Lusofonía en Infantil

Page 1

A semana da Paz dedicámola á Lusofonía. Os nenos e as nenas de Infantil participaron nun montón de actividades que vos contamos a continuación.

Luis Prego. Os nenos e as nenas de 5 anos tiveron a oportunidade de bailar e cantar con Luís Prego, nunha actividade que o autor denominou: “ Bailes e xogos Raianos”.

Mirade as fotos: Aproveitamos para deixar unha pequena bibliografía do seu libro- cd.

Trátase dunha guía con xogos e bailes procedentes da nosa tradición pero adaptados aos tempos de hoxe. O libro contén vinte e tres xogos e danzas tradicionais para desenvolver en colectivo, explicacións sinxelas das coreografías ilustradas con debuxos, letras adaptadas, partituras e un CD coas cancións mais unha pista de vídeo para reforzar a comprensión das explicacións. Está dirixido especialmente a profesores de educación primaria e monitores de danza tradicional, así como a todas aquelas persoas interesadas en pasar un anaco divertido sen importar a súa idade.

1


“Cociña brasileira” Impartido por Adriana Ramos. Os nenos e as nenas de 3 anos disfrutaron da degustación de cociña brasileira ofrecida por Adriana Ramos. Saboreáronse: unhas deliciosas croquetas, pasteis de diferentes tipos e unha tarta.

Aquí quedan algunhas fotos:

Exposición e degustación de froitas típicas dalgúns países lusófonos. Tódolos nenos de Infantil axudados polas súas profesoras, viron froitas típicas destes países lusófonos, e non só iso senón que tamén fixeron e degustaron “brochetas” de froitas...

2


Mirade as fotos.

Obradoiro de Pão de queijo As As profesoras Ana Rosa Vidal e Claudia Pernas fixeron cos nenos de 4 anos unha receita de Pão de queijo. Coa axuda dos nenos e das nenas elaboraron deliciosos pan típicos da cociña brasileira e portuguesa. Aí queda a receita:

Receita do Pão de queijo

Ingredientes: 1k. preparado especial para o Pão de queijo • 6 ovos • 2 copos americanos de leite • 100 g de queijo parmesão ralado • sal a gosto Premede para ver as fotos: Modo de preparação: 1. Verter todos os ingredientes num recipiente e amassar. coloque na forma, modele com cuidado, deixe um espaço entre os pães de queijo, pois ele vai crescer enquanto assa 2. Asse num forno até que eles fiquem dourados Saímos no periódico.

3


..

Mirade as fotos porque dan unha idea de todo o que se contou.

Moitísimas GRAZAS ó Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias e ó Equipo de Dinamización da Lingua Galega(EDLG) por organizar ese tipo de actividades nas que se aprenden moitísimas cousas:competencias básicas, linguas, matemáticas, música, psimotricidade, …. PERO.... ISTO NON REMATA AQUÍ....

4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.