Revista Idea nº 18

Page 29

Como explicaremos máis adiante, AS CCBB DESENVÓLVENSE A TRAVÉS DE TAREFAS, E NON HAI TAREFAS SEN CONTIDOS. - Se “perdo o tempo” coas CCBB, ¿cando dou a programación? A resposta a esta pregunta ten varias partes: - As CCBB veñen enriquecer os currículos, non a empobrecelos; polo tanto traballalas nunca é perder o tempo. Son un principio organizador do currículo; en torno a elas ordénanse todos os elementos dos deseños curriculares. Permiten diversificar as actividades e favorecer tipos de aprendizaxes diferentes. - Quizais deberíamos preguntarnos que é o esencial que debemos ensinar; a resposta evitaría ese tipo de preocupación tan frecuente nos centros educativos: as CCBB son as aprendizaxes mínimas e IMPRESCINDIBLES para os nosos alumnos; pero ¿son todos os contidos que programamos esenciais? ¿Non será que programamos e explicamos demasiados contidos? - As CCBB desenvólvense a través de tarefas interdisciplinares, con elas faise fronte á sobrecarga de contidos que soe caracterizar aos currículos. Pódese gañar tempo mediante un currículo integrado, mediante unha selección de tarefas que nos permitan compartilo. - Se avalío os contidos xa avalío as CCBB, é o mesmo. Non, para nada. Saber reproducir contidos non é o mesmo que saber utilizalos en situacións reais e concretas, que é o que se pretende con este novo enfoque educativo. A nosa experiencia como profesoras de linguas amosounos que aprobar unha materia non significa ter acadadas todas as competencias, e viceversa. - E con seguir o libro de texto, ¿non é suficiente? Eu explico todo o libro e con iso xa cumpro. Levamos anos dependendo dos libros de texto e considerándoos case como a Biblia do saber, é máis, programamos a partir deles. Pero, ¿ocupámonos de comprobar se responden ao que temos que ensinar por lei? E se nós non o facemos, ¿ocúpase alguén de comprobalo? Nós fixémolo e son moitas as sor-

Idea

presas que levamos. Temos que ter claro que os contidos dos libros de texto non son revisados por ningún organismo oficial e polo tanto, en ocasións, non se adaptan á lexislación. ¿Non sería mellor que, para saber o que temos que ensinar realmente, evitásemos intermediarios e fosemos directamente á fonte: o Real Decreto de Secundaria? Ademais disto, o libro de texto converte aos docentes en meros reprodutores e coarta a innovación e a creatividade, aspecto fundamental no noso labor. E por último, non hai nada menos motivador para os nosos alumnos que a dependencia do libro de texto, que fai que a aprendizaxe deixe de ser un reto interesante ou, peor aínda, que entendan que a aprendizaxe non forma parte da vida: o que lle interesa ao noso alumnado, o que sucede no mundo, non está neles. - Vale, vou traballar as CCBB pero ¿como o fago e, o que é peor, como as avalío? Esta si que é unha boa pregunta e de difícil resposta porque non hai un método único, non hai unha chave máxica. No noso centro levamos varios cursos intentando resolvela. A nosa participación nun proxecto do Ministerio aportounos o soporte teórico necesario e as estratexias metodolóxicas para afrontar unha cuestión tan esencial: AS COMPETENCIAS APRÉNDENSE RESOLVENDO TAREFAS PRÓXIMAS Á REALIDADE E COMPARTIDAS POLO MAIOR NÚMERO DE PROFESORES. Eses elementos son a base do noso traballo actual, encamiñado á elaboración de currículos integrados. Explicamos a continuación en que consiste: 1º paso: elaboración das concrecións curriculares A base para esta fase do traballo debe ser o Real Decreto de Secundaria. Para que o proceso non sexa arbitrario nin subxectivo debe tomar como referencia un documento establecido por lei: Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 13 de xullo de 2007). Neste documento recóllense, para cada unha das materias, os seguintes elementos:

29


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.