Page 1

REVISTA ESCOLAR

A FONTIÑA

CEIP CHANO PIÑEIRO

CURSO 2016-17


QUE SABEMOS? • • • • • • • • •

• •

HAI UN TESOURO. AREA. HAI UNHA PONTE. HAI ROCHAS. PALMEIRAS. AUGA POR TODOS LADOS. HAI ÁRBORES. TERRA RODEADA DE AUGA. OS PIRATAS PUÑAN UN X NO MAPA DO TESOURO PARA SABER ONDE ESTABA SOTERRADO. DENDE A CASA DOS AVÓS VENSE UNHAS ILLAS QUE SE CHAMAN CÍES . NUNCA ESTIVEN NUNHA ILLA. NUNCA VIAXEI EN BARCO.

QUE QUEREMOS SABER? VER OS TESOUROS. • VER UN BOSQUE. • COMO SON OS BUXOS. • COMO SON OS BARCOS. • SE VIVE XENTE. • COMO É O MUSEO DE RANDE. • OS ANIMAIS DA ILLA. SE HAI ANIMAIS SALVAXES. • SE HAI PIRATAS. • ONDE ESTÁ A ILLA. • COMO IMOS IR ATA ALÍ. •


INVESTIGAMOS SITUADA NA RÍA DE VIGO. • CERCA DA PONTE DE RANDE. DÚAS ILLAS COMUNICADAS POR UNHA PONTE: SAN SIMÓN E SANTO ANTÓN. • PASEO DOS BUXOS, XUNCOS,... NELA VIVEN GABIÁNS, PATOS,... •

O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI . O MUSEO DE RANDE QUE ESTABA CHEO DE MAQUETAS DE BARCOS, MOEDAS DE OURO, OBXECTOS QUE USABA O CAPITÁN E CANÓNS.


. A PONTE DA ILLA E O BARCO . COMO SE MOVÍA A AUGA CANDO O BARCO PASABA.

. A PONTE DE RANDE QUE A ESTÁN ARRANXANDO .

. A VIAXE EN BARCO FOI MOI DIVERTIDA E CANTAMOS CANTIGAS .


. MERENDAR NO MUSEO E VER OS BARCOS. COMER COS AMIGOS E AMIGAS.

. AS CANCIÓNS E BAILES NO BARCO.

. PASEAMOS POLA ILLA, COMEMOS,

XOGAMOS,... ESTA SAÍDA Á ILLA DE SAN SIMÓN FOI TODA UNHA AVENTURA PIRATA. ALUMNADO DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL.


APRENDERON.

ARTISTA KEITH HARING. PLASMANDO NUN MURAL ALGUNHAS DAS COUSAS QUE

AS NENAS E NENOS DA CLASE DE 5ยบ E.I A INVESTIGARON SOBRE A VIDA E OBRA DO


MENUDA FESTA DE CURSO 2016-17!! Neste primeiro ano, no que estreamos esto de primaria, a verdade é que aparte de aprender a ler e escribir, sumar e restar, tamén o pasa mos xenial nas ex -

cursións, como a que fixe mos ao aeroporto, alí vimos avións, aos bombeiros e o falcón que evita os acciden tes.


Tamén fumos a Vigo ver unha actuación de “Mamá Cabra”, e logo fumos aprender facer marmelada de froitas, pasámolo moi ben e estaban boísimas. E no cole tivemos un montón de visitas e actividades: a pediatranutricionista, os rapaces do I.E.S Carlos Casares, Paco Nogueiras, e aínda nos queda a excursión de fin de curso á Illa de San Simón. O dito VAIA FESTA DE CURSO.


UNHAS MASCOTAS MOI ESPECIAIS Á volta das vacacións de Semana Santa, agardábanos unha sorpresa moi especial nas aulas de primeiro.

Nunhas caixiñas de zapatos esperábannos uns vermes da seda. Eran como raias nas follas de moreira, apenas se miraban.....

Mmm, Que rico!

Co paso dos día s, e como son moi glotóns, fo ron medrando e xa lles collem , os moito cariñ o. Como eran as nosas mascotas,tivem os que coidalos moitísimo. Alim entalos, limparlle os ex crementos e o cuparnos de q ue estiveran m cómodos. oi Non sei si sabe des, pero os ve rmes da seda son moi “señoritos” e s ó lles gusta as follas da morei ra, polo que tiñamos que r ecoller follas p ara que eles co mesen.

A verdade é que aprendemos un montón de cousas sobre eles: sabemos que son ovíparos, que o seu ciclo vital conta con catro

fases, e que unha vez que se converten en mariposas, aparéanse poñen os ovos e nuns días morren. Eses ovos agardan ata a

primavera que vén para volver comezar o ciclo.


Aprendemos tamén moitas palabras raras, como: metamorfose, crisálida, ninfa, estigma, lepidoptero.... Bufff , xa somos todos uns expertos en vermes da seda ! E como bos científicos, anotamos tódalas observacións no noso caderno.

Ademáis, tamén aprendemos que os vermes da seda, producen a seda coa que se fan algunhas prendas de roupa. Se buscas no roupeiro da túa casa, seguro que atopas algunha prenda deste tecido.

A produción de seda chámase sericicultura, e remóntase a máis de 5000 anos, sendo orixinaria en China.

A verdade é que non nos imaxinabamos que con estas mascotas tan especiais, poideramos aprender tantas cousas. Que divertido resulta aprender!!!


No Chano Piñeiro

O Chano Piñeiro celebra o Magosto Os nenos e nenas do colexio Chano Piñeiro de Gondomar celebran a festa do Magosto no Chan da Lagoa. Paula Soneira. 2ºA

O pasado novembro os nenos e nenas do colexio de Gondomar, acompañados dos seus mestres e mestras, subiron ao Chan da Lagoa para ter unha xornada de xogos e celebrar así o Magosto. Os de Infantil, Primeiro e Segundo foron en autobús, pero todos os demais subiron a pé dende Baiona. Cando todos chegaron arriba fixeron grupos de seis e pasárono moi ben. Ademais, tamén comeron castañas asadas.

Visita á envasadora de grelos. 2º de primaria visita unha fábrica de conservas de verduras e hortalizas, nese momento en concreto de grelos, situada no Rosal. Aleix Martín. 2ºA

Hai dous meses fomos á fábrica de grelos todos os nenos e nenas de 2º. Alí vimos como se envasaban os grelos. Puxéronnos uns gorros para que non nos caera ningún pelo donde estaban traballando. Ao rematar a visita déronnos unha lata de grelos a cada un.


No Chano Piñeiro

Taller de instrumentos no Chano Para rematar o curso escolar os nenos e nenas do Chano Piñeiro realizaron durante unha semana un taller de instrumentos musicais onde utilizaron todo tipo de materiais de uso común. Catalina Román. 2ºA

Este trimestre os nenos e nenas de segundo participaron nun taller de instrumentos musicais guiados polo mestre Alfonso. Trouxeron materiais de refugallo e fixeron os instrumentos na hora de música. Cando xa os tiveron rematados fíxose unha exposición no corredor da primeira planta do centro para que pais, nais e outros nenos e nenas poideran ver o seu traballo.

Visita dos nenos do IES Carlos Casares de Vigo. Algúns nenos e nenas do IES Carlos Casares de Vigo visitaron o Chano Piñeiro en maio, realizando actividades relacionadas con textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Anxo Quintas. 2ºA

Os nenos e nenas do IES citado acudiron ao Chano Piñeiro a pasar parte da xornada realizando charlas, lecturas e xogos relacionados con obras de Carlos Casares, pois é o escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.


3º A

Moi boas a todas e a todos! As alumnas e alumnos de Terceiro traballamos a reo este ano preparando uns “lapbook” ou libros con bolsillos para mellorar os nosos coñecementos sobre os animais, que nos encantan, e sobre as plantas.

Xogamos cos animais a clasificar os vertebrados cada un no seu sitio, contamos cal é noso favorito e descubrimos moitas curiosidades.

Ademáis perdemos o medo a debuxar flores e aprendimos as súas partes, as funcións vitais e a clasificar as plantas segundo teñan flores ou non.


3º A

Últimamente na hora de ler estamos a contarnos adiviñas e temos que darlle moitas voltas a cabeza para resolvelas…vos atrevedes?

Dou o ceo resplandores cando cesa de chover, abanico de cores que xamais poderás ter.

A túa boca vou e coa ancha cara a sopa che dou.

Branco foi meu nacemento, colorada a miña nenez, e agora que vou para vella son máis negra cada vez.

Teño rodas e pedais, cadea e guiador, afórroche gasolina E fágoche entrar en calor.

Ten fouciño e non é un can, ten aletas e peixe non é, ten bigotes e non é un gato, e ademáis nada, quen é?

Solucións: O arco da vella A culler A mora A bicicleta A foca A aceituna

Verde foi o meu nacemento e de loito me vestín, os paos me atormentaron e de ouro fino me volvín.


“UN CADÁVER EXQUISITO” Xogo cooperativo : Os xogadores escriben por quendas nunha folla de papel, dóbrana para cubrir parte da escritura, e despois pasan ao seguinte grupo de xogadores para outra colaboración. O cadáver exquisito, xógase entre un grupo de persoas que escriben o debuxan unha composición en secuencia. Cada persoa só pode ver o final do que escribiu o grupo anterior. Historias escritas polo alumnado de 3ºB

UN CAMPAMENTO DE MEDO O alumnado de terceiro do Colexio Chano Piñeiro,como todos os anos,foron de viaxe de fin de curso a un campamento que se encontraba moi preto da praia. Este ano viron algo moi raro nada mais entrar no campamento,todas as casetas e bungalós estaban moi sucias e medio derruídos ,había arañeiras por todos os lados e a auga da piscina estaba verde. Os nenos puxéronse a limpar e arranxar as casetas e os bungalós e intentaron descubrir quen fora o responsable dese desastre. Algúns pensaron “e se fose un de nós ?”. Un dos nenos empezou a pórse moi nervioso. Púxose asi porque estaban a carón dunhas montañas moi perigosas nas que habían uns acantilados nas que alguén colocara moitas trampas, coma fosos,serpes,estatuas lanzadardos...Con moito esforzo e axudándonos uns aos outros puidemos atravesar as montañas salvando os obstáculos . Ao final tiveron que enviar un helicóptero a rescatarnos. Que aventura!!!!!!


OS ALIENÍXENAS Fai moitos anos, nunha recóndita rúa de Gondomar vivía un noxento monstro. Todos os habitantes de Gondomar tíñanlle moito medo e cando chegaba todos temían polas súas vidas. Ata que un día ,un mozo comezou a buscalo para intentar matalo. Buscou, buscou e buscou por toda a vila pero non o atopou. Pero ,certo día que o mozo ía pola montaña na súa moto perseguiuno durante un tempo . Correu , correu e correu e capturouno. O rapaz preguntoulle en que lugar escondera a información du satélite segredo. Entón isto é obra dos alieníxenas!.Seguiron investigando e atoparon o control remoto da nave. Nun descoido premeron un botón do panel de control da nave e foron á Lúa. Alí os alienadas atacáronos coas súas armas do espacio . Cando estaban todos mortos quitáronlles o cerebro para estudalos e coñecer máis cousas da especie. Tamén lles quitaron o corazón e fixeron unha torta con el: ÑAM , ÑAM ,ÑAM ...QUE RICO!!!!!


EXPERIMENTAMOS

Na aula de 4ºA convertémonos en científicos e construímos robots camareiros, conseguimos que os globos corresen por un fío, fixemos un volcán en erupción e logramos dobrar e aumentar o tamaño dun rotulador dentro da auga. Tivemos na aula “xeo seco”. Comprobamos que para manter unha vela acesa, dentro dun vaso, necesítase osíxeno.


Siiiiiii!

Tamén comprobamos como flota o aceite na auga, como o sólido pode converterse en líquido ao momento e a escritura “ao limón”.

Fixemos un experimento con Coca-cola e Mentos! A Coca-cola está sobre saturada de dióxido de carbono, ao abrir os envases libérase, por iso soa ese ruido característico ao abrir unha botella de bebidas con gas. Para liberar o dióxido de carbono precisamos romper a tensión das burbullas, e iso facémolo mesturando o líquido con Mentos, permitindo a expansión das burbullas.


4ºB

VIDA

Este curso fixemos diversos proxectos de investigación. Algúns na aula, outros na casa, en grupo, por parellas ou individuais. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa particular investigación sobre o mundo animal.

Aprendemos de todo tipo de animais, dende a xirafa ate o gato ou o can, o que

nos permitiu facer unhas fantásticas exposicións para compartir o aprendido. Sabíades que o pavón é un animal moi admirado e respetado na India? Ou que no mundo hai polo menos unhas 1000 clases de morcegos diferentes? E que os cans empregan un código secreto movendo as súas colas para comunicárense? Eso e moito moito mais poderedes descubrir se pasades pola nosa aula.


Outra das investigaciรณns levada a cabo foi o mundo das plantas e das flores. Non perdades detalles.


En 5º  de  Primaria​,  estivemos  indagando  sobre  as  regras  da  fotografía.  O  primeiro  que  fixemos  foi  ler  un  documento  chamado  Curso  de  fotografía  dixital​,  colgado  polas  nosas  mestras no Edmodo e razoalo entre toda a clase. O segundo foi practicar estas regras por  parellas  na  clase,  logo  fixémolo  ao  aire  libre  e  por  último  pasamos  as  imaxes  a  nosa  conta  para  poder traballar con elas. Agora ímosvos con tar as regras por si vos animades  a saír a facer fotos pola contorna.    

Regra dos terzos  Serve  para  destacar  algo,  para  dar  movemento,  tamén  vale  para  centrar  ou descentrar.  A  regra  dos  terzos  é  o  máis  básico  da  composición  na  fotografía.  Para aplicar esta regra  dividimos  o  espazo  dunha  imaxe en terzos tanto en vertical como horizontalmente. Así o  obxectivo  colocarémolo  nos  terzos.  As  imaxes  descentradas  teñen  máis  forza,  pero iso  non  significa  que  as  imaxes  teñan  que  estar  descentradas.  En  ocasións  as  imaxes  centradas son as máis harmoniosas.  

 

Colocar os horizontes  Hai  que  buscar  simetría  entre  o  ceo  e  o  chan.  Se  queres  destacar  o  ceo,  tes  que  pór  o  horizonte abaixo. Se queres destacar a terra, tes que pór o horizonte enriba. 


Descentrar horizontalmente  Serve  para  darlle  simetría  e/ou  destacar  algo.  Cando  fotografamos  a  unha  persoa  deixamos  espazo  ao  lado  ó  que  a  persoa  está  mirando,  para  que  a  imaxe  estea  mellor  equilibrada.  Se  é  un  obxecto  en  movemento  (por  exemplo,  un  coche)  déixase  tamén  o  espazo  cara  onde  se  dirixe  e  así  dalle  máis  sensación  de  movemento  e  profundidade  á  imaxe. Todo depende da sensación que queiramos percibir.  

Puntos fortes  Os  puntos  fortes  son  os  puntos  que  máis  cerca  están  dos  terzos  ou  das  interseccións.  Consiste  en  intentar facer coincidir o máis vistoso que nos resulten a cada unha ou un de  nós e colocar o obxecto, animal ou persoa  de modo que resalte o que queremos amosar. 

Os ollos  Os  retratos  destacan  máis  se  os  ollos  están  colocados  no  terzo  superior  para  que non se  descompense a imaxe.    


Liñas mestras 

Hai que  colocar  a  cámara  nunha  posición  na  que as liñas lle dean profundidade á imaxe,  por exemplo, podemos buscar liñas en beirarrúas, cables, vías de tren, estradas… 

Horizonte caído  Para  facer  unha  foto  con  horizonte  caído  hai  que  virar  a  cámara  cara  a  un  lado.  O  horizonte debe estar claramente caído para que non quede dúbida. 

O fondo  O  fondo  cambia a imaxe e fai destacar ó obxecto principal. Debemos tratar de adecuar o  fondo ó que estamos a fotografar. Nalgunhas ocasións, simplemente con cambiar o punto  dende  o  que  facemos  a  foto,  agacharnos,  subirnos  a  algún  obxecto  ou  similar  xa  o  podemos modificar. 

 


A altura   A  altura  dende  a  que  se  está  a  facer  a  fotografía  é  un  elemento  máis  da  composición.  Unha  mesma  fotografía  pode  variar  moito  dependendo  da  altura  á  que  se  dispare.  A  altura depende de como queiras ver a fotografía, buscando a perspectiva. 

       ​ ​PASATEMPOS “busca na sopa de letras 5 REGRAS da 

fotografía”

l

i

ñ

a

s

m

e

s

t

r

a

s

f

o

n

d

o

e

l

z

j

r

f

a

k

g

r

e

g

o

s

l

n

e

o

r

d

a

n

w

e

l

h

t

k

g

n

u

p

c

h

g

z

l

x

j

r

r

t

t

r

c

a

i

d

o

k

p

w

a

e

l

o

j

d

h

b

s

n

o

t

s

s

a

l

a

n

d

a

g

o

z

i

y

j

g

p  

j

s

a

n

n

o

n

e

e

l

a

s

e

t

r

o

f

s

o

t

n

u

p


Discusión zapatonil < VFF 6ºA >
 Non!, hoxe tócame a min!, non!, prefíreme a min!, a esquerda é mellor!. Non!, a dereita!
 Nunha casa, en Sevilla da Serra, estaba a acontecer unha discusión incontrolada entre dous zapatos “Air Max”.
 A discusión tiña lugar na habitación de Francisco, e o tema de desgusto era con que zapato debería levantarse Francisco, esquerda?, dereita? non se poñían da cordo.
 O zapato esquerdo defendíase dicindo que a súa estirpe sempre estivo ou se sentiu discriminada por inferioridade numérica , e que a xente sempre dicía que era mellor a dereita que a esquerda. O zapato dereito dicía que el tiña que pisar o chan primeiro porque o refrán explica que é mellor levantarse co pé dereito que co pé esquerdo. - Ves ?, Discriminación!- berrou o pé esquerdo.
 Entón, de súpeto, do armario dos zapatos saíu unha “All Star” moi vella que lles explicou que por culpa de eses enfrontamentos a súa compañeira esnaquizouse polo que as tirou ao lixo, pero que ela escapou.
 Conmocionados, o par de “Air Max” decidiron que pisarían por quendas, comezaría o zapato esquerdo, e ao día seguinte o dereito.
 Todo ía moi ben ata que un día de tanto camiñar rompéronselles un pouco as solas e Fernando decidiu tiralas pola fiestra. Cando chegou a noite, un vagabundo con moita fame viunas e decidiu poñelas, e correr un pouco. Decatouse de que corría moito. Tanto corría que ningún outro vagabundo lle gañaba, así que que decidiu apuntarse a unha carreira, e cando gañou ninguén daba crédito ao que pasaba. Todo o mundo empezou a confiar nel. Dábanlle comida a el e a súa familia. Era tan bo que se clasificou para o campionato internacional. Mentres corría, o vagabundo so pensaba na sorte que tivo ao conseguir esas zapatillas, e sempre que se rompían arranxábaas con ou sen axuda, para poder poñelas nos pés. As zapatillas viviron felices ata o día da da súa morte.

< SAR 6ºA >
 Xoán é un neno moi alegre. Vive na urbanización de Alcalá, número dezasete. Gústalle moito pasear. Pasea todos os días. Nunca se perde o seu paseo matutino. Sempre saca ao seu can e xoga moito con el.
 Pero hai unha cousa moi peculiar, pois resulta que ten uns zapatos que cobran vida, poden falar! O que non lle gusta moito a Xoán é que sempre ten que ocultar este segredo, e iso é moi difícil. Tamén hai outro problema, que é que os zapatos están moi, moi tolos. Nunca saben quen ten que dar o primeiro paso, é dicir, o zapato do pé dereito e o do esquerdo rifan a ver a cal dos dous lle corresponde dar o primeiro paso ao saíren da casa polas mañás.
 Xoán busca e buscaba todos os días ó zapateiro que fixo estes zapatos para pedirlle que lle quitara a vida a estes zapatos, ata que un día atopou ao máxico zapateiro. O malo é que este vivía no alto dos enormes Perineos.
 Sen embargo, o neno, estaba disposto a percorrer todo o mundo para librarse destes zapatos tolos. Xoán empeza coa súa aventura, dicíndolles aos seus pais que tiña unha excursión que duraría uns oito días. Esta estratexia funcionou moi ben, polo que Xoán emprende o seu camiño a uns dos montes máis altos da península. Cargado de víveres, como comida ou unha tenda de campaña, vai andando e correndo (tamén en tren), ata chegar en tres días á fábrica do zapateiro. O zapateiro é moi alegre. Xoán pensa que lle pode axudar, e así é. Finalmente, Xoán volve á súa casa cos seus zapatos totalmente normais, e xa pode volver pasear todos os días, co seu can, durante todas as mañás tan agradables na súa urbanización. < SFA 6ºA >
 Era unha vez, un neno chamado Xoán, de ollos marróns, cabelo curto, liso e cor castaño escuro, cun fermoso H de lunares na fazula dereita, e que adoita vestir chándal. Podemos dicir que o seu carácter é relaxado, pero , ás veces un pouco irascible. Vive cos seus pais, María Teresa e Xavier en Valadares que pertence ao concello de Vigo. A Xoán gústalle o deporte, pero o que máis lle gusta é camiñar e facer andainas cos seus amigos. Trátase dun estudante de instituto, deses de


notable e para as persoas adulta é unha persoa amable, boa, é dicir, é un neno implicado nos seus estudos. Un día, ás sete e media da mañá, precisamente á hora á que Xoán se levanta, vístese, fai a súa cama, peitéase, almorza e lava os dentes, ocorreu algo inesperado Cando quería marchar cara o instituto, as súas zapatillas deportivas comezaron a rifar. A zapatilla dereita debatía coa zapatilla esquerda, pouco despois, comezou unha guerra entre as dúas. A loita trataba sobre quen era a primeira en dar o primeiro paso? Podédelo crer? -Zapatilla esquerda, eu son a máis importante das dúas, ademais, Xoán é destro e non zurdo, co cal... - dicía a zapatilla dereita. -Eu son máis importante, inda que Xoán sexa destro, non ten nada que ver- replicou a zapatilla esquerda. Xoán, anoxado polo asunto contestoulle ás dúas zapatillas: -Sodes parvas ou que vos pasa? dixo Xoán, molesto e irascible como adoitaba manifestarse- Sabedes que son eu o voso dono e que tedes que facerme caso a min e non aos vosos pensamentos?
 As zapatillas, case chorando contestáronlle: -Non somos parvas, de feito somos moi listas dixeron as dúas zapatillas á vez. E seguiron e seguiron, discutindo e discutindo, unha zapatilla coa outra, as dúas zapatillas con Xoán...
 Acabouse! - Berrou Xoán - Xa non podo máis! Temos que ir ao instituto e, guste ou non, temos que ir. As zapatillas dixeron que si, que tiñan que ir ao instituto, porque tiñan un exame na segunda hora e que, como era moi urxente, se non ían, acabarían no contedor.
 E esa foi a historia de como Xoán e as súas zapatillas foron ao instituto a facer o exame que tiña que facer, pero... resulta que ao final chegaron tarde, e iso significou que tiña que repetir o exame (ou máis ben, facelo para recuperar a baixada de nota que supoñía non acudir a un exame), e todo iso por culpa de Xoán e as súas zapatillas. < LMM 6ºA >
 Era un día cálido de verán do 1915, unha nena chamada Nuria esperto e foi a almorzar, pero cando foi a por os zapatos decatouse de que eles estaban discutindo a quen lle correspondía dar un paso primeiro ao saír da casa esa mañá.
 O zapato esquerdo (Hernesto) dicía:-Correspóndeme comezar a min, ti xa comezaches onte-.
 E o zapato dereito (Daniel) respondíalle:-Iso é porque eu son o mellor-.
 -Hernesto: -Por que es ti o mellor?-.
 -Daniel:-Porque vai ser, pois porque eu recorrín medio mundo e ti non-.
 -Hernesto:- Eu tamén podo percorrer medio mundo( e marcha pola porta).
 Nuria preocupada porque Hernesto marchara, e ese día non tiña máis pares de zapatos, foi correndo detrás del e Daniel seguiuna. Cando chegaron a parada do autobús atoparon a seguinte nota: Para quen teña tempo de ler esta carta:
 Ola, estou en Inglaterra intentando percorrer medio mundo.
 Non vos preocupedes por min, non volverei a molestarvos nunca máis,
 xa non me queda moita folla espero que esteades mellor sen min. (Asdo: Hernesto)
 Nuria leu a carta e dirixiuse ao cartel onde anunciaban os percorridos do transporte buscando un para saír o antes posible a Inglaterra.
 Unha hora máis tarde Nuria e Daniel estaban chegando a Inglaterra, ao chegar ao seu destino comezou a buscar a Hernesto, dúas horas máis tarde estaban durmindo nun hotel. Ao día seguinte seguiron buscando e ao final atopárono. Estaba triste e solitario. Daniel arrepentido do que pasara o día anterior dixo:-Sinto moito o que pasou, ti es o mellor déixote comezar a camiñar.
 E Hernesto apartou as bágoas e díxolle:-amigos para sempre-.
 -Amigos para sempre contestou Daniel. Nuria calzou os zapatos e así comezaron unha nova aventura, esta vez comezando co zapato Hernesto que foi feliz toda a súa vida.


OS MICRORRELATOS DE 6ºB A ra e o escorpión

Había unha vez un escorpión que desexaba cruzar un río pero non sabía nadar. De repente, viu unha ra nadando no río e o escorpión pensou que coa súa axuda podería cruzalo. Entón díxolle: - Ra, poderíasme axudar a cruzar o río? A ra respondeu: - Por suposto pero, ten clara unha cousa, se me traizoas e me matas co teu veleno eu morrerei pero ti tamén porque afundirémonos xuntos. O escorpión aceptou e subiu ao lombo da ra para cruzar o río. Sen embargo, mentres cruzaban o escorpión esqueceu as palabras da ra e matouna. A ra afundíuse e o escorpión con ela. Lección: nunca podes faltar a túa palabra e traizoar aos demais.

O regreso

Era unha noite escura, as curuxas curuxaban, os lobos ouveaban e o reloxo da miña casa facía tic tac, como todos os demais. Sen embargo, non era unha hora calquera, nin un día normal. Estaba na noite na que Eustaquio Tiroliro, fai 123 anos, faleceu. Estaban en tempos de loita, mais el non fixera nada máis que axudar aos pobres. A escuridade invadía o ceo, o cal, triste por todas as armas do tiroteo, choraba, choraba en forma de choiva. A xente, alarmada polo ruído e espantadas polas armas fuxían. Podíase ver a xente de todas as idades gritando, asustados. Nese mesmo momento, unha nai con 6 fillos caeu ao chan. Eustaquio Tiroliro correu e deixou que o mataran a disparos para salvar a nai, todo por unha boa causa. O neno, asustado, contemplaba o reloxo, o cal marcaba as 12 en punto. Mirou pola ventá, cheo de medo, e atopou unha inmensa nebra da que apareceu un home. Un estraño home vestido cunha longa gabardina de cor negra. O neno agochouse, esperando que non o atopase. Pasaron uns minutos que pareceron horas, ata que, finalmente, alguén chamou á porta. Eustaquio Tiroliro volveu, era o regreso.


A herba que quería ver o mundo

Había unha vez, nun campo de Gondomar, unha herba que quería coñecer o mundo. Este desexo víñalle de fai tempo, de cando unha xoaniña se pousara por riba dela. A herba observara fascinada como ela se movía con liberdade e contaba unha chea de cousas que vira polo mundo adiante e, desde ese intre, desexou poder moverse e coñecer o mundo coma ela. Ao día seguinte, pola tardiña, o home que traballaba no campo, onde se atopaba a herba, comezou a segar coa segadora e a herba quedou libre e púidose sentir como aquela xoaniña que se pousara por riba dela, desde ese momento libre e impulsada polo vento a herba foi moi feliz.

O peixe que cruzou o mar

Era un día como calquera, un día soleado, sen nubes. Dispúñame a cruzar o inmenso océano, cando de súpeto, decateime de todo o esforzo que fixen para chegar ata aquí. O primeiro día, tiven que loitar contra a raíña Merluza e o seu exército de lagostas. O segundo día, perdinme nun bosque de algas cos cabaliños de mar. E o terceiro, quíxome papar o rei Calamar! Pero fun tan astuto que fíxenlle cóxegas, e marchou morto de risa. E por fin! Cheguei ao meu destino… O océano Pacífico!

O reloxo da clase

Era un día como outro calquera, nós estabamos na clase, xa era última hora. Estabamos na clase de sociais, unha materia moi aburrida, cando mirei o reloxo da clase. Marcaba as dúas menos cinco, a min pareceume un pouco estraño, entón mirei o meu reloxo. Este marcaba a unha e media, pensei que o meu estaba mal e guieime polo outro. A mestra mandou recoller pensando que xa ía tocar o timbre para irnos para casa. Despois mandounos pór na fila. Xa eran as dúas e cuarto, segundo o reloxo da clase. A mestra saíu ao corredor, como non vía a ninguén preocupouse. Pensaba que xa se foran. Entón mandounos baixar, había nenos en ximnasia. A mestra deuse conta de que o reloxo estaba mal e todo quedou nun susto.


Sección de Educación Física

NO CHANO PRACTICAMOS DEPORTE TODO O ANO O CEIP Chano Piñeiro é noticia este curso debido á gran variedade de actividades e deportes practicados nos diferentes grupos e aulas. No 1º trimestre praticamos deportes de raqueta como o badminton, o ping-pong, as palas de praia e tamén o tenis. Deste último tivemos a sorte de poder contar cun monitor do Club de Tenis de Gondomar, o cal nos axudou a ampliar os coñecementos sobre este deporte. Practicamos entre outras cousas o agarre, os saques, golpeos de dereita cortos e longos, etc. Incluso chegamos a xogar un partido cos nosos compañeiros/as de aula. Xa somos uns pequenos expertos na materia!

Durante o 2º trimestre non podía faltar o movemento e o ritmo no noso corpo. Deste xeito, traballamos danzas e bailes autóctonos, entre eles a Danza das Espadas de Baiona. Tivemos a sorte de contar cun ilustre visitante que nos ensinou como bailala, o cal actualmente forma parte do grupo de danzantes que cada ano realiza dita danza na honra da Virxe da Anunciada de Baiona. Grazas a este gran compañeiro puidemos coñecer a danza e a súa historia, as súas características e peculiaridades, así como a emoción que desperta nas persoas que a realizan.


Entrados no 3º trimestre e seguindo coa necesidade de promover os deportes e xogos da zona, tivemos a oportunidade de coñecer de cerca o deporte dos Bolos Celtas. Para axudarnos, contamos coa presenza do campión nacional de bolos celtas, José Rodríguez, e dun compañeiro deste quen nos ensinou a paixón que esperta este deporte. Grazas por transmitirnos tantos coñecementos e desexos de seguir practicando os nosos deportes!


Este curso no Chano Piñeiro creamos os nosos propios instrumentos con materiais de reciclaxe. Descubrimos o traballo dos artesáns e indagamos con novos sons e posibilidades de cada un deles, obtendo uns resultados impresionantes que puidemos desfrutar nunha gran exposición para que todo o mundo puidera probar as nosas creacións e descubrir os seus sons.

Somos uns artistas!!!!!!!! Aquí temos unha pequena mostra, MOITAS GRACIAS RAPACES E RAPAZAS, e

a seguir traballando con tanta ilusións.


Nenos, nenas, nais, pais, avós, avoas… Disfrutade a tope da VACACIÓNS !! Hai que disfrutar deste merecido descanso para todos e todas. Xogar, bailar, cantar, ir á praia, durmir, descansar, viaxar….!!! O verán é moi longo e vai dar tempo de facer todo esto...e máis cousas…

Pero tamén vai darnos tempo de LER, é o momento estupendo para facelo por iso queremos dar uns conselliños para poder disfrutar da LECTURA... ... é imprescindible a colaboración de toda a familia para poder disfrutar a tope ca LECTURA, porén debemos seguir estas recomendacións: • Pedir consellos nas librerías, bibliotecas….sobre os libros máis adecuados. • Escoitar as preguntas dos nenos e nenas para coñecer os seus gustos e as súas motivacións. • Ler toda a familia: xuntos, separados…. • Poder elexir o tipo de lectura . • Suxerir lecturas pero non impoñer. • Acompañar na lectura ainda que xa saiban ler. • Compartir os momentos de lectura. E non esquecer que ”o hábito de ler é contaxioso”. …….


A continuación tedes algunha actividade para que vos divirtades cas letras. ➢ Aproveitar os catálogos das tendas: agrupando obxectos pola utilidade , prezos, comparando marcas...escribir lista da compra… ➢ Escoitar como contan unha historia que acabamos de ler, cambiar o final... ➢ Ler en voz alta 2 ou 3 minutos. ➢ Aproveitar os paseos pola rúa, parque, praia...para ler o nome das rúas, dos negocios, das sinais, carteis... ➢ Traballar a partir de Receitas de cociña... buscalas, mercar os ➢ ➢ ➢ ➢ ➢

ingredientes, facelas….escribilas …..e comelas. Buscar no periódico ou revistas unha noticia que fale de fútbol, de moda, de comida… Recortar fotos de revistas e periódicos e inventar historias…. Investigar dentro dos libros: mirando ilustracións, tipos de letras, número de páxinas, editorial, autores… Ler lecturas de todo tipo: cómics, libros de animais, láminas, periódicos…. Ver películas que traten sobre un libro que xa temos lido , ou viceversa.

E moitas cousas máis

Felices Vacacións!! Xuño 2017 Departamento de Orientación

Revista "A FONTIÑA" 2017  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you