Memoria 2010 2011

Page 105

MEMORIA DE EQUIPO TIC-TAC COLEXIO PLURILINGÜE SANTA MARÍA – OURENSE CURSO: 2010/2011 A valoración destas porcentaxes é positiva en termos xerais, expoñendo as nosas valoracións no seguinte apartado: 7

Conclusións obtidas na avaliación:

A consecución dos obxectivos programados foi valorada satisfactoriamente tendo en conta o reflectido na táboa de indicadores (en detalle no apartado 11 deste documento), nas actas de avaliación docente (realizadas ao final de cada trimestre) e nas memorias das materias. Dos contidos, procedementos e actitudes traballados ao longo do curso constátase a súa adecuación aos cursos e a superación xeral por parte dos alumnos. De xeito que non houbo que incorporar obxectivos de cursos inferiores para a consecución dos obxectivos do curso actual. Os resultados académicos reflicten que unha porcentaxe amplia dos grupos non tivo dificultades para acadar os obxectivos propostos, así como o desenvolvemento dos conceptos, procedementos e actitudes. Desde o punto de vista do profesorado do Departamento, o grao de satisfacción xeral é alto. As maiores dificultades observadas foron:  Baixa motivación por parte do alumnado.  Falla de aprendizaxe significativa. Por outra banda, valórase positivamente o interese xeral e o esforzo realizado pola maioría do alumnado neste curso. En canto á actitude do alumnado, en xeral, percíbese que se amosa organizado e interesado e valórase a suficiente utilización de procedementos intelectuais para o desenvolvemento dos contidos e unha notable homoxeneidade dos grupos.

8

Propostas de actuación e mellora a ter en conta no próximo curso:

     

9

Seguir desenvolvendo na aula as actividades programadas dentro da estratexia metodolóxica común adoptada o curso 2009-10 (Moodle). Aumentar o número de actividades de innovación educativa. Realizar un proxecto interdisciplinar entre materias do Departamento . Revisar, planificar e realizar actividades por competencias de xeito habitual, e non exclusivamente puntual. Revisar e actualizar os acordos adoptados nas reunións de Departamento. Continuar coa actualización dos laboratorios de Física e Química.

NOVAS ESTRATEXIAS PEDAGÓXICAS E METODOLÓXICAS/VALORACIÓN

17. Competencias básicas: nas programacións didácticas da ESO as competencias básicas (CCBB) constitúen un elemento esencial. No curso actual, en cada unha das programacións,


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.