Issuu on Google+

Entroido 2010

Coplas entroido Coplas realizadas polos nenos e as nenas do 3ยบ ciclo de primaria


COPLAS DO ENTROIDO NO ENTROIDO TODO É FESTA PASÁMOLO MOI BEN COMEMOS MOITAS FILLOAS E DISFRACES MÁIS DE CEN! AS PROFES DE INFANTIL MERECEN O PREMIO NOBEL PORQUE OS PEQUENIÑOS HAI QUE VER COMO SE MOVEN! AI, NOSO DIRE MANUEL ÍMOSCHE DAR UNHAS PISTAS QUEREMOS IR DE HOTEL COMO FAN OS DEPORTISTAS! POR FAVOR MIÑA CARMELA VASNOS TER QUE PERDOAR IMOS FACERTE A PELOTA PARA PODER APROBAR! MARÍA DEBE SABELO QUE É A ORIENTADORA CON NÓS VAI TER TRABALLIÑO DENDE A PRIMEIRA HORA!


AS PROFES EVA E TAMARA A ALGÚNS TAMÉN NOS ATURAN INTENTAN QUE MELLOREMOS E NON NOS COBRAN FACTURA!

MIÑA IRIA,MIÑA IRIA QUE É MOI PARRANDEIRA O SON FAISE COR CANDO ESTUDAMOS CON ELA! QUERIDO PROFE MANUEL SEMPRE ANDAS CUN ASUBÍO E COMO SIGAS ASÍ ÍMOLO TIRAR AO RÍO! E Á PROFE PEREGRINA QUERÉMOSLLE PREGUNTAR SE TEN PENSADO ALGÚN DÍA MARCHAR A PEREGRINAR!. AS PROFES LAURA E LOLA DEBEN ESTAR REVENTADAS TEÑEN QUE DARLLE A PRIMEIRO A MIN NON ME ESTRAÑA NADA! VIRXINIA SEMPRE ANDA EN CHÁNDAL NON LLE EXISTEN OS VAQUEIROS NÓS ÍMOSLLE REGHALAR UN VESTIDO E UN SOMBREIRO!


O MARTES 2 DE FEBREIRO NOSO SALVADOR DEIXOUNOS E AGORA UN PROFE NOVO POR SAN BLAS CHEGOUNOS! PROFE MANUEL, MANUELIÑO QUE ACABAS DE CHEGHAR NON TE PREOCUPES MOITO QUE O ENTROIDO VAI COMEZAR O PROFE DE XIMNASIA COMO NOS FAI CORRER PERO EL NUNCA SE MOVE QUE MORRO HAI QUE TER! A PROFE ELVIRA E MÁIS LOLI SEMPRE ANDAN NA BIBLIOTECA NÓS QUEREMOS QUE NOS LEVEN MELLOR A UNHA DISCOTECA! QUERIDA PROFE FELI QUE LEVAS O PELO CARDADO PERO PARÉCEME A MÍN QUE O METICHE NO PRELAVADO!

QUERIDO PROFE DE RELI COMETICHES UN PECADO ROMPICHES A NOSA REGRA E VAS QUEDAR CASTIGADO!


O PROFE SALVADOR ACÁBASE DE XUBILAR E NESTE DÍA DE ENTROIDO QUERÉMOLO ATOPAR!

AS PROFES DE INFANTIL ESTÁN XA UN POUCO FARTAS DE QUE TODOS OS PEQUENOS VEÑAN CARGADOS DE TARTAS! E LUZ A COIDADORA SEMPRE NOS BOTA UN SORRISO ASÍ QUE IMOS REGHALARLLE ENTRE TODOS UN PISO! A MANUEL O CONSERXE LEVÁMOLO NÓS Á FESTA DESPOIS SUBÍMOLO AO PALCO PARA QUE TOQUE NA ORQUESTRA!

AGORA ESTADE CALADOS PRESTADE MOITA ATENCIÓN QUE PARA O RESTO DOS PROFES FALTOUNOS INSPIRACIÓN ENTROIDO CHEGOU A NÓS E ÍMOLO DESFRUTAR SEN GHASTAR NADA DE CARTOS ÍMONOS ENMASCARAR!


VOUVOS DAR A DESPEDIDA E A VER SE ACABA ESTA PEZA QUE DE TANTO FACER COPLAS ESTAME A DOER A CABEZA! ALUMN@S DO 3ยบ CICLO


COPLAS ENTROIDO