
2 minute read
FOMENTANDOACULTURA
A PROGRAMACIÓN CULTURAL ABRANGUE DENDE ACTIVIDADES DE LECER, EXCURSIÓNS ATA CURSOS DE FORMACIÓN
A programación cultural do Concel/o de O Pino caracterizase por abranguer cada vez máis áreas e por adaptarse ás novas necesidades que van xurdindo na sociedade. O abano vai dende os títeres-bonecos que tantas risas e escintileo de olios causan nos cativos- ata concertos, representacións teatrais, excursións, cursos de formación, exposicións, etc.
Advertisement
OS CURSOS DE FORMACIÓN TIVERON COMO OBXECTIVO ACHEGAR A TÓDOLOS VECIÑOS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
Estes cursos intentaron achegar a todos os veciños ó mundo das novas tecnoloxías, tanto a poboación en xeral, como a sectores máis específicos.
A oferta de cursos de formación realizada entre os anos 2009 e 2010, abrangueu diferentes modalidades: informática para adultos, arte floral, mecanografía para nenos por ordenador, inglés para nenos e adultos e manualidades. Foron un gran éxito.

Dende a súa apertura, o Centro Sociocultural Luis Seoane, acolleu varias exposicións que tiveron como base as temáticas da paisaxe e do Camiño de Santiago.
Pola labor realizada a favor do Concello de O Pino e da Cultura Galega, en outubro de 2006 nomeouse a Xesús Canabal como Filio Predilecto de O Pino. O 31 de maio de 2008 outorgóuselle a Luís Seoane o mesmo galardón polo seu traballo desenvolto.
HOMENAXE ÁS LETRAS GALEGAS
Cada ano en O Pino faise unha

homenaxe ó correspondente literario, a través dun gran trivial sobre o autor, xogos e outros obradoiros.

No pasado ano 2010 foi o turno do poeta Uxío Novoneyra.
O NADAL COMEZA, COMO CADA ANO, COA CHEGADA DE PAPÁ NOEL
No Nadal non pode fallar a visita de Papá Noel, que cada ano se achega a visitar ós rapaces do Punto de Atención á Infancia e ás escalas unitarias para recoller as cartas que para el se escriben, pedíndolle centos de agasallos.


CADA CINCO DE XANEIRO CÚMPRENSE MOITOS SOÑOS COA CHEGADA DAS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE
Os Reis Magos de Oriente, cada cinco de xaneiro, fan un percorrido co alcalde Manuel Taboada polas trece parroquias do concello recollendo as peticións dos nenos. A gran festa final da Cabalgata de Reis ten lugar no polideportivo municipal, aderezada con chocolate e rosca gratis para todos os asistentes.



SARDIÑAS PARA TODOS NA NOITE DO SAN XÓAN

A noite máis máxica do ano, celébrase en O Pino coa clásica sardiñada de San Xoán. Dende o ano 2009 este evento vense celebrando na Praza de Forcarei.
Un dos puntos máis máxicos da noite, aparte das supersticións, é a confraternidade entre veciños e peregrinos, que como manda a tradición comen sardiñas, aderezadas con algo de música, e pechan a festa cunha boa queimada.

O PROGRAMA VAi DE AUGA TEN UNHA GRAN ACOLLIDA

O programa "Vai de auga" consite en cinco sesións que se realizan os mércores no Balneario Río Pambre en Palas de Reí.