Tecnoloxía da madeira

Page 1

TECNOLOXÍA DA MADEIRA XOSÉ A. MEIXIDE


CATEGORÍAS DE FRONDOSAS CADUCIFOLIAS  

Medioambientalmente: todas importantes. Na produción de froito, destacan: – Nogueira: produto de moi boa calidade con falla de homoxeneización, necesidade de prantacións intensivas, definición de mercados. – Castiñeiro: diversificación varietal moi ampla, necesidade de homoxeneización e prantacións intensivas para un maior abastecemento dos mercados.

No aproveitamento para madeiras, todas elas teñen valores de nobleza; tendo algunhas delas (como a cerdeira e nogueira) unha sobrevaloración como madeiras de alto valor.


TECNOLÓXICAMENTE 

1º nivel: – Castiñeiro: A especie máis transversal e máis empregada (construción en xeral: resistencia á flexión en vigas, viguetas, pilares e apeiros de labranza). Pouca importancia para leña.

2º nivel: – Carballo: Tamén moi resistente (estruturas máis groseiras: como tablón, travesas de ferrocarril, e en menor medida como viga). Leña de 1eira calidade.


TECNOLÓXICAMENTE 

3º nivel: Madeiras de calidade (ebanistería de alto nivel): – Nogueira: Adaptada a terreos de elevada calidade (sobre todo a do país, a Juglans regia). – Cerdeira: Adáptase ben a montes de estación (soloclima) moi favorable.

4º nivel: Leñas de menor utilidade

– Básicamente as ripícolas: Freixo, amieiro, salgueiro, bidueiro, etc. – Actualmente moi empregadas nos mobles decorativos e xuvenís: blandas, collen ben os tintes, teñen bon cepillado, regruesado, machiembrados, etc. – Moita importancia hai anos. Hoxe testimonial (etnográfico, artesanal: zocos). salvo instrumentos musicais, taninos, etc.


A CLAVE: O COÑECEMENTO 

Coñecer as potencialidades de cada especie para defendelas con garantías, sacar o máximo rendemento e ter criterios diferenciadores (“madeira do país”). Saber das pragas, enfermidades para poder previlas, estudialas e contrarrestalas así como das prácticas culturais máis importantes. Territorialmente: moita importancia polo feito de ser frondosas caducifolias (paisaxe, selvicultura moi sostible, hábitats moi estables).


A PODA 

Moi importante a época e o tipo de corte. Básico evitar que afecte á zona medular, pola que entra a carcoma e o chancro (no castaño). Logo a zona cambial será a que peche o corte, selando herméticamente (fai un “beizo cicatrizante” perfeto) en caso de ser ben realizada. Hai que facer os cortes perfectos, coa ferramenta axeitada e desinfectada. Fundamental no caso da nogueira e castiñeiro (o carballo é máis rústico).


DIFERENTES TIPOS DE CORTES

1. 2. 3. 4. 5.

Corte técnicamente recomendable. O crecemento do ramo é normal e a cicatrización da ferida prodúcese sen necrose. Corte demasiado oblicuo. A ferida é de maior superficie e a necrose que se produce, afecta á conexión vascular do ramo. Corte demasiado próximo á xema. O desenvolvemento primaveral de ésta, comprométese e a necrose afecta ao tecido vascular. Corte horizontal. O polvo e a humidade acumúlanse e favorecen a necrose dos tecidos, máis aínda que no caso anterior. (e 6). Cortes alonxados da xema. Fórmase un “tocón” de madeira necrosa, que hai que eliminar ao ano seguinte. Corte empregado en zonas frías e con risco de xeadas.


CORTES RECOMENDABLES

1.

2. 3.

Corte moi alonxado do “tirasaivas”; formándose un “tocón” de madeira morta, con rebrotes aparentemente vigorosos, pero mal anclados en madeira con probables necroses. Corte diametral de cicatrización defectuosa. Probables necroses internas. Corte correcto aconsellable, con boa cicatrización. Corte de desvío en ramas grosas

1. 2. 3. 4. 5.

Corte recomendable. Respétase íntegramente o “zócalo”. Cicatrización uniforme Corte demasiado pechado por enriba. Cicatrización parcial en U. Corte demasiado próximo ao tronco. Cicatrización parcial nos laterais. Corte demasiado pechado pola parte baixa. Cicatrización en U invertida. Corte deixando “tocón”. Necrose na madeira… Observación da calidade dos cortes


CARACTERÍSTICAS 

As frondosas nos primeiros anos poden estar dominadas por outras especies. Moitas veces incluso precísano para medrar máis dereitas. Despois requiren plena luz. É importante unha boa poda para ter polo menos a primeira troza de 2-2,5 m. limpa de nós. Empréganse moito as madeiras de frondosas de importación pola falla de calidade da nosa madeira, así como pouca normalización e trazabilidade con dificultade para competir coas madeiras doutras orixes.


FUTURO: SELVICULTURA Gran cantidade de madeira de carácter residual de frondosas nos aproveitamentos forestais, que non acadan unha traslación ao mercado axeitada por falla dunha selvicultura correcta.  Preciso selvicultura moi axeitada, e ofrecer ao mercado produtos de alta calidade (moita formación, técnica, coñecementos e práctica).  Sistema de formación a un eixo: o máis doado e dos que mellor resultados da. 


O DESMOCHADO 

Antigamente empregado no castaño e carballo: – No castaño: para achegar o froito ao tronco principal, obter leñas e ramoneo para o gando. – No carballo: básicamente obter leña.

A árbore bombea saiva con máis facilidade ate as pónlas máis próximas (gastando menos enerxía) e nacen pónlas novas máis próximas ao tronco.


APROVEITAMENTOS DA MADEIRA DE CASTIÑEIRO Madeira de alta calidade para desenrolo ou chapa (carpintería, ebanistería).  Follas de madeira para cestería.  Tarimas, madeiras estruturais (vigas, viguetas).  Táboas, tablóns, duelas para carpintería (de interiores e exteriores).  Carpintería de ribeira. 


APROVEITAMENTOS DO CASTIÑEIRO Teñen gran resistencia á auga e aos axentes xilófagos na madeira duraminizada.  Madeira moi resistente, de gran utilización na construción rural tanto en carpintería de interior como de exterior, así coma na moblaxe. Foi unha das especies máis destacadas na traslación e permanencia no tempo de elementos estruturais e de carpintería en xeral. 


TRATAMENTOS DE CONSERVACIÓN As frondosas pola tilose (o castiñeiro entre outras) e o seu sistema vascular (estrutura e posicionamento da fibra), teñen un tratamento complexo.  O único método que se pode aplicar é a ósmose no samo, pola súa capacidade de absorción, así como o emprego de lasures, bernices, aceites, etc. 


CONSTRUCIÓNS Se empregamos frondosas caducifolias, básico loitar contra a humidade, evitando podremias (brancas e pardas).  Sanear a cimentación xa dende o comezo pois inda que a humidade non ataca directamente á madeira, é a vía de entrada das termitas.  Éstas, entran pola cimentación, atacan a celulosa da madeira dende dentro e destrúen a cerna. 


CONSTRUCIÓNS 

FORMIGÓN – Elemento resistente a compresión (gana capacidade a flexión polos elementos auxiliares (ferro) – Baixo mantemento. – Baixo deterioro estrutural. – Combustión rápida (Tªs elevadas fanlle perder a resistencia)

MADEIRA FRONDOSA – Elemento moi resistente (flexión e compresión). – Medioambientalmente sostible. – Certo mantemento. – Durabilidade no tempo. – Combustión lenta (porque se carboniza, e evita o derrubamento en vigas).


CONSTRUCIÓNS 

Madeira para construción e carpintería en xeral: córtase no devalo da lúa do mes de xaneiro, a saiva parada. Deixase secar enteira para evitar tensións e logo procesala (secado natural dun centímetro por ano e estivada) . Construcións inmediatas como elemento estrutural sen secado natural total: córtase no devalo da lúa do mes de agosto sen desramar, para que as pónlas e follas sigan facendo a fotosíntese e bombeando saiva (sangrado). Deste xeito fórzase ao sistema, hai un presecado natural, desrámase e preparase para o procesado. Secados artificiais: especialmente en táboas e tablóns de uso inmediato, mediante bombas de calor e extracción de humidade.


FENDEDURAS NAS TESTAS 

Cando a frondosa se corta e lle da o sol, prodúcese unha gran evaporación da auga (por ósmose), tendendo a comprimir moito máis rápido na testa que na parte oposta, “apertura de testas” (defecto moi importante no castaño que hai que saber tratar). Para evitalo débese realizar un estivado correcto en zonas de sombra, evitando no posible as evaporacións intensas nas testas. Empréganse pinturas, selados, tablillas, encintados, etc. Débese realizar un estivado correcto para evitar e correxir as curvaturas producidas en madeiras de tensión elevada.


CONSTRUCIÓNS 

A madeira de castaño é moi nerviosa (ten moitas tensións). Cando se corta (tanxencialmente) ao estar húmida, tira (en menor medida se se realizou un presecado natural). Os madeireiros déixana nos cargadoiros 3,4,5 anos: o samo podrece, a cerna seca lentamente e xa non tira coa mesma intensidade, inda que fendan as testas. Canta maior dimensión teñan as pezas á hora de realizar o aserrado mellor, pois na transformación xa se procesan, e pérdese moita menos cantidade de madeira. Hoxe en día xa é compricado deixalas en vigas longas por falla de calidade nos produtos. Cos anos, a madeira rehabilitada (a non ser que fora moi ben conservada) perde a resistencia para elementos sometidos a flexión. Non así para apoios, ventás, etc.


DURABILIDADE E CRECEMENTO 

Árbores que están en moita espesura, medran pouco ao ancho e ao alto, e teñen os aneis de crecemento moi xuntos. Gran cantidade de cerna: madeira con gran durabilidade (aquí non entra a carcoma nin a polilla), resistente á auga e con dificultade para tratala. Postes de castiñeiro: moi apreciados en agricultura ecolóxica (non se permiten os de pino tratado), e gran durabilidade sen tratar.


O MERCADO 

Valorización económica da madeira – Piñeiro e eucalipto: fácilmente valorizable pola tecnoloxía actual, os procesos e a estrutura do mercado. – Castiñeiro: difícil de valorar porque non ten un mercado definido, a pesares dunha calidade e utilidade moito maior para construción. Se mercas nun serradoiro castiñeiro galego, non se vende madeira clasificada por categorías, vendéndose normalmente os talleres e carpinteiros estivas que comprenden produtos de moi diferente calidade. Tecnolóxicamente non fomos capaces de facer mercado coas frondosas: falla de selvicultura que ofertara un produto de calidade e falla de industria que o captara.


AS CARPINTERÍAS 

Múltiples usos da madeira de castiñeiro na vivenda: portas, cargadoiros de ventás, marcos, travesas para as ventás, etc. Como os carpinteiros non teñen materia prima de calidade, hai un sobrecusto porque perden moito tempo desbotando a madeira de mala calidade. Carpinteiros que traballan con frondosas galegas (son cada vez menos): – Mércanas en almacéns clasificadas ou diretamente en serradoiro sen clasificación previa – Mércanas en monte, transfórmanas en serradorio, secándoas eles mesmos, e traballándoas diretamente


ALGÚNS EXEMPLOS 

Moi apreciado nas frondosas a incrustación de elementos de raíz (en chapas, mobles, etc.), dándolle moito valor engadido ao produto. Ex: as táboas dos carniceiros. – Hoxe en día son de teflón. Cando o machete corta a carne, entra no teflón (o material abre e pecha), non derrama, e deixa os restos da carne dentro do material. – Antes eran de cerdeira. Eran máis hixiénicas, pois nelas, cando cortaba o machete, astelaba a madeira e non deixaba restos de carne no cepo, xa que este se ía desgastando.


FORMACIÓNS VEXETATIVAS 

Na arboricultura frutal hai moitos tipos de formación. Nas frondosas moi poucas. Hai que podar o imprescindible ou a veces nada (dependendo da especie ou o produto final). Básicamente hai: – Poda de formación – Poda de futificación.

En madeira de calidade, buscamos unha tronza de 2,5m limpa. Para iso temos que cortar as pónlas non desexadas, antes que o diámetro da árbore acade 10 cm (para o desenrolo estes primeiros 10 cm non se aproveitan).


FORMACIÓNS VEXETATIVAS 

Unha árbore mentres está a medrar non frutifica (ás veces con certa idade non da froito, pero pode ser por outros problemas). Por iso queremos a máxima medra no mínimo tempo, sacándolle rendemento rápidamente. Outra maneira para que me de froito axiña, é poñerlle un patrón o máis enanizante, e podas de frutificación axeitadas. A poda faise cando é imprescindible (madeira de alta calidade, estrutura determinada, enfermidades, etc.).


SISTEMA DE EIXO CENTRAL Deixar que o eixo dominante medre cara arriba o máximo posible, eliminando a competencia das ramas laterais das últimas medras. Sistema válido para froito e madeira.  Empregaremos o sistema de eixo central para darlle dominancia á árbore. Para elo, son bos os patróns francos ou de semente (procedentes da castaña, a noz, a cereixa, …), que dan moito vigor. 


SISTEMA DE EIXO CENTRAL


AS PODAS 

¿Cándo se fai unha poda?: – En inverno, con saiva parada, repouso vexetativo. Poda en seco. A poda máis común. – No verán, con saiva en movimento, actividade vexetativa. Poda en verde (árbores xuvenís).

A poda faise de forma contínua sobre todo cando é xuvenil (neste fase, moi usual poda en verde).


PODAS SEGUNDO ÉPOCAS CLASIFICACIÓN DAS PODAS POR ÉPOCAS Novembro

Decembro

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

ACTITUDE VEXETATIVA REPOUSO INVERNAL CRECEMENTO PRIMAVEIRA

PODA EN SECO DE INVERNO

DE CEDO

Caída folla

DE INVERNO

TARDÍA

PARADA VERÁN

CREC. OUTONO PARADA

PODA EN VERDE (DE VERÁN)

DE PRIMAVEIRA

Desborre xemas

DE VERÁN

“EN VERDE” (de outono)

Caída folla


AS PODAS O momento idóneo da poda invernal é cando a árbore vai comezar o movemento da saiva (mes de Marzo-Abril, no inicio da primaveira), dependendo do tempo, para que me cicatrice o corte corretamente.  O carballo permite podalo no inverno, porque é unha especie moi rústica.  Se eu quero agotar unha árbore, córtoa en pleno verán para que me tire a savia. 


EFECTOS DA PODA POR ÉPOCAS EFECTOS DA PODA SEGUNDO ÉPOCAS PODAS DE INVERNO EFECTOS DA PODA

De cedo

PODAS DE VERÁN

De inverno

Tardía

De primaveira

MENOR QUE EN VERÁN 1.º Diminución de reservas

2.º Cicatrización de feridas

Decrecente

Mínima

De outono “en verde”

De verán

MAIOR QUE EN REPOUSO Crecente

Máxima

Moi boa

PEOR QUE EN VERÁN

Grande: compensada con actividade

Decrecente

MELLOR QUE EN REPOUSO

A peor

Nula

A mellor

3.º Danos por frío

A peor

Graves

A menor

Non hai problemas

4.º Infeccións criptográmicas

Graves

-

Graves

Menores problemas

Imprevisible

-

Imprevisible

5.º Días disponibles 6.º Choros, “sangrado” Emisión de “goma”

GRAVES

7.º Dificultade de apreciación 8.º Presenza de frores e froitos

RECOMENDACIÓNS

-

PODAR ESPECIES RÚSTICAS

Boa

-

Moi boa

-

MENOS

Non hai problema

Pouca

Aumentada

Grande

Non hai problema

Frores

Froitos

Sen problema

-

PODAR ESPECIES DE CICATRIZACIÓN DELICADA CON VEXETACIÓN DIÁFANA

NON PODAR EN ZONAS FRÍAS

PODAR ESPECIES DELICADAS

PODAS DE “CASTIGO”


AS PODAS No carballo podo empregar a motoserra. Inda que me desgarra o corte, non vou ter problema de entrada de enfermidades, porque é unha especie moi rústica.  No resto de frondosas (especialmente en pónlas grosas), cortar inicialmente coa motoserra a certa distancia para liberar tensións. Rematar cun corte fino (serruchos ou podadora). 


AS PODAS 

 

É clave a inserción das ramas. Ángulos estreitos, agudos (<45º), crecementos rápidos, dan lugar a vexetación. Ángulos abertos, dan lugar a frutificación. Unha poda ben feita da lugar a unha boa cicatrización (en toda a circunferencia da rama). A poda ben feita + selvicultura + os coñecementos, son a base para a valorización das frondosas caducifolias.



AS PODAS   

 

Cando a árbore é nova, aguanta calquer poda. Cos anos, hai que ir afinando. A práctica, é a que me da ou me quita a razón, porque non é unha ciencia exacta. Imprescindible moverse ao redor da árbore, mover a tixeira, a man, ver a constitución de cada pé, etc. Acaban sendo técnicas de ciruxía que hai que praticar para chegar a facelas perfectas. Se quedan muñóns: poda mal feita, non vai brotar e non vai pechar o corte. Probablemente vai podrecer.


AS PODAS  

O castiñeiro é moi delicado na poda. Na inserción da rama co tronco fórmanse uns pregues que hai que respetar á hora de facer a poda, imitando este sistema natural de pregues que fai a árbore. Estas envolturas reforzan a unión da propia rama ao medrar. Sempre que se poida evitar, non podar, ou facelo en estadíos xuvenís na medida do posible.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.