Formacion usuarios

Page 1

FORMACIÓN DE USUARIOS

BIBLIOTECA CEIP PLURILINGÜE CONCEPCIÓN ARENAL https://rataconchita.blogspot.com


1. INTRODUCCIÓN 2. OBXECTIVOS E CONTIDOS XERAIS 3. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL 4. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA EDUCACION PRIMARIA 4.1 PRE-LECTORES 4.2 PRIMEIROS LECTORES 4.3 LECTORES AUTÓNOMOS

0-6 Pre-lectores 6-8 Primeiros lectores 9-12 Lectores autónomos


1. INTRODUCCIÓN Dende o equipo de biblioteca do Ceip Plurilingüe Concepción Arenal, presentamos este programa de formación de usuarios/as destinado a todo o alumnado de E.Infantil e E. Primaria do noso centro. Para elaboralo tivemos en conta as aportacións recollidas por outros centros dende os seus blogs e polas experiencias vividas polos membros deste equipo noutros centros, así coma de textos recollidos a través de internet que consideramos que poden ser de gran utilidade para o noso alumnado (“La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Educación Infantil y Primaria”. Mónica Baró e Teresa Mañá) Este programa vai dirixido a todo o profesorado do noso centro co fin de que o incorpore ás súas programacións didácticas e o leve a cabo co seu alumnado, co obxectivo de facer do noso alumnado usuarios competentes non só na nosa biblioteca escolar senón en calquera outra biblioteca escolar ou biblioteca pública municipal. Calquer programa de formación de usuarios/as presenta os seus contidos de forma gradual, distribuidos no que se chama “niveis de formación”: 1. información sobre a biblioteca 2. formación no uso da biblioteca 3. formación no uso dos materiais O primeiro nivel refírese ao coñecemento da biblioteca como servizo (que é a biblioteca, que podemos atopar nela,para que nos pode servir).

O segundo nivel inclúe conceptos relacionados coa formación no uso da biblioteca tales como buscar nun catálogo ou en Internet, descodificar un rexistro bibliográfico, localizar os documentos na biblioteca, seleccionar os máis pertinentes.

O terceiro nivel correspóndese coa formación no uso dos materiais en calquer soporte (sistemas de consulta e organización da información, uso de índices e sumarios,…).


A programación que a continuación presentamos contempla os tres niveis de formación anteriormente descritos para cada un dos escolares, dende E. Infantil

ata

finais

da

niveis

educación primaria tendo en

conta sempre a súa flexibilidade e que pode ser empregada con outros grupos de idade distintos aos que en principio vai dirixida, se estes non teñen recibido formación con anterioridade. Para finalizar, convén lembrar que a formación de usuarios/as é unha das

funcións prioritarias da biblioteca escolar e que debe considerarse un

contido transversal na educación obligatoria, sendo responsabilidade de todo o profesorado e que compete a todas as materias.


2. OBXECTIVOS E CONTIDOS XERAIS Este programa de formación de usuarios/as pretende conseguir que cando o noso alumnado finalice a etapa escolar de E. Primaria, sexa capaz de:  Manexarse sen medo no espazo da biblioteca escolar e a biblioteca pública utilizándoas de xeito autónomo/a.  Localizar e recuperar a información en calquera tipo de soporte ou medio.  Coñecer os distintos tipos de documentos informativos e seleccionar o que máis lle interese.  Utilizar a bibliotecas escolar e pública para a información , o estudo e o lecer.

Para acadar estes obxectivos , o noso programa de formación de usuarios/as, incluirá contidos referidos a:  A organización da colección.  Os soportes documentais.  Os tipos de documentos: diccionarios, enciclopedias, monografías, obras literarias, prensa escrita, …  Os elementos que identifican unha obra impresa: título, autor, editorial,.. As partes dunha obra e as súas ferramentas auxiliares: indices, sumarios, glosarios,.. e como utilizalas.  A utilización de catálogos manuais e informatizados.  Os códigos gráficos utilizados en diferentes tipos de documentos.  A estructura dos documentos dixitais e as páxinas web.  A comprensión e o tratamento da información.  A biblioteca como un espazo público compartido: normas de uso, respecto polos materiais,..  Despertar unha actitude de colaboración no funcionamento da biblioteca (formar axudantes de biblioteca).

A continuación detallamos a concreción destes obxectivos e contidos xerais para cada unha das etapas e ciclos que se imparten no noso centro.


ORGANIZACIÓN DA COLECCIÓN (CDU)

0-XENERALIDADES 1-FILOSOFÍA 2-RELIXIÓN 3-CIENCIAS SOCIAIS ? 5-CIENCIAS NATURAIS 6-CIENCIAS APLICADAS 7-ARTE.MÚSICA.DEPORTES. ESPECTÁCULOS 8-LINGUA 9-XEOGRAFÍA. HISTORIA. BIOGRAFÍAS.


Ao principio, todos os saberes estaban mesturados

0 - Xeneralidades, enciclopedias e dicionarios

As persoas paráronse a pensar como organizar todo isto.

1 – Filosofía

Parecíalles tan complicado, que se encomendaron aos deuses.

2 –Relixión

E decidiron ver como se organizaban os seres humanos.

3-Ciencias sociais.


4-¿…?

Despois miraron ao seu redor e descubriron a Natureza.

5-Ciencias naturais.

Con moitos dos elementos que os rodeaban puideron construír e fabricar cousas.

6- Ciencias aplicadas

Pero tamén precisaron divertirse, xogar e crear.

7-Arte, deporte e xogos.


Inventaron a escritura e aprenderon a ler e comunicarse.

8-Lingüística e literatura

E isto axudoulles a coñecer o mundo e o pasado.

9- Xeografía e Historia.

Por que o catro está baleiro? Porque cando se acordou facer a CDU pensaron que deberíamos ter un espazo para que cada biblioteca o dedicase ao que ela escolla: 

traballos do alumnado

publicacións do colexio

publicacións do concello

publicacións da provincia

publicacións da comunidade autónoma …

Así que teremos que decidir con que imos encher este espazo.


3. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA

A ETAPA DE

EDUCACIÓN INFANTIL O obxectivo xeral nesta etapa educativa (3-6 anos) é conseguir que o espazo da biblioteca sexa para estes nenos e nenas un lugar familiar, que o identifiquen, o valoren e o aprecien. Ademáis deben ser quen de moverse neste centro de recursos, coñecendo os diferentes tipos de fondos que contén e respectando as normas de comportamento e uso da biblioteca. Así pois, podemos concretar os seguintes obxectivos: Referidos ao nivel 1 (introducción á biblioteca) 1) Recoñecer o espazo da biblioteca escolar distinguíndoo doutros espazos parecidos (recanto dos libros na aula, biblioteca pública,..) 2) Coñecer e respectar algunhas

normas sinxelas de comportamento

e uso na biblioteca. 3) Distinguir e localizar os distintos tipos de fondos que podemos atopar na biblioteca a partir das súas características esenciais: impresos ( obras de ficción - libros de contos; obras de coñecementos - libros de información), electrónicos e audiovisuais

Referidos ao nivel 2 (busca e localización da información) 4) Recoñecer e manter a orde dos libros no recanto dos libros na aula. 5) Coñecer o espacio para os libros de ficción axeitados á súa idade na biblioteca escolar e os distintivos que os identifican.


Referidos ao nivel 3 (uso dos documentos) 6) Iniciarse na consulta de libros de coñecemento. 7) Identificar as partes físicas elementais dun libro: cuberta, portada, lombo, páxinas,.. 8) Recoñecer os elementos identificadores dun libro: autor, ilustrador, editorial, etc.

Para acadar os obxectivos marcados propoñemos una serie de actividades.


ACTIVIDADE : Entablaremos un faladoiro sobre os recantos que temos na aula centrándonos no recanto dos libros . Os nenos e nenas falarán sobre : os obxectos que podemos atopar nel (libros de contos, libros de animais,…) cando imos a el (cando acabamos as tarefas, cando imos buscar información, cando facemos a “hora do conto”,…) que facemos nel (miramos as imaxes dos libros, lemos o conto,…) como hai que estar nel (non podemos comer nel, non podemos pintar nos libros,..) A continuación realizaremos un percorrido polas dependencias do cole (ximnasio, aula de audiovisuais, aula de informática,..) no que trataremos de buscar un lugar parecido ao noso recanto dos libros. Entramos na biblioteca e sentados no chan entablamos outro faladoiro sobre: as semellanzas e diferencias entre o

noso recanto dos libros e a

biblioteca do colexio ( espazo, cantidade de fondos, obxectos que hai nelas,…) quen é esa rata que está debuxada na porta cando podemos ir á biblioteca … Deixamos que os nenos e nenas manipulen libremente os libros que están no carriño xunto a cortiza e que son os que están recomendados para a idade (teñen pegatina no lombo de cor AZUL ou BRANCA).

súa


ACTIVIDADE: Cal destas imaxes se corresponde coa biblioteca do noso colexio?


ACTIVIDADE: COÑECEMOS A RATA CONCHITA, A

MASCOTA DA NOSA

BIBLIOTECA.

Colorea a imaxe de Rata Conchita e as letras que compoñen o seu nome.


ACTIVIDADE : Marca aquelas cousas que hai nunha blioteca.


ACTIVIDADE : A BIBLIOTECA PÚBLICA

Entablaremos un diálogo cos nenos e nenas sobre os edificios públicos como aqueles edificios que albergan servizos

para todos os habitantes dunha

cidade, p.ex: o colexio, o hospital, a plaza de abastos, a casa do concello, o pavillón deportivo,… A biblioteca tamén é un edificio público. Sabes onde h ai unh a biblioteca pública? Busca os edificio do colexio e da biblioteca no seguinte plano e colorea o camiño que debes seguir se queres ir á biblioteca ao salir do colexio cos teus pais.

Visitamos a biblioteca pública e anotamos: Nome da biblioteca:…………………………………………………………………

Enderezo:……………………………………………………………………………


ACTIVIDADE: Como podemos estar na biblioteca? Risca aquelas acciรณns que non se poden realizar nela


ACTIVIDADE: O XOGO DO SEMÁFORO Mediante esta actividade os nenos e nenas

recoñecerán os

hábitos de conduta axeitados e aqueles outros que non se deben dar na biblioteca. Como actividade previa os nenos e nenas realizarán dous sinais con forma de círculo (un de cor vermello e outro de cor verde) con cartolina. Deberán levantar o sinal vermello cando o mestre/a diga unha frase relacionada con algún comportamento non axeitado na biblioteca , e levantarán o sinal verde cando o mestre/a diga unha frase relacionada cun comportamento axeitado na mesma. Unha vez teñan feitos os sinais, entablaremos un diálogo pregúntandolles como creen eles que debe ser o comportamento na biblioteca, como debemos tratar os libros, os ordenadores,… aclararemos todas as dúbidas que se lles presenten e procederemos a empezar o xogo. A continuación suxerimos algunhas frases que se poden utilizar procurando alternar frases correctas con incorrectas: Frases positivas Mirar a cuberta Ver as imaxes Pasar con coidado as follas Compartir o libro cun amigo/a Pedirlle á mestra que me lea o libro Gardar o libro no seu sitio Falar baixiño Mover con coidado as cadeiras para non facer ruido Frases negativas Dobrar os libros Escribir ou debuxar nos libros Arrancar unha folla do libro Recortar un debuxo do libro Coller un libro cando estou comendo Berrar na biblioteca Pelexarme cun compañeiro/a para quitarlle un libro Correr pola biblioteca Deixar os libros en calqueIra lado


ACTIVIDADE: NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA Iremos ata a biblioteca e buscaremos as normas para lelas detidamente:

Entro e saúdo.

Digo a que veño.

Elixo o libro que quero ler ou levar para casa. Séntome a lelo. Vou rexistrar o libro onda a profe.

Non podo comer nin beber.

Estou caladiño, non molesto.

Se perdes ou rachas un libro deberás mercar un novo.

Cando marcho ordeno o lugar onde estiven sentado.

Antes de marchar despídome.


ACTIVIDADE: “VERDADE OU CONTO” Mediante esta actividade pretendemos que os nenos e nenas distingan os dous tipos de fondos impresos que hai na biblioteca e onde se ubican. Para iso seleccionaremos un tema motivador para eles e elas, p.ex: os animais; e unha serie de libros sobre o mesmo procurando incluir contos e libros informativos.

O diálogo con eles permitirá poñer de manifesto as diferenzas entre un texto imaxinativo e un texto informativo . Posteriormente podemos propoñerlles que os clasifiquen en dous grupos segundo sexan “verdade” (libros informativos) ou “conto” (libros de ficción) . Un roteiro pola biblioteca lles permitirá coñecer onde se atopan os libros de información, parte dereita da sá, e os de ficción , os de etiqueta azul e vermella na parte esquerda.

INFORMACIÓN

FICCIÓN


ACTIVIDADE: Nomear, por quendas, un/unha encargado/a do recanto dos libros na aula. Este/a deberá responsabilizarse de que o recanto dos libros quede recollido ao finalizar o día tendo en conta que:

Non quedará ningún libro fora do seu andel. Os libros estarán ordenados co lombo para fora. Os libros estarán colocados en sentido correcto.


ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca escolar e realizar un percorrido por ela para identificar o lugar onde se atopan os fondos de ficción. O/a mestre/a collerá varios libros de diferentes seccións (azul, vermella, verde) e explicará ao alumnado que todos os libros que teñen pegatinas destas cores no lombo son libros de contos. Tamén fará referencia a que os libros de ficción que teñen pegatina azul (prelectores, de 3 a 6 anos) son os máis axeitados para o alumnado de E. Infantil o que non quere decir que haxa algúns libros de pegatina vermella (primeiros lectores, de 6 a 8 anos) que tamén poidan ser empregados neste nivel.

Os libros dirixidos aos prelectores sitúanse no carriño xunto a cortiza e na parede da esquerda. Dicirlle que os libros do carriño poden collelos e deixalos eles pero os azuis e os vermellos están ordenados (orde alfabética de títulos) e polo tanto se non recordan onde os colleron os deixarán no caixón laranxa.

A continuación cada neno e nena escollerá un libro de contos de entre os que lle corresponden ao seu nivel para levalo a súa aula. O/a mestre/a rexistrará os préstamos no MEIGA.


ACTIVIDADE: Acudir á biblioteca para buscar libros de información que teñan relación co proxecto de traballo ou o tema que se estea a desenvolver na aula. A mestra/mestre explicará que os libros de coñecementos se agrupan segundo o tema que traten (pódense utlizar palabras como animais, plantas, lugares,…) e que nos andeis están colocados nun lugar fixo que se indica con rótulos que constan dun número e una palabra significativa.

Os que temos na nosa biblioteca son:










ACTIVIDADE: Corta e pega as palabras no lugar correspondente

PĂ XINAS

CUBERTA

LOMBO

Os libros de contos teĂąen pegatinas de cor no lombo. Cal e a cor das pegatinas dos libros de contos de Ed. Infantil? Colorea desa cor este cadro.


ACTIVIDADE: Iniciar un diálogo sobre as persoas que traballan para facer un libro chegando así a comprender que ten que haber alguén que escriba o texto (autor/a), alguén que realice os debuxos (ilustrador/a) e unha “fábrica” onde se fan os libros con eses textos e debuxos (editorial). Todos eses elementos aparecen nas cubertas dos libros. Con axuda do mestre/a copia o título, autor e editorial destes libros

TÍTULO: ……………………………… ………………………………………... EDITORIAL: …………………………

TÍTULO: ……………………………… ………………………………………… AUTOR/A: …………………………… …………………………………………

EDITORIAL:…………………………...


4. OBXECTIVOS E PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA

A ETAPA DE

EDUCACIÓN PRIMARIA

O obxectivo xeral nesta etapa educativa (6-12 anos) é conseguir que o noso alumnado sexa usuario/a autónomo/a na mesma e que a utilice para buscar información, para o estudio e para o ocio. Este amplo obxectivo xeral podemos concretalo nos seguintes obxectivos : 

Localizar e recuperar a información en calquera tipo de soporte ou medio (catálogos manuais, catálogos informatizados).

Coñecer os distintos tipos de documentos informativos (diccionarios, enciclopedias, monografías, ….) e ser quen de seleccionar o que máis lle interese.

Respectar as normas de uso e comportamento na biblioteca

Identificar os elementos que identifican unha obra (autor, titulo, editorial,..)

Recoñecer as partes dunha obra e as súas ferramentas auxiliares (Índice, sumario, glosario,…)

Estes obxectivos incluiranse nas concrecións curriculares dos distintos niveis Da educación primaria. A continuación propoñemos unhas posibles actividades/ para acadalos sendo os/as mestres/as titores/as os que as adaptarán en función das características clase.

do

grupo-


4.1 1 º e 2 º EDUCACION PRIMARIA OBXECTIVOS: Referidos ao nivel 1 (introducción á biblioteca) 1. Entender a biblioteca como centro de recursos na escola e como servizo comunitario 2.

Coñecer

como

se

organiza

o

espazo da biblioteca e as distintas seccións (consulta de fondos, lectura informal, acceso a Internet, traballo individual en mesa,…) 3. Coñecer o funcionamento e normas da biblioteca e os seus servizos: información,

lectura

e

consulta

en sala, préstamo,… 4. Respectar e coidar

os

materiais e recursos da biblioteca.

5. Recoñecer os elementos identificadores dun documento: título, autor, ilustrador, editorial, colección,… 6. Distinguir as distintas funcións de información e lectura que poden ter os documentos

Referidos ao nivel 2 (busca e localización da información) 7. Ser quen de buscar e localizar documentos nos andeis da biblioteca. 8. Identificar os

catálogos como

instrumento de

recuperación da

información 9. Identificar a información que nos proporciona o “tejuelo”

Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos) 10. Identificar as partes físicas dos documentos impresos (portada, cuberta, contracuberta, lombo,…) e recoñecer a información que conteñen. 11. Utilizar as imaxes dos documentos como fontes de información 12. Establecer as relacions entre imaxe e texto nos libros de coñecementos.


Observa o plano e coñecerás mellor a túa biblioteca.

Teatro Poesía Cómic


ACTIVIDADE : O CUESTIOARIO DE RATIÑA CONCHITA A mascota da nosa biblioteca, a “Ratiña Conchita”, desafíate a que contestes correctamente ás preguntas do seu cuestionario. Cantas preguntas eres quen de contestar ben? QUE É UNHA BIBLIOTECA? Un lugar onde se almacenan libros, CD, videos, DVD,… Un lugar onde hai moitos contos Un lugar onde se len contos, se escoitan historias e

buscamos

información para aprender e saber ONDE PODEMOS LER LIBROS DA BIBLIOTECA? Na biblioteca Na casa Na casa e na biblioteca QUE NECESITAS PARA LEVAR OS LIBROS, CD, DVD,.. DA BIBLIOTECA? Unha mochila grande O carnet de socio Algúns cartos CANTOS DÍAS PODES TER OS LIBROS NA CASA? 1 mes 1 semana 1 día Á BIBLIOTECA PODEN VIR… Os nenos e nenas a partir dos 6 anos Nenos e nenas entre 6 e 14 anos Calquera socio .


ACTIVIDADE: Entre todos os nenos e nenas realizarase dous listados: un con accións que non se poden realizar porque poden deteriorar os materiais da biblioteca, e outro coas accións que debemos realizar para coidalos.

SI 1…………………………...

NON 1. …………………………

2……………………………

2. …………………………

3……………………………

3. …………………………

4……………………………

4…………………………

5……………………………

5. …………………………

6…………………………...

6. …………………………

7……………………………

7. …………………………

8……………………………

8. ………………………….


ACTIVIDADE: Para recoñecer os elementos identificadores dun documento: titulo, autor/a, ilustrador/a, editorial, colección,…o/a mestre/a explicaralles aos nenos e nenas que os libros se identifican polo seu título e autor/a, pero tamén pola editorial e a colección.

Escollemos algún libro e tratamos de poñelo en práctica.


ACTIVIDADE: Rodea de cor verde aqueles textos que sexan informativos e de cor vermella aqueles que sexan de ficción.

Al llegar a casa tras el viaje, mamá le recibió con u gran festón. Orgullosa le dijo a su hijo: -¡Eres todo un campeón Andarín!

“Era un airiño suave que se ergueu pola mañán e viña de non se sabe. Era un recordo de rosas da roseira de ningures, que se meteu pola porta…”


ACTIVIDADE: Para poder buscar e localizar un libro na bilioteca terás que coñecer: A MARGARIDA DO SABER

Débese explicar que os diferentes coñecementos se dividen nas bibliotecas en10 grupos, tal e como mostra na margarida que está na cortiza da nosa biblioteca

0-XENERALIDADES

1-PENSAR E COÑECERSE

9-CIENCIAS SOCIAIS

2-REZAR

8-LER, FALAR

3-VIVIR XUNTOS

4-BALEIRO

7-CREAR E DIVERTIRSE

5-A NATUREZA

6-CURAR, FABRICAR

Mirando os pétalos da margarida trata de contestar que número e cor lle correspondería a un libro que tratase de… Tema Os cans O corpo humano O fútbol Os celtas Como se fai o pan A pintura

Número

Cor


ACTIVIDADE: CADA OVELLA COA SÚA PARELLA Emparella as cores e números da CDU cos seus correspondentes temas Países, persoas célebres, o noso pasado.

Lemos historias e falamos.

As nosas crenzas: cristianismo, outras relixións.

Vivimos cos demais: vida social, economía, política.

Utilizamos

os

coñecementos:

nosos inventos,

medicina, saúde, tecnoloxía.

Creamos e nos divertimos: arte, música, xogos, espéctaculos.

Pensamos e imaxinamos: lóxica, ética,...

Observamos o noso entorno: o espazo, a Terra, os seres vivos.

9. XEOGRAFÍA E HISTORIA

Un pouco de todo: enciclopedias, dicionarios,…


ACTIVIDADE: INVESTIGANDO NA NOSA BIBLIOTECA Ratiña Conchita quere marchar de viaxe e busca na biblioteca libros sobre os países que quere visitar. Axúdalle a buscalos anotando cal é o número que figura na andelría que debe consultar. Copia tamén as palabras que o acompañan. …………………………………………………………………………. Busca un libro que fale de animais salvaxes e outro de plantas e escribe os seus títulos. Que números teñen os andeis onde os atopaches? Copia tamén os seus nomes. ……………………………………………………………………………………………. …………………………………………………………………………………………….

Vai os andeis que teñen os rótulos que comezan co número 7 e escolle dous libros. Escribe os seus títulos. De que tratan? Cal é a cor do rótulo? ……………………………………………………………………………………………. …………………………………………………………………………………………….

Se queres saber como é o teu corpo por dentro, en que andel buscarías? Cal é o número que ten? ……………………………………………………………………


ACTIVIDADE: O/A mestre/a explicará ao alumnado que as etiquetas que levan os

libros

na

parte

inferior do

lombo

denomínanse “tejuelos”;

estes

constan dunha serie de números e letras que identifican ao libro (as signaturas)

Fíxate neste exemplo:

59 IGL gui 59 é o nº que lle corresponde na CDU segundo a materia. IGL son as tres primeiras letras en maiúscula do apelido do autor. gui son as tres primeiras letras do título en minúscula (sen artigo)

59 materia IGL apelido autor gui título Fai agora ti as etiquetas destes libros; consulta a taboa simplificada da CDU.


ACTIVIDADE : Observa a foto e lembra como se chaman as partes físicas elementais dun libro escribindo o seu nome no lugar correspondente. Escolle as que precises de entre as que están nesta caixa.

Agora completa o seguinte cadro poñendo X segundo a parte do libro onde atopas os datos: CUBERTA TÍTULO

AUTOR/A

ILUSTRADOR/A

COLECCIÓN

EDITORIAL

CONTRACUBERTA

LOMBO


4.2. 3º e 4º EDUCACION PRIMARIA OBXECTIVOS: Referidos ao nivel 1 (información sobre a biblioteca) 1. Dominar o espazo da biblioteca e as súas áreas e seccións. 2. Identificar as características e os distintos usos dos documentos impresos, electrónicos e en liña. 3. Utilizar correctamente os servizos da biblioteca escolar e pública. 4. Ser responsable no cumprimento das normas de empréstito de fondos. 5. Coñecer as funcións dun/dunha bibliotecario/a.

Referidos ao nivel 2 (búsqueda e localización da información) 6. Establecer unha relación básica entre materia e clase. 7. Comprender e utilizar o sistema de ordenación de fondos segundo a súa CDU. 8. Identificar a sinatura como elemento para atopar os documentos. 9.Utilizar o catálogo para consultas básicas: autores, títulos, materias e coleccións.

Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos) 10. Coñecer e saber utilizar os indicadores de contido dos documentos (sumarios de documentos impresos e menús de documentos electrónicos) 11. Distinguir os distintos niveis de información contida nos documentos: gráficos, resumes,... 12. Manexar axeitadamente as obras de referencia propias do seu nivel (diccionarios, enciclopedias...)


ACTIVIDADE : Localizar as diferentes seccións orientándose a través do plano da biblioteca seguindo as consignas do mestre/a .


ACTIVIDADE: Realizar un mural onde se indiquen, con frases curtas ou rimadas, aspectos funcionais e organizativos da biblioteca. P.ex: PoĂąer os libros ordenados despois do seu uso ter rematado.

Non comer nin beber mentres esteamos a ler.

Estar caladiĂąo e sen molestar para que todos e todas podamos gozar.


ACTIVIDADE: Confeccionar un calendario-mural das condicións de préstamo, onde queden claras as seguintes cuestións: Que días podemos levar emprestados os fondos? De xeito particular: Cantos podo levar á vez? Por canto tempo? Se preciso máis tempo, que podo facer? Como debo devolver os fondos? Que pasa se perdo ou deterioro un fondo?

Para levar un libro para casa só teño que collelo, rexistralo (co carnet) e LISTO


ACTIVIDADE: Observade cada un dos pétalos da flor e indica o nùmero e a cor que correspondería a un libro que trate de.

TEMA Os osos polares O corpo humano Os xogos populares O teatro Os celtas A pintura Adiviñas Como se enlata o peixe A vida de Xesús de Nazaret Os significados das palabras

NÚMERO

COR


ACTIVIDADE: Seleccionamos seis documentos con diferentes CDU. Cada grupo terรก que ubicar o seu libro no lugar correspondente deixando un sinal de cor, asignado con anterioridade, para verificar a correcta colocaciรณn.


Podes atopalo na páxina web do colexio e tamén no blog: www.rataconchita.blogspot.com ACTIVIDADES: 1. Explicación de que é un catálogo e a súa utilidade. 2. Practicar determinadas búsquedas no catálogo establecendo o tipo de consulta que require cada caso. 3. Cumprimentar a seguinte ficha.

Que catálogo consultarías para saber se a biblioteca ten: Búsca Documento a buscar Un libro de poesía A película “O bosque animado” Un conto de Andersen Un libro sobre cabalos Un cómic Un libro da colección “Diario de Greg” Un libro de teatro O conto “ O coelliño branco”

por

Autores/as

Títulos Materia ou tema

Coleccións


ACTIVIDADES: A) Explicamos en que consiste un sumario, a súa utilidade e onde o podemos atopar. B) Presentamos os contidos de tres libros distintos, onde apareza o sumario con diferentes nomes (índice, contido) e en diferentes partes do libro. C) Realizamos unha consulta nun CD-Rom informativo e establecemos similitudes entre os sumarios anteriores (libros) e a pantalla do menú. Debatimos sobre as aportacións do soporte electrónico. D) Cubrimos a seguinte ficha: 1.- Escribe as palabras con que se pode denominar un sumario. ….......................................................................................................................... . 2.- Indica se estas frases son verdadeiras (v) ou falsas(f): un sumario é a lista de capítulos dun libro. un sumario serve para atopar ilustracións nun libro. se miramos o sumario saberemos onde atopar o que buscamos. se miramos o sumario saberemos se o libro trata do que nos interesa. un sumario é unha lista ordenada de palabras. se miramos un sumario saberemos quen escribiu o libro. 3.- A partir das frases verdadeiras, explica coas túas palabras que é un sumario e para que serve. …........................................................................................................................... ............................................................................................................................... ...............................................................................................................................


4.- Le atentamente este sumario e contesta:

SUMARIO Cómo utilizar este libro ………………………………………….. 8 INTRODUCCIÓN A LOS ESQUELETOS…………………….. 10 ¿Qué es un esqueleto? ………………………………………….12 ¿De qué están hechos los esqueletos? ………………………..16 Huesos …………………………………………………………….18 Cráneos y sentidos ……………………………………….………22 Dientes y mandíbulas …………………………………………….24 Aparatos bucales …………………………………………………26 Colmillos y cornamentas ………………………………………...28 Esqueletos defensivos …………………………………………...30 Articulaciones y movimientos ……………………………………32

a) De que trata o libro ? ….......................................................................................................................... . b) Como se denomina o capítulo onde se explican as articulacións ? ….......................................................................................................................... . c) En que páxina empezarás a buscar información sobre os ósos ? …………………………………………………………………………………………….


4.3. 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA OBXECTIVOS: Referidos ao nivel 1 (información sobre a biblioteca) 1. Reforzar o concepto de biblioteca como recurso de información e ocio. 2. Coñecer os fondos especiais que integran a biblioteca: revistas escolares, fotografías, dosieres informativos... Referidos ao nivel 2 (busca e localización da información) 3. Aplicar criterios simples de clasificación xerárquica para comprender o sistema de ordenación dos documentos según a CDU 4. Establecer os termos necesarios para a busca por materias e palabras clave no catálogo. 5. Coñecer os sistemas de busca dos catálogos de bibliotecas, o seu uso e os seus elementos de conexión. 6. Identificar os elementos dunha ficha ou rexistro catalográfico. 7. Identificar e coñecer a función das sinaturas topográficas. 8. Saber ler as indicacións esenciais dos rexistros bibliográficos, especialmente as que permiten identificar os documentos. 9. Realizar correctamente un proceso completo de busca nos catálogos automatizados nunha biblioteca. 10. Coñecer os sistemas de busca nos buscadores de internet, o seu uso e os seus elementos de conexión. Referidos ao nivel 3 (o uso dos documentos) 11. Coñecer a organización e a estrutura dos libros informativos e a función dos seus elementos: contracuberta, bibliografías, glosarios, liñas de tempo... 12. Seleccionar correctamente os distintos tipos de libro impreso ou de fontes electrónicas según as necesidades informativas. 13.Citar as fontes utilizadas na busca documental.


ACTIVIDADE: Nunha biblioteca os documentos se agrupan en dez apartados como aparecen indicados na margarida de cores. Cada un dos dez apartados se subdivide á súa vez noutros dez e así sucesivamente. Canto máis se subdivide, máis concreto é o tema.

En que número da clasificación decimal universal (CDU) buscarías...?

TÍTULO DOS LIBROS

CDU

DENOMINACIÓN DO GRUPO

Os planetas

52

astronomía

As ciencias O sistema solar Animais en perigo A flora do Complexo dunar Experimentos químicos Climas da terra A xoaniña Coidemos o planeta Xogos matemáticos Os volcáns O baloncesto Miró O millo


ACTIVIDADE 1: Agrupa os termos seguintes en cinco grupos e busca unha palabra máis ampla que serva para denominar cada grupo.

Pintura, gato, avión, piano, xadrez, violín, parchís, mono, tren, escultura, debuxo, crebacabezas, saxofón, bicicleta, clarinete, galiña, camión, guitarra, escarabello, baralla.

TERMOS

GRUPO

Mesa, cadeira, sofá, armario

mobles

ACTIVIDADE 2: Agora trátase de facer o exercicio ao revés. Para cada un dos grupos escribe algunhas das palabras que poidan incluirse nel.

GRUPO Hortalizas Xogos de mesa Deportes Animais salvaxes Accidentes xeográficos

TERMOS Tomate, cebola, cenoria, col...


ACTIVIDADE: Queremos saber que libros de arañas hai na biblioteca pública do noso barrio. Isto podemos facelo a través dun catálogo que se pode consultar desde internet nesta dirección http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/. Unha vez na páxina seleccionamos a provincia, comarca, concello, grupo (bibliotecas públicas municipais) e biblioteca.Logo prememos en " Entrar na biblioteca".

Na parte dereita picamos en

Agora seleccionamos no desplegable: FORUM


Cubrimos o campo de tema coa palabra “arañas” e prememos en buscar.

De seguido aparecen os títulos dos documentos sobre arañas que hai na biblioteca (76 rexistros). Seleccionamos o que nos interesa e prememos nel e aparece na pantalla a ficha catalográfica completa.


Le atentamente a ficha catalográfica e responde a estas preguntas:

Cal é o título do libro............................................................................................. Quen é o autor/a? ……………………………………………………………………… Onde se publicou? …………………………………………………………………….. Cal é a editorial? ………………………………………………………………………. En que ano se publicou? ……………………………………………………………… En que idioma está escrito? ………………………………………………………….. Cantas páxinas ten? ……………………………………………………………………


ACTIVIDADE : En moitos libros aparecen nas súas últimas páxinas o que chamamos unha cronoloxía ou “ liña do tempo”. Esto consiste en representar, normalmente nunha liña continua, o paso do tempo, onde se sinalan as datas dos acontecementos máis importantes en relación a algún tema en concreto. Observa atentamente esta liña do tempo:

A que corresponde esta liña do tempo?................................................................ En que momento comenza?................................................................................. Sinala algunha época destacada e indica o seu tempo:…………………………… ……………………………………………………………………………………………. En que ano se considera que comeza a IDADE MODERNA?.............................. …………………………………………………………………………………..………...


ACTIVIDADE: A parte posterior dun libro, chamada contracuberta, tamén nos proporciona información.

Indica a información que nos aporta esta contracuberta sobre: O autor/a……………………………………………………………………………….. O contido do libro ……………………………………………………………………… Cal é a editorial?...…………………………………………………………………....


Aquí temos outro tipo de índice, e un índice de temas por orde alfabética, onde aparecen as palabras clave dos contidos.

Hai outros índices que veñen por capítulos

e nalgúns cando buscamos un

termo non nos indica a páxina senón que nos remite a outro termo (“véxase…”)

4.- Ordena axeitadamente os pasos que debes seguir para consultar un índice: a. b. c. d. e.

Anotar ás páxinas onde se atope a información do libro. Consultar o sumario para saber a páxina onde se atopa o índice. Buscar no índice o termo que nos interesa. Atopar na páxina o termo que estamos buscando. Buscar a páxina á que nos remite o índice.

1.-…………………………………………………………………………….. 2.-…………………………………………………………………………….. 3.-…………………………………………………………………………….. 4.-…………………………………………………………………………….. 5.-…………………………………………………………………………….. 5.- En resumo un índice serve para…..Marca as respostas correctas: Atopar as páxinas que tratan sobre un aspecto concreto. Saber cantas páxinas ten un libro. Saber o título do libro. Saber cantas palabras ten un libro. Atopar máis rápido unha información concreta.


CITAR AS FONTES UTILIZADAS NA BUSCA DOCUMENTAL. Cando realizamos un traballo e utilizamos documentos para informarnos, debemos indicalos. Para eso escribimos a “cita bibliográfica”. Estas atópanse ao final de moitos libros. Para que saibas confeccionalas propoñemos o seguinte modelo:

APELIDOS, Nome. Título. Lugar de edición: Editorial, ano. (Colección)

Exemplo:

SILVAR, Calros. Orixe e evolución II. Vigo: A nosa Terra, 1995. (A Nosa Natureza)

Agora busca un libro dos que haxa na biblioteca e copia a continuación unha das citas bibliográficas que inclúa.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.