Revista Idea nº 18

Page 98

Apoio audiovisual á función docente CEIP da Barqueira ASESOR José Antonio Sordo Freire COORDINADOR Luis Torrente Leira INTEGRANTES Ana María Brea Santiago, Carmen García Martínez, Rocío Fernández Sanesteban, María Aurora Vila Altesor, Luis Torrente Leira. OBXECTIVOS -Recompilar vídeos educativos propios dos contidos de cada área e niveis educativos. -Utilizar as TICS como apoio para a función docente. -Motivar e fomentar a interese do alumnado deica a materia. -Facilitar a comprensión e conexión dos contidos educativos coa realidade. -Mellorar a nosa formación e función docente na práctica educativa. -Ampliar os recursos informativos do centro. -Mellorar o aproveitamento das posibilidades das TICS. -Aumentar os recursos que facilitan a función docente. CONTIDOS De Educación Infantil, Educación Física, Relixión, Coñecemento do medio, Matemáticas e Linguas de cada un dos ciclos de Educación Primaria DESENVOLVEMENTO O seminario permanente consiste na investigación no entorno web e utilización do programa Atube Carter para descargar e modificar o formato dos vídeos. O proceso será: buscar, seleccionar e descargar os vídeos educativos como apoio a explicación logo de ter traballado os contidos na clase. Co uso dos medios audiovisuais fai mellorar cualitativa e cuantitativamente o noso labor docente Coa experiencia adquirida o longo dos últimos anos, démonos conta que a aplicación das novas tecnoloxías no ámbito educativo é unha realidade que facilita, complementa e enriquece a nosa labor docente, aínda que as veces encontramos atrancos na súa aplicación. A vantaxe do uso deste material de apoio nas aulas facilita o visionado do vídeo sen interferencias técnicas. Temos que pensar no sentido práctico de non ter que facer unha busca en internet en momentos reais de docencia cos problemas asociados que leva aparellado; como a pérdida de tempo na búsqueda, aparición de contidos inapropiados, problemas técnicos (fallo de conexión Wifi, fallo de compatibilidade de vídeos ou lentitude na conexión). O traballo do grupo levouse a cabo na aula de informática do CEIP da Barqueira, contando cun ordenador para cada participante.

98

Idea


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.