de arriba voltamos atopar o icono para acceder a “Propiedades” e a continuación unha pantalla azul que servirá para facer unha vista a pantalla completa, moi útil cada pouco para ver o resultado máis ou menos real dos efectos que estamos utilizando ou para ter unha visión xeral antes de crear o arquivo definitivo da película. A continuación volvemos a ter o icono de “Efectos de vídeo” e de seguido un menú desplegable no que poderemos seleccionar a calidade que queiramos que teña esa vista previa. Debemos ter en conta que canto maior sexa a calidade desa vista previa máis recursos do nosos sistema teremos que movilizar e posiblemente se ralentice. A dereita de todo atopamos o mezclador de audio no que poderemos equilibrar o volume das diversas pistas de audio que vaiamos creando, así como controlar globalmente o proxecto. Cando se esté reproducindo é importante que non cheguemos nunca ao pico e que apareza un aviso vermello na parte de arriba do mezclador posto que iso significaría que nos estamos saíndo da frecuencia “reproducible” e que aí o son quedará rachado ou distorsionado. Escala de tempo De todos os elementos ata agora vistos este é no que máis tempo invertiremos pois trátase do espacio de traballo directo. Se isto fora un taller ata o de agora estivemos vendo a distribución e colocación das ferramentas pero agora poñémonos na mesa cos aparellos diante e o traballo por facer. Por defecto a escala de tempo aparece coas opcións da seguinte imaxe, se ben podemos engadir ou eliminar pistas segundo as nosas necesidades.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Titorial Edición de vídeo con Sony Vegas Movie 11.0 (nivel básico) by Dinamización TIC Xesús Golmar - Issuu