Neste número, contamos con dúas entrevistas: unha a Rocío Mosquera, presidenta do Cluster Saúde de Galicia, na que aborda como afrontou o CSG a xestión da pandemia, así como as liñas activas de colaboración co CMD; a outra entrevista é con Inés Pernas, doutora arquitecta autora do manual “Lugares Públicos de estancia con carácter biofílico”, que trata de ser unha ferramenta para os prescritores á hora de avaliar se un ámbito público xa cumpre o require un novo deseño para ser considerado como espazo biofílico.
Neste número facemos un percorrido polas numerosas actividades realizadas neste segundo semestre de ano polo CMD que van desde as Xornadas de Rehabilitación, MáisMadeira, aos Encontros Meeting Point Lignum ou aos múltiples webinars colaborativos con outras entidades co gallo de ser máis competitivos e ampliar a nosa rede de contactos, entre outras moitas.
Finalmente, Grupo Dimoldura e Agroamb Prodalt son os asociados que participan neste número no Recuncho do Asociado e Reflexións do Asociado.