DOG Núm. 74
Martes, 21 de abril de 2015
Páx. 15199
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA ORDE do 8 de abril de 2015 pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade no curso 2015/16 para as ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia. A Orde do 24 de marzo de 2011 pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do Sistema universitario de Galicia establece, no número 2 do artigo 4, que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nomeará os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), de acordo co establecido no convenio asinado polos reitores das universidades do Sistema universitario de Galicia en presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 12 de marzo de 2001. O Real decreto 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas establece, no número 3 do artigo 14 e no número 5 do artigo 26, que o parámetro de ponderación (a ou b) das materias da fase específica será igual a 0,1. As universidades poderán elevar o dito parámetro ata 0,2 naquelas materias que consideren máis idóneas para, de acordo coa finalidade da proba de acceso á univer-
CVE-DOG: jlcbrse1-m8s8-mc82-hnp3-qcwrlia6vyb5
sidade, seguir con éxito as ensinanzas universitarias oficiais de grao. A Lei 6/2013, do 3 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece no seu artigo 11 que para o ingreso nos centros universitarios as universidades públicas integrantes do Sistema universitario de Galicia se constitúen nun distrito único para os estudos de grao e máster e as/os estudantes poderán acceder a calquera desas universidades, sempre que reúnan os requisitos académicos necesarios. As universidades do Sistema universitario de Galicia, para adaptárense ás modificacións introducidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) relativas ao sistema de acceso á universidade, asinaron un Acordo sobre a implantación dun sistema de admisión adicional para o acceso ao Sistema universitario de Galicia dos estudantes de títulos superiores de formación profesional e dos estudantes procedentes doutros sistemas
ISSN1130-9229
Depósito legal C.494-1998
http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia