PLAN ANUAL DE LECTURA 2020-21

Page 1

PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

PLAN ANUAL DE LECTURA - INTRODUCIÓN

1. Obxectivos

2. Recursos humanos e funcións dos mesmos

3.

Actuacións

destinadas

neste

curso

ao

desenvolvementos

das

habelencias comunicativas e á mellora das competencias básicas

4. Contribucións dos distintos departamentos didácticos ao Plan anual de Lectura

5. Criterios de seguimento e avaliación do PAL

1


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Introdución

O desenvolvemento da competencia oral, escrita e investigadora ten que prantexarse como un proceso a longo prazo, que debe concretarse en actividades habituais integradas nos currículos e debe perseguir uns obxectivos comúns a todas as áreas de coñecemento curriculares e etapas do ensino nun IES. Nun centro como o noso, que integra diferentes modalidades de ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e FP Básica) cómpre elaborar un plan anual extensivo a todo o alumnado, con variedade de actividades de fomento da lectura, de perfeccionamento das habelencias

comunicativas

e

da

educación

documental

(busca

e

análise

de

información).

O artigo 113 da LOE fai unha mención específica ás bibliotecas escolares, indicando, entre outras cousas, que os centros de ensino deben dispoñer deste recurso educativo, que contribuirá a fomentar a lectura, garantirá o acceso do alumnado á información e a outros recursos para a aprendizaxe, e incidirá no desenvolvemento persoal e social dos rapaces. A biblioteca é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do noso Proxecto Lector de Centro: o profesorado debe contribuír á súa organización e dinamización como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de xeito que o alumnado adquira o hábito continuado de visitala, co que mellore a súa formación permanente. Entendemos que a biblioteca escolar non só é un lugar integrado na actividade pedagóxica en todas as áreas curriculares do ensino, senón tamén un lugar que debe facilitar múltiples e variados recursos encamiñados ao fomento da lectura e ao desenvolvemento persoal; debe, polo tanto, entenderse como un verdadeiro elemento transversal dentro da comunidade educativa. Por todo isto, é preciso o compromiso de todo o profesorado para que esta funcione como axente dinamizador da actividade educativa e da vida cultural do centro. De xeito simultáneo, xunto co funcionamento da biblioteca, deben tamén entrar en acción os departamentos co seu traballo específico para buscar a comprensión e a expresión correcta nas súas materias; ademais, as familias teñen, na mesma liña, a súa responsabilidade,

en tanto que

axentes concienciadores da importancia da

lectura como elemento socializador.

2


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

A maioría do alumnado do noso centro pertence ao contorno rural e forma parte de familias que viven, fundamentalmente, das actividades relacionadas co sector primario: agricultura, gandería e construción, moitas veces con certa dificultade para desprazarse ata outros centros de acceso á cultura dende os seus domicilios; os servizos de documentación da área de influencia do IES son escasos e están centralizados nas vilas (Curtis e Teixeiro), polo que resultan insuficientes para a formación intelectual destes alumnos. Isto supón que sexa a biblioteca, e as aulas do propio instituto o lugar mais accesible para eles, tanto para a consulta como para o préstamo domiciliario de fondos bibliotecarios. Neste sentido, a biblioteca ten unha importante función de compensación social.

3


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

1. Obxectivos A lectura comprensiva non é tarefa exclusiva das materias relacionadas co ensino das linguas, xa que a todos afecta o feito de que os alumnos e alumnas comprendan as explicacións e o significado dos textos escritos. O noso obxectivo é deseñar un plan de lectura anual para o centro, establecendo uns criterios comúns para todas as áreas que, despois, se adaptarían aos distintos departamentos didácticos encargados de elaborar obxectivos, contidos e actividades concretas de lectura. Este proxecto pretende ser sinxelo, realista, consensuado e baseado no fomento das boas prácticas lectoras na tarefa cotiá de todos os profesores e alumnos. Para conseguir mellorar neste aspecto márcanse como esenciais os seguintes obxectivos: ✔

Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda para mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espírito crítico, contribuíndo, en definitiva, ao crecemento persoal do alumnado

✔ Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo diario, respondendo ás características e necesidades propias de cada materia ✔

Traballar a lectura comprensiva xunto coa escritura e a expresión oral en todas as áreas de coñecemento do currículo

✔ Asumir que esta tarefa non é responsabilidade exclusiva das materias de Lingua, senón que é necesaria a participación e implicación de todas

✔ Implicar ás familias no obxectivo de elevar a comprensión lectora de seus fillos e fillas. Polo tanto débese informalas da existencia deste Plan annual de Lectura e pedir a súa colaboración

✔ Deseñar actividades de comprensión lectora por materias, ciclos e cursos que teñan como marco os principios do Proxecto lector de centro

✔ Programar actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector de Centro e do Plan anual de Lectura ✔

Utilizar os recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os seus fondos

4


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Considerar a biblioteca do IES de Curtis coma un espazo central da vida diaria do instituto, tanto para alumnado como para profesorado

✔ Dedicar sesións de titoría a ensinar ao alumnado a aproveitar todos os recursos da biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a través de distintos códigos e canles

✔ Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica a todas as áreas, e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co profesor ou co alumno de protagonistas, en dramatizacións, en recitais, pero tamén nas sesións diarias de clase, individualmente ou con varias voces …

5


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

2. Recursos humanos e funcións dos mesmos

O Equipo directivo e o Consello Escolar: Asumirá o Plan como tarefa primordial cada curso escolar. Para isto, facilitarán os recursos humanos e materiais de que poidan dispor. Saben que a familia ten que constituír un eixo fundamental na actividade lectora e debe invitala a colaborar eventualmente nas actividades de promoción de lectura do centro e a motivar os seus fillos e fillas na casa para exercitarse nas habilidades lectoras.

A Comisión de Coordinación Pedagóxica: Será informada de calquera decisión que se tome respecto da comprensión lectora. Esta comisión, á súa vez, comprométese a transmitir esta información ao profesorado que integra cada departamento. Tamén debe ser axente de propostas e suxestións para renovar PL e PAL.

O equipo de biblioteca: -

Comprométese a colaborar activamente cos departamentos didácticos do

centro á hora de proporcionarlles material didáctico, teórico e práctico, encamiñado á inclusión de actividades de fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas programacións deste curso. -

Colaborará activamente na posta en práctica das actividades de fomento da

lectura ao longo do ano académico - Levará a cabo a formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento óptimo nas tarefas de busca de información ou lecer - Incidirá na posibilidade de mellorar as habilidades lectoras manexando distintos instrumentos e soportes: non só se le nos libros, as imaxes, as cores

e o son

tamén levan consigo significados que cómpre saber descifrar para ser lectores competentes

6


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

-

CURTIS

CURSO 2020/21

Responsabilizarase, en coordinación co equipo directivo,

da actualización dos

documentos que recollen as liñas fundamentais de actuación no que se refire a promoción de lectura e mellora da competencia lingüística.

Os departamentos didácticos traballarán para: - Deseñar actividades lectoras que se integren no contexto da clase e no traballo diario, que respondan ás características de cada materia e que se baseen nos obxectivos xerais do proxecto lector do centro -

Compartir

estratexias

e

recursos

cos

demais

departamentos,

e

actuar

conxuntamente, sempre que sexa posible - Propor actividades de animación á lectura en diferentes niveis educativos, axeitadas ao perfil académico do alumnado - Aproveitar os recursos da biblioteca e actualizar os seus fondos - Non esquecer que a finalidade última do Plan Anual de Lectura é implicar na lectura ao alumnado e facerlle ver a súa utilidade na formación integral das persoas: é por iso que convén buscar actividades novas, motivadoras, axeitadas ao perfil dos alumnos Aparte destas orientacións xerais para todo o alumnado, o profesorado deberá prestar axuda a aqueles rapaces e rapazas que mostren DIFICULTADES LECTORAS, tanto

de

comprensión

como

de

expresión.

Para

iso

recoméndase

traballar

reflexivamente co vocabulario, conxugar a memorización co razonamento, promover o hábito de investigar e de preguntar para resolver dúbidas, valorar positivamente as tarefas de reescritura o reformulación de textos e, finalmente, incidir a diario na importancia que ten para a persoa a mellora da competencia comunicativa, como instrumento para a integración na sociedade. O Departamento de Orientación, coa experiencia e recursos que poden ofrecer a Orientadora e a profesora de Pedagoxía Terapéutica,

son importantes ferramentas na consecución de logros lectores con

alumnado deste perfil.

7


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

3. Actuacións destinadas neste curso ao desenvolvementos das

habelencias

comunicativas

e

á

mellora

das

competencias básicas:

*

A situación sanitaria e as normas que as autoridades en materia educativa apliquen no

contexto da pandemia que estamos a padecer condicionarán a realización ou o formato das actuacións que se citan nas páxinas que seguen. De todos os xeitos, é aconsellable familiarizar cada vez máis ao alumnado cos soportes e formatos dixitais, pois a ameaza dun confinamento e dunha actividade educativa telemática está aí e non debe ser un impedimento para que os rapaces e rapaces sigan a mellorar a súa competencia comprensiva e expresiva.

- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS. No que a formación de usuarios e educación documental se refire, ao comezo da actividade académica o alumnado dos primeiros cursos da etapa de ESO e de 1º de Bacharelato (unha parte vén doutros centros) visitará a biblioteca acompañados do seu titor e dun profesor do equipo que traballa neste espazo. Nestas primeiras visitas o alumnado recibirá información, proporcionada por membros do equipo de biblioteca sobre:

● A BIBLIOTECA EN XERAL: Como se distribúe, normas, o que se pode atopar, horario. profesor responsible…

● CONDICIÓNS DO EMPRÉSTITO E DEVOLUCIÓN: Como podo pedir emprestado un libro? Cantos libros podo levar? Cando os teño que devolver? Pódense sacar da biblioteca todos os tipos de libros?

● COLOCACIÓN DOS LIBROS NA BIBLIOTECA: Por que están así colocados? Que significado teñen os rótulos con números que hai nos andeis? Dentro de cada estante, como están colocados os libros? Cómo podo saber se hai un libro na biblioteca?

● LOMBIÑOS: Que significado ten a información que aparece neles? 8


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

● CARNÉS: Necesítoo para sacar libros da biblioteca? E para devolvelos? Valen para

outra biblioteca?

● OUTROS MATERIAIS: Pódense levar películas? E revistas? Que teño que facer para pedir en préstamo un soporte de lectura dixital? Como sei que libros teño á miña disposición neses dispositivos?

●ORDENADORES: serven para buscar a información que poidan necesitar e consultar os libros da biblioteca do centro ou das bibliotecas públicas próximas. ● PANEIS INFORMATIVOS: neles poderán encontrar novidades e notas de interese. Con

esta

primeira

actividade,

o

alumnado

familiarízarase

co

funcionamento da biblioteca e así poderán valorala coma un lugar agradable que pon á súa disposición multitude de recursos diferentes e persoas que poden axudalos, non só para o seu traballo diario senón tamén coma forma de ocupar o seu lecer.

Entrégaselles tamén un tríptico coas normas de uso,

horario e recomendacións xerais. Neste curso recóllense tamén nel actuacións puntuais que apoian a prevención de contaxios polo COVID19 neste espazo e que se integran nun protocolo específico de uso e funcionamento da biblioteca no contexto da pandemia, difundido entre toda a comunidade educativa. Estes alumnos dos primeiros cursos farán, nas primeiras semanas unha actividade que ten como finalidade poñer en práctica o aprendido na visita anterior: deberán localizar dentro do espazo da biblioteca

unha listaxe de

títulos, autores e materias diversos. Igualmente terán que xustificar onde gardarían (zona e andel) determinados títulos ou materiais. No ordenador indicaráselles tamén a forma de realizar unha consulta dun libro que queiran localizar, poderán, así, saber se o hai na biblioteca e, no caso contrario, en que outra biblioteca o poden atopar. Todo isto complementarase con actividades

dixitais para a formación de usuarios,

deseñadas polo propio equipo, e con concursos tempo limitado.

9

de busca de fondos nun


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

Finalmente, en todas as aulas

CURSO 2020/21

nos taboleiros estarán expostas en

formato papel as normas de uso e funcionamento da biblioteca neste curso. Tamén estarán publicadas no blog da biblioteca (curtisbiblio@gmail.com) - RELACIÓN E COORDINACIÓN COAS BIBLIOTECAS DAS POBAOACIÓNS VECIÑAS, co obxecto de facilitar a labor formativa e lectora ao alumnado. Por esta canle poden discorrer accións como a de comunicar a estas bibliotecas as lecturas dirixidas e opcionais nas diferentes materias e etapas educativas: deste xeito a posibilidade de préstamo e de acceso á lectura será maior. - FACER PÚBLICA NA BIBLIOTECA E/OU NO BLOG AS LECTURAS RECOMENDADAS POR ÁREAS, para evitar coincidencias e para, en definitiva, mellorar a rendibilidade da actividade lectora. -

PUBLICAR O PROXECTO LECTOR NO BLOG DE BIBLIOTECA E NA

PÁXINA WEB DO CENTRO, para que sexa un documento vivo no que toda a comunidade poida e)

participar con novas achegas ou correccións.

FUNCIONAMENTO, DESDE OUTUBRO,

DO CLUB DE LECTURA

FENDETESTAS, que cada vez integra máis amantes da lectura de distintos niveis. Un ingrediente tan importante como a lectura será o aproveitamento da imaxe dentro da actividade do noso club (versións en novela gráfica, cine, Youtube, book-trailers,

recensións onde se mistura a linguaxe oral ou escrita

coas imaxes…) . O club de lectura Fendetestas está, neste curso 2020/21, composto por sete profesoras de catro departamentos diferentes e un total de 68 alumnos e alumnas repartidos en 11 grupos organizados por idades e gustos lectores. A súa actividade, desde que foi creado, está fondamente ligada á biblioteca, como axente impulsor da lectura e ferramenta de integración e socialización, e ó Proxecto Lector, tentando ser unha das vías de realización dos obxectivos recollidos neste último. Co fin de facer real este vínculo, a dinámica de traballo do club artéllase arredor das seguintes liñas de actuación:

a) A participación en actividades, concursos

e exposicións deseñados ou coordinados polo equipo de biblioteca co obxectivo de fomentar a creatividade e a capacidade de análise e reflexión.

b) A implicación no proxecto de Biblioteca Inclusiva coa selección de lecturas e as actividades relacionadas.

10


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

c) O coñecemento de culturas alleas e o papel integrador das minorías (alumnado inmigrante procedente de Marrocos e Rumanía); valoración da tolerancia, o respecto e a multiculturalidade. d) A reflexión sobre as múltiples posibilidades de expresión que ofrece a literatura (xéneros literarios, relación con outras manifestacións artísticas...) e) O enriquecemento que supón o feito de compartir e intercambiar impresións sobre as lecturas compartidas. f) A realización de pequenas tarefas de investigación que contribúan á comprensión e á contextualización das obras, evidenciando o poder da lectura como fonte de lecer e medio de coñecemento. g) O aproveitamento das lecturas e as actividades colaterais desenvolvidas para traballar temas transversais (respecto, educación cívica, non discriminación, igualdade, educación ambiental...) h) O carácter interdisciplinar das lecturas escollidas, recollendo as propostas de lecturas voluntarias e complementarias dos diferentes departamentos. i) A variedade temática e a receptividade ás suxestións do alumnado segundo os seus centros de interese. j) A introdución das novas tecnoloxías a nivel de creación e como soporte de lectura (ebooks, DVD, CD...). O desenvolvemento das actividades que materialicen, neste curso, as iniciativas que se veñen de citar estará condicionado pola evolución da pandemia e das posibilidades que teñamos de realizalas respectando as medidas de seguridade e os protocolos de protección. Contémplase a opción das actividades virtuais para os encontros con escritores ou para a asistencia a exposicións, visitas a museos... Darase, pois, prioridade a aquelas que se poidan desenvolver ou compartir a través dos blogs, proxeccións, páxinas web... Estas son as liñas de traballo previstas no club:

• • • • • • • • • • • •

Encontros virtuais con escritores e escritoras (Arantza Portabales, Carlos Negro), segundo a súa dispoñibilidade. Aproveitamento das lecturas como base para a investigacións sobre outras culturas, países e costumes. Campañas de animación á lectura: presentacións dixitais con imaxes e fragmentos de lecturas. Edición de vídeos con recomendacións lectoras (youtubers) Elaboración de booktrailers. Elaboración de recensións literarias en formato escrito ou en vídeo. Participación en rutas literarias. Proxeccións cinematográficas de versións de obras literarias Visitas didácticas virtuais relacionadas coa lectura (bibliotecas, librarías, museos…) Selección de lecturas relacionadas con celebracións ou conmemoracións (Día da Paz, Día das Letras Galegas, Día do Libro…) Realización de traballos de investigación sobre os autores e autoras. Proxección de longametraxes baseadas en libros: Cometas en el cielo, Wonder, Los girasoles ciegos, La voz dormida, A lingua das bolboretas...

11


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

• • •

CURTIS

CURSO 2020/21

Participación en concursos, exposicións… organizados pola biblioteca. Actividade extraescolar relacionada coa lectura para os integrantes do club, dependendo sempre das circunstancias relacionadas coa pandemia. Mantemento do blog: http://clubfendetestas.blogspot.com.es/ Dentro do club, séguense varios itinerarios lectores, con lecturas en

diferentes linguas (galego, castelán e inglés) e códigos (verbal, verboicónico e audiovisual), que buscan satisfacer os diferentes gustos lectores do alumnado e mostrarlles a riqueza das posibilidades lectoras: aventuras con base histórica ou ficticias,

misterio, humor, dereitos humanos, relacións persoais e integración,

promoción da igualdade, respecto á multiculturalidade, divulgación científica, e lectura crítica de mensaxes publicitarias actuais de natureza audiovisual. Cómpre subliñar a integración do alumnado e profesorado do club coma usuarios da plataforma de lectura dixital ofrecida por Bibliotecas Escolares de Galicia a través da participación do noso IES no proxecto ELBE-2. A entrada neste proxecto posibilitou, tamén, a adquisición de varios dispositivos de lectura dixital que nestes últimos cursos están a disposición de profesorado e alumnado. f) DINAMIZACIÓNS LECTORAS NA BIBLIOTECA g) COLOCACIÓN EN MESAS-EXPOSITORES LIBROS E DVD RELACIONADOS CON CELEBRACIÓNS TRANSVERSAIS OU FEITOS CULTURAIS RELEVANTES EN DISTINTOS MOMENTOS DO CURSO

h) FUNCIONAMENTO DUN BUZÓN DE SUXESTIÓNS DE COMPRA, nunha zona visible da biblioteca: alí poderán depositar as súas suxestións os usuarios interesados en adquisicións específicas de fondos.

i)

ZONA DE EXPOSICIÓN DE ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA EN

LIBROS E DVD: dous mobles próximos á zona da entrada conterán exemplares das adquisicións máis recentes a disposición dos usuarios

j) COLABORACIÓNS NOS BLOGUES DA BIBLIOTECA

k) CONMEMORACIÓNS: o equipo de biblioteca proporcionará ao profesorado e ao alumnado información e/ou propostas de traballo entorno a conmemoracións

12


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

institucionais; por exemplo:

- Día das mulleres escritoras: imaxes con escritoras en distintas linguas e con alusións á súa obra. - Día das Bibliotecas: reforzo da idea da biblioteca escolar non só como espazo de traballo académico senón tamén como lugar que fomenta a creatividade (convocatoria do concurso de creación Buscando distopías, destinado á invención de relatos curtos distópicos) - Magosto, Samaín: ambientación do espazo de biblioteca e exposición de libros, orixes da celebración ) -

Mes da Ciencia en galego: exposición de fondos bibliográficos e de carteis con

imaxes de persoeiros relacionados coa divulgación científica. Deseño dunha actividade dirixida á busca de información sobre científicos ou sobre coñecementos específicos. - Día contra a Violencia de Xénero: carteis, suxerencias de curtas e exposición de películas e DVD relacionados con esa temática. - Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz: exposición de carteis e de cine e literatura vinculados a eses temas. -Entroido: pequena exposición sobre as orixes da celebración e sobre a festividade en diferentes espazos da xeografía mundial. - Día da Muller traballadora: ampliación da exposición Quen é esa muller e concurso orientado á busca de nomes de mulleres senlleiras polo seu traballo. - Día do consumidor: desenvolvemento dun obradoiro de lectura publicitaria, baseado en publicidade de plena actualidade. - Día do libro e Día das Letras Galegas: deseño de actividades arredor de figuras relevantes. l)

RECEPCIÓN DE EXPOSICIÓNS OU ELABORACIÓN DALGUNHAS PROPIAS

DESDE O CENTRO, con actividades artelladas desde a biblioteca, coa axuda de profesorado das diferentes áreas. Buscarase ao longo de todo o curso a variedade disciplinar.

ll) DESEÑO DE CONCURSOS QUE ESIXAN A BUSCA DE INFORMACIÓN DE DIVERSO TIPO POR PARTE DO ALUMNADO : Na busca do libro perdido (formación de usuarios), outros relacionadas con feitos culturais de actualidade ou temáticas intemporais (mulleres destacadas en distintos ámbitos profesionais, obras, personaxes e autores literarios…)

13


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

m) BOLETÍNS TRIMESTRAIS (en decembro e xuño) CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E DE CINE en diferentes linguas, pensados non só para o alumnado, senón tamén para as familias

n) CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA, en diferentes linguas e con distintos motivos de inspiración: neste primeiro trimestre está a funcionar, como se reseñou máis arriba un concurso sobre relatos distópicos.

ñ) ENCONTROS VIRTUAIS (por mor da pandemia) CON ESCRITORES E CON OUTROS PERSOEIROS LIGADOS Á CULTURA, que transmitan ao alumnado a utilidade do saber e da lectura, no eido persoal e no socioprofesional. A través desta e doutras actividades, o profesorado colaborará no deseño da Semana Cultural do centro, se a situación sanitaria permite a súa celebración.

o) ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ESPECÍFICAS DE CADA ÁREA OU MATERIA. Nas programacións didácticas de cada Departamento e Ciclo deberán constar as iniciativas deseñadas especificamente para mellorar as competencias comprensivas do alumnado. As actuais inclúense como anexo a este Proxecto Lector. Cómpre subliñar que no deseño e realización de actividades, prestarase sempre atención ao alumnado con linguas e culturas diferentes, co fin de facilitar a súa integración nesta comunidade escolar.

Igualmente, na busca dunha biblioteca e dun centro educativo cada vez máis inclusivo,

acomodaranse as propostas aos alumnos con necesidades educativas

especiais (lecturas axeitadas na biblioteca (lectura fácil, formatos diversos, materiais adaptados a distintas idades e capacidades , participación en conmemoracións, no blog, nas lecturas dinamizadas ...)

p) CONTINUIDADE DA HORA DE LER: co propósito de favorecer as habilidades comprensivas e expresivas do alumnado e para reforzar o interese pola lectura funciona desde hai xa varios cursos un pequeno período dentro da xornada lectiva, dedicado a enriquecer o hábito lector: dedícanse os 15 primeiros minutos dunha sesión diaria á lectura concentrada, silenciosa e reflexiva. Na primeira semana faríase coa primeira sesión, na segunda semana, no segundo período lectivo e así sucesivamente ata esgotar as seis sesións da mañá;

14


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

entón volveríase a empezar. Estase a facer 1º e 2º de ESO. O alumnado trae os libros da súa casa. Aínda así, o servizo de biblioteca ofrece a posibilidade de facer préstamo de libros aos rapaces que non os traian para esta actividade. q) OBRADOIRO DE PUBLICIDADE: E ti… Sabes ler publicidade é un proxecto de lectura crítica de mensaxes publicitarias, que dá continuidade a unha iniciativa que arrincou hai cinco cursos. O equipo de biblioteca desenvolverá durante o segundo trimestre un obradoiro, deseñado polo profesorado que traballa neste espazo, de lectura audiovisual. Con grupos reducidos de alumnado, trabállanse durante dúas sesións continuas, estratexias de análise e interpretación crítica de mensaxes publicitarias actuais, todas elas de natureza audiovisual. Esta actividade destínase, de xeito xeral, aos primeiros cursos de ESO; porén, o equipo de biblioteca ofrece toda a colaboración necesaria para realizala noutros tramos educativos, sempre que o profesorado interesado se implique na posta en práctica do citado obradoiro. r)

OBRADOIRO DESTINADO AO USO CORRECTO DAS REDES SOCIAIS, A

TRAVÉS DO PROXECTO LER NAS REDES SOCIAIS, DESEÑADO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA (GRUPO DE TRABALLO).

s) FUNCIONAMENTO DUN NOVO GRUPO DE TRABALLO DESTINADO A BUSCAR E A DESEÑAR MATERIAIS QUE CONTRIBÚAN A FACER DA BIBLIOTECA E DO INSTITUTO UN LUGAR CADA VEZ MÁIS INCLUSIVO t) PETICIÓN A TODOS OS DEPARTAMENTOS QUE SE TEÑA EN CONTA A PRESENTACIÓN

E

CORRECCIÓN

DAS

TAREFAS

ESCRITAS

Á

HORA

DE

VALORALAS, para concienciar ao alumnado de que a competencia expresiva é algo básico para a formación do individuo e non forma parte só do currículo das áreas lingüísticas

15


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

4. Contribucións dos distintos departamentos didácticos ao Plan anual de Lectura DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Accións de contribución ao plan lector na ESO ✔ Lectura, interpretación e discusión diaria dos materiais traballados cos libros de texto. ✔ Traballo con textos de divulgación científica (revistas especializadas, prensa, enciclopedias, libros específicos, etc. ✔ Proporanse actividades de comprensión e comentario dos devanditos textos. ✔ Proposta da adquisición de libros relacionados (directa ou indirectamente) cas ciencias ó equipo de biblioteca. ✔ Proposta de lecturas recomendadas: 1º ESO - Mi familia y otros animales. Alianza editorial, 2008 Relatos recomendados: Na 2ª parte: Capítulo 9 (“El mundo en un muro”) e Capítulo 10 (“Un festival de luciérnagas”). Ler os dous títulos. Na 3ª parte: Capítulo 13 (“La villa blanca”), Capítulo 14 (“Las flores parlantes”) e Capítulo 15 (“Los bosques de ciclamen”). Ler os tres títulos. NOTA: de querer escoller outros capítulos, cómpre consultar co profesor.

- Bichos y demás parientes. Gerald Durrel. Alianza editorial, 1997. Relatos recomendados: Capítulo 2 (“La ensenada de los olivos”) e Capítulo 3 (“Las selvas de arrayán”). Ler ambos títulos. NOTA: de querer escoller outros capítulos, cómpre consultar co profesor.

- O home que plantaba árbores. Jean Giono. Editorial Galaxia, 2009. - Ameaza na Antártida. Ramón Caride Ogando. Ed. Xerais de Galicia, 1997.

16


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

3º ESO - El ayudante de Darwin. Vicente Muñoz Puelles. Ed. Algar, 2009. - El viaje de la evolución. Vicente Muñoz Puelles. Ed. Anaya, 2007. - Hello Dolly!. Fransec Murgados. Ed. Octaedro, 2006. 4º ESO

•- Ojos de Pantera: para entender la genética humana. Silvia Aymerich. Ed. Octaedro, 1998. - El ayudante de Darwin. Vicente Muñoz Puelles. Ed. Algar, 2009. - El viaje de la evolución. Vicente Muñoz Puelles. Ed. Anaya, 2007. - Hello Dolly!. Fransec Murgados. Ed. Octaedro, 2006. - La historia más bella del mundo. Ed. Anagrama, 2006.

Cabe citar tamén neste apartado o Proxecto Lingüístico, que busca fomentar o uso da lingua galega. Dado que a materia de Bioloxía e Xeoloxía na ESO se imparte en galego incidirase na correcta expresión oral e escrita nesta lingua, seguindo as directrices marcadas para o idioma neste proxecto. Accións de contribución ao plan lector no bacharelato A

lectura

constitúe

un

factor

primordial

para

o

desenvolvemento

das

competencias básicas en cualquier área. As actividades a realizar serán as seguintes: ✔ Lectura e interpretación de textos de carácter científico. ✔ Traballo con textos de divulgación científica (revistas especializadas, prensa, enciclopedias, libros específicos, etc). Proporanse actividades de comprensión e comentario dos devanditos textos. ✔ Traballar a expresión oral e escrita de diferentes formas: contrastando ideas, aclarando significados sobre conceptos ou procesos científicos, realizando sínteses, elaborando mapas conceptuais dos temas, realizando informes ou sacando conclusións.

17


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

✔ Organizar debates e exposicións por parte do alumnado para fomentar actitudes que favorezan a mellora na exposición oral e a confianza para expresarse en público. ✔

Proposta de lecturas recomendadas (libros de divulgación científica da

Biblioteca do centro).

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

O departamento colaborará na mellora da capacidade lectora do alumnado propoñendo en todas as sesións a lectura en voz alta dalgún texto que se vaia utilizar nese momento: introducións, enunciados de problemas, notas históricas, etc. Por outra banda, respectará e poñerá en práctica o calendario proposto polo centro para adicar á lectura os primeiros 15 minutos de certas sesións de clase en 1º e 2º de ESO ao longo do curso. Asímesmo os membros do departamento propoñen utilizar as súas horas de garda ou substitución de profesores para mellorar a capacidade lectora dos alumnos, acompañándoos, se é necesario, á biblioteca do centro. O departamento vén de elaborar unha relación de libros e material de contido matemático que estará próximamente a disposición do alumnado na Biblioteca do Centro:

✔ Apocalipsis matemático. Ernesto Saenz de Cabezón. Editorial Plan B. ✔ El torreón de los enigmas. VV.AA. Editorial Alfaguara. ✔ Los números de la vida. Yit Yates. Editorial Blackie Books. ✔ Mr cuadrado. Anna Cerasoli. Editoriales Maeva. ✔ Que las matemáticas te acompañen. Clara Grima. Editorial Ariel. ✔ El hombre anumérico. John Allen Paulos. Tusquets Editores. ✔ Sherlock Holmes: Resuelve sus mejores enigmas. VV.AA. Editorial Alma Europa. Ós títulos anteriores, veñen a engadirse os que seguen, recomendados en anos anteriores, e, varios deles, dispoñibles na biblioteca do IES:

1. La selva de los números. (Recomendado para 1º ESO) Ricardo Gómez – Santillana – Colección Alfaguara – 2002

18


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Una vez una vieja y sabia tortuga descubrió algo sorprendente que servía, entre otras cosas, para poner orden en la selva que habitaba: los números. Compartiendo su sabiduría fue enseñando su invento al resto de los animales.

2. ¿Odias las matemáticas? (Recomendado para 1º de ESO) Cristina Belmonte, J.L. Guijarro y Alejandra Vallejo Nájera – Martínez Roce – 2000 Con ilustraciones tipo cómic va planteando preguntas del tipo: ¿qué tienen que ver las matemáticas con un bizcocho de chocolate?¿y con la chica o el chico más guapo del instituto?¿y con un cinturón que se enrolla alrededor de un dedo? Mucho más de lo que te imaginas. Este libro está plagado de ideas. Con ellas conocerás cuántas cabezas le caben en el cuerpo al peor de tus enemigos, ganarás un montón de apuestas en un tiempo record y todos pensarán que eres un genio genial. No importa que odies las matemáticas. Anécdota : todas las páginas, aunque contienen viñetas, son en blanco y negro; pero a pesar de eso… Tiene algo que engancha!!

3. El país de las Mates para novatos. (Recomendado para 1º ESO) L.C. Norman - Nivola - Colección El rompecabezas nº1 - 2000 Un juego de aventuras con problemas matemáticos del tipo "construye tu propia historia" . Las soluciones son parciales a modo de pistas , donde cada una de ellas nos va llevando a diferentes páginas del libro. Resulta muy entretenido y prácticamente imposible llegar directamente a la solución.

4. El crimen de la hipotenusa (Recomendado para 1º e 2º ESO) Fran Bravo y Emili Teixidor – Planeta & Oxford – Colección Camaleón – 2004 Cuando Andrés llega al colegio una mañana, se encuentra con la noticia de que laHipotenusa, la profesora de Matemáticas del centro, ha desaparecido. Pronto llega a la conclusión de que puede tratarse de un asesinato. Con él, siete son los sospechosos: aquellos que han suspendido la asignatura. Todos son interrogados y Andrés es elegido para escribir la crónica del proceso.

5. El asesinato del profesor de Matemáticas. (Recomendada para 2º ESO) Pablo Núñez y Jordi Sierra i Fabra – Anaya Infantil y Juvenil – Colección Duende Verde - 2007 Un profesor propone a tres alumnos, no especialmente buenos en matemáticas, un juego como examen para poder aprobar la asignatura. El viernes por la tarde , el profesor muere, pero, antes de fallecer, comenta a sus alumnos que el sobre que hay en su bolsillo les indicará cómo buscar a su asesino. No deben fallarle…

6. Malditas Matemáticas (Alicia en el país de los números). (Recomendado para 2º ESO) Carlo Frabetti – Santillana – Colección Alfaguara – 2002

19


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Alicia detesta las matemáticas y considera que no sirven para nada. Un día, mientras está estudiando en el parque, un extraño personaje que resulta ser Lewis Carroll , autor de Alicia en el país de las maravillas, la invita a dar un paseo por el país de los números. Allí tras correr las más increíbles peripecias, como enfrentarse al monstruo del laberinto, cruzar un desierto de granos de trigo y adentrarse en un bosque de números arborescentes, comprenderá que las matemáticas no sólo son útiles sino además divertidas.

7. El país de las Mates para expertos. (Recomendado para 3º ESO) L.C. Norman - Nivola - Colección El rompecabezas nº2 – 2000 Un juego de aventuras con problemas matemáticos del tipo "construye tu propia historia" . Las soluciones son parciales a modo de pistas , donde cada una de ellas nos va llevando a diferentes páginas del libro. Resulta muy entretenido y prácticamente imposible llegar directamente a la solución. Igual que " El país de las mates para novatos" pero con problemas de mayor dificultad.

8. El señor del cero. (Recomendado para 3º e 4º ESO) Mª Isabel Molina – Santillana – Colección Alfaguara – 2002 José es un joven mozárabe que tiene que huir de Córdoba, por la envidia que despierta su facilidad para el cálculo. Refugiado en el monasterio de Ripoll , explicará allí las ventajas de la numeración arábiga, al tiempo que es testigo de las luchas de los condes y obispos catalanes para independizarse de los francos. Allí conoce a Enma e intenta ayudarla cuando está en peligro. Pero la ciencia de José resulta sospechosa a algunos fanáticos que intentarán deternerle.

9. Planilandia. ( Recomendado para segundo ciclo ESO y BAC) Edwin A. Abbott - Torre de viento - 1999 ¿Cómo sería la vida en un mundo que sólo tuviera dos dimensiones? Se responde a dicha pregunta en esta encantadora narración de Abbott, eclesiástico inglés y estudioso de Shakespeare, cuya vocación eran las matemáticas . Su libro , además de exponer claramente multitud de conceptos geométricos, hace una crítica mordaz del mundo jerárquico de la Inglaterra victoriana.

10. Póngame un kg de Matemáticas. (Recomendado para 4º de ESO) Carlos Andradas Herranz – S.M. – Colección El Barco de Vapor – 2000 Pequeño relato ambientado en Bagdad , durante el siglo XII, donde dos alumnos consiguen descubrir el gran secreto de Al-Khowarizmi, después de descifrar el resultado de un cuadrado mágico , y utilizando alguna que otra ecuación y el teorema de Pitágoras.

11. El diablo de los numeros. (Recomendado para 1º BAC) Hans M. Brizensberger - Siruela– Colección Las tres edades – 2006 A Robert no le gustan las matemáticas , como sucede a muchas personas, porque no las acaba de

20


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

entender. Pero una noche sueña con un diablillo que pretende iniciarle en la ciencia de los números. Naturalmente, Robert piensa que es otra de sus frecuentes pesadillas, pero en realidad es el comienzo de un recorrido apasionante a través del mundo de las matemáticas ( El binomio de Newton, a sucesión de Fibonacci, o triángulo de Tartaglia…). Durante doce noches , Robert sueña sistemas numéricos cada vez más increíbles. Pronto el diablo le hará olvidar los tópicos escolares y hará que acceda a niveles superiores ¡ y aún así los entiende! y el joven lector también. Los números , cada página que pasa, se van volviendo cada vez más absorbentes. Es como magia, y Robert quiere saber cada vez más y más.

12. El teorema del loro. (Recomendado para 2º BAC)

Denis Guedj - Anagrama - 2000 Un recorrido muy peculiar por la historia de las matemáticas acompañando a un viejo librero de París mientras resuelve el misterio que encierra "la biblioteca de la selva" (completísima biblioteca matemática) , herencia que le legó un amigo junto con un loro. La solución del misterio puede que le ayude a comprender el porqué de la herencia y las circunstancias de la muerte de su amigo en Sudamérica.

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA O Departamento de Ciencias Sociais , Xeografía e Historia

presta especial

atención tanto neste curso 2020-21, como xa nos anteriores, ao fomento e a comprensión lectora adicando un tempo á lectura na práctica docente e en todas as materias que inclúe dito departamento.

- Nas materias de Ciencias Socias da Educación Secundaria Obrigatoria, prestamos especial atención ao desenvolvemento da lectura comprensiva cun traballo progresivo e continuado, traballando na aula con todo tipo de textos (literarios, históricos, artigos xornalísticos, gráficos...), adaptados ao nivel educativo do alumnado, e axustando a lectura ao obxectivo en cada ocasión, ademais de proporcionar ao alumnado estratexias de comprensión lectora. En Bacharelato, insistiremos no reforzo da comprensión lectora e no fomento do hábito lector, polo que se adicará un tempo mínimo diario para a lectura e incluiranse prácticas de comprensión, ben a través dos materiais

do

mesmo

libro

de

texto,

artigos

xornalísticos

ou

monografías adaptadas a este nivel educativo. - Por outra banda, potenciarase no posible a utilización da biblioteca do centro, e dos recursos bibliográficos do departamento, animando ao

21


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

alumnado á utilización de diferentes fontes escritas relacionadas coas materias, tanto da ESO como do Bacharelato. - Na medida do posible, buscarase coordinar lecturas comúns de materiais ou feitos afíns con outros departamentos, tratando de coordinar plans

lectores

interdisciplinares

en

beneficio

do

alumnado.

Pola nosa banda, tamén se lles proporciona aos alumnos en cada nivel un listado con suxestións acerca

de lecturas recomendables

(novelas

históricas, cómics históricos, monografías...), que poden ser avaliadas como traballos obrigatorios ou ben voluntarios, coa finalidade de motivalos á súa lectura. Este último recurso terá maior desenvolvemento no segundo ciclo da ESO e en Bacharelato.

- Fomentarase a lectura de xornais e revistas de actualidade, xunto con todo tipo de publicacións impresas ou en rede, relacionadas cos temas desenvolvidos na clase,

propoñendo actividades que impliquen a consulta

deste tipo de fontes. - Realizarase unha actividade complementaria para o alumnado de segundo ciclo da ESO en colaboración co Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia co obxectivo de fomentar o desenvolvemento dunha lectura comprensiva, crítica e responsable dos xornais e artigos periodísticos sobre temas de actualidade.

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Os diferentes tipos de materiais dos que se fará uso serán: - Material impreso: materiais de aula en forma de apuntes e libros de texto. - Recursos materiais: materiais didácticos para o desenvolvemento dos contidos; incluiranse

tanto

os

convencionais

(balóns,

convencionais (globos, botellas...). Manexaranse

aros,

cordas...)

como

os

non

tamén ferramentas audiovisuais:

vídeos, CD´s, DVD... Dende o departamento impulsaranse as seguintes medidas, relacionadas coas habilidades lectoras: 1º.- Adquisición de libros relacionados coa EF en soporte impreso ou electrónico que

22


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

poidan despertar interese no alumnado 2º.- Recomendar a lectura de un libro, como mínimo,

durante o curso. No caso de

alumnos/as que non poidan realizar actividade física poderia ser obrigatoria a lectura e polo tanto avaliable. 3º.- No taboleiro do ximnasio poderan colocar noticias dos xornais que teñan relación coa asignatura e que eles consideren interesantes. 4º.- Cando sexa necesario empregaranse as tecnoloxías da información e a comunicación para a realización de traballos relacionados coa asignatura intentando que os alumnos sexan autónomos e habituais no uso da biblioteca así coma nas consultas a través de internet á hora de elaborar os traballos. Así mesmo, o departamento de EF colabora na posta en práctica do Plan lector do centro facilitando ao alumnado o acceso ás páxinas web, blogs ou portais de interese, así como o acceso a novas tecnoloxías.

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

O departamento de Filosofía de IES de Curtis, colaborará no proxecto lector de varios modos, tendo en conta que nas disciplinas filosóficas é imprescindible o traballo con textos filosóficos adecuados a cada nivel, e que a lectura destes textos e o reto de entendelos é básico e de obrigado cumprimento para todos os alumnos/as. Interesa que o alumnado desenvolva a súa capacidade argumentadora redactando coidadas disertacións que logo serán expostas publicamente. Búscase, tamén, desenvolver a capacidade de expresión e argumentación oral a través de diálogos filosóficos e debates na aula. Para isto empregaranse, ademais dos textos clásicos dalgúns filósofos, a lectura de obras literarias modernas de ficción a través das que se analizarán algúns dos problemas e conceptos filosóficos relevantes a fin de conseguir mellorar a comprensión lectora e a expresividade oral, e de acercar ó alumnado dun modo ameno ós problemas filosóficos máis relevantes.

Na materia FILOSOFÍA, de 1º de bacharelato suxeriranse, como lecturas voluntarias, as seguintes: - VVAA: “La historia más bella del mundo”. Ed. Anagrama - Aldous Huxley: Un mundo feliz, Ed. Plaza & Janés

23


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

- Aldous Huxley: “La isla”, ed. Pocket Edhasa. - Miguel Delibes: “Un mundo que agoniza”, Ed. Plaza & Janés - Herman Hesse: “Demian”, Alianza Editorial - Marguerite Yourcenar: “Opus Nigrum”, Editorial Alfaguara. - Joaquín Borrell: “La lágrima de Atenea, Editorial Plaza & Janés / Editorial Alba - VVAA: “La historia más bella del hombre”, Editorial Anagrama - George Orwell: “1984”, Editorial Destino - Ray Bradbury: “Farenheit 451”, Editorial Minotauro. - Mika Waltari: “Sinuhé el egipcio”, Editorial Plaza & Janés / Editorial Porrúa / Editorial De Bolsillo. - Mary Renault: “La máscara de Apolo”, Editorial Edhasa. - Platón: “Apoloxía de Sócrates”, Alianza Editorial / Editorial Akal - Isaac Asimov: “El robot humano”, Los Jet de Plaza & Janés. - Muriel Barbery: “La elegancia del erizo”, Editorial Seix Barral - Tzvetan Todorov: “ El miedo a los bárbaros”, Círculo de lectores. - Erich Fromm: “El miedo a la libertad”, cap. VI: La psicología del nazismo, Editorial Paidós. O departamento de Filosofía imparte todas as materias en lingua galega e, cando a documentación coa que se traballa non conta con tradución autorizada, utilizamos a lingua castelá e, en ocasións, tamén algún material en inglés. PSICOLOXÍA. 2º de bacharelato O plan lector da materia terá como obxectivo fundamental incidir na ampliación dos coñecementos transversalidade

sobre dos

a

materia,

contidos

e

a a

demanda súa

do

alumnado

aplicabilidade

a

e

potenciar

contextos

a

diversos.

Encargaranse traballos que esixirán recoller información de medios diversos, analizala, tratala e reelaborala, de acordo coas indicacións do profesor ou profesora. Xunto á selección de autores de textos contemplados xa no programa, seguindo as directrices da actual lei de educación, suxeriranse as seguintes lecturas a fin de elaborar sobre elas traballos voluntarios guiados: - Sigmund Freud: El malestar en la cultura”, Alianza Editorial - Oliver Sacks, “Un antropólogo en Marte”, Editorial Anagrama - Erich Fromm, “El miedo a la libertad”, Editorial Paidós. - B.F. Skinner, “Walden dos: hacia una sociedad cientificamente construida”, Ed.

24


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Martínez Roca - Franz Kafka, “Carta al padre”, Alianza Editorial - Antonio Damasio: “El error de Descartes”, Editorial Destino.

E, relacionando as lecturas e visionados de películas coa temporalización do traballo, no 1º trimestre, LECTURA DE:

- Neurociencia para Julia. Xurxo Mariño. Edit. Laetoli. «O sistema nervioso –escribe o autor– é a esencia do teu ser. Úsalo agora mesmo para poder ver, ler e comprender este texto; algo que fas con naturalidade e sen esforzo.» Neste libro faise un repaso pola estrutura e funcións do noso sis- tema nervioso, dunha forma amable e comprensible. Un libro ameno para comprendernos mellor a nós mesmos. - O Alienista. Machado de Assis (2000). Edit. Zeta. O doutor Simão Bracamante volve á súa vila para dedicarse nela á súa profesión. Despois dun tempo comeza a interesarse polos estudos de psiquiatría e constrúe na cidade un manicomio que chama A Casa Verde, para poder internar os tolos da zona. Pouco a pouco, o doutor Bracamante vai pechando nel a case todos os habitantes, e construíndo novas tipoloxías de tolemia… - El lenguaje Secreto de la Mente: guía visual de los misterios de la conciencia (1997), Cohen, D. Círculo de Lectores, S.A. Unha mirada ao interior da conciencia humana que fai un repaso ás cuestións que teñen preocupado a filósofos, científicos e psicólogos ao longo da historia. Unha guía visual e ilustrada que nos permite comprender mellor o que é ser plenamente humanos e nos mete de cheo nos misterios da conciencia. - O curioso incidente do can á medianoite. Mark Haddon. Edit. Rinoceronte (2008). A través dunha linguaxe sinxela, a historia achéganos á mente do protagonista, un rapaz con síndrome de Asper- ger, e axúdanos a comprendelo. O autismo é unha das enfermidades do sistema nervoso cunha expresión na conduta e na vida dos individuos claramente observable.

CINE. Visionado das seguintes películas: - Recuerda, Alfred Hitchcock, - Despertares. Penny Marshall (1990). Baséase na epidemia de encefalite alérxica que tivo lugar durante os anos 20 do século pasado. O doutor Malcolm Sayer chega novo a prestar servizo na sala de doentes en coma nun hospital de Nova York e, un día,

25


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

observa como un doente recolle instintivamente as súas lentes pese a estar en estado catatónico. Entón comeza a experimentar tratamentos que leven á súa curación. A película está baseada na biografía do neurólogo Oliver Sacks. - Solaris. Tarkosky (1972). A acción da película desenvólvese nunha estación espacial que orbita o planeta Solaris. O seu núcleo central son as relacións entre seres humanos cando se expoñen ante os demais os desexos máis íntimos. Enfrontar o descoñecido require para os individuos un coñecemento do que é cada un.

No

segundo

trimestre,

ademais

da

selección

de

textos

dos

autores

contemplados no programa, LECTURA DE:

- Irracionalidad. El enemigo interior. Sutherland, S. (1996). Alianza Editorial. Un libro ameno e acesible sobre os nesgos cognitivos e a formación dos prexuízos. Trátanse os principais erros no razoamento e achéganse exemplos claros deles e as consecuencias que teñen nas distintas áreas do coñecemento e da vida cotiá. - Enrugas, novela gráfica de Paco Roca (2007). El Patito Editorial. Aborda a vida nunha residencia xeriátrica e o ingreso de Emilio, un antigo executivo que padece Alzhéimer. Os síntomas da súa enfermidade e a adaptación a esa nova realidade inflúen tanto nas relacións que establece dentro da residencia como na súa propia identidade. - Pensar rápido, pensar despacio. Daniel Kahneman (2014), Edit. Debate. O libro ofrece unha pers- pectiva nova do cerebro, en función dos sistemas que modelan o noso pensamento. O sistema 1, rápido, intuitivo e emocional. O sistema 2, lento, deliberativo e lóxico. Kahneman, experto en teoría das decisións, expón a importancia do pensamento rápido, pero tamén os seus erros e nesgos. O libro propón unha animada reflexión sobre como pensamos e sobre o poder que teñen as intuicións nas nosas decisións, para axudarnos a usar distintas técnicas que nos protexan dos fallos mentais e dos problemas que provocan. - Yo, robot. Isaac Asimov (2009). Edhasa. Unha compilación de relatos nos que se tratan os prin- cipais

problemas que poderían xurdir

nunha suposta mente

«positrónica». Os relatos propoñen diferentes situacións nas que se atoparían os robots intelixentes e aos que especialistas en robótica terán que enfrontarse a novas enfermidades psicolóxicas, paradoxos lóxicos ou enxeñosos ejercicios intelectuais. A protagonista de boa parte dos relatos é Susan Calvin, experta en robotpsicoloxía.

CINE . Visionado das seguintes películas: - Memento, C. Nolan (2000). Narra a historia de Leonard, quen despois de sufrir un

26


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

trauma cerebral que lle causou amnesia anterógrada, non é quen de almacenar novos recordos, pero posúe unha memoria sensorial intacta. Para «recordar» crea un sistema usando fotos coas que elabora un rexistro da xente que coñece, os sitios que visita ou os lugares onde debe estar. Os temas centrais da película son a natureza da memoria, a identidade, o tempo e a recreación da realidade. - El milagro de Anna Sullivan, Arthur Penn (1962). Unha familia contrata a Anna Sullivan, cega, para educar a Helen, unha nena xorda e cega desde os tres anos. A profesora debe enfrontar a edu- cación dunha nena, xa adolescente, que semella incapaz de someterse a ningunha discipliña e que non pode comunicarse. Hellen vive illada nun mundo propio e o reto da mestra será conseguir romper a burbulla na que vive dotándoa dunha linguaxe que lle permita comunicarse cos demais e comprender o seu mundo.

No

terceiro

trimestre,

ademais

da

selección

de

textos

dos

autores

contemplados no programa, LECTURA DE:

- El universo de las emociones. Rafael Bisquerra, Eduard Punset e Palau Gea. Intenta ofrecer unha representación gráfica das emocións humanas unindo ciencia e arte. Inclúe 307 emocións nun mapa que permite visualizar e comprender o noso comportamento

como

seres

humanos.

Páxina

do

proxecto

en

http://universodeemociones.com/ - La estrategia del Océano Azul, W. Chan Kim e Renee Mauborge. Neste libro defínense as novas estrategias de empresa que inciden máis na innovación ca na competencia e, a través do exemplo dunha empresa radicalmente innovadora coma O Cirque du Soleil, podemos ver a nova estrutura organizativa e as consecuencias que ten nas relacións laborais, a selección de persoal ou a promoción e liderado. - El método Grönholm, J. Galcerán (2005). Obrade teatro que representa a historia dos catro últimos aspirantes a conseguir un cargo executivo nunha multinacional. Unha proba conxunta deseñada polos psicólogos da empresa decidirá quen queda co traballo. A proba convértese nunha loita onde a crueldade e a falta de escrúpulos semella non ter límites. - Un feliz novo mundo. A Huxley. Edicións Xerais (1996). A novela describe un mundo no que as emocións e os sentimentos desapareceron, a conduta das persoas condiciónase para que non te- ñan medo á morte e cumpran as súas funcións sociais, e a felicidade provén dunha droga (soma) que non ten efectos secundarios físicos

27


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

indesexables pero que tende a facer dos individuos seres submisos. A pregunta que nos propón a lectura do libro é como sería o ser humano nese mundo e en que medida serían seres humanos sans. En contraposición, a novela mostra tamén a vida en «mal país», un mundo similar ao que coñecemos, no que o prezo da liberdade e as emocións son a enfermidade, o medo á soidade e a morte”. CINE. Visionado das seguintes películas: - Del revés (Inside out), Pete Docter (2015). Na película podemos coñecer, de man de Ridley, a protagonista, como procesa a nosa mente os recordos, as emocións e a percepción da realidade, como construímos a nosa personalidade a través deses procesos e tamén como se producen as alteracións psicolóxicas que poden dificultar a nosa maduración psicolóxica. A película está baseada na clasificación das emocions de Paul Ekman desenvolta en 1972. - La Ola. Denis Gansel (2008). A acción transcorre nun centro educativo alemán, durante a semana de proxectos que ten por obxectivo investigar nos diferentes sistemas políticos. Un grupo de alumnos elixen como opción a Autocracia e o profesor decide que poden realizar o experimento de conformar un grupo dirixido por un líder carismático e deseñar unha organización vertical. O grupo confórmase ao elixir democraticamente o líder e a través de lemas: «O poder mediante a disciplina», «Forza mediante a comunidade», «Forza a través da acción», «Forza a través do orgullo». A normas, a forma de vestir ou as relacións dos individuos dentro do grupo van confor- mando pouco a pouco a organización, ata o pundo de que ningún dos individuos que pertencen a el terá xa control sobre ela. O departamento de Filosofía imparte todas as materias en lingua galega e, cando a documentación coa que se traballa non conta con tradución autorizada, utilizamos a lingua castelá e, en ocasións, tamén algún material en inglés. HISTORIA DE FILOSOFÍA, 2º de bacharelato Nas disciplinas filosóficas é imprescindible o traballo con textos filosóficos adecuados a cada nivel; a lectura destes textos e o reto de tratar de entendelos é básico e de obrigado cumprimento para tódolos alumnos. Tamén nos interesa que os alumnos/as desenvolvan a súa capacidade argumentadora redactando coidadas disertacións que logo serán expostas publicamente. Xunto con todo o anterior buscamos tamén desenvolver a capacidade de expresión e argumentación oral a través de diálogos filosóficos e debates na aula. Para elo utilizaremos ademais dos textos clásicos dalgúns filósofos a lectura de obras literarias modernas de ficción a través das que analizaremos algúns dos problemas e conceptos filosóficos mais

28


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

relevantes. Isto debería permitirnos acada dous obxectivos importantes: mellorar a comprensión lectora e a expresividade oral, acercándonos ó mesmo tempo dunha forma amena ós problemas filosóficos mais relevantes. - Na primeira avaliación pedirase ao alumnado un traballo sobre a obra de Platón “Apoloxía de Sócrates” como ampliación da contextualización do bloque “Filosofía Antiga”. Como material de consulta e ampliación da información proporcionarase ao alumnado bibliografía, adecuadas ó nivel no que se atopa. Poderá consultala na aula Materia de filosofía e na biblioteca do centro. Destácase, dentro das recomendacións de consulta: -Libros de texto varios -Atlas filosófico KRUNZMAN P. e outros, Atlas de filosofía, Alianza Editorial, Madrid. -Diccionarios filosóficos FERRATER J., Diccionario de filosofía abreviado, Editorial Edhasa e Diccionario de grandes filósofos, Alianza Editorial. -Historias da filosofía, libros de texto convencionais: recomendouse, en primeiro lugar, o manual “Historia de la Filosofía”, Editorial Anaya, coordinado por Diego Sánchez Meca; asimesmo recomendouse a utilización para consulta doutros manuais a disposición do alumnado no centro:

“Historia da Filosofía”, Serie Reflexiona da

Editorial Santillana, “Historia da Filosofía”, C. Prestel Alfonso da editorial Vicens-Vives.

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Para aprender unha lingua estranxeira hai que ler. As alumnas e alumnos farán pequenas lecturas seleccionadas de entre as que o propio libro de texto ofrece, suficientes en variedade e cantidade, ou propostas polo/a profesor/a se o xulga conveniente. Pódense propor textos complementarios de máis profundidade e/ou extensión (artigos de prensa, contos, bandes dessinées, pequenas novelas…) dependendo dos niveis e expectativas xeradas por cada grupo ou subgrupo.

Os tipos de lectura que se practican na clase de Francés son: - A lectura comprensiva de diálogos, de explicacións gramaticais baseadas na deducción,

de

material diverso:

textos introducindo

a civilización

dos países

francófonos, biografía de autores, relato dunha experiencia persoal, de textos que incrementan a dificultade, progresivamente, dentro de cada manual e de un nivel a

29


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

outro. - A lectura dramatizada de diálogos presentes no libro de texto e interpretación oral de diálogos creados polo alumnado. - A lectura en voz alta para adquirir unha correcta pronunciación e unha entoación adecuada. A lectura silenciosa dirixida á comprensión dos diferentes documentos: textos explicativos, diálogos, relatos, carteis informativos etc. - A lectura comprensiva das actividades propostas. - A lectura persoal optativa dunha obra literaria adaptada ao nivel do alumnado con control de comprensión da mesma, ou de fragmentos escollidos. - Trabállase a fondo a comprensión e, a partir dela, as outras destrezas e coñecemento da cultura francófona. No programa do departamento figura a recomendación para os alumnos da lectura de algún libro por curso académico a partir de 4º da E.S.O. Ó remate da lectura o alumno debe presentar un traballo escrito e outro oral, obtendo unha nota por cadansúa parte correspondente. •

LECTURAS GRADUADAS É realmente difícil prever unhas lecturas obrigatorias, na nosa materia, que

polo seu carácter maioritariamente optativo, da lugar a grupos moi variados nos que se poden atopar, ademais das diferencias individuais, unha gran variedade de niveis de coñecementos provocada pola discontinuidade da materia. A idea é presentar aos alumnos unha ampla oferta entre a que cada estudante debe escoller o que se axuste ó seu nivel e interese. No primeiro ciclo da ESO, iranse introducindo gradualmente lecturas de pequenos contos, na clase, adaptados ao nivel dos diferentes alumnos. Fomentarase a curiosidade

da lectura na lingua estranxeira, que para este nivel será de carácter

voluntario. A partir de 4º da ESO, as lecturas serán obrigatorias, así como a presentación de traballos sobre as mesmas ou, no seu defecto, de algún tipo de proba de resumo e expresión oral e escrita. Estes libros facilitaránselle ao alumnado dende a Biblioteca do IES.

30


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Ademáis dos libros de lectura obrigatorios seleccionados para os distintos niveis de aprendizaxe, nas unidades didácticas programadas aparecen unha ampla variedade de “readings” cos que se pretende fomentar a capacidade e a comprensión lectora dos nosos alumnos, así como ampliar o seu vocabulario en múltiples e diferentes ámbitos e temas. As actividades que se realizan son variadas: preguntas de comprensión dos textos, predición do contido dos mesmos partindo do título, deducción do significado das palabras polo contexto, identificación das ideas principais e as secundarias, busca de sinónimos ou antónimos, nexos, referencias textuais etc. Así mesmo, durante este curso, as profesoras Elena Lagoa Freire e Mª Luísa López Velo continuarán colaborando activamente co Clube de Lectura Fendetestas deste centro, coordinando dous grupos que lerán obras en inglés.

DEPARTAMENTO DE LATÍN / GREGO LATÍN 4º ESO

Dada a importancia capital da lectura en todo o proceso de aprendizaxe, o Departamento de Latín quere contribuir ao afianzamento do hábito lector na etapa do 2º ciclo da ESO. Aínda sendo conscientes de que o esforzo básico para asentar destrezas lectoras débese facer, prioritariamente, na etapa do Ensino Infantil, Primaria e 1º ciclo da E.S.O., desde este Departamento quérese facer unha aportación neste eido. Obxectivos xerais ✔ Comprensión global do texto ✔ Elaboración dunha interpretación; ser capaces de extraer conclusións empregando diferentes fontes de información. ✔ Reflexión sobre o contido do texto, é dicir, o alumno deberá relacionar a información que atope no texto con coñecementos procedentes doutras fontes. ✔ Reflexión sobre a forma do texto, para o cal é necesario que se manexen conceptos como estrutura e xénero do mesmo. ✔ Fomentar o respecto pola biblioteca, polos seus usuarios, material e mobiliario

31


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Farase a lectura obrigatoria da comedia latina que se represente no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, se este se pode celebrar no contexto da pandemia. Dedicaranse arredor duns 10 minutos da clase a ler obras relacionadas co mundo romano, desde libros informativos ata adaptacións de obras clásicas latinas e novela histórica ambientada na antiga Roma ; tentarase fomentar o debate e o intercambio de ideas sobre o texto lido, asegurándose de que a lectura sexa comprensiva. Os alumnos deberán realizar algunhas lecturas pola súa conta e facer traballos de distinto tipo sobre elas. Como mostra ampla dos libros que poden ser elixidos para lectura, están os seguintes: Historia, sociedade e cultura romanas: - Goñi, Carlos, Una de romanos: Un paseo por la historia de Roma, edit Ariel - Andrevon, Jean-Pierre, Héroes de Roma en la Antigüedad, editorial Anaya - M.Corbisheley; ¿Qué sabemos de los Romanos?; editorial Plaza - Ch. Guittard; Alrededor del Mediterráneo, los romanos; editorial Edelvives - Ph. Ardag; Detectives de la Historia, los romanos; editorial S.M. - S. McMckeever; El Imperio romano.; editorial Molino - A. Langley, De Souza, El periódico de Roma ; ediciones B - P. Miquel; En tiempos de los romanos.; editorial Molino - B. Rogora ; Los romanos; editorial Editex - Espinós, J., Masiá; Así vivían los Romanos. ed. Anaya - Valentina Blanco; Veni, vidi en bici, Editorial. Alfaguara Mitoloxía: - A. Cereales, Colección “El sendero de los mitos”, ed. Anaya - Vivet-Rémy, Anne Catherine; Rómulo y Remo, ed. Akal - Dicionarios de Mitoloxía - Mitología romana, ed. Akal - Rick Riordan, El ladrón del rayo e toda a serie protagonizada por P. Jackson en edit. Salamandra -Mari Yamazaki, Thermae Romae, banda deseñada en editorial Norma e otros cómics de tema romano

32


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Novela histórica: - Lola Gándara; Guárdate de los Idus, ed. SM -Lola Gándara; A escura luz do Tíber, ed Rodeira -Barceló , Isabel, Dido reina de Cartago, Es ediciones -Caroline Lawrence ; Ladrones en el Foro, e toda a serie desta autora en editorial Salamandra - Zarka, Anne-Marie. Julio César. La guerra de las Galias, ed. Akal - A. Schacht; El oro del gladiador, ed. Anaya - Pablo Núñez, Las hijas del César, ed. El Andén - F. Lillo Redonet, Medulio. El Norte contra Roma , ed. Toxosoutos -P. Lively, En busca de una patria ed Vicens-Vives - Linsey Davis, La plata de Britania,ed. Edhasa - Enrico Marini, Águilas de Roma, Norma Editorial - Jean Dufaux , Philippe Delaby, Murena, ed. Planeta D’Agostini -Andrea Schacht, El oro del gladiador, edit. Anaya - Jean-Yves Mitton, Simon Rocca, ,Vae victis (cinco volumes), Yermo ediciones - Juanra Fernández, Mateo Guerrero, Gloria Victis (tres volumes), Norma editorial - Merwan &Vives , Por el Imperio, Diábolo ediciones A lingua dos romanos: o latín: -J.M.Muñoz Real, Aprender jugando:el latín de las páginas amarillas. Ediciones Clásicas. Madrid -J.M.Muñoz Real, Latín y prensa escrita, una experiencia didáctica en el aula. Ediciones Clásicas. Literatura latina: -Comedia e traxedia propostas para o Festival de Teatro Grecolatino da cidade de Lugo

LATIN 1º BAC Farase a lectura obrigatoria da comedia latina que se represente no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

33


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Tentarase ler, polo menos, outro libro ao longo do curso, e uns 10 minutos na clase, sempre dependendo do avance do curriculum da materia en cada avaliación. Organizarase o visionado de documentais ou fragmentos de película sobre distintos aspectos da cultura grecorromana. Na listaxe hai libros que axudan a establecer vínculos entre o latín e as nosas linguas, e mesmo a recoñecer o “latín vivo” que latexa nelas. Outras obras son de ficción e ambientadas no mundo da antiga Roma. Son os seguintes: -Goñi, Carlos, Una de romanos: Un paseo por la historia de Roma, edit Ariel - Lola Gándara; Guárdate de los Idus, ed. SM -Lola Gándara; A escura luz do TÍber, edit. Rodeira - Valentina Blanco, Veni,vidi en bici ed. Alfaguara -Andrevon, Jean-Pierre, Héroes de Roma en la Antigüedad, editorial Anaya -J.M.Muñoz Real, Aprender jugando:el latín de las páginas amarillas. Ediciones Clásicas. Madrid 1995 -J.M.Muñoz Real, Latín y prensa escrita, una experiencia didáctica en el aula. Ediciones Clásicas. Madrid 1995 - Ovidio ,Metamorfosis adaptación de A. Sánchez Aguilar, edit Vicens-Vives -P.Lively, En busca de una patria.Historia de la Eneida, edit Vicens-Vives - Zarka, Anne-Marie. Julio César. La guerra de las Galias, ed. Akal -F. Lillo Redonet, Noches romanas, Ediciones Clásicas, Madrid 1992 -F.Lillo Redonet, Medulio, el Norte contra Roma -F. Lillo Redonet, Un salmantino en Roma, Ediciones Clásicas.Madrid 1991 - F. Lillo Redonet, Séneca,el camino del sabio Editorial Diálogo -Javier Gómez Molero, Jugando a latín, Ediciones Clásicas.Madrid 1998 -L.Davis, La plata de Britania, Edit. Edhasa 1997 -C.Lawrence,

Misterios

romanos,

serie

baseada

na

antiga

Roma,

edit

Salamandra -F. Sautereau, Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, edit Anaya - Pablo Núñez, Las hijas del César; Ediciones El Andén . Barcelona 2008 -Jean-François Nahmias, Titus Flaminius. La fuente de las vestales (e os outros libros da serie) Posteriormente á lectura faranse resumos por parte dos alumnos e realizaranse cuestionarios baseados na lectura dos libros. Visitarase a biblioteca do centro tentando que o alumno se familiarice co seu funcionamento, a utilice como un recurso importante na súa aprendizaxe e saiba atopar con axilidade o material relativo á área

34


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

de lingua e literatura latina. Utilizarase

CURSO 2020/21

internet para a busca, noutros soportes

distintos dos tradicionais, de información relativa ó mundo clásico romano. LATÍN 2º BAC Farase unha lectura de pasaxes de obras pertencentes ós xéneros literarios propostos: ✔ Lectura dunha escolma de fábulas de Fedro ✔ Lectura de pasaxes de comedia latina, con especial atención á que sexa representada no marco do Festival de Teatro Grecolatino ✔

Pasaxes de discursos de Cicerón

✔ Unha selecta dos poemas de Catulo ✔ Pasaxes de Ab urbe condita, de Tito Livio ✔ Pasaxes da Eneida de Virxilio Posteriormente á lectura das obras (ou de pasaxes delas), comentarase o texto e o alumno, coa axuda do profesor, ubicarao no xénero literario correspondente, atendendo ás súas caracaterísticas formais e temáticas. Tentarase que a lectura dos textos sexa dinámica, con intercambio de opinións. Farase unha comparación entre textos de xéneros literarios modernos e os clásicos e comentaranse as diferenzas entre eles. Utilizaranse recursos da rede para atopar información sobre os autores obxecto de estudo, o seu contexto vital, e a súas conexións coa literatura grega. GREGO 1º BAC A continuación cítanse as contribucións xerais ao plan anual de lectura dende esta materia: -Dedicaranse arredor de 10 minutos de cada clase á lectura de textos gregos, para conseguir certa fluidez lectora nun sistema alfabético diferente do latino. - Lectura con carácter obrigatorio da traxedia grega que se represente no Festival de Teatro Grecolatino -Visionado de documentais e fragmentos de películas sobre distintos aspectos da civilización grecorromana - Lectura, cando menos, dun libro xuvenil de temática grega, sempre dependendo do avance do curriculum da materia en cada avaliación. Como mostra están: -Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, Rosemary Sutcliff, Ed. Vicens Vives

35


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

-Las aventuras de Ulises.Historia de la Odisea, Rosemary Sutcliff, Ed. Vicens Vives -Los doce trabajos de Hércules, J:Riordan, Edit Vicens-Vives -Jasón y los Argonautas, J:Riordan, Edit Vicens-Vives - La hija de Homero, Robert Graves, Ed. Edhasa - Alejandro Magno, Marie Renault, Ed. Comunicación - Teucro, o arqueiro de Troia, F. Lillo Redonet, Ed. Toxosoutos - Penélope y las doce criadas, M. Atwood; Ed. Salamandra - A cabeza da Medusa, Marilar Alexandre, Ed. Xerais - El ejército perdido, Valerio Máximo Manfredi, Ed. De Bolsillo Cómic: - Epicuro el Sabio, WilliamMessner-Loebs&SamKeith, Norma Editorial. - 300, Frank Miller, Norma Editorial - Los mitos griegos,MarciaWilliams., Ediciones B -La Ilíada y la Odisea, MarciaWilliams., Ediciones B - La Gloria de Hera, Rossi& Le Tendre, Ed. Planeta DeAgostini - Tiresias, Rossi& Le Tendre, Ed. Planeta DeAgostini - Socrates el semi-perro I: Heracles, Sfar y Balin, Ed. SinsEntido - Socrates el semi-perro II: Ulises, Sfar y Balin, Ed. SinsEntido - Socrates el semi-perro III: Edipo en Corinto, Sfar y Balin, Ed. SinsEntido - Rebétiko, La mala Hierba, David Prudhome, Ed. SinsEntido. - Ulises (Tres partes), Sébastian Ferran, ed. Sexto Piso - La Ilíada, adaptación de Homero ao cómic por RoyThomas e M. A. Sepúlveda, ed.

Marvel

- La guerra de Troya, R. Thomas, ed. Marvel - La Odisea,adaptación del poema épico de Homero, R. Thomas e G. Tocchini, ed. Marvel - La Odisea, Pérez Navarro y Martín Saurí, Norma Editorial - El ladrón del rayo. PercyJackson y los dioses del Olimpo (novela gráfica), RickRiordan. Ed. Salamandra - GreekStreet, P. Milligan, ed. Planeta de Agostini - La canción de Ariadna, de Irene Roga, ed. Glenat - La Edad de Bronce (Oito volumes en cómic sobre a Guerra de Troia), EricShanower, ed. Azake

36


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Posteriormente á lectura faranse resumos por parte dos alumnos e realizaranse cuestionarios sobre a comprensión dos libros. Visitarase a biblioteca do centro tentando que o alumno se familiarice co seu funcionamento, e a utilice como un recurso importante na súa aprendizaxe e saiba atopar con axilidade o material relativo á área de lingua e literatura latina. Utilizarase internet para atopar, noutros soportes distintos dos tradicionais, información relativa ó mundo clásico romano. GREGO 2º BAC Farase unha lectura individual por parte dos alumnos das seguintes obras literarias: ✔

Cantos I, VI, XVI e XXII da Ilíada

Fragmentos de poemas de Arquíloco, Safo e Alceo

Traxedia Edipo rei, de Sófocles

Comedia As Nubes, de Aristófanes Posteriormente á lectura das obras comentarase o texto e o alumno, coa axuda

do profesor, ubicarao no xénero literario correspondente, atendendo ás súas caracaterísticas formais e temáticas. Tentarase que a lectura dos textos sexa dinámica, con intercambio de opinións. Farase unha comparación entre textos de xéneros literarios modernos e os clásicos e comentaranse as diferenzas entre eles. Utilizaranse recursos da rede para atopar información sobre os autores obxecto de estudo, o seu contexto vital, e a súas conexións coa literatura latina. CULTURA CLÁSICA 3º ESO Haberá unha dedicación dun mínimo de 10 minutos de cada clase á lectura colectiva, baseada tanto nas lecturas obrigatorias coma en libros de consulta. Libros de consulta: Historia, sociedade, cultura… - ¿Qué sabemos de los Romanos? M. Corbisheley, ed.S.M. - Alrededor del Mediterráneo, los romanos. Ch. Guittard, ed. Edelvives - Detectives de la Historia, los romanos. Ph. Ardag, ed. S.M. - Detectives de la Historia, los griegos, ed. S.M. - El Imperio romano. S. McMckeever, ed. Molino

37


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

- El periódico de Grecia. A. Powell y P. Steele, ed. Círculo de Lectores - El periódico de Roma A. Langley y P. de Souza, ed. B - En el país de los dioses, los griegos. S. Descamps y S. Lequime, ed. Edelvives - En tiempos de los romanos. P. Miquel , ed.Molino - La antigua Grecia , Anne Pearson, Biblioteca visual Altea - Los Griegos. B. Rogora, ed.Editex - Los romanos B. Rogora, ed.Editex - Na Grecia de Pericles. Atenas durante a idade de ouro. F. McDonalds, M. Bergin, J.Jame, ed. A máquina do tempo - Alejandro Magno y Oriente. F. Theulé, O. Laboureur , ed. Anaya - Julio César y Roma. C.Bernard y C. Meunier, ed.Anaya - En la Grecia de Pericles. Atenas durante la edad de oro. F. McDonalds, M. Bergin, J.Jame, ed. A máquina do tempo - Así vivían los Romanos. Espinós, J., Masiá, P... ed. Anaya - ¡Que horror ser una esclava griega! D. Antram, D. Salariya e F. Macdonald, ed. SM - ¡Que horror ser un gladiador romano!cosas espantosas que es mejor no saber, John Malam, ed. SM - Gladiadores, mito y realidad. F. Lillo Redonet, ed. Evohé Mitoloxía e relixión - El viaje de los Argonautas, Giovanni Caselli, ed. Serres - La Caja de Pandora, Kondeatis, Ch e Maitland, S., ed. Debate - Mitoloxía Clásica en Galicia (1. Os deuses do Olimpo, 2. As divindades menores, 3. Os heroes), M. De Cal e M. Bértolo, Baía Edicións - Colección “El sendero de los mitos”, A. Cereales, ed. Anaya - Agamenón y la Guerra de Troya. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - Los viajes de Ulises. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - Edipo. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - Los trabajos de Hércules. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - Teseo y el Minotauro. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - Rómulo y Remo. Vivet-Rémy, Anne Catherine, ed. Akal - De Apolo a Zeus. La venganza de los dioses. Vivet-Rémy, A. Catherine, ed. Akal - El aprendiz de brujo, F. Lillo Redonet ed Merial - Dicionarios de Mitoloxía

38


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

- Lecturas complementarias: novela histórica, cómic, mitoloxía… - Mitos da antiga Grecia, R. Graves, ed. Xerais - Guárdate de los Idus de Marzo. Lola Gándara, ed. SM -A escura luz do Tíber, Lola Gándara, edit Rodeira - A cabeza da Medusa, Marilar Alexandre, ed. Xerais - O Medulio. O norte contra Roma. F. Lillo Redonet, ed. Toxosoutos. - Teucro, o arqueiro de Troia. F. Lillo Redonet, ed. Toxosoutos. - Serie Misterios Romanos: Ladrones en el foro, Los secretos del Vesubio, Los Piratas de Pompeya... de C. Lawrence, ed. Salamandra - El oro del gladiador, Andrea Schacht, ed Anaya - Las hijas del César, Pablo Núñez, ed. El Andén -Veni, vidi en bici, Valentina Blanco, ed. Alfaguara - A Odisea contada aos nenos, Rosa Navarro Durán, ed. Rodeira - Naves negras ante Troya. La historia de la Ilíada, Rosemary Sutcliff, ed. Vicens Vives - Las aventuras de Ulises. La historia de la Odisea, Rosemary Sutcliff, ed. Vicens Vives - Las aventuras de Ulises, G. Nucci, ed. Siruela - Cuentos y leyendas de los héroes de la mitología, María Duarte, ed. Anaya - Cuentos y leyendas de los Juegos de Olimpia, Brigitte Évano, ed. Anaya - Cuentos y leyendas del nacimiento de Roma, François Sautereau, ed. Anaya - Cuentos y leyendas de la Odisea, Homero (adaptación de Jean Martín), ed. Espasa-Calpe - Cuentos y leyendas de la Ilíada, Homero (adaptación de Jean Martín ), ed. Espasa-Calpe - La plata de Britania, Linsey Davis, ed. Edhasa - El jardín de Hipatía, Olalla García, ed. Espasa - Serie Percy Jackson: El ladrón del rayo, Los dioses del Olimpo... de Rick Riordan. Ed. Salamandra - Serie Los héroes del Olimpo: El héroe perdido, El hijo deNeptuno... de Rick Riordan. Ed. Montena - La hija de Homero, R. Graves, ed. Edhasa - La curandera de Atenas, Isabel Martín, ed. Booket - Os fillos do mar, Pedro Feijoo, ed. Xerais - El aprendiz de brujo, F. Lillo Redonet, ed. Merial

39


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Cómic/novela gráfica: - La Ilíada y la Odisea, Marcia Williams, ed. Acanto - Los mitos griegos, Marcia Williams., ed. Acanto - Ulises (Tres partes, Sébastian Ferran, ed. Sexto Piso - La Ilíada, adaptación de Homero ao cómic por Roy Thomas e M. A. Sepúlveda, ed. Marvel - La guerra de Troya, R. Thomas, ed. Marvel - La Odisea, adaptación del poema épico de Homero, R. Thomas e G. Tocchini, ed. Marvel - La Odisea, Pérez Navarro y Martín Saurí, Norma Editorial - El ladrón del rayo. Percy Jackson y los dioses del Olimpo (novela gráfica), Rick Riordan. Ed. Salamandra - El Héroe I e II, David Rubín, Astiberri Ediciones - Greek Street, P. Milligan, ed. Planeta de Agostini - La canción de Ariadna, de Irene Roga, ed. Glenat - La expedición. El león de Nubia, Marazzano e Frussin, Diábolo Ediciones - Epicuro el Sabio, William Messner-Loebs & Sam Keith, Norma Editorial. - 300, Frank Miller, Norma Editorial - Águilas de Roma (Catro volumes), Enrico Marini, Norma Editorial - Murena (Nove volumes), Jean Dufaux y Philippe Delaby, ed. Planeta D’Agostini - La Edad de Bronce (Oito volumes en cómic sobre a Guerra de Troia), Eric Shanower, ed. Azake - Baco, E. Campbell, ed. Astiberri - Vae victis (cinco volumes), Jean-Yves Mitton, Simon Rocca, Yermo ediciones - Gloria Victis (tres volumes), Juanra Fernández, Mateo Guerrero, Norma Editorial - Por el Imperio, Merwan &Vives, Diábolo Ediciones - Lectura individual con carácter obrigatorio: A comedia latina e a traxedia grega que se represente no Festival de Teatro Grecolatino - Lectura dramatizada na aula das obras teatrais de lectura obrigatoria. - Lectura de prensa na aula en artigos relacionados coa cultura clásica, ben en papel ou na rede

40


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

- Traballo con outras canles de You Tube como Recunchodamemoria, nos temas relacionados coa historia antiga. - Visión e traballo sobre películas de tema clásico, algunhas delas baseadas en obras literarias, tentando que o alumnado se achegue tamén aos grandes clásicos do cine: (A Odisea, Troia, Espartaco etc.)

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

A materia de Lingua Galega e Literatura ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e debe tamén achegarlle as ferramentas e os coñecementos precisos para se desenvolver satisfactoriamente en calquera situación comunicativa da vida familiar, social e profesional. Eses coñecementos son os que articulan os procesos de comprensión e expresión oral por un lado, e de comprensión e expresión escrita por outro; de aí que a «comprensión lectora e expresión oral e escrita» estea presente no traballo cotiá nesta materia. A importancia da lectura para conseguir mellorar estas competencias é fundamental. Ademais o bloque «Educación literaria» desenvolve o obxectivo de facer do alumnado lectores cultos e competentes coa lectura, coa comprensión e coa interpretación de obras literarias próximas aos seus gustos persoais e á súa madurez cognitiva. Por todas estas razóns é unha

prioridade do Departamento de Lingua e

Literatura favorecer e potenciar o hábito lector do noso alumnado. Cómpre enumerar unha serie de actividades desenvolvidas ao longo dos últimos anos e ás que se ten previsto dar

continuidade, aínda que algunas estean claramente condicionadas polo

contexto da COVID-19. Todas elas están dirixidas á promoción do hábito lector entre o alumnado.

Encontros literarios virtuais con escritores/as. Á hora de confeccionar as listaxes de lecturas trimestrais tentarase que en cada un dos niveis o alumnado (agás 2º Bacharelato) teña a oportunidade de intercambiar impresións co autor ou autora.

Propostas de lecturas voluntarias. Ademais das lecturas obrigatorias de cada trimestre, o alumnado poderá ler outras obras e elaborar un traballo de análise e comentario que será valorado na emisión da cualificación (tal e como figura recollido na programación).

41


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Traballos de investigación sobre escritores e escritoras. Promoverase a realización deste tipo de traballos que incidan non só nos datos biográficos, senón tamén no contexto literario e histórico das súas obras e na valoración destas. Daráselle prioridade ao coñecemento dos escritores e escritoras a través dos seus libros.

Exposicións centradas no acto literario (escritores e escritoras, movementos literarios..) Poderán ser tanto exposicións elaboradas polo propio alumnado como alleas. Estarán sempre condicionadas a un traballo previo desenvolvido na aula e, por suposto, a unha valoración do seu aproveitamento tanto por parte do alumnado como do profesorado.

Actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas. Promoverase o coñecemento sobre a figura do autor homenaxeado no 2021.

Campañas de animación á lectura. Desenvolverase por varias vías:

-

Recomendacións

do

alumnado

booktrailer, exposicións orais

(elaboración

de

videorecensións,

na aula, publicación nos blogues das

recensións escritas...) -

Lectura

na aula de fragmentos de obras propostas como lecturas

voluntarias -

Análise da relación das obras lidas con outras ou interdisciplinariedade con outras artes (cinema, música ...)

-

Consulta de blogues literarios e das recomendacións publicadas

Recomendación de páxinas web onde o alumado poida acceder a información sobre autores e obras da nosa literatura . Por exemplo: bvg.udc.es.

Utilización nas aulas de material audiovisual complementario aos textos literarios (versións cinematográficas) e proposta de proxeccións para a Semana Cultural do centro.

Relacionado con este punto poderá realizarse

nas aulas

unha análise comparativa da linguaxe literaria e da linguaxe cinematográfica.

Promoción

entre

Fendetestas

o

alumnado

da

participación

no

Club

de

Lectura

e valoración por parte do profesorado da importancia

e da

necesidade deste tipo de iniciativas.

Colaboración

coas

actividades,

concursos,

exposicións

promovidas

pola

biblioteca do centro.

Publicacións no blogue da biblioteca de artigos, recensións, presentacións elaborados polo alumnado relacionados coa literatura e as súas manifestacións.

42


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Asistencia á representacións teatrais, se a situación sanitaria o permite, previa análise e contextualización da obra e do autor ou autora.

Lecturas dramatizadas de textos teatrais na aula.

A continuación, reflíctense as obras de lectura propostas para este curso nos diferentes niveis educativos por parte do Departamento de Lingua Galega e Literatura: 1ºESO 1ª Avaliación: Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta. Ed. Xerais 2ª Avaliación: Roald Dahl, Boy (Relatos de infancia). Ed. Sushi Books 3ª Avaliación: Manuel Núñez Singala, O achado do castro. Ed. Xerais

2º ESO A

1ª avaliación: Cartas de inverno de Agustín Fdez. Paz (Ed. Xerais) Escolma de relatos (Dpto. de Lingua Galega) 2ª avaliación: O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas (Ed. Xerais) Escolma de relatos (Dpto. de Lingua Galega) 3ª avaliación: Os vellos non deben de namorarse de Castelao (Ed. Galaxia) Os nosos versos de Antón García Teijeiro ( Ed. Xerais) 2ºESO B

1ª Avaliación: . Lectura de aula: Selección de textos da obra Contos vellos rapaces novos de Neira Vilas . Lectura optativa: O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas 2ª Avaliación: . Lectura de aula: Rosalía de Castro. Antoloxía

43

pra


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

. Lectura optativa: García Teijeiro, Os nosos versos 3ª Avaliación: . Lectura de aula: Os vellos non deben de namorarse . Lectura optativa: sen determinar 3º ESO 1ª Avaliación: . Lectura na aula: Antoloxía de textos medievais

– . Optativo: Os nenos da varíola ou As meigas de Lupa, de María Solar. 2ª Avaliación: . Lectura na aula: Prerrexurdimento

Antoloxía de textos dos Séculos Escuros e

. Optativo: Fran Alonso, Cartas de amor. Vigo, Xerais. 3ª Avaliación: . Lectura na aula: Antoloxía de textos Curros, Rosalía e Pondal . Optativo: Lectura dunha peza teatral e un libro de poesía sen determinar neste momento.

4º ESO 1ª avaliación: •

Escolma de Carlos Negro (Ed. Xerais)

Cousas de Castelao (Ed. Galaxia)

2ª avaliación: Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz (Ed. Xerais)

3ª avaliación: Palabras envelenadas de Maite Carranza (Ed. Rodeira)

44


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

1º BAC 1ª avaliación: Portabales, Arantza: Deixe a súa mensaxe despois do sinal.

Ed.

Galaxia

2ª avaliación: Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor. Ed. Xerais 3ª avaliación: (ESCOLLER UN) Aleixandre, Marilar: A cabeza de medusa. Ed. Xerais Aneiros, Rosa: Resistencia. Ed. Xerais Castro, Francisco: Tes ata as dez. Ed. Galaxia Castro, Francisco: Tantos anos de silencio. Ed. Galaxia Claudel, Philippe : A neta do señor Linh. Rinoceronte Editorial Costas, Leticia: Infamia. Ed. Xerais Feijoo, Pedro: A memoria da choiva. Ed. Xerais Fernández Paz, Agustín: A viace de Gagarin. Ed. Xerais Portabales, Arantza: Beleza vermella. Ed. Galaxia Salinger, J . D. : O vixía no centeo. Ed. Xerais Villar, Domingo: Ollos de auga. Ed. Galaxia

2º BAC

1ª Av.: Escolma de textos do período de preguerra. Departamento 2ª Av.: Blanco Amor: A esmorga. Vigo, Galaxia 3º Av.: Pazó, Cándido: A piragua. Ames, Laiovento

45


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA O Departamento de Lingua Castelá e Literatura está implicado de maneira activa na posta en práctica do Plan Lector do centro e na dinamización da Biblioteca como foco de difusión cultural e literaria dentro do noso instituto. Á parte do impulso lector que desde a materialización na aula do currículo propio da área se realiza, o Departamento organiza e/ou colabora nun bo número de actividades dirixidas a lograr que a lectura sexa unha actividade habitual, enriquecedora e demandada no centro. Desde o curso 2008-09 o departamento colabora activamente no funcionamento do Club de lectura Fendetestas, facéndose cargo de grupos lectores e publicando as súas recensións no blog (http://clubfendetestas.blogspot.com). Na contribución á mellora das habilidades lectoras do alumnado entran tamén as seguintes medidas, moitas delas con modificacións na súa dinámica de aplicación respecto a anos anteriores, debido ó contexto da COVID-19: ● Colaboración

nas tarefas de formación de usuarios e de educación documental

impulsadas desde a biblioteca do centro. ● Dinamizacións lectoras , organizadas por cursos e grupos: apóianse as lecturas con elementos icónicos (presentacións ppt, debuxos). ● Aproximación

das lecturas aos alumnos, sacando libros dos andeis da biblioteca

e reuníndoos, segundo o seu tema, o seu xénero, a súa finalidade ..., en mesas para captar a atención dos lectores. ● Visionado de versións cinematográficas de obras literarias para mellorar as habilidades comunicativas e enriquecer a capacidade argumentativa e crítica. ● Asistencia a representacións teatrais. ● Concursos ligados á transversalidade ou a personaxes de diferentes campos do saber; os alumnos realizan tarefas de investigación e/ou de de creación. ● Exposicións sobre autores ou temas específicos en colaboración co alumnado.

● Elaboración de recensións e de recomendacións lectoras en diferentes soportes (oral, escrito, audiovisual…), para seren publicadas posteriormente no blog da biblioteca ou no do club de lectura. ● Encontros virtuais con escritores. Estas son as lecturas que o Departamento de Lingua Castelá e literatura propón, nas diferentes etapas educativas, para este curso 2020-21:

46


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

OBLIGATORIAS

VOLUNTARIAS 1º ESO

TWAIN, M. Tom Sawyer. “Clásicos a medida”.

Ed. Anaya,

LÓPEZ NARVÁEZ, C. La sombra del gato y otros relatos de terror. Ed. Santillana.

LALANA, F. La tuneladora. Ed. Bambú

ÓRTIZ DE ZÁRATE, M. La canción de Shao Li. Ed. Bambú.

GALLEGO, L. La hija de la noche. Ed. Edebé.

MALLORQUÍ, C. El último trabajo del señor Luna. Ed. Edebé.

2º ESO GÓMEZ CERDÁ, A. El rostro de la sombra. Ed. SM.

SHAKESPEARE, W. Romeo y Julieta. Ed. Anaya, “Clásicos a medida”.

LALANA, F. El último muerto. Ed. Bambú.

ORTIZ DE ZÁRATE, M. La fabuladora. Ed. Bambú.

MALLORQUÍ, C. Las lágrimas de Shiva. Ed. Edebé.

SIERRA i FABRA, J. La memoria de los seres perdidos. Ed. SM.

3º ESO McCAUGHREAN, G; MONTANER, A. El Cid. Ed. Vicens Vives. Clásicos adaptados.

SANTOS, C. Inbox. Ed. Edebé.

ANÓNIMO. Lazarillo de Tormes. Ed. Vicens Vives. Clásicos adaptados.

LALANA, F. El muerto al hoyo. Ed. Bruño.

LOWRY, L. El dador de recuerdos. Ed. Everest.

LOWRY, L. En busca del azul. Ed. Everest.

4º ESO

Selección de Leyendas de G. A. BÉCQUER y Cuentos de E. PARDO BAZÁN.

McMANUS, K. M. Alguien está mintiendo. Ed. Alfaguara.

Selección de poesía española, Modernismo al Grupo del 27.

SHELLEY, Mary. Frankenstein. Ed. Anaya, "Tus libros selección" / Ed. Castalia, "Literatura para jóvenes".

del

GARCÍA LORCA, F. La casa de Bernarda Alba. Ed. Vicens Vives.

47


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

Selección de poesía española desde la posguerra hasta la actualidad.

CURSO 2020/21

BARCELÓ, E. El efecto Frankenstein. Ed. Edebé.

RUIZ ZAFÓN, C. Marina. Ed. Planeta.

1º BACHILLERATO ROJAS, Fernando de. La Celestina. Ed. Vicens Vives, Clásicos Adaptados / Edit. Oxford (El árbol de los clásicos)

MÉNDEZ, Alfaguara.

A.

Los

girasoles

ciegos.

Ed.

CERVANTES, Miguel de. Don Quijote de la Mancha. Ed. Vicens Vives, colección Clásicos Adaptados.

SPIEGELMAN, A. Maus. Ed. Reservoir books (novela gráfica).

ZORRILLA, J. Don Juan Tenorio. Ed. Vicens Vives, colección Clásicos hispánicos.

PARDO BAZÁN, E., La tribuna, Cátedra / Ed. SM CHACÓN, D. La voz dormida. Ed. Debolsillo.

2º BACHILLERATO GRANDES, A. El lector de Julio Verne. Ed. Maxi-Tusquets.

BAROJA, P. El árbol de la ciencia. Alianza Editorial.

GARCÍA MÁRQUEZ, G. Crónica de una muerte anunciada. Ed. Debolsillo. / Plaza & Janés.

ARAMBURU, F. Patria. Ed. Maxi-Tusquets.

GARCÍA LORCA, F. Romancero gitano. Ed. Espasa Calpe. Col. Austral.

BUERO VALLEJO, A. La Fundación. Austral.

Selección de cuentos hispanoamericanos.

de

escritores

ARAMBURU, F. Patria. Ed. Maxi-Tusquets. JARDIEL PONCELA, E. Cuatro corazones con freno y marcha atrás. Ed. Vicens Vives. MIHURA, M. Tres sombreros de copa. Ed. Anaya. MIHURA, M. Maribel y la extraña familia. Ed. Espasa Calpe.

48


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

DEPARTAMENTO DE MÚSICA Todas as actividades desenvoltas na materia de Música teñen relación coa lectura, tanto na lingua propia como na musical. A adquisición de destrezas novas pola utilización da linguaxe musical é patente á hora do traballo da interpretación de obras musicais, de compoñelas e analizalas. Por suposto, é importantísimo ter comprensión lectora pola necesidade da utilización de información adicional en tratados e temarios aportados pola profesora. En todas as sesións de todos os niveis hai un tempo de adicación á lectura, tanto musical como lingüística, simplemente pola necesidade de traballar os contidos referentes á Linguaxe Musical e aos demáis asuntos de teoría. Propostas de lectura (algunhas delas xa catalogadas na biblioteca e outras de próxima adquisición): 2º ESO - EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MÚSICA,deJordi Sierra i Fabra,ED.Anaya - SONATA DE AMOR de Blanca Álvarez,(Cuarteto de Cuerda) Ed. Anaya infantil y juvenil 3º ESO - LA PARTITURA ROTA, de Blanca Álvarez,(Cuarteto de Cuerda) Ed. Anaya infantil y juvenil. - EL ENIGMA VIVALDI, de Peter Harris. Editorial de Bolsillo. 4º ESO - EL COMPOSITOR DE TORMENTAS, de Andrés Pascual, Ed. DEBOLSILLO - EL COLECCIONISTA DE SONIDOS. De Fernando Trías de Bes , Ed. Alfaguara

49


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

1º BACHARELATO - EL CONTRABAJO, de Patrick Süskind, Ed.SEIX BARRAL - LA DÉCIMA SINFONÍA de Joseph Gelinek: Ed. DEBOLSILLO - EL VIOLÍN DEL DIABLO, de Joseph Gelinek.Ed.Plaza & Janés Cómpre destacar tamén que o visionado de películas é outra das actividades que se fai ó longo do curso dependendo do tempo do que dispoñamos. A biblioteca dispón de varios DVD propostos polo departamento e colabora na adquisición das suxestións que se propoñen como útiles para o desenvolvemento do currículo da materia de Música.

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA

Proponse a lectura dos seguintes libros: - Obelix y Compañía, de R. Goscinny e A. Uderzo, que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. - El mercado y Nosotros, de José Luís Sampedro. O obxectivo é que vexan os pros e os contras dos dous grandes sistemas económicos que estiveron enfrontados durante o século XX. Atópase tamén nos fondos da biblioteca. - El mercado y la globalización, de José Luis Sampedro, que se atopa nos fondos da biblioteca do centro. - El economista camuflado de Tim Harford. Atópase nos fondos da biblioteca. - Homo Economicus de Anxo Penalonga. Non se atopa nos fondos da biblioteca. - El vendedor de tiempo Fernando Trías de Bes. Non se atopa nos fondos da biblioteca. Por outra banda utilizarase a prensa que chega ao centro os mércores dentro do Programa Prensa-Escola de “La Voz de Galicia”, onde se traballará sobre un artigo de contido económico, para que se vaian familiarizando con conceptos económicos e desenvolvan a súa capacidade crítica.

50


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

Ao longo do curso tamén se lles propoñerá traballos sobre temas económicos de actualidade, para os que se deberá obter a información dos xornais cos que se conta no centro. Farase necesaria a consulta e lectura, ao longo do curso, de diversos materiais (páxinas web, blogs, libros, manuais de lexislación, …), entre outros, os seguintes: - http://www.emprendedores.es - http://www.crear-empresas.com - http://www.profesionasliberales.com - http://www.capital.es/ - http://www.mujeredenegocios.net/ - http://www.twitter.com/ - http://www.mundofranquicia.com/

- http://www.aeat.es/ - http://www.circe.es/ - Lexislación laboral, fiscal, contable,… - El hombre que cambió su casa por un tulipán , Fernando Trias de Bes - Colección de artigos “ A la contra”, Fernando Trias de Bes Etc.

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRATIVO Debido ás propias características das ensinanzas que compartimos, consideramos de vital importancia que os nosos alumnos se afagan ao manexo de diversos materiais de consulta e lectura. Resulta imprescindible para calquera profesional da xestión administrativa o manexo de distintas

bibliografías,

en

calquera

soporte,

para

a

continua

actualización

dos

seus

coñecementos, tendo en conta, ademais, que a lexislación manexada por estes profesionais está en continua modificación. Faremos fincapé, ao longo de toda a etapa de aprendizaxe dos nosos alumnosna utilización de diversos materiais de consulta, tales como:

● Diario Oficial de Galiza

● Boletín Oficial do Estado ● Plan Xeral de Contabilidade 51


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

● Guías laborais e fiscais

CURSO 2020/21

Diversos fiscais,..)

● Revistas e libros especializados ● Prensa, tanto de información xeral,

manuais

(contables,

Etc

como económica, fiscal, tributaria, … Estas consultas e lecturas realizaranse en ocasións na propia aula. Nela non so disporán de lectura impresa, senón que na nosa Aula de Informática poderán consultar todos aqueles materias necesarios en soporte dixital ou a través de Internet. Noutras ocasións, estas lecturas deberán facerse na propia Biblioteca do Centro, e incluso poderemos remitilos a outras bibliotecas ou organismos, onde dispoñan do material que en cada caso se faga necesario manexar.

52


PLAN ANUAL DE LECTURA / IES

CURTIS

CURSO 2020/21

5. Criterios de seguimento e avaliación do PAL Débense poñer en funcionamento unha serie de mecanismos que permitan avaliar o funcionamento e efectividade do Plan Anual de Lectura cada curso no noso centro. Poden ser os que seguen: -

Elaboración de enquisas anuais para alumnado e profesorado coa finalidade de analizar o grao de implicación da comunidade educativa na posta en práctica de distintas actividades do Plan.

-

Comprobación do nivel de participación do conxunto da Comunidade Escolar nas actividades que se organizan, vendo o grao de aceptación dunhas e doutras

-

Valoración do uso da Biblioteca por parte dos profesores e dos alumnus

-

Análise do funcionamento da Biblioteca: aspectos que se deben reforzar ou mellorar

-

Análise de movementos de préstamo e de lectura en sala A análise anual (preferentemente ao remate do curso) dos resultados conseguidos debe

demostrar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos neste Plan. É importante aproveitar os resultados da análise para a planificación do traballo de próximos cursos e para facer as oportunas modificacións neste documento, que, como se reseñou xa en varias ocasións, é un documento vivo e versátil, que debe adaptarse á realidade do centro e cambiar con el.

53