PLURINFANTIL

Page 1

PROGRAMA PLURILINGÜE NO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL AWESOME!

YES!

OMG!!!

COOL!!!

OMG!!! HI! WHAT? AWESOME! HELLO!

WHAT´S UP?

HI!

WHAT?

PLURINFANTIL CURSO 2018/2019


PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA PLURILINGÜE EN CADA UN DOS CURSOS DO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL, CON INDICACIÓN DO CURSO OU CURSOS DE APLICACIÓN NO CURSO 2018-2019 E PLANIFICACIÓN DA EXTENSIÓN NA ETAPA NOS SEGUINTES ANOS ACADÉMICOS “A maior prerrogativa da inocencia é non ter medo de ningunha mirada e non sospeitar de ningunha lingua.” Samuel Johnson O proceso de progresiva globalización no que, dende a segunda metade do século XX se encontra inmerso o noso mundo, fai que sexa cada vez máis necesario facer fronte aos novos retos que se derivan da paulatina desaparición das fronteiras que tradicionalmente establecíanse entre países no plano económico, político, cultural e social. Neste sentido, resulta evidente que dende as idades máis temperás a educación debe ter entre un dos seus principais obxectivos o de dotar aos cidadáns de instrumentos útiles para desenvolver competencias que lles permitan adaptarse axeitadamente a unha nova sociedade cada vez máis interdependente e global. A aprendizaxe de linguas estranxeiras cobra unha especial relevancia neste plano, xa que a capacidade de comunicación é o primeiro requisito que ten que cumprir o individuo

para

desenvolverse

nun

contexto

orientado

cada

vez

máis

á

pluriculturalidade e ao plurilingüísmo. Sendo conscientes desta realidade e ao abeiro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 (EDULINGÜE), dende o CEIP Plurilingüe e Dixital Nº1 de Tui apostamos por solicitar a incorporación do noso centro ao Programa Plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2018-2019. Deste xeito elaborarase un proxecto plurilingüe para o segundo ciclo da Educación Infantil e implantarase simultaneamente nos tres cursos do ciclo.


Segundo o disposto na Resolución do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19, o noso centro cumpre os seguintes requisitos:  Ser un centro autorizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, como plurilingüe na etapa de Educación Primaria.  Impartir en lingua estranxeira ata un máximo dun terzo do horario lectivo dun grupo de alumnos e alumnas.  Dispor de profesorado cualificado para impartir un proxecto plurilingüe en todo o segundo ciclo da educación infantil.  Aprobación do proxecto polo Consello escolar unha vez oído o claustro.  Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos propios centros que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organice.

PROXECTO PLURILINGÜE NO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL “A educación soamente é considerada educación cando posúe auténticos valores, aqueles que espertan en nenos e nenas a sensibilidade e os fai partícipes dos grandes sentimentos humanos”. M. Mar Romera Morón O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui caracterízase por ser unha comunidade de aprendizaxe, reflexiva e proclive ao cambio e a innovación. Somos un centro Plurilingüe, Abalar e E-Dixgal, un centro innovador no que se promove a


investigación e a formación de toda a comunidade educativa, onde se fomentan os principios democráticos de convivencia, respecto, tolerancia, amizade, xustiza, paz, liberdade e solidariedade. Promovemos a conciencia ecolóxica e a sustentabilidade, potenciamos a participación activa e vinculante das familias no centro e se facilita a conciliación da vida familiar e laboral. Entendemos que todos os alumnos son intelixentes de xeitos diferentes e deben construír a aprendizaxe dende as súas fortalezas. Impulsamos a adquisición das competencias clave e o desenvolvemento das intelixencias múltiples do alumnado, dotándoo así de ferramentas para que comprendan e se desenvolvan axeitadamente no mundo no que viven. Do mesmo xeito entendemos o papel das linguas estranxeiras na sociedade actual e cremos na metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) como plataforma para adaptar as nosas aulas aos retos presentes e vindeiros e proporcionar ao alumnado unha aprendizaxe integral. A proposta das sesións parte dunha metodoloxía activa, oral, participativa e fácil de seguir, deixando nun segundo plano o traballo en mesa e papel. Canto maior sexa o tempo de exposición ao inglés, maior será a capacidade de asimilación. Esta metodoloxía contribúe a xerar un clima de confianza e divertido para empregar a linguaxe dunha forma natural e desinhibida. Trátase de crear contornas nos que se queira participar en inglés provocando unha necesidade de comunicación baseada no xogo. Por iso, co propósito de expoñer aos nenos ao mesmo tipo de linguaxe desde diferentes ángulos empregaremos cancións, vídeos, contos e xogos interactivos para a lousa dixital, así como actividades TPR (total physical response). Deste xeito, o inglés que aprenden cobra vida a través de diferentes situacións. É esencial crear un


ambiente o máis anglófono posible e expoñer aos nenos a un inglés en activo constante. O feito de que os nenos non coñezan o idioma non significa que haxa que reducilo á súa mínima expresión. É necesario converter todo en algo máis activo e dotalo de maior significado. Tendo en conta o establecido no Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, na Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo de Educación Infantil así como o establecido no Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o CEIP Plurilingüe nº1 de Tui proponse os seguintes obxectivos con este proxecto: 

Achegar a lingua inglesa ao alumnado de maneira integrada, a través de todas as areas do currículo, favorecendo a transferencia dos coñecementos e as competencias dunha lingua a outra.

Mellorar o dominio efectivo en lingua inglesa e a competencia comunicativa do noso alumnado.

Fomentar a pluralidade lingüística no centro para acadar a plena integración dos nosos alumnos nun contexto cultural e económico globalizado. Metodoloxicamente, a lingua estranxeira integrarase no proxecto plurilingüe

dende un punto de vista lúdico, partindo do traballo en grupo (Aprendizaxe Cooperativa), a través de todas as areas, desenvolvendo as competencias, cun enfoque globalizado baseado en tarefas e proxectos e nos cales as TIC xoguen un papel activo.


NÚMERO DE HORAS SEMANAIS, EN LINGUA ESTRANXEIRA, QUE SE DEDICARÁN Á IMPARTICIÓN DESTE PROXECTO.

Dacordo co establecido na lexislación vixente, no CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui estase a levar a cabo una aproximación á lingua estranxeira (Inglés) en dúas sesións semanais de 25 minutos. A implantación do Plurinfantil no noso centro suporía un incremento dunha sesión á semana en lingua estranxeira en todo o segundo ciclo de Educación Infantil.

INFORMACIÓN RELATIVA Á EXPERIENCIA EN PLANS E /OU PROGRAMAS RELACIONADOS COAS LINGUAS ESTRANXEIRAS NOS QUE PARTICIPOU O CENTRO.

   

Aproximación á lingua estranxeira en educación infantil. Proxecto de plurilingüismo en educación primaria. Participación na English Week 2017. Formación en Comenius a través dos PFPP do centro.

DATOS DE APROBACIÓN DO PROXECTO POLO CONSELLO ESCOLAR, OIDO O CLAUSTRO

Proxecto aprobado polo Consello Escolar, unha vez oído o Claustro. (Anexo 1)

RELACIÓN DO PROFESORADO CON DESTINO DEFINITIVO NO CENTRO QUE IMPARTIRÁ DOCENCIA, XUNTO COA TITULACIÓN QUE ACREDITE A SÚA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. IGUALMENTE DATOS DA PERSOA COORDINADORA DO PROGRAMA.


Nuria Feijóo Álvarez:

Clara Paz Rivera Silva:

Mestre especialista lingua estranxeira (Inglés) Posgrado Educación BIlingüe (Universidad Salamanca)

Pontificia

Mestre especialista Educación Primaria Certificación de B2 (Inglés) segundo o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

Ademais contamos co auxiliar de conversa correspondente e como provisionais con dous mestres de primaria e un de infantil con perfil inglés.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.