O gua

Page 1

O GUA Xogan entre dous e catro xogadores. Faise no terreo un pequeno covo co tacón do zapato, dun ou de dous dedos de profundidade. Este é o gua. A uns catro ou cinco pasos de distancia do gua ríscase unha raia duns dous ou tres pasos de lonxitude. Para comezar o xogo cada participante lanza a súa bóla contra a raia desde o gua. Segundo se aproximen as bólas á raia así é a orde de participación. No primeiro lanzamento cada un bota a bóla por onde lle parece, pero logo os tiros han de ser máis controlados e precisos, xa que a finalidade do xogo é eliminar a bóla dos contrarios dándolles unha serie de topes Hai que bater na bóla do contrario ata cinco veces, e rematar metendo a bóla propia no gua. Así elimínase ao compañeiro e gáñase a súa bóla. Cada golpe ten os seguintes nomes: 1º Truque 2º Máis truque. 3º Máis un, máis dous, máis tres (golpéase tres veces enriba a bóla contraria) 4º Pé (as bólas teñen que quedar afastadas dous pés) 5º Paso bóla (debe afastarse do gua a bóla contraria) 6º Gua O que está a tirar pode apuntar a calquera das bólas dos compañeiros, e seguirá tirando sempre que bata nalgunha. Se ao bater nalgunha bóla quedasen as dúas tocándose ou a menos dun dedo de distancia, os seguintes topes pódenselle dar sen tirar, batendo unha bóla contra outra, ata chegar ao tope de pé, en que, como foi dito, a bóla debe quedar a dous pés de distancia da outra. Cando ao tirar non se atine en ningunha bóla, pérdese a vez e tira o seguinte. O contrario queda eliminado cando despois de recibir os cinco topes citados anteriormente, o atacante introduce a bóla no gua. Un xogador eliminado debe darlle unha bóla a quen o eliminou.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.