TESTAMENTO DO MECO

Page 1

TESTAMENTO DO MECO En Ourense, a tantos de tantos, co Entroido rematado, eu, o Meco comparezo diante do señor notario.

-E aos de segundo, meus pobres, moita forza de vontade porque axiña acaba o curso e vén a selectividade.

Estando en perfecto uso de todas as facultades, quero facer testamento coas últimas vontades.

-Aos rapaces de TAFAD unha bóla de pin pon, que as palas e a mesa xa virán noutra ocasión.

O meu destino é ben claro: agárdame a fogueira; estou, pois, é evidente nesta hora derradeira.

-Unha pelota de trapo para os de fútbol sala que nestes tempos de crise as de coiro son moi caras.

Pero antes de que eu morra e me converta en borralla, vou repartir agasallos entre toda a rapazada.

-E para os profesores: toneladas de paciencia, porque moito a precisan para explicar tanta ciencia.

Ilustre señor notario, escoite con atención e tome vostede nota destas miñas instrucións:

-Para o señor Conselleiro, un lapis e un caderno para que copie cen veces “Eu tamén quero galego”.

-Unha bola e un xamón ao persoal non docente que boa falta lles fai para aguantar a tanta xente.

-E isto é o que van levar os catro da Dirección: anime as festas do centro Hortensia cun acordeón.

-Aos de 1º da ESO: unha caixa de inxeccións para que lles dean forzas para estudar as leccións.

-Aspirinas e unha vara para o Carlos de Xefatura. E uns anteollos para a Celia, para ver ben as facturas.

-Para os de segundo un chisco de sentidiño que seica moito lles cómpre para ir por bo camiño.

-Pero isto non acaba, que aínda queda o mellor: que viño e cachucha acabe co xenio do Director.

-E para os de terceiro: unha caixa de carpetas, que sempre lles virán ben para gardar as chuletas.

Xa todo volo deixei xa non me queda máis nada. O presuposto era escaso e acábase nunha patada.

-Un saqueto de patacas para os rapaces de cuarto, a ver se xa ben mantidos as notas soben un cacho.

Rematado o testamento despedirme xa convén

-E aos de 1º de bach. xa sei o que lles vou dar: quilos e quilos de ganas para pórse a estudar

por iso vos digo a todos:

ATA O ANO QUE VÉN!

ENTROIDO 2010


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.