PROXECTO PARA O USO DO EQUIPAMENTO ABALAR

Page 1

PROXECTO PARA USO DO EQUIPAMENTO ABALAR


ÍNDICE: 1. CONTEXTO DO CENTRO 1.2.-DATOS DO CENTRO 2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO 3. DESTINATARIOS 4. RECURSOS E FINANCIAMENTO 5. OBXECTIVOS 6. METODOLOXÍA E ORGANIZACIÓN 7. PLAN DE FORMACIÓN 8. AVALIACIÓN DA APLICACIÓN DAS TIC NO CENTRO 9. PROFESORADO RESPONSABLE


1. CONTEXTO DO CENTRO "O alumnado é o centro e a razón de ser da educación" Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.

O CEIP PLURILINGÜE Nº 1 DE TUI é unha escola comprometida coa educación integral dos nosos alumnos e alumnas, a nosa cultura de centro caracterízase por ser unha comunidade de aprendizaxe, reflexiva e proclive ao cambio e a innovación. Somos un centro Plurilingüe, Abalar e E-Dixgal, cunha aula para atención de alumnado autista esto fainos un centro aberto ao multiculturalismo nun entorno dixital, dende Educación Infaltil a 6º de Educación Primaria. Entendemos que todos os nosos alumnos e alumnas son intelixentes de xeitos diferentes e procuramos que constrúan a aprendizaxe dende as súas fortalezas. Impulsamos a contribución á adquisición das competencias, que nos leva a desenvolver as intelixencias do noso alumnado e dótalo de ferramentas para que comprendan e desenvolvanse axeitadamente no mundo que viven. Todo isto facémolo a través dunha metodoloxía activa, baseada no traballo por proxectos, na aprendizaxe cooperativa e nas TAC. 1.2.-DATOS DO CENTRO:        

DENOMINACIÓN: CEIP PLURILINGÜE Nº1 TUI CÓDIGO ADMINISTRATIVO: 36009846 CÓDIGO FISCAL: Q-8655133-J ENDEREZO: R/ Coengo Valiño s/n. Tui TELÉFONO E FAX: 886110812/886110813. Móbil: 658.227.318 ENDEREZO ELECTRÓNICO: ceip.numero1.@edu.xunta.es PÁX. WEB: http//:centros.edu.xunta.es/ceipnumero1tui Redes sociais:


 NIVEIS EDUCATIVOS: o Educación Infantil o Educación Primaria

2. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui somos un centro que aposta pola integración das TIC na práctica educativa diaria. Exemplo disto é a nosa participación nos diferentes proxectos que a consellería oferta como o Proxecto Abalar, o Proxecto E-dixgal, o programa de introdución á robótica en EP, Semana STEM, Club de Ciencias, etc.

Trala última dotación de ultraportátiles realizada pola consellería para o alumnado e profesorado que participa no proxecto E-dixgal e que permite unha mellora considerable nos equipamentos que emprega o alumnado e o profesorado o centro atópase cunha dotación considerable de portátiles que están pendentes de decidir o seu posible uso.

Esta nova situación no centro permítenos aproveitar os anteriores portátiles (ultra portátil INVES) para diversas finalidades como introducir ao alumnado de cursos máis baixos da etapa no manexo deste tipo de dispositivos ou dotar á aula de educación especial e a biblioteca de ultraportátiles para diversos usos (SAAC, Proxección, Aplicacións específicas contidos educativos dixitais,...). Tamén porque un dos obxectivos principais do noso centro é proporcionar ao alumnado tarefas que lles permita mellorar as súas competencias, a través de actividades integradas de aprendizaxe, empregando as TIC para conseguir as TAC, así deste xeito, axudaremos aos nosos alumn@s a mellorar as súas destrezas, coñecementos e capacidades.


3. DESTINATARIOS: O equipamento serรก repartido entre as aulas de primaria, a aula de educaciรณn especial e a biblioteca para o uso de todo o alumnado de primaria. Repartiranse da seguinte maneira:


4. RECURSOS E FINANCIAMENTO Agora mesmo disponemos de 37 netbooks que funcionan correctamente, o resto dos ultraportátiles gardaranse para ter repostos. O equipo Tic encargarase do mantemento e actualización e no caso de necesitar arranxo técnico externo o centro asumirá os gastos. 5. OBXECTIVOS 

Dinamizar as TIC e as TAC

Utilizar as TAC para elaborar e implementar tarefas

Dotar as aulas coas ferramentas necesarias para implementar metodoloxías activas.

6. METODOLOXÍA E ORGANIZACIÓN A metodoloxía didáctica empregada será comunicativa, inclusiva, e paricipativa, dirixida ao logro dos obxectivos e das competencias clave. Neste sentido prestarase atención ao desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas con contextos da vida real. Na aula construímos o aprendizaxe mediante prácticas de traballo individual e cooperativo. Os alumn@s son os responsables do seu aprendizaxe, comprenden o que aprenden, saben para que o aprenden e son capaces de empregalo en distintos contextos, dentro e fóra da aula. Facilitando a participación e a implicación de todo o alumnado e a adquisición e uso de coñecementos en situacións reais. Potenciando no alumnado unha serie de habilidades de pensamento que os axuden a atopar sentido a súa experiencia, é decir, involucrarse en proxectos con xogos e actividades que estimulen a


observación,

indagación,

imaxinación,

buscando

alternativas,

formulando

hipóteses, anticipando consecuencias… As Tic son unha ferramenta imprescindible e facilitadora para construir o aprendizaxe, permiten compartir, construir o coñecemento, intercambiar ideas e acceder a unha gran cantidade de información e a recursos virtuais. Poñerase especial énfase na atención á diversidade do alumnado, e para isto, partiremos de: MÉTODO LÚDICO que son un conxunto de estratexias deseñadas para crear un ambiente de harmonía nos estudiantes que están inmersos no proceso de aprendizaxe. Este método busca que os alumnos se apropien dos contidos empregando o xogo. O valor didáctico do xogo combina aspectos propios da organización eficiente da ensinanza: participación, dinamismo, entrenamento, interpretación de papeis, cooperación, obtención de resultados completos, iniciativa, competencias… MÉTODOS DE APRENDIZAXE COOPERATIVA na que os alumnos se axudan para aprender traballando en equipos reducidos. O grupo cooperativo permite que a adquisición de coñecementos sexa compartida, froito da interacción e cooperación entre os membros do grupo, polo que resulta moi positivo para que o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo poida aprender e autorregular os seus procesos de aprendizaxe. A clase está dividida en 6 grupos de 4 membros, cada membro ten unha función dentro do seu grupo, as funciones rótanse entre os diferentes membros do grupo ao rematar unha tarefa, e non cambiarán de equipo ata que todos os membros do grupo pasen por todas as funcións. Seguimos o


programa de “Cooperar para aprender, aprender a cooperar” dos coordinadores Pere Pujolàs Maset e José Ramón Lago Martínez. APRENDIZAXE POR TAREFAS: Partimos da idea de que unha tarefa é unha actividade ou conxunto de actividades debidamente organizadas e enlazadas entre si co fin de conseguir un fin ou unha meta determinada. Unha tarefa é un modelo de secuencia didáctica organizada de tal forma que axuda ao alumnado a lograr a realización dunha actividade complexa relacionada con distintas áreas do coñecemento e coa experiencia vital dos propios alumnos. Trátase dunha estratexia idónea para o desenvolvemento das competencias e para atender a diversidade do alumnado. En canto á organización cada netbook estará asiganado a unha dependencia (aula, biblioteca, aula de educación especial) e os profesores de cada dependencia serán os responsables do seu uso así como de avisar ao equipo TIC no caso dalgunha incidencia, os netbooks non poderán sair da dependencia asignada e para acceder a wifi do centro cada aulumn@ dispone do seu usuario e contrasinal. 7. PLAN DE FORMACIÓN Ademais de participar e distintos cursos TIC de formación do cfr e do CAFI, o noso centro participa todos os anos nun PFPP, o ano pasado participamos en formación en robótica, programación e a súa integración curricular na programación e este ano dámoslle continuidade. E dependendo das necesidades o equipo Tic tamén realiza pequenas formacións para todo o claustro.


8. AVALIACIÓN DA APLICACIÓN DAS TIC NO CENTRO “Tendo en conta que avaliar consiste en realizar un xuízo de valor, a avaliación está relacionada en primeiro lugar coa ética, esixe por elo un tempo para elucidar e facer conscentes os contextos, os proxectos e as posturas.” ( Beauvois, 2010)

No nosso centro as Tic son unha ferramenta imprescindible e facilitadora para construir o aprendizaxe, permiten compartir, construir o coñecemento, intercambiar ideas e acceder a unha gran cantidade de información e a recursos virtuais. Os recursos TIC permítenos levar a cabo distintas actividades e contribuír ao proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, servindo de apoio na consecución dos obxectivos, na organización do grupo e na temporalización das actividades. Ademais os netbooks son fáciles de manexar, potencian a motivación e o interese, xerando a aprendizaxe por descubrimento e favorecendo a interacción entre iguais. 9. PROFESORADO RESPONSABLE Todo o equipo docente nos facemos plenamente responsables do seu uso, e o equipo TIC do mantemento e actualización. Os titores, o equipo de dinamización da biblioteca e o profesorado especialista da aula de educación infantil comprométese a facer un bo uso destes recursos, velando pola súa seguridade. Este Proxecto cobra sentido dende unha perspectiva de colectividade no Profesorado, e así trasladar este sentimento ao alumnado.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.