Page 1


EDITORIAL Na nosa andaina, unha vez máis, resúltanos difícil ilustrar, concretar, a importancia que os libros teñen para o ser humano. Sen embargo atrevémonos a suxerir que a rutina lectora debe formar parte da experiencia vital, por varias razóns: • As lecturas emocionantes e interesantes son un acto que axuda a conformar unha maneira de ser, de vivir. • Os libros axudan a entendernos, a entender a vida enfrontándonos coas realidades: medos, inseguridades, frustracións, responsabilidades con nós e cos demais. • Os libros son a porta que nos abre a diferentes xentes, diferentes historias, diferentes paisaxes… • Contribúen a construír a nosa personalidade de forma gratificante, ao mesmo tempo que se ensancha o mundo de cada quen, respectando ritmos evolutivos. Ademais invitan á reflexión e comprensión, dándolle cabida á capacidade de empatía. • Son un encontro cara a cara coa arte, xa que hai libros con marabillosas e impresionantes ilustracións que nos inician no cultivo da sensibilidade artística. • Os libros dótannos dun capital verbal que nos capacita para defendernos coa palabra precisa e respectuosa.

As razóns antes expostas ben xustifican que a nosa biblioteca continúe medrando, diversificándose e posibilitando: • Préstamos • Axudas • Internet • Xogos interactivos • Mochila viaxeira • Actividades de animación • Selección e exposición de bibliografía temática: “Valores arredor de autores”. • Presentación por ciclos do valor que estamos a traballar: “o esforzo” (1º trimestre), “respecto as diferenzas” (2º trimestre). • Asistencia a: exposicións, teatro, contacontos, cine… • Contacto directo con autores e ilustradores: Gloria Sánchez, Gonzalo Moure, Leandro Lamas. Desexamos que a nosa humilde andaina deixe unha pequena estela coa suficiente luz para que todos os nenos e nenas acudan ávidos de ler fermosas historias; onde cabalguen sobre as nubes con forma de cabalos alados; onde suquen os mares con ondas de palabras; onde vexan máis fermoso o firmamento; onde gocen da sonoridade do vento e da melodía das palabras; onde… BOAS E FELICES LECTURAS (Grupo de traballo da Biblioteca)


ADIVIÑA QUEN SON!


QUE IMAXE PENSAS QUE SAIRÁ?


VILAFRÍA

Cando, case todas as árbores, xa pousaran xenerosamente no chan, as súas follas amarelas, avermelladas, alaranxadas e de variadas gamas amarronadas; entrou o Sr. Inverno de forma brusca… con fortes ventos, tronos e lóstregos, para logo diluviar. O ceo estaba tan abarrotado de nubes, que non deixaba saír o sol, nin ao amencer nin ó solpor, tampouco permitían ao azul do ceo aparecer. Pero de súpeto, as árbores do bosque de Vilafría comezaron a cansarse do frío inverno e decidiron poñerse a soprar caro ao ceo para facer desaparecer as nubes. Conseguiríanno…? Pois claro! Os raios do sol iluminaron o bosque de Vilafría; onde habitaban animais como a ardilla Illa, a lebre Ebre, o bufo Fo, a rula Ula, o lobo Bo e a marmota Ota. Como xa se aproximaba O Nadal, aos animais ocorréuselles decorar o bosque. Reuníronse baixo a Árbore Milenaria e… chegou Illa, a líder! Ela propuxo decorar a árbore máis lonxeva do bosque, con grilandas, luces, campás…


Mentres todos os animais se puxeron mans a obra, o lobo Bo foise…, e un grupo de nenos da escola da vila, chegaron ao bosque e iniciaron a súa diversión con diferentes xogos como facían habitualmente, interrompendo a harmonía da natureza coa súa algarabía.

No intre no que xogaban ás agachadas, unha nena quedou abraiada pola atractiva beleza da decoración da árbore milenaria e os impresionantes escintileos que se proxectaban entre as árbores. A nena emocionada, ante aquel traballo, chamou rapidamente aos seus compañeiros, e contoulles que a árbore onde ela se agochaba sempre, estaba… tan diferente que quería que foran contemplala. Nada máis chegar alí, quedaron sorprendidos ao ver ante eles aquela marabilla e, ao mesmo tempo, coñeceron aos creadores da decoración. Felicitáronos polo seu esforzo, o cal agradeceu moito a ardilla Illa, a lebre Ebre, o bufo Fo… Illa díxolles que sentía moito que non estivera o lobo Bo, que se fora no momento no que comezaran traballar; nada máis dicir isto… apareceu o lobo! El traía cara de satisfacción porque tiña unha sorpresa deliciosa para recompensar o traballo realizado polos seus compañeiros. Invitou aos nenos a merendar xunto cos

demais, torta de amorodo, confitura de amoras e torradas con mel. Que ben o pasaron! O final dixéronlle ao lobo: “Ti es verdadeiramente Bo”. Elaborado por 4º B


PALABRAS DE CARAMELO Gonzalo Moure


“O PARRULIÑO FEO” Andersen


TODOS SOMOS IGUAIS? Todos somos iguais ante a lei (dereitos humanos) iso quere dicir que non importa se somos brancos ou negros, homes ou mulleres, cidadáns, ou policías; todos temos cerebro, corazón e sentimentos. Todo isto está recoñecido, na Declaración dos Dereitos Humanos, como tamén as necesidades básicas (como ir á escola, ir ao médico, ter un fogar digno, un posto de traballo con condicións hixiénicas aceptables, salario digno…) ter unha familia e ser respectado. Algúns países non firmaron a Carta dos Dereitos Humanos e hai enormes diferenzas entre homes e mulleres, ricos e pobres… Neses países uns poucos privilexiados viven moi ben, mentres outros non teñen nin auga potable. Pero non en todos os países que firmaron estes dereitos, respéctanse debidamente: hai mulleres que cobran salarios máis baixos que os homes polos mesmos traballos, empresas que a

man de obra dos seus produtos fannos en países pobres onde traballan moitos nenos, e por moi poucos cartos. Nós somos privilexiados porque vivimos na zona da terra máis desenvolvida e temos moitos máis do necesario para vivir. En cambio, noutras partes do mundo, hai xente que morre por non ter cubertas as necesidades básicas: auga potable, comida, mediciñas… Estas grandes desigualdades sociais que hai na actualidade son unha das consecuencias negativas derivadas do gran avance científico e tecnolóxico do século XVIII. Os países que quedaron á marxe destes progresos non teñen capacidade económica para respectar moitos dos dereitos fundamentais. Na actualidade, aínda que a sociedade evolucionou moito en canto a igualdade entre o home e a muller, quedan restos do machismo que houbo ao longo da Historia. Isto maniféstase na violencia de xénero que se dá hoxe en día. A cotío hai casos de mulleres que morren a mans dos seus homes. Tamén hai outras mulleres que sen chegar a este extremo sofren maltrato físico e psicolóxico por parte dos homes.

Elaborado por 6º A


Mareiriña 2010-2011 - 1º Edición  

Mareiriña, a nosa revista escolar

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you