Pautas para as sesións do obradoiro

Page 1

E TI SABES LER… PUBLICIDADE? (CURSO 2016-17) Nesta nova edición do obradoiro que facemos os membros do equipo de biblioteca a idea é aproveitar o que temos do pasado curso e combinalo con outros anuncios máis actuais. A dinámica de exposición pode ser a seguinte: 1. PRESENTACIÓN TEÓRICA: hai pequenos cambios, non no texto senón nas imaxes (actualización da portada, introducción dalgunha imaxe nova). Podemos intercalar algún vídeo de anuncios cando estemos a explicar elementos que se deben analizar: deste xeito a exposición farase máis amena e clara. Por exemplo: - CORES: podemos poñer un dos anuncios de Tarradellas (cor vermello e verde por todos os lados no anuncio do pasado ano) / anuncio do Iphone 6s … - ANGULACIÓN E PLANOS: temos varias opcións (Paco Rabanne, Iphone 6, seat León con primeiros planos do protagonista e de elementos tecnolóxicos do coche…) - TEMAS: - sexo: Paco Rabanne (calquera dos tres anuncios) - familia: Citroen C4 (boísimo, moito HUMOR ) ou o anuncio 1 de Ikea - humor : Citroen C4, IKEA (No es magia, es orden…) - xuventude: coca-cola siente el sabor ou o de 2017 - tecnoloxía: Audi - refinamento: Dabiz Muñoz e Mercedes (calquera dos dous) - ESTEREOTIPOS: - Publirreportaxe de Audi (é boísimo, pero non sei se nos dá tempo, mirádeo). - Quitamanchas Finish Band, Cofidis, Opel Mokka, Suzuki Baleno… O único de coches que atopei cunha muller como protagonista foi o do Seat Ateca. 2. NECESIDADE DE LECTORES CRÍTICOS: bucle de anuncios de CASAS DE APUESTAS (invitación a participar en xogos de azar, relacionándoos coa xuventude, co humor, coa diversión, co cotián; é moi bo -é cómpre ser moi críticos con el- o de Wanabet )


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.