
7 minute read
TRABALLANDO POLO DESENVOLVEMENTO LOCAL
A creación de emprego é unha das principais prioridades para o Concello de O Pino, co fin de fixar xente no rural.
Advertisement
O obxectivo xeral da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, é fomentar a actividade económica no concel/o, coa finalidade de xerar crecemento económico e social. As actividades e servizos que en materia de emprego presta a Oficina de Desenvolvemento Local de O Pino son os seguintes:
XESTION DAS OFERTAS DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO
Programas de Cooperación coa Xunta de Galicia: ao que poden optar desempregados inscritos na oficina de emprego. Obradoiros de emprego: están dirixidos a desempregados de 25 ou máis anos, inscritos na oficina de emprego.
XESTION DAS OFERTAS DE EMPREGO DA EMPRESA PRIVADA
- Xestión de ofertas de empresas do Concello de O Pino e outros concellos. - Ofertas de emprego de E.T.T. ( Empresas de Traballo Temporal) (Ambas ofertas de emprego co/ócanse no tabo/eiro de anuncións do cancel/o con carácter periódico e na páxina web).
XESTION DUNHA BOLSA DE DEMANDANTES DE EMPREGO PROPIA DO CONCELLO

A bolsa de emprego é un servizo que pon en contacto aos demandantes de emprego coas empresas que ofertan pastos de traballo.
ORIENTACIÓN A EMPRENDEDORES
A Oficina de Desenvolvemento Local ofrece servizos de:
1 nformación, asistencia técnica e formación dirixidas a promover iniciativas económicas locais e creación de emprego. Servizos de asesoramento a iniciativas empresariais e de autoemprego. Orientación no acceso aes mecanismos de axuda e aes apoios financeiros a emprendedores. Organización de cursos de formación, xornadas informativas e seminarios.
INFORMACIÓN SOBRE SUBVENCIÓNS
No Departamento de Desenvolvemento Local dáse información sobre todo tipo de subvencións e axudas da Xunta de Galicia e cutres organismos públicos. Entre elas destacan as seguintes: Axudas ao comercio Axudas dirixidas ás asociacións
Axudas para a hostelería - Axudas para a rehabilitación e renovación de vivencias.
- Ax u das ao sector forestal.
FOMÉNTASE O EMPREGO PARA 05 VECIÑOS A TRAVÉS DA REALIZACIÓN DE VARIOS CURSOS
Durante os últimos anos están a realizarse varios cursos de formación de diversos ámbitos /abarais
• Curso de Hixiene e Manipulación de
Alimentos
• Cursos de Informática para activos e parados • Curso de "Operarios de Rampa" para o aeroporto de Lavacolla • Xornadas de promoción e divulgación do
Cooperativismo • Curso de Informática para traballadores da hostalería
• Seminario de motivación emprendedora.
Difusión e creación de empresas.
ACTUALMENTE ESTASE A REALIZAR O CURSO PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA OS VECIÑOS EMPRADOADOS NO CONCELLO DE O PINO

O CONCELLO DE O PINO PROMOVE A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORESDESEMPREGADOS

A través dos programas e distintas subvencións das administracións públicas, o Concello de O Pino contratou a varios traballadores con carácter temporal, dando sempre prioridade ós veciños desempregados do municipio.
ANO 2007
- 5 traballadores para realizar labores de limpeza e mantemento de espazos natura is. -1 psicóloga para o Centro de Información á Muller.
ANO 2008
- 8 traballadores para realizar labores de limpeza e mantemento de espazos naturais.
ANO 2009
Contratación de 11 traballadores, para realizar labores de albanelería, xardinería, técnico en turismo, mestra en inglés e técnico en informática.
- Obradoiro de emprego. Participaron 33 alumnos, nas especialidades de albanelería, xardinería e carpintería.
ANO 2010
Contratación de 3 socorristas para a pisicina municipal. - Contratación de oito albaneis e 4 peóns de espazos naturais.
O OBRADOIRO DE EMPREGO "CAMIÑO FRANCÉS O PINO-11" PERMITIRÁ A INSERCIÓN LABORAL E FORMACIÓN DE 33 PERSOAS
O pasado decembro de 2009 deu comezo no concello, o segundo Obradoiro de Emprego "Camiño Francés O Pino" que rematou no mes de decembro de 201 O. Con esta iniciativa impulsada dende o concello, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, un total de 33 persoas tiveron a oportunidade de formarse ao redor de tres modalidades: albanelaría, carpintaría e xardinaría.
ACTUACIÓN$ REALIZADAS

- Rehabilitación do local social de Cebreiro - Adecuación da área recreativa de Vilar (San
Mamede de Ferreiros) - Acondicionamento da área recreativa da
Carballeira de Suso (Ferreiros) - Mellara do xardín da
Casa do Concello - Axardinamento da zona da p1sc1na municipal (Vi la boa) - Tellado do muíño en Vilar (San Mamede de
Ferreiros)


O obradoiro de emprego consiste nunha formación teórico-práctica, é dicir, adícase unha parte do tempo a acadar coñecementos teóricos sobre os módulos formativos e outra parte na que realizan as prácticas nas obras de actuación, obxecto do obradoiro. Todo isto compleméntase con formación de educación xeral básica, coñecementos de informática e formación empresarial.

FACILÍTASE A RENOVACIÓN DA DEMANDA DE EMPREGO A TRAVÉS DO PUNTO DE INFORMACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN, INSTALADO NO CONCELLO
A renovación da demanda de emprego, pode facerse nas oficinas do concello, a través dun sistema totalmente válido e oficial, que permite unha maior comodidade, evitando o desprazamento á Oficina de Emprego de Santiago.

O Punto de Información do Concello de O Pino permite a renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital, así como a busca de ofertas de emprego. Para poder utilízalo, é preciso acudir previamente á súa Oficina de Emprego de Santiago de Compostela, situada na Rúa do Coto para pedir e rexistrar a súa pegada dixital. Alí escanéanlle a pegada dixital e proporciónanlle un número de identificación. Unha vez feito isto, xa poderá utilizar este servizo no concello, que se atopa instalado no primeiro andar do edificio municipal, ó carón do mostrador de atención ó público. Para a renovación da tarxeta do paro na máquina, tan só é preciso colocar a súa pegada na pantalla dixital e introducir os seus datos de identificación. O Punto de Información imprime un novo documento de Alta e Renovación da Demanda de Emprego. Outro dos servizos que ofrece este punto, é o acceso ás ofertas de emprego, así como ao acceso de balde a Internet para a consulta de calquera nova relativa ao emprego e á formación.

Este mecanismo permite unha maior comodidade para tódolos veciños do concello, facendo moito máis cómodo este trámite sen ter que desprazarse ata Santiago de Compostela.
ELABORACIÓN DO CURRICULO VITAE
Se queres elaborar o teu currículo vitae ou carta de presentación para optar a un pasto de traballo nunha empresa e precisas que alguén che axude a facelo, no departamento de Desenvolvemento Local, proporcionase axuda e márcanse as pautas para poder elaborar estes documentos.

ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS DO PROGRAMA LEADER 2007- 2013

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo (GDR 23), do que é vicepresidente o alcalde Manuel Taboada, comezou a súa actividade en datas recentes.
O GDR ten por obxecto xestionar un programa de axudas europeo, o Plan Leader, para o desenvolvemento do rural, que canta cun orzamento de 3.591.122 euros para o seu ámbito de actuación, que está formado por 10 concellos: Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Tauro e Vilasantar.
Recentemente abreuse a convocatoria de subvencións destinadas a aqueles veciños destes dez concellos, entre eles O Pino, que queiran investir no rural, principalmente para os que desexen abrir un novo negocio ou mellorar o que xa teñen. sede deste novo Programa Leader, está s ruada no Edificio da Antiga Cámara Agraria e- Pedrouzo (Arca), onde calquera interesado :oce achegarse para pedir información sobre e:s:as axudas, que se destinan principalmente a ~;::: "ias:
Dinamización do sector agrario e forestal.
Mellara ambiental e do contorno rural. Diversificación da economía rural, creación de empresas e mellara da calidade de vida no medio rural. Os obxectivos do Programa Leader son a autogobernanza das zonas rurais. e outorgar á poboación local un poder decisorio para elaborar e aplicar unha estratexia de desenvolvemento de carácter multisectorial a partir do aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio, mediante a aplicación de enfoques innovadores.