Revista Idea nº 18

Page 4

A formación inicial no estado de Hesse, Alemaña CFR Ferrol

Gabriela Sánchez Cortizas

Heppenheim é una cidade de aproximadamente 25.000 habitantes situada no sur de Hesse (Alemaña). É a capital do distrito de Bergstrabe, que significa “camiño entre montañas”, e está a medio camiño entre Heildelberg e Darmstadt, aos pés dos montes Odenwald. Unha das principais actividades económicas en Happenheim é o cultivo da vide, que cobre as ladeiras das montañas e os vales soleados. Os seus habitantes falan una variedade palatina do alemán que soa suave e cantareira. Happenheim ten, como todas as cidades antigas -os primeiros documentos sobre ela datan do 755- una historia chea de acontecementos interesantes e, ás veces, terribles. A súa historia impregna as rúas, as prazas, os edificiosmagnificamente conservados, e o carácter das xentes que nela viven. Foi nesta cidade onde, no pasado mes de abril, o doutor GerdGraber e o doutor Helmut Hartmann organizaron un seminario sobre a formación inicial do profesorado de secundaria dende o StudienseminarfürGymnasien de Happenheim. Teachers´Initial Training and Recruitment (Sistema alemán de formación inicial para o profesorado) O Seminario de Estudos Teachers´InitialTraining and Recruitment, que foi financiado con fondos da unión europea a través do CEDEFOP, ofrecía a posibilidade de estudar o sistema alemán de formación de profesorado e a oportunidade de compartir información sobre os distintos sistemas de formación dos países participantes. A este seminario fomos admitidos catorce profesores e profesoras de once países, todos nós traballando en postos relacionados coa formación do profesorado. En Alemaña, aínda que con notables diferenzas entre estados, o sistema de formación inicial para 4

o profesorado estrutúrase en dúas fases. A primeira fase está a cargo das universidades e comprende tanto a formación académica como a pedagóxica. A duración desta fase oscila entre os dous e os cinco anos , dependendo do nivel educativo e do tipo de escola na que o futuro profesor pretenda desenvolver a súa vida profesional. A diferenza do que ocorre noutras partes de Europa, é preciso decidir antes de ter ingresado na universidade se o alumno pensa dedicarse á docencia, xa que de ser así, os seus estudos estarán dirixidos dende o principio cara a esta. A segunda fase da formación comeza una vez aprobado o primeiro exame estatal, despois de finalizar o estudos universitarios, e ten lugar nos propios centros de ensino primario ou secundario e nos centros de profesores; sendo responsabilidade destes últimos. É o que podería chamarse un MIR en educación. Non é este o único caso en Europa, xa que Francia e Reino Unido teñen sistemas que poderían considerarse como tal, non obstante, é o modelo alemán o de máis longa duración e, posiblemente, o máis completo. A formación inicial do profesorado no estado de Hesse (segunda fase). Na rexión autónoma de Hesse a segunda fase de formación dura vinte e un meses. Os profesores en prácticas dividen a súa xornada semanal entre o centro de ensino, onde imparten ata un máximo de dez horas lectivas e o centro de profesores , onde asisten a clases teóricas. No centro de ensino no que imparten as súas clases , os profesores en prácticas contan con, polo menos, dous profesores titores. Estes son profesionais con experiencia e recoñecido prestixio e encárganse de apoialos na planificación, avaliación e xestión de aula. Ademais realizan xuntanzas semanais e, con frecuencia, os profesores en prácticas asisten ás Idea


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.