Gañadores comarcais 2015

Page 1

GAÑADORES COMARCAIS TERRAS DO UMIA As xoaniñas Cincocentas xoaniñas nas follas das árbores todas pousadiñas. Carla Cea Varela (5º E.I CPI SANTA LUCÍA) CINCOCENTAS BÁGOAS

Cincocentas noites, cincocentas lúas; cincocentas bágoas túas. Cincocentos días, cincocentos soles; secan as bágoas dos soñadores. AROA SUÁREZ PEREIRA 4ºB E.P. CPI SANTA LUCÍA

UNHA NOITE NO MAR Unha noite mentres durmía, soñei que era un tiburón martelo, o máis fero de todos os mares e océanos do mundo. Quería facer moitos amigos, pero tíñanme medo e fuxían de min . Iso que no fondo do mar hai máis de cincocentas especies de animais. Sentíame moi só, como se fose un xigante e todos os humanos e seres vivos escapasen de min, por ser o depredador máis fero . Pero no fondo de min tiña o meu coranzociño. Espertei mollado. Pensei que era de suor , pero...mexara por min . JUAN CAMPOS VARELA 3ºA E. P. CPI SANTA LUCÍA Flora Cincocentas serían as veces que a miña bisavoa Flora me preguntaba todos os domingos se quería unha cunca de caldo, despois de comer a miña pizza favorita. Como lle dicía que non , pasaba a relatarme , outras tantas veces, as moitas vitaminas da potaxe, e a fame que pasaran de cativos. Onte acordeime dela. Asomada no balcón, vin como unha muller recollía do contedor de lixo dun coñecido supermercado, unhas bandexas que, a todo correr, escondía nunha bolsa. Volverían os tempos da bisavoa? Dúas bágoas me esvararon polas meixelas. Na radio, unha canción falaba de dezanove días e cincocentas noites.

Aida Mencía Suárez Montáns (1º ESO CPI SANTA LUCÍA )


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.