Revista Idea nº 18

Page 62

Recursos didácticos para tratar as migracións dende unha perspectiva intercultural Raúl Soutelo Vázquez

Introdución: ¿Por que tratar as migracións na escola? As migracións son un tema relevante na nosa práctica docente a varios niveis. Están presentes nos currícula de diversas materias e niveis educativos, ben sexa dende unha perspectiva histórica ou demográfica. Son un recurso para a aprendizaxe a través da investigación autónoma do alumnado comparando a microescala familiar ou local cos tradicionais fluxos europeos, neste caso o dos galegos a América e a Europa occidental, coa chegada de inmigrantes e retornados ao territorio español nas últimas décadas. Estes fluxos recentes configuraron unha nova realidade social ante a cal o sistema escolar desenvolveu

programas de educación intercultural e inclusiva para o alumnado de orixe etnocultural diferenciado. A escola converteuse nun observatorio privilexiado dos procesos de inclusión social (formativa, relacional e cultural) das familias inmigrantes con fillos. Estas valoran moi positivamente un sistema educativo que os recoñece como persoas, os trata con equidade e fornéceas cun ensino útil para a súa integración social e laboral na sociedade receptora, como teñen salientado os profesores do Grupo Esculca (Santos Rego, 2004: 250; Lorenzo Moledo e outros, 2009) . Ensinantes e emigrantes somos compañeiros de viaxe na procura dunha sociedade máis inclusiva, que manteña a igualdade de oportunidades e unha convivencia de mellor calidade pois nós temos o mandato de coeducar a todo o alumnado nun ambiente inclusivo partindo da tolerancia, o compromiso coa equidade e coa xustiza e o respecto polos dereitos fundamentais de todas as persoas (Santos e Lorenzo, 2007: 36 e 50). Isto era, en síntese, o mesmo que arelaban os inmigrantes europeos, e os galegos, que marchaban facer as Américas fai cen anos e enviaron remesas colectivas para crear as primeiras escolas cun ensino de calidade que houbo na nosa terra . A mobilidade de millóns de persoas por motivos fundamentalmente económicos (mellora nas condicións laborais, salariais e, de vida en xeral), foi, xunto coa industrialización e a urbanización, o proceso máis característico da época contemporánea. Influíu poderosamente no desenvolvemento económico, no estancamento demográfico e nos cambios sociopolíticos das rexións expulsoras, como Galicia, e contribuíu dun xeito decisivo á formación das sociedades receptoras. Máis de dous millóns de galegos que marcharon a América entre 1836 e 1950 (Eiras Roel, 2009: 49) e outros moitos fixé-

Muller léndolle aos fillos a carta do marido ausente

62

Idea


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.