Sabichón 20

Page 1

O SABICHÓN 20

PÁXINA 1


O SABICHÓN 20

PÁXINA 2

EDITORIAL:

Hola amig@s!. Como de costume por estas datas, o voso amigo ―SABICHÓN ― ……. sae á rúa de novo!. Un ano máis grazas o esforzo de mestres e alumn@s poño as miñas mellores galas. Non pensedes que esté ano o Sabichón pasa a ser o conto de ―Brancaneves e os sete ananiños‖. Quería preséntarvos aos alumn@s de 3 anos que este curso chegaron ao colexio, acompañados da súa mestra que este ano voltaba As Bizocas. Este ano celébrase o 150 aniversario de Cantares Galegos. Polo que adícamos a nosa publicación a Rosalía de Castro. Espero que vos guste a revista!


O SABICHÓN 20

PÁXINA 3

.........................................

ADIÓS, RÍOS, ADIOS, FONTES Cantares Galegos, 15

Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!... ........................................

Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios! ¡Adios tamén, queridiña!... ¡Adios por sempre quizais!... Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!


O SABICHÓN 20

PÁXINA 4

5

Músicos de Bremen

6-7

Samaín

8-9

Magosto

10-11

2015, Ideas para cambiar o mundo.

12

Polo San Martiño trompos ao Camiño

13 –18

Conto viaxeiro

19-21

O Nadal

22,23

Conto Infantil

24,25

Día da Paz

26-29

Entroido

30

O xardín

31

Letras Galegas

32-37

Os Mequiños e a lenda do Meco

38,39

Virginia Woolf

40

Cartoons

41-43

Coñecendo O Grove

44

Xoga cos número

45

Educación Vial

46-47

O primeiro ano

48,49,50

Deporte escolar

51

Despedida


O SABICHÓN 20

PÁXINA 5


O SABICHÓN 20

PÁXINA 6

Como é habitual nos últimos anos, celebramos o Samaín no colexio. Unha das actividades máis destacadas foi a exposición de cabazas que tivo lugar do 29 ao 31 de outubro. Este ano había premios a cabaza máis terrorífica e a máis divertida de cada ciclo. Gran éxito de participación , tivemos que colocar máis mesas para mostrar todas as cabazas. O xurado o tivo moi dificil , como poderedes observar nas imaxes da páxina seguinte os alumn@s e familiares puxeron toda o seu empreño e creatividade para facer as súas cabazas. Celebrámolo o día 31, comezamos cunha representación teatral por parte dos alumn@s de 6º, logo continúamos co terrorífico rap dos de 5º, para rematar cunha canción que cantamos tod@s. Despois tivo lugar a entrega de premios e como colofón unha mooonstruosa comida.

Maís divertida Infantil– Sabela Otero 1º ciclo—Romeo 2º ciclo– IKer 3º Ciclo– Airís Maís terrorífica Infantil– Zaira 1º ciclo - Claudia 2º ciclo– Lisa 3º Ciclo– Bruno


O SABICHÓN 20

PÁXINA 7


O SABICHÓN 20

PÁXINA 8

O día 16 de novembro celebramos o magosto no colexio, Moncho encargouse de asar as castañas e nos preocupámonos de que o seu traballo non fose de balde. Comémolas todas. Estaban boisimas!! Moncho como vai iso? Temos moita fame, levo desde onte se comer pensando nas castañas.

Despois de comer as castañas, os mestres tíñanos preparados uns xogos con castañas. Tratábase dunha ―Gimcastaña‖, nas diferentes probras conseguíamos puntos (castañas). Como poderedes observar nas imaxes pasámolo moi ben. Algún pensaban que estaban xogando a final do mundial.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 9

Chegou o momento de xogar coas castañas. Parecemos Rafa Nadal, que dominio da raqueta. Si tivesemos que golpear a pelota seguro que non o faciamos tan ben.

Non estamos pedindo esmola, xogamos ao “Apaña castañas‖.

―Castaña sobre Castaña‖. Aos alumn@s de 5º e 6º non lles gustar perder nin as castañas.

―Comecastañas‖.

―Na búsqueda das castaña peridas‖.

Para rematar a ―Gimcastaña‖ unhas preguntas sobre o outono.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 10

O 27 de novembro tiveron lugar uns ―talleres‖ no colexio co título que poden ver no encabezado da páxina. Foron impartidos por Nuria, unha monitora que do sindicato que organizou a actividade. Entre outros obxectivos a mesma perseguía a concienciación dos alumn@s do respeto ao medio ambiente e tamén as outras persoas e a solidaridade coas mesmas. Cada ciclo fixo un taller diferente, os alumn@s de primeiro, segundo e terceiro fixexon ―unha choiva de ideas‖ para cambiar o mundo, logo debuxaron e escribiron algunha delas e remataron o taller coa ―invención de máquinas para cambiar o mundo‖.

Aquí podedes ver alguna das ideas : Non pegar Darlle xoguetes aos pobres . Non contaminar os ríos. Non pegar. Non talar árbores


O SABICHÓN 20

PÁXINA 11

Cos alumn@s de infantil leron un conto que tiña como protagonista a dous patos, logo colorearon e fixeron un mural cos mesmos.

En 4º, 5º e 6º traballaron por grupos e fixeron un mural por grupo coas ideas que xurdiron.

Ao rematar os alumn@s prepararon unha sopresa coma agasallo a Nuria, agradecendolle que viñera a compartir esta xornada connosco.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 12

Este ano quixemos recuperar algúns xogos populares , entre eles as buxaínas. Como dí o refrán era típico xogar as mesmas a partir do 11 de Novembro. Neste caso non celebramos a competición ata o día 5 de decembro. Entre outros motivos pola climatoloxía adversa . Ao final tivemos que facer a competición no ximnasio. Había tres concursos: Trompo decorado, concurso de buxa e concurso de ―malabarismos‖ coas buxaínas. Na fotografía poden ver as buxaínas que trouxeron os alumn@s de 3 anos que foron os que máis participaron nesta categoría.

A competición de buxa estivo moi reñida, como podedes observar nas fotografías os alumn@s animaban aos seus propios trompos. Nas imaxes podedes ver algúns dos primeiros clasificados nas súas categorías: Alex, Oscar, Álvaro, Anxo, Martín e laura. Destacar tamén aos alumn@s de primeira que conseguiron ―bailar‖ o trompo e tamén a Laura de Infantil.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 13

Ese día lemos tamén o conto viaxeiro de medo, que comezamos a facer no Samaín, comezou en infantil e rematou en 6º. Nas seguintes páxinas podedes ver o conto e algunhas imaxes do mesmo.

HABÍA

UNHA

VEZ

UN

LEÓN

CHAMADO

“ R ABIETAS ” , QUE ESTABA DURMINDO NUNHA COVA. DE SÚPERO, ESCOITOU UN SON: “ PLAS, PLAS, PLAS, PLAS ” … ASUSTOUSE MOITO PERO CO MEDO PÚXOSE DE PÉ E FOI MIRAR DE ONDE VIÑA. CAMIÑANDO POLA ESCURA COVA, NOTOU QUE ALGO SE POSABA ENRIBA DA SÚA CABEZA. AMEDRENTOUSE TANTO QUE DOU UN CHIMPO E ESCONDEUSE DETRÁS DUNHA ROCHA. CANDO SACOU A CABEZA PARA VER O QUE ERA, AÍNDA SE ASUSTOU MÁIS…. OHHHH!! ERA UN COCODRILO CON ÁS E UNS DENTES MOI LONGOS E AFIADOS.

O LEÓN SINTIUSE VALENTE E DÍXOLLE: 

NON ME DAS MEDO!

PERO O CROCODILO ABREU A SÚA BOCA INMENSA E CHEA DE DENTES AFÍADOS E INTENTOUNO MORDER.

NESE MOMENTO ESCOITOUSE UN SON EXTRANO QUE SAÍA DO TRONCO DUN CASTIÑEIRO E FACÍA ASÍ: - UUUHH! OS DOUS SENTIRON TANTO MEDO QUE FUXIRON COLLIDOS DA MAN.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 14

O CROCODILO , QUE POR CERTO , CHAMÁBASE COCOPAXARO E MAILO LEÓN, CORRERON, CORRERON E VOLTARON A CORRER, TREMENDO CO MEDO , ATA QUE CHEGARON A O CUME DUNHA MONTAÑA MOI ALTA. PERO ALÍ VOLTARON A ESCOITAR: - UUUUUH! NA MONTALA VIVIA A SERPE CUCA, QUE LLES DIXO QUE VOLTARAN A COVA, QUE ELA OS AXUDARÍA A ENFRENTARSE AO MONSTRO.

ASÍ QUE OS TRES BAIXARON ATA CHEGAR A COVA. ALÍ VOLTARON A ESCOITAR: -UUUUUH!!! . ENTÓN , DE SUPETO APARECEU UNHA PANTASMA MOI GRANDE, QUE PARECÍA MALVADA. TIÑA OS BRAZOS MOI LONGOS E UNHA BOCA ENORME…..OS TRES AMIGOS VOLVERONSE ASUSTAR TANTO QUE FUXIRON OUTRA VEZ. CORRERON ATA QUE CHEGARON A SABANA , ALÍ ATOPARONSE COA XIRAFA MEILA, QUE ERA AMIGA DA SERPE.

A PANTASMA CADA VEZ ESTABA MÁIS CERA E INTENTOU ENVOLVER AOS CATRO ANIMAIS COA SÚA ENORME SABA. O LEÓN COCODRILO, A SEPRE E A XIRAGA DETIVÉRONSE PARA ENFRENTARSE A PANTASMA. RABIETAS BOTOU UN GRANDE E FORTE RUIDO. COCOPAXARO ENSINOULLE A SÚA ENORME BOCA COS SEUS AFÍADOS DENTES. CUCA ENROSCOUSE NELA. MEILA FÍXOLLE MOITAS COXEGAS ATA QUE A PANTASMAS CAÍU. ENTÓN A PANTASMA POR FIN FALOU: ERA TODO UNHA BROMA, SO QUERÍA ASUSTARON UN POUCO . QUEREDDES SER AOS MEUS AMIGOS? OS CATRO RESPONDERON.:- POR SUPOSTO QUE SI!! ESTABAN OS CINCO XOGANDO NA COVA DO LEÓN, CANDO ESCOITARON UN ESTRUENDOSO SON QUE PROCEDÍA DO RÍO QUE ESTABA PRETO DALÍ: PLASS, PLASS, PLASS, PLASS!!!


O SABICHÓN 20

PÁXINA 15

ERA UN VAMPIRO QUE, COMO TIÑA FAME DE SANGUE ACHEGOUSE A COVA E OS CINCO AMIGOS MÁIS ASUSTADO, ESCOITABAN MÁIS PRETO O: PLAS, PLAS, PLAS, PLAS, PLAS!! SAÍRON DA COVA CORRENDO A MÁIS NON PODER E CEHGARON A UN CEMITERIO. ALÍ APARECEU UN ESQUELETO QUE LLES DIXO: - SAÍDE DE AQUÍ QUE ESTE LUGAR É MOI PERIGOSO PORQUE VIVE UNHA FAMILIA DE VAMPIROS QUE SEMPRE TEÑEN RABIETAS INTERVÍU:

- E QUE PRECISAMENTE ESTAMOS FUXINDO DUN VAMPIRO QUE NOS QUERE ATACAR E TEMOS MOITO MEDO. VÓLVESE ESCOITAR O: PLAS,PLAS,PLAS, PLAS,PLAS.!! PERO DE SÚPETO FÍXOSE UN GRAN SILENCIO. O ESQUELETO AO PASAR O TEMPO E NON OIRSE NADA EXCLAMOU: - XA SEI O QUE PASA! AO SAIR O SOL, OS VAMPIROS AGÓCHANSE NA SÚA TUMBA. TIÑAN TODO O DÍA PARA FUXIR DE ALÍ… O ESQUELETO TAMÉN SE UNIÚ AOS CINCO AMIGOS. COMO NON TIÑAN TODO O DÍA, CORRERON, CORRERON E CORRERON E CHEGARON , SEN DECATARSE, OUTRA VEZ A COVA DO LEÓN. UNHA VEZ ALÍ PENSARON NUN PLAN QUE CONSISTÍA EN QUE TIÑAN QUE ARGALLAR ALGO PARA DEFENDERSE DOS VÁMPIROS. NESE INTRE O ESQUELETO DIXO: 

BUSCAMOS UNHA ESTACA E UNS OLLOS PARA QUE SE DESTRÚAN OS VAMPIROS.

PERO…. ONDE BUSCAMOS A ESTACA? E OS OLLOS?


O SABICHÓN 20

PÁXINA 16

OS AMIGOS CAMIÑARON E CAMIÑARON PARA ATOPAR UNHA ÁRBORE COAS RAMAS MOI AFÍADAS. DERON CON ELA NO MEDIO DA SABANA. ESTAMOS DE SORTE, DIXO O LEÓN. COCOPAXARO ARRINCOU AS RAMAS MÁIS AFIADAS DEULLE UNHA A CADA AMIGO. CANDO VEXADES UN VAMPIRO CRAVÁDALLE A RAMA NO CORAZÓN, E MORRERÁ! SEGUIRON ANDANDO POLA SABANA E AO CABO DUN ANACO ATOPARONSE CUHAN VELLA QUE VENDÍA ALLOS A BEIRA DO CAMIÑO. CONTÁRONLLE O QUE ESTABA PASANDO E DIXÉRONLLE QUE NON TIÑAN CARTOS PARA COMPRARLLE OS ALLOS. A VELLA, QUE ERA MOI BOA, REGALOULLE UN ALLO BEN GRANDE PARA CADA UN. DIRIXÓRONSE AO CEMITERIO E CANDO CHEGARON XA ERA DE NOITE. CASE NON SE VÍA NADA. PUXÉRONSE A CEAR E CANDO XA ESTABAN A PIQUES DE IR PARA A CAMA, VOLTARON A OIR UN RUÍDO MOI FORTE, FORTÍSIMO: -PLAS, POLOS, TUM, PIM, PAN, BUNN… TODOS QUEDARON PARALIZADOS CO MEDO QUE LLES DABAN AQUELES GOLPES TAN FORTES. A XIRAFA DIXO : 

NON DEBEDES TER MEDO, TEMOS QUE SER VALENTES . IMOS MIRAR DE ONDE VEN ESE RUÍDO.

FÓRONSE ESCONDER DETRÁS DUNHA TUMBA PARA ASÍ PODER AXEXAR MELLOR. O QUE VIRON DEIXOUNOS SIN FALA; ALÍ ESTABA, CON CARA DE ASASINO UN VAMPIRO ENORME.

TIÑA UNS DENTES DE MEDIO METRO, AFIADOS COMO AGULLLAS, E A CAPA ROTA DE TANTO PELEXAR. TAMÉN OS OLLOS MOI VERMELLOS, PORQUE SEICA TIÑA PODERES DE RAIOS EQUIS. E AS UNLLAS SUPERAFÍADAS, QUE MESMO PARECÍAN COITELOS DE CARNICEIRO.

O VAMPIRO DECATOUSE DA PRESENCIA DAQUELA PANDA DE 6 AMIGOS E DISPAROULLES CON RAIOS EQUIS . COMO O CROCODILO TIÑA UNHAS GRANDES ÁS , LEVANTOU A TODOS OS SEUS AMIGOS NO AIRE E FÓRONSE VOANDO ATA UN LUGAR SEGURO

O VAMPIRO QUE TAMEN PODÍA VOAR PERSEGUÍUNOS . O LEÓN RABIETAS DECATOUSE DO PERIGO, LANZOULLE A ESTACA MAÁS AFIADA E DEULLE NO CORAZÓN PROVOCANDO A SÚA MORTE.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 17

A PANDILLA, BUSCANDO UN LUGAR SEGURO , PAROU A PENSAR DONDE IR E DE REPENTE APARECELlES UNHA BRUXA AMIGA DO ESQUELETO ÓSO . A BRUXA DIXOLlES QUE NO COLEXIO AS BIZOCAS SE CELEBRA O HALLOWEEN ,QUE ERA UNHA FESTA MOI DIVERTIDA E MOI CONVENCIDOS DECIDIRON IR. PERO CANDO ÍAN DE CAMIÑO , SEGUIRON ES COITANDO O RUIDO PLAS, PLAS,PLAS VIRON QUE OS PERSEGUÍA UNHA GÁRGOLA MUTANTE QUE LLES LANZOU UNHA CHUVIA DE ÁCIDO ÁTRICO QUE OS MOLLOU A TODOS E QUEDARON PEGADOS PERO COMO ERA DOCE LAMBÉRONSE UNS AOS OUTROS PARA SEPARARSE E CONTINUAR A TODA PASTILLA A VIAXE PARA CAMUFLARSE NO HALLOWEEN. CANDO ESTABAN A PIQUES DE CHEGAR, DÉRONSE CONTA DE QUE ALGUÉN OS ESTABA A PERSEGUIR. MIRARON CARA ATRÁS E VIRON QUE HABÍA …… UN ZOMBI!!! OS SEIUS AMIGOS BOTARON A CORRER , ATA CHEGAR AO COLEXIO. CANDO INTENTARON ABRIR A CANCELA PERCATÁRONSE DE QUE ESTABA PECHADA PORQUE ERA DE NOITE. AO LADO DA CANCELA VIRON UN CARTEL QUE POÑÍA : “ F ESTA DO SAMAÍN APRAZADA ATA O 1 DE NOVEMBRO ” O LEÓN MIROU PARA ATRÁS PARA VER SI OS SEGUIA O ZOMBI, NON OS PERSEGUÍA PERO DECATÁRONSE DE QUE A UNS METROS ESTABA A PRAIA DAS BIZOCAS. ENTÓN DECIDIRON IR ACAMPAR ESA NOITE ALÍ. CAMIÑANDO POLA AREA ATOPARON UNHA COVA BASTANTE GRANDE COMO PARA QUE OS SEIS AMIGOS SE PUIDESEN DURMIR. OS AMIGOS NON FORON CAPACES DE PEGAR OLLO, POIS SEGUÍAN A OIR RUÍDOS ASÍ: SH, SH, SHHH, ASHHHPLAXXX.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 18

OS MÁIS FORTES DO GRUPO FORON BUSCAR UNHA PEDRA GRANDE PARA POÑER NA PORTARDA COVA, E ASÍ PODER DURMIR TRANQUILOS. AO AMENCER SAÍRON TODOS PARA FORA, ENTÓN DIRIXÍRONSE AO COLEXIO PARA CAMUFLARSE ENTRE OS NENOS DA FESTA, ENTRARON E VIRON ÓS RAPACES DISFRAZADOS DE PANTASMAS, BRUXA, ZOMBIS,… OS ANIMAIS SORPREDÉRONSE, QUE SUSTO LEVARON! PENSABAN QUE ERAN OS SERES QUE OS PERSEGUIAN DESDE O PRINCIPIO, PERO OS NEN@S DE 6º, COMO ERAN MAIORES, DÉRONSE CONTA DE QUE AQUELES ANIMAIS ESTABAN SUFRINDO, ENTÓN EXPLICARONLLE QUE O ACTO SE CELEBRABA PARA EXLICAR A TRADICIÓN E PASALO BEN, E QUE NON TEN NADA DE PERIGO. OS NEN@S AXUDÁRONLLE A DISFRAZARSE COMA ELES. AGORA XA HABÍA DE TODO: BRUXAS, PANTASMAS, ZOMBIS, MONSTRUOS, RAÍÑAS DA MORTE, VAMPIROS…. E TODOS O PASARON TAN BEN QUE DECICIRON VOLTAR O ANO QUE BEN


O SABICHÓN 20

PÁXINA 19

O 21 de decembro remataba o primeiro trimestre, celebramos ese día o festival de Nadal. Pero antes houbo uns intensos días de traballo para decorar o centro para a ocasión. Aquí podedes ver aos nenos de primeiro preparando os bonecos de neve.

Solo faltaba Papa Noel, así que fumos para a entrada a ver en que medio de transporte viña este ano.

Pero todavía había que agardar un anaco, momento que aproveitamos para ir ao ximnasio e ver as actuacións de baile das alumnas que asisten a esta actividade.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 20

Os alumn@s estaban desexando ver a Papa Noel, algún casi sae do colexio, menos mal que temos un muro alto.

E chegou o momento esperado, chegaba Papa Noel no seu peculiar ―trineo‖

Despois da cálida benvida a Papa Noel e con este xa acomodado no seu sillón. Comezaron as actuacións musicais nas cales puídemos observar o dominio das linguas por parte dos nosos alumn@s. Xa que puidemos ver actuacións en galego, algunha en castelán e outras en inglés.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 21

Ao rematar as actuacións musicais , Papa Noel entregou un agasallo a cada alumn@ e tod@s puideron sacar a tradicional foto co mesmo, tamén a de grupo.

Rematamos o día cunha merenda na que degustamos produtos típicos do Nadal.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 22

Co gallo do día do libro, os alumn@s de Educación Infantil crearon un comic do conto de ―Dona Carme‖


O SABICHÓN 20

PÁXINA 23


O SABICHÓN 20

PÁXINA 24

Este ano para o día da Paz, cada ciclo preparou un mural con información de premios nobeles da Paz. Os de infantil decidiron facelo de María Teresa de Calcuta, os de 1º ciclo fixéronno sobre Rigoberta Menchú. Nelsón Mandela foi o elexido polos alumn@s de 3º e 4º. So quedaban os do terceiro ciclo que elaboraron un mural de Martín Luther King.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 25

Chegou o momento das actuacións musicais e os bailes. Neste caso interpretando a canción de ―Paz, paz , paz‖, de Juanes. O baile da ―Carrasquiña‖ e tamén un tema en inglés : ―Blowin´ in the wind‖ de Bob Dylan.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 26

Un ano máis o entroido do colexio foi unha festa chea de colorido e diversión. Este ano o cada ciclo/curso decidíu o tema para o seu disfraz. Comezou o desfile cos alumn@s de infantil, este ano queren viaxar ao espazo e convertíronse nuns divertidos astrónomos , chegando ata o sol e lúa para investigar.

Voltamos ao planeta terra cos de 1º, neste caso o tema que elixiron foi o de persoaxes de conto. Nos sorprenderon co seu desfile no cal facían unha pequena representación sobre disfraz que levaban.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 27

Despois do movido desfile dos de 1º, chegaba o turno dos alumn@s de 2º e 3º. Neste caso a ritmo de ―rock‖ cos seus disfraces para ocasión

Como poden ver o público disfrutou da súa actuación. Pasamos da música ao deporte cos alumn@s de 4º.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 28

Deporte sí, pero xa saben que os nosos alumn@s son polifacéticos, neste caso son capaces de combinar o baile e o deporte . Non so as ximnastas tamén os cazadores

Un pouco máis de música, pero como non podría ser de outro xeito os alumn@s de 4º veñen a ritmo de Rap. Unha vez máis cunha letra de creación propia.

Trasladámonos a Venecia para disfrutar da actuación d@s gondlorer@s de 6º, comezando polo seu desfile e logo coa súa comparsa.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 29

As Bizocas style! As-As-As-As Bizocas Style! Ee estudantes Tra tra tra Traballade máis! Eeee profesores Non non máis deberes xa! . Ese conserxe non Fai máis que traballar So intenta a todos Axudar, pero aínda Que no _ _vexas, El sempre estará Non lle gusta nada descansar

Para rematar a festa, unha degustación de produtos típicos de entroido e baile.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 30

Este curso participamos outra vez no programa de ―Voz Natura‖ . Este ano o proxecto consistía en continuar co xardín exterior, tal e como fixemos. O principal problema foi o a climatoloxía, que non nos permitiu comezar a plantar antes e sacarlle o máximo rendimento a nivel didáctico a mesma. Os alumn@s tamén participaron na festa de ―Voz Natura‖ que se celbrou en Coruña o sábado 8 de xuño.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 31

O día 16 de maio celebramos o festival das Letras Galegas. Este ano o día estaba adicado a Roberto Vidal Bolaño. Houbo actuacións, teatrais, biografías poéticas, manifestos culturais,… nos cales participaron tódolos alumn@s. Remataou o festival coa charla de Juan Sendino, autor de ― Os Mequiños e a lenda do Meco‖


O SABICHÓN 20

PÁXINA 32

Neste curso os alumn@s de 2º e 3º traballaron sobre o libro: ― Os Mequiños e a lenda do Meco‖, de Juan Sendino. Non so lerón o mesmo, tamén fixeron outras actividades como o comic que lles presentamos a continuación.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 33


O SABICHÓN 20

PÁXINA 34


O SABICHÓN 20

PÁXINA 35


O SABICHÓN 20

PÁXINA 36


O SABICHÓN 20

PÁXINA 37


O SABICHÓN 20

PÁXINA 38

Virginia Woolf Este curso os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria traballamos sobre a mundialmente coñecida escritora británica VIRGINIA WOOLF, unha das figuras máis destacadas do modernismo literario do século XX.

A través dela aprendimos o dura que podía chegar a ser a vida dunha muller nunha sociedade como a británica no periodo no que ela vivíu.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 39

Coñecimos e estudamos algunhas das súas obras máis relevantes que fixeron dela a figura literaria que ainda hoxe segue a ser. MRS. DALLOWAY TO THE LIGHTHOUSE ORLANDO: A BIOGRAPHY A ROOM OF ONE´S OWN

Traballando en equipo con todo o que cada un de nós aportou logramos facer un excelente traballo que o resto dos compañeiros e compañeiras do colexio puideron disfrutar.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 40

CARTOONS!!!

HAPPY HOLIDAYS!!!!


O SABICHÓN 20

PÁXINA 41

Durante o 3º trimestre tiñamos programadas diversas saídas pola localidade co obxectivo de coñecer mellor a mesma, en especial aspectos relacionados co medio natural e o coñecemento e respeto do mesmo. Outro obxectivo importante era posibilitar aos alumn@s experiencias mediante as cales poidan saber máis sobre os diferentes oficios e os lugares nos cales se desenvolven ( fábrica, taller, horta,…) Para este segundo punto contamos coa colaboración de empresas e diferentes negocios da localidade que nos permitiron o acceso as súa instalación e nos explicaron con amabilidade como funcionaba todo. Nalgúns caso s, como a panadería, a parte os nen@s puideron degustar diferentes produtos feitos na mesma, agasallando a cada un cunha bolsa con estes productos. Agradecemos a todos eles a súa colaboración. Comentar tamén que a climatoloxía adversa impediu realizar algunha saída. Nas seguintes páxinas podemos ver un resumo fotográfico das mesmas.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 42


O SABICHÓN 20

PÁXINA 43


O SABICHÓN 20

PÁXINA 44

CONSIGUE A CIFRA DO RECADRO CENTRAL, SUMANDO OU RESTANDO OS OUTROS CATRO. HAI QUE EMPREGAR TÓDOLOS NÚMEROS

3

1

16

12

8

17

19

2

8

24

18

27

COMPLETA: A CIFRA DO RECADRO SUPERIOR E A SUMA DOS DOUS QUE ESTÁN DEBAIXO DO MESMO

13

9

15

240

100

80

35

10

CONSIGUE A CIFRA DO CENTRO, MULTIPLICANDO, RESTANDO, SUMANDO OU DIVIDINDO OS DE ARRIBA. 6

25

7

10

933

4

9

2

4

5

100

642

1

9

10

15

8

9

347

7

3


O SABICHÓN 20

PÁXINA 45

Este ano continuamos coa Educación Vial, impartida por policías municipais de O Grove. Tivemos charlas semanais durante os meses de marzo, abril e maio. Ensináronnos o significado dos sinais, como debemos ir no coche. Levar casco cando imos en bicicleta e moitas normas máis. Aprendemos moitísimo. Aquí poden ver algunas imaxes

Como se pode apreciar nas imaxes melloramos moito na aplicación da seguridade vial, pero cremos que vai ser necesario que para o ano volvan polo colexio, sobre todo para explicarnos que é iso da distancia de seguridade.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 46

Os alumn@s de 3 anos expresanse para contarnos o que máis lles gustou deste primeiro ano no colexio.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 47


O SABICHÓN 20

PÁXINA 48

II TORNEO DE PRIMAVERA Durante os meses de maio e xuño disputouse un torneo interescolar entre os diferentes colexios de O Grove ( Bizocas, Conmeniño, Rosalía e Valleinclán). Este ano a competición foi os venres pola tarde. Xogando a fútbol, balonmán, baloncesto e brilé. Houbo tres xornadas, a primeira delas foi o campionato de fútbol en Terra de Porto (o venres 24) , a seguinte semana tivo lugar o campionato de balonmán no mesmo lugar . Para rematar o venres 7 de xuño co campionato de baloncesto e brilé e a entrega de premios. Esta última xogouse no Pavillón Municipal.

Destacar a boa actuación dos nosos equipos, tanto o feminino como o masculino. As rapazas demostraron ser un dos equipos máis competitivos do Torneo, xogando sempre ao 100% a tódolos deportes e sin cambiar esta actitude ante ningún rival. Este factor favoreceu ser un dos rivais máis ―duros‖ do torneo e tivo a súa recompensa na competición de balonmán donde acadaron o primeiro posto despois de vencer a tódolos rivais. O resultado é o de menos neste torneos pero podemos estar orgullos@s do comportamento e actitude destas rapazas.

Na categoría masculina so gañaron partidos no brilé. Pero tamén tiveron unha moi boa actuación, sobre todo si temos en conta que os nosos rivais xogaban con xogadores de 6º e nos completamos equipos con nenos de 5º, 4º e incluso un de 3º. A mellora do xogo colectivo, o respeto polo equipo e o fomento da actividade física en xeral son algúns dos obxectivos que buscamos participando nestes campionatos e se cumpliron os mesmos de xeito moi satisfactorio.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 49

Este ano participamos outra vez na competición de multideporte interescolar. Nesta ocasión en dúas categorías: alevín ( 5º e 6º) e benxamín ( 3º e 4º). A competición constaba de 4 xornadas, dúas como locais e outras dúas como visitantes, xogando aos seguintes deportes cada xornada: baloncesto, balonmán,fútbol, badmintón, xadrez e voleibol ( este último so para alevíns)

Xogamos como locais contra o CEIP DE NOALLA TELLEIRO e o CEIP CRUCEIRO B. Como visitantes en Vilalonga e Portonovo. Durante a xornada que se disputou en Vilalonga participamos na actividade de fomento a lectura ― Leo o que me peta e donde me peta‖.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 50

Tamén competimos no campioanto comarcal de campo a través que se celebrou na Azucareira, en Caldas. Unha vez máis temos que destacar a gran participación de alumn@s do noso colexio, máis do 75%. Neste caso acompañados con éxitos deportivos a nivel individual ( Hugo, Laura, e Antón acabaron entre os primeiros nas súas categorías: 1º, 2º e 6º) .

Unha vez máis voltamos a insistir que participamos nestas actividades co obxectivo principal de disfrutar, pasalo ben facendo deporte e convivindo con rapaces e rapazas doutras zonas.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 51

Rematamos este Sabichón número 20 despedíndo aos alumn@s de 6º que para o vindeiro ano van para o instituto. Os mestres non podemos ter máis que boas palabras para este grupo. Un comportamento sempre correcto, mellorando día a día. Cada vez que se pedía a súa colaboración para algunha actividade (presentar festivais, traballos para a revista,…) hai os tiñamos traballando con ganas e ilusión e demostrando a súa gran capacidade e creatividade . Outro aspecto a destacar e o compañerismo dalgún deles, preocúpandose por axudar e tratar de correxir os defectos dos compañeir@s.


O SABICHÓN 20

PÁXINA 52


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.