Sabichón 20

Page 6

O SABICHÓN 20

PÁXINA 6

Como é habitual nos últimos anos, celebramos o Samaín no colexio. Unha das actividades máis destacadas foi a exposición de cabazas que tivo lugar do 29 ao 31 de outubro. Este ano había premios a cabaza máis terrorífica e a máis divertida de cada ciclo. Gran éxito de participación , tivemos que colocar máis mesas para mostrar todas as cabazas. O xurado o tivo moi dificil , como poderedes observar nas imaxes da páxina seguinte os alumn@s e familiares puxeron toda o seu empreño e creatividade para facer as súas cabazas. Celebrámolo o día 31, comezamos cunha representación teatral por parte dos alumn@s de 6º, logo continúamos co terrorífico rap dos de 5º, para rematar cunha canción que cantamos tod@s. Despois tivo lugar a entrega de premios e como colofón unha mooonstruosa comida.

Maís divertida Infantil– Sabela Otero 1º ciclo—Romeo 2º ciclo– IKer 3º Ciclo– Airís Maís terrorífica Infantil– Zaira 1º ciclo - Claudia 2º ciclo– Lisa 3º Ciclo– Bruno


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.