Presentan reclamacións dentro do prazo establecido as seguines persoas: - Belinda Amor Celada - Belén González Amor - Maria Luisa Echevarría Rubiños - Judith Cristel Rodríguez Valcarcel - Josefa Luengo Edrosa - Vanesa López Muñiz Revisanse cada un dos expedientes para comprobar si existe algún erro de valoración e resolvese o seguinte: - Belinda Amor Celada: valorouse na experiencia profesional 19 meses de traballo na Escola Infantil do Concello de Barreiros, cando a súa experiencia laboral total nesta Escola Infantil é de 31 meses, polo que acadaría a máxima puntuación (6) no apartado de experiencia en Escolas Infantis públicas, en lugar dos 4,75 puntos que tiña na valoración inicial, e polo tanto a súa puntuación definitiva sería de 9,5 puntos. - Belén González Amor: valorouse na experiencia profesional 5 meses de traballo de coidado de nenos/as en ludoteca, cando a súa experiencia laboral total na mesma é de 20 meses, polo que acadaría a máxima puntuación (3) no apartado de experiencia no coidado de nenos /as, en lugar dos 1,25 puntos que tiña na valoración inicial, e polo tanto a súa puntuación definitiva sería de 8 puntos. - Maria Luisa Echevarría Rubiños: valorouse no apartado de formación únicamente un curso directamente relacionado coas labores a desempeñar na Escola Infantil, pero non se valorou un segundo curso relacionado que é Expresión Corporal, cun módulo específico de Escola Infantil, polo que acadaría unha puntuación de 1 puntos no apartado de formación en lugar dos 0,5 puntos que tiña na valoración inicial, e polo tanto a súa puntuacón definitiva sería de 7 puntos. - Judith Cristel Rodríguez Valcarcel: no apartado de experiencia en coidado de nenos/as non se valorou nada xa que presentou únicamente a vida laboral e non os contratos e non había datos suficientes para facer a valoración sin esa documentación. No prazo de reclamacións presenta copia dos contratos e polo tanto acadaría a máxima puntuación (3) no apartado de experiencia no coidado de nenos/as, e polo tanto a súa puntuación definitiva sería de 8 puntos. - Josefa Luengo Edrosa: valorouse na experiencia profesional 5 meses de traballo de coidado de nenos/as, cando a súa experiencia laboral total neste apartado sería de 13 meses, polo que acadaría a máxima puntuación (3) no apartado de experiencia no coidado de nenos /as, en lugar dos 1,25 puntos que tiña na valoración inicial. En canto á formación, valoraronse no apartado de formación únicamente dous cursos directamente relacionados coas labores a desempeñar na Escola Infantil, pero non se valorou un terceiro curso relacionado que é Formación para profesionais de Casas Niño (o curso de pizarras dixitais, tablets, redes sociais na aula non se valorou por non ser directamente relacionado coas labores a desempeñar na Escola Infantil), polo que acadaría unha puntuación de 1,5 puntos no apartado de formación en lugar do punto que tiña na valoración inicial. e polo tanto a súa puntuación definitiva sería de 8,25 puntos. - Vanesa López Muñiz: no apartado de experiencia en coidado de nenos/as non se valorou nada pero unha vez revisada a documentación hai que ter en conta unha experiencia en coidado de nenos/as de 7 meses, polo tanto acadaría unha puntuación de 1,75 puntos no apartado de experiencia no coidado de nenos/as, e polo tanto a súa puntuación definitiva sería de 6,75 puntos.
Cod. Validación: 69DK3SQFJYG5DZ5DLTXC9P2PA | Corrección: http://barreiros.sedelectronica.es/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 3
Begoña Teijeiro Campo (1 para 1) Secretaria Data de Sinatura: 31/07/2017 HASH: 0d65a9e123f076412578ebaa71972383
Dacordo coas bases aprobadas por Resolución de alcaldía de 20 de abril, para creación de bolsas de Emprego e mais concretamente para a postos na Escola Infantil Municipal, examínase pola Mesa de Avaliación a documentación presentada polos interesados durante o prazo establecido de CINCO DÍAS HÁBILES, así como as reclamacións efectuadas sobre a valoración inicial realizada.