Revista "A FONTIÑA" 2017

Page 11

Aprendemos tamén moitas palabras raras, como: metamorfose, crisálida, ninfa, estigma, lepidoptero.... Bufff , xa somos todos uns expertos en vermes da seda ! E como bos científicos, anotamos tódalas observacións no noso caderno.

Ademáis, tamén aprendemos que os vermes da seda, producen a seda coa que se fan algunhas prendas de roupa. Se buscas no roupeiro da túa casa, seguro que atopas algunha prenda deste tecido.

A produción de seda chámase sericicultura, e remóntase a máis de 5000 anos, sendo orixinaria en China.

A verdade é que non nos imaxinabamos que con estas mascotas tan especiais, poideramos aprender tantas cousas. Que divertido resulta aprender!!!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.