A literatura popular e o magosto

Page 1

A LITERATURA POPULAR E O MAGOSTO. CANTIGAS A castaña no ourizo quixo rir e rabeou, caeu do castaño abaixo, mira que tombo levou. Santo que estás no canizo, bota castañas abaixo, que si non teño mandil, collereinas no refaixo. Alta me vexo naquel lugarexo, por unha risada, perdín a miña anada. Señora María, señor Manuel, castañas asadas e viño con mel. ¡Castañas quentes, veñan a comprar nenos e nenas,


papás e mamás! A castaña no ourizo quixo rir e rebentou, caendo cara abaixo, mira que golpe levou. Acabáronse as castañas, secáronse os castiñeiros. acabáronse as rapazas, quedan os mozos solteiros. REFRÁNS Unha castaña cruda a roer, mil piollos a nacer. Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño mosto. Castañas no Nadal saben ben e pártense mal. FRASES FEITAS Sacarlle a alguén as castañas do lume. Estalarlle unha castaña nos dentes a alguén. Isto é caldo de castañas! Has levar un castañazo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.