5 minute read

SAÚDODOALCALDE

Next Article
FOMENTANDOACULTURA

FOMENTANDOACULTURA

Neste ano 2011 , dende o Concello de O Pino decidimos poñer de novo en marcha a revista informativa municipal Faísca, para que todos os/as veciños/as esteades ó tanto dos investimentos e

proxectos que se realizaron nesta última lexislatura e nos que se seguirá traballando para o benestar de todos.

Advertisement

Un concello como o de O Pino, cunha extensión de 132 quilómetros cadrados, cunha poboación relativamente dispersa, dificulta en ocasións a comunicación entre os/as veciños/as e os seus representantes. Con esta 2° edición de Faísca, queremos que coñezades a actual organización interna do concello, os servizos que se prestan en cada departamento, as actividades programadas, asi como os proxectos e obras que están en marcha ou xestionándose.

Dende o ano 2005 ata o 2009, sufríronse grandes recurtes orzamentarios por parte da Comunidade Autónoma en canto a infraestruturas e investimendo, senda catro anos moi difíciles. Sen embargo, o Concello de O Pino soubo xestionar ben os seus recursos e aproveitalos para seguir traballando polo desenvolvemento do municipio. As seguintes páxinas mostran un resumo a grandes rasgos do traballo realizado no período 2008-201 O, aínda que cabe sinalar que foron moitas máis as actividades e proxectos pastos en marcha neste mesmo período.

Sen mais, permítome expresar o meu agradecemento ós/as veciños/as de O Pino por seguir confiando no naso traballo, o que para min supón, xestionar e traballar na procura de novas investimentos, encamiñados a mellorar a calidade de vida dos habitantes do municipio. Este foi, e segue senda, o compromiso tanto persoal como do equipo de goberno dende o comezo do naso mandato á fronte do concello.

Quera tamén aproveitar a ocasión para mandar un abrazo agarimoso a todos/as os/as veciños/as de O Pino.

Para todos, unha forte aperta.

NO CONCELLO DE O PINO MEDRAMOS SABENDO XESTIONARNOS

Dende os anos 2007 e 2008 España, as Comunidades Autónomas e os concellos entraron nunhc caída en picado debido á crise. Aínda que dende o goberno central se negaba esta evidencia qu se vía vir, o Concello de O Pino e nós como goberno fixemos caso do que dicían os expertos er economía e os nosos dirixentes do Partido Popular, que anunciaban que tanto España com Galicia ían por mal camiño neste senso. Dende o goberno de O Pino, que me honra presidir, fixemos os axustes orzamentarios necesario sen deixar de investir nin de prestar servizos en favor dos veciños/as, para non caer no pozo 2 crise económico-financeira, como moitos concellos de Galicia e do resto de España. Reducimos gasto, pero centramos os nosos esforzos e loitamos polo mantemento da prestación de todos o servizos ós nosos veciños ademais de seguir investindo en infraestructuras municipais, tal e com se reflicte nesta revista informativa. É dicir, facer máis gastando menos.

O estudo económico-financeiro da Deputación Provincial de A Coruña mostra a excelente xestión do Concello de O Pino

En novembro de 201 O, recibíronse os datos dun estudo económico-financeiro realizado para os concellos de menos de 20.000 habitantes, no que se analizou a situación financeira de cada un dos municipios da Provincia de A Coruña, no período 2006-2009. Como conclusión ós datos analizados para o Concello de O Pino, o informe di, literalmente, o seguinte:

"Á vista das magnitudes económico-financeiras contidas neste informe, o Concello de O Pino presenta unha situación excelente tanto desde o punto de vista orzamentario como do económico e financeiro. Continúa coa súa traxectoria ascendente en todo o período analizado, e no ano 2009 todas as magnitudes analizadas son positivas e sensiblemente superiores ás do ano anterior, no que os resultados xa eran bos.

Neste ano aumenta o remanente de tesourería, o resultado orzamentario e o aforro neto, incremetase tamén o superávit de financiamento orzamentario de anos anteriores, e todo isto prodúcese mantendo o nivel de investimentos, sen necesidade de recorrer ó endebedamento. A este respecto a situación do concello é moi boa, ten un nivel de endebedamento moi baixo, case nulo, dos máis baixos dos concel/os do seu mesmo tramo poboacional. Esta circunstancia unida a un aforro neto positivo, permite manter aberta esta posibilidade de financiamento para as súas operacións de capital, en caso de necesita/a.

É meritorio manter esta boa situación económica e orzamentaria e incluso, como é o caso, me/lora/a nestes momentos de crise económica xeneralizada.

Noraboa pola súa boa xestión."

O Concello de O Pino atópase dentro da lista de concellos menos endebedados de Galicia, segundo os datos do Ministerio de Economía e Hacienda

Recentemente, publicáronse tamén na prensa os datos do Ministerio de Economía e Hacienda, no que se fixo unha valoración do nivel de débeda dos concellos galegas, sinalando o problema que esta situación provoca á hora de pedir créditos para investimentos. Segundo o mapa de clasificación do nivel de débeda sobre os ingresos, obsérvase que o Concello de O Pino atópase entre os que mellar saben xestionarse cos seus propios recursos, situándose na porcentaxe máis baixa de débeda, entre O e o 10%.

ESTASE A TRABALLAR INTENSAMENTE DENTRO DA MANCOMUNIDADE DO CAMIÑO FRANCÉS PARA REDUCIR A FRANXA DE PROTECCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O Concello de O Pino está facendo un gran esforzo co resto de concellos polos que pasa o Camiño Francés para intentar reducir a zona de protección do camiño.

No mes de setembro de 201 O mantivéronse varias reunións dos concellos que forman a Mancomunidade do Camiño Francés, na que se acordou unha posta en común de todos os membros deste ente supramunicipal co fin de presentar unha alegación conxunta á proposta da Xunta de Galicia de modificación da Ruta.

Cabe mencionar que na proposta da Xunta de Galicia, inclúense outro tipo de zonas de protección que poden chegar ós 2 quilómetros. Reiteradamente, nas xuntanzas para xestionar as zonas de protección, o alcalde Manuel Taboada, solicitou que se acorte a franxa de protección do Camiño a 30 metros, unha distancia que considera suficiente.

No mes de outubro do pasado ano, cando estivo aberto o período de alegacións, presentouse unha solicitude conxunta por parte da mancomunidade ante a Dirección Xeral de Patrimonio para intentar reducir as zonas de afección do camiño, esixindo a franxa de protección mínima. Estase a espera de resolución.

This article is from: