Xacemento arqueolóxico de Pena Furada.

Page 1

XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE PENA FURADA Informe da Asociación de Custodia do Patrimonio Cultural Vedoreira. Actuación no xacemento arqueolóxico de Pena Furada 2015 José Fco. Castro Vilariño Ao longo do ano 2014, e logo de recuperar o “Camiño Mariñán de peregrinación xacobea de Sada a Betanzos”, as asociacións Turismo Sostible e Refuxios do rio Mandeo interésanse por saber que Patrimonio visitable temos na Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Será destas reunións con eles, así como cos xestores da propia Reserva da Biosfera das que nacerá a idea de recuperar o xacemento arqueolóxico de Pena Furada no concello de Coirós, unha vez consultado o goberno municipal e contar co seu apoio, por tratarse dun elemento singular. Este fora obxeto dunha acción de limpeza superficial mediante voluntariado no ano 2011 e logo descuidado. Unha vez conseguidas as licencias e os permisos pertinentes elaboramos un Proxecto para actuar no xacemento en connivencia coa Delegación Provincial da Dirección Xeral de Patrimonio.

desenrolar ademais outras actividades o aire libre. Con esta actuación pretendese crear un modelo de intervención patrimonial suxestivo e innovador que poida ser un referente en intervencións posteriores no marco da Reserva da Biosfera. Revalorizar o xacemento, asegurandoo, como un elemento mais dentro das rutas culturais do concello e da Reserva, xerando así fluxos de turismo cultural que diversifiquen a oferta turística, e con ela outros sectores de actividade comercial do concello e da comarca. Logo de refacer o Proxecto varias veces para adecualo as esixencias das Administracións Públicas, solicitouse unha axuda para realizalo ao GDR MariñasBetanzos. Aprobada esta e xa a mediados do ano 2015, procedemos a iniciar os traballos.

Propuxémonos reactivar as actuacións arqueolóxicas en Pena Furada cun fin non só científico senón tamén orientado ao desfrute, uso e a unha xestión sostible deste recurso patrimonial.

Comezouse polos traballos de restauración arqueolóxica, mentres se organizaban o resto de tarefas e determinábamos a que empresas encargar aquelas que non poidesemos facer nos mesmos voluntariamente dende Vedoreira.

A finalidade fundamental da actuación foi mellorar a visión e os accesos ao conxunto arqueolóxico, restaurar os elementos en risco de deterioro e conseguir un espazo patrimonial dinámico de interese cultural, nun entorno natural de cómodo acceso a pe para que os visitantes poidan

Continuamos pola limpeza e adecuación do xacemento e do seu entorno. Tala arbórea dunha superficie total de 1,6 Has. Toda a parcela comunal, que se 8

implementou nuns 1.000 m2 mais, por compra municipal dunhas parcelas anexas que orixinalmente formaban parte do xacemento. Seguimos coa reapertura dos camiños de acceso tradicionais para usalos como sendas verdes transitables para senderistas con dobre obxectivo: Por unha banda recuperamos o aceso orixinal ao xacemento, e pola outra xeramos ou rehabilitamos unha serie de sendas verdes transitables a pe, que fan atractivo o entorno natural no que se enmarca este ben patrimonial. Tamén logramos deste xeito a valorización escenográfica do propio ben, que se atopaba case oculto dentro do crecemento incontrolado de especies vexetais que sería imprescindible ordenar. Suprimíronse, por suposto tamén, os exemplares arbóreos que ameazaban dentro do Xacemento a sua integridade. A xestión forestal conquireu recuperar o carácter de atalaia e de referencia visual natural que ten de seu este espazo patrimonial. Debido a dificultade para acceder o lugar, foi imprescindible a

Maio 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.