Cantos de Reis

Page 1

Seguro que xa todos coñecedes a lgo da tr adición dos Cantos de Reis. Tanto é así que no noso cole imos de au l a en au l a, recuperando así este costume. Para coñecer a lgo máis, podedes ler o seguinte texto.


As tradicións dos cantares de reis e das rondallas mantéñense e recupéranse como un xeito de celebrar as festas con música. Grupos de mozos a cantar polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo, para facer o aguinaldo. En Nadal eran panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en reis os cantares de reis ou aguinaldos. Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos e mozas da aldea para ir de casa en casa a cantar estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para montar unha festa. De xeito maioritario os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal, aínda que non era estraño incluír algunha a loar á casa para a que se estaba a cantar en cada momento para así conmover a xenerosidade do doador. No caso de que a persoa homenaxeada co cantar non colaborase, existían composicións feitas a propósito nas que o afago viraba calumnia e facían saber á veciñanza toda quen estaba menos disposto a compartir os seus alimentos. Antes da uniformización de boa parte dos nosos costumes diarios, o noso tempo de Nadal vivíase dun xeito ben distinto. Un xeito propio de ver e senti-lo mundo, de vivilo, unha maneira distinta de facer e transmiti-la cultura milenaria. E unha desas tradicións que nos facían distintos e singulares eran os Cantares de Reis. Chamados nalgúns lugares da nosa xeografía como reises ou aguinaldos, eran pequenas composicións cantadas sen acompañamento que os habitantes dos lugares e parroquias entonaban divididos en dous grupos e que narraban a historia do necemento do neno Xesús e a chegada dos reis Magos coas súas reliquias. Os Cantares de Reis, como tamén os Cantares de Aninovo e os de Nadal, foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de acompañamento, de ilusión... para moitos dos galegos e galegas que tiveron a súa vida no rural. Estas composicións adoitaban presentar tres partes: a petición de licencia para o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e finalmente, a petición de aguinaldo, que normalmente consistía en doces ou diñeiro. E tamén, en moitos lugares, aparecía a figura máxica do gaiteiro interpretando jotas e muiñeiras para abri-la festa.

Deixaremos fotos e algunha gravación dos nosos Cantares de Reis, estade atentos!



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.