1
MEMORIA DE DIFUSIÓN (MODALIDADE 2) PIALE (PROGRAMA INTEGRAL DE APRENDIZAXE DE LINGUAS EXTRANXEIRAS) NOME E APELIDOS: Ignacio, Méndez Baamonde. Nº DE REXISTRO PERSOAL: A59EC0GAP000135 CATEGORÍA: Profesor de Ensinanza Secundaria (P.E.S) MATERIA: DEBUXO 009 CENTRO DE DESTINO DEFINITIVO CURSO 2017-2018: IES EDUARDO PONDAL PONTECESO, A CORUÑA 1. OBXECTIVOS E CONTIDOS DA DIFUSIÓN • • • •
Aspectos destacables e transferibles da organización do sistema educativo canadense. Aspectos destacables e transferibles da organización da organización dos centros canadenses. Aspectos metodolóxicos transferibles e destacables. Outros.
2. LUGARES OU FORMATOS DA DIFUSIÓN Lugar: A difusión fíxose no salón de actos do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, A Coruña. Data da difusión: venres 26 de Xaneiro do 2018 Publico: alumnado dos cursos 1º bacharelato A, B e C e 4º ESO A, B e profesorado interesado. Aforo aproximado do auditorio: 100 persoas 3. PROCEDEMENTO DA DIFUSIÓN Charla con Presentación visual powerpoint. 36 diapositivas. A charla foi publicitada e anunciada con numerosos carteis no centro escolar. É previsible que en breve será publicada e subida a presentación do programa de difusión e a súa repercusión na prensa á páxina web do instituto IES Eduardo Pondal de Ponteceso. 4. PROGRAMACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DA DIFUSIÓN Charla de 40 minutos con 10 minutos adicados a preguntas e interación co público (sesión de feed-back) 5. REPERCUSIÓN DA DIFUSIÓN Envíase na mesma semana da presentación unha nota de prensa á corresponsalía do xornal “La voz de Galicia” en Carballo. A noticia da charla do profesor Méndez Baamonde foi recollida na edición local de Carballo os días 25 e 26 de Xaneiro do 2018. Adxuntamos baixo estas liñas dous links da noticia na prensa local.