Novas
Concello de San Sadurnino O Casal 16 15560 San Sadurnino T. 981 490 027
Licitadas varias obras por valor de 276.000 euros O Concello de San Sadurniño acaba de pechar o prazo de presentación de ofertas para catro proxectos acollidos ao finanzamento do Plan Complementario Deputación da Coruña, tres deles centrados en melloras na rede viaria e, o cuarto, para a ampliación do local social de Lamas. Todos saíron a contratación por separado e por distintos importes que, en conxunto, suman un total de 276.598,45 euros, ive incluído.
Os tres proxectos permitirán amañar este ano outros 6 quilómetros de pistas, que se suman aos 13 quilómetros adxudicados recentemente con cargo a programas provinciais ou autonómicos. O trazado de maior envergadura económica -82.509€- é o que comunica o límite coas Somozas, en Amido, co núcleo da Chabola pasando polo Hedreiro e Caínce, xa en Ferreira. Son 2,6 quilómetros de pista asfaltada á que agora se lle botará un novo firme aglomerado. No paquete de licitacións vai tamén o asfaltado dos 1,8 quilómetros de estrada que comunican O Cando co Castro, en Igrexafeita, cun custe estimado de 47.983€, e dous tramos en Naraío cifrados conxuntamente en 34.277 euros. Son a pista desde A Vila até O Freixo e a que vai da Longra á Braña polos Foxos, que en total suman algo máis de 1,6 quilómetros de percorrido.
Curso de cultivo de mazás ecolóxicas para transformación do 21 ao 25 de outubro na Casa da Xuventude A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol organiza este curso, que terá lugar polas tardes -de 17 a 21.00h.- na Casa da Xuventude. Falarase das plantacións ecolóxicas de mazá, como planificalas e coidalas e mesmo haberá un obradoiro de elaboración de zumes e sidras e unha visita relacionada co tema. Da parte técnica ocuparase persoal
especializado da CFEA de Guísamo. O curso é gratuíto e para apuntarse hai que chamar ao 981 490 027. Terán prioridade titulares de explotacións agrarias ou persoas que estean traballando nelas. A acción conta con finanzamento FEADER, da Xunta e do Ministerio de Agricultura.
Pide xa a cita para renovar o DNI Venres 11 de outubro
A unidade móbil da Policía Nacional tramitará a renovación dos carnés de identidade o venres 11 de outubro pola mañá no salón de plenos do Concello. Recordamos que fai falla pedir cita previa chamando ao 981 490 027. No caso de que se queiran variar datos sobre o enderezo tamén é necesario achegar certificado de empadroamento, que se pode solicitar no momento no propio Concello. O documento xa renovado entregaránnolo en man á semana seguinte. O día en que teremos que pasar recollelo diránnolo o propio venres.
Envio sen enderezo postal
de San Sadurniño
Porén, a partida que suporá un investimento máis elevado dentro do Plan Complementario é a da construción dun anexo ao local social de Lamas. Está cuantificada nun prezo de saída de 111.828 euros que se dedicarán a facer unha ampliación das instalacións que veña corrixir os problemas de accesibilidade e usabilidade do actual inmoble, tal e como solicitou a veciñanza nas asembleas do orzamento participativo. As instalacións estarán comunicadas co andar inferior do local social e suporán un incremento próximo aos 130 m² de superficie útil, incluído un escenario de algo máis de 36 m². Os planos mostran unha edificación de planta baixa con grandes fiestras e unha porta de acceso independente, xunto con rampas de acceso para persoas con mobilidade reducida.
Nº 112 Setembro 2019
Co outono retómanse as escolas culturais e deportivas Pasado o verán e as vacacións, é tempo de volver á normalidade do día a día. A rapazada xa está na escola, repítense as rutinas semanais do traballo, as horas de luz cada vez son menos. O arranque adoita ser duro tralos sobresaltos estivais e incluso o ánimo se resinte. Por iso sempre é recomendable encarar o outono con boa disposición e novos retos. O Concello propón algúns relacionados coa cultura e o deporte que, de seguro, nos axudarán a afrontar esta etapa de todos os anos e a manternos entretidos durante os próximos meses. Vexamos cal é a oferta. Empezamos polas escolas deportivas de fútbol e volei, conveniadas co CF San Sadurniño e co CV Aldebarán respectivamente. A estas alturas a cativería xa está posta a andar en cada disciplina, pero se aínda quedase alguén por inscribirse debe saber que para apuntarse a fútbol cómpre contactar co Sansa no 618 527 359 e 669 638 282, mentres que para aprender voleibol debemos chamar aos 636 728186 e 696 085 847 do Aldebarán. Porén, para o resto das actividades será necesario facer antes a preinscrición chamando ao 981 490 027. O prazo abre o venres 20 de setembro e cómpre que se xunten un mínimo de 8 solicitudes para cada unha das escolas. A de ximnasia de mantemento para maiores desenvolverase en dúas quendas pola semana, unha de 16 a 17.00h. e outra de 17.15 a 18.15h.: os luns primeiro en Naraío e logo en Lamas, os martes en San Sadurniño, os mércores en Naraío e Santa Mariña, os xoves en San Sadurniño e os venres en
27 poetas reuniranse no III Recital de Poesía en Feminino
A AELG ofrece na Casa da Xuventude un curso de escritura narrativa
Santa Mariña a primeira hora e en Lamas durante a segunda. De existir demanda tamén se poría en marcha grupo na parroquia de Ferreira. No caso da música tradicional, as clases impartiranse no local social de Naraío. A iniciación á gaita será os martes de 19.30 a 21.00h. e o grupo de perfeccionamento reunirase de 21.00 a 22.30h. As sesións de canto e pandeireta seguen os mércores: de 18 a 19.00h. para a rapazada de 3 a 6 anos, de 19 a 20.00h. para perfeccionamento infantil e de 20 a 21.00h. o grupo de persoas adultas. Unha vez que se confirmen os grupos poderase efectuar a matrícula a partir do día 3 de outubro na Casa da Cultura. Os prezos son os seguintes: 15,71€ de matrícula e 30,24€ de cota trimestral para maiores de 18 anos e menores de 65. As persoas menores de 18 anos, maiores de 65, pensionistas, estudantes, familias numerosas e titulares do Carné Xove terán que pagar 15,05 euros de matrícula e 20,17 cada trimestre. Alén desta oferta tamén cómpre ter en conta a que teñen preparada pola súa conta entidades do territorio como a Asociación Cultural Brío, o Club Brío, o Club Biela e Chaveta ou as asociacións veciñais, publicada habitualmente nas súas redes sociais. Por último, recordamos que tamén están en marcha as clases de Pilates que se ofrecen na Casa da Cultura todos os luns e mércores en dúas quendas: de 20 a 21.00h. e de 21 a 22.00h. Neste caso o Concello só ten un acordo de cesión do espazo, polo que as inscricións deben facerse contactando directamente coa monitora no 665 957 056.
Oito obradoiros compoñen a oferta dos dous últimos Venres en Sansa!
Reserva xa a túa cita para renovar o DNI o día 11 de outubro