PROGRAMA PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Page 1

PROGRAMA PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE


Entendemos a nosa escola como un medio de ben comunitario, como un modelo que implique á sociedade nas súas actuacións coa problemática ambiental.

Que queremos?  Unha escola onde se consuma de maneira consciente e sana.  Unha escola que promova a participación e o compromiso de toda a comunidade educativa.  Unha escola que conciencie sobre o problema ambiental implicando a toda a sociedade con accións que contribuan á mellora no medio ambiente.  Unha escola que promova hábitos saudables.  Unha escola comprometida, asumiendo a responsabilidade de reducir, reciclar, reutilizar e recuperar (4R) e animando a outros para que fagan o mesmo.  Unha escola que fomente actuacións de aprendizaxe que entusiasmen e impliquen a toda a poboación.

En definitiva, unha escola que enseñe a través do exemplo, porque

MOITA XENTE MIÚDA EN LUGARES PEQUENOS FACENDO PEQUENAS COUSAS PODE CAMBIAR O MUNDO.


Actividades establecidas no centro: PATRULLA DE LIMPEZA: Puntos de reciclaxe en cada aula: verde, azul, amarelo e alumnio. Dous puntos de reciclaxe nos patios.


HORTO ECOLÓXICO: https://prezi.com/m7ddrn0_k0-u/horto-no-patio-do-cole/ http://www.edu.xunta.gal/eduga/1345/plan-proxecta/reciclarte


HORTO HIDROPÓNICO: A través dun circuito pechado de auga medran as plantas, é moi práctico e fácil de construir para ter nuha terraza ou patio da casa. Dependendo do depósito e controlando diariamente o PH a auga pode durar varios días. A enerxía empregada para que funcione é solar.

PROGRAMA DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS:


PAPEL DE ALUMINIO: Durante o curso 2016/17 comezamos a reciclar papel de alumnio na localidade. Para animar a poboación de Tui o alumnado de 6º de primaria fixo unhas papeleiras recicladas, que repartiron polo centro e polos comercios e unha vez a semana os alumn@s responsabilizábanse de vaciar esas papeleiras traendo o alumnio ao colexio, ademais o centro ofreceuse como centro de recollida de empresas e particulares. Para facer este proxecto máis visible saímos en varios medios de comunicación, incluso tivemos una reunión co concelleiro de medio ambiente do concello que implicouse e acompañounos a radio a explicar esta iniciativa. No colexio o alumnado pesaba cada mes o alumnio recaudado e facía una regla de tres para saber canta enerxía aforraban. Unha empresa recolleu todo o alumnio ao final de curso.É un proxecto con continuidade, de feito este ano recolleron 37kg de alumnio.


DUN RESIDUO A UN ALIMENTO: Durante o curso 2015/16 grazas a iniciativa dun pai do noso centro comezamos a recadar poso de café para cultivar setas. O alumnado visitaba as cafeterías e traían o poso, no centro tamén colaboraban as familias traendo poso. O pai explicounos que necesitábamos para facer os nosos cultivos de seta, e así comezou esta experiencia que a día de hoxe ten gran repercusión no centro. Durante este curso escolar fixeron cultivos de setas o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º. https://www.youtube.com/watch?v=9xFouKRmsVk

LIPDUB POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE https://www.youtube.com/watch?v=DM2ioX_p_xM

EXPERIENCIAS SOLIDARIAS : “CLIPMETRAXE MANOS UNIDAS” : Realización dun video dun minuto para concienciar a sociedade da importancia de non malgastar os alimentos “NO DESPERDICIES, COMPARTE”, realizado polo alumando de 5º e 6º de primaria e quedando entre os 10 primeiros finalistas de toda España. http://www.clipmetrajesmanosunidas.org/videos/no-desperdicies-comparte/

“FLASHMOB SOLIDARIO PARA AXUDAR AXUDAR AO CONCELLO DAS NEVES”: Flashmob solidario no paseo da Corredoira co obxectivo de recadar auga para o Concello das Neves, un dos municipios máis afectados polos incendios do mes de outubro. Nenos, nenas, profesores, familiares e tudenses en xeral bailaron a canción "Cor esperanza" e en total lograron recadar máis de 1.200 litros de auga. https://www.youtube.com/watch?v=2MmZ157Zcg8


“CARBALLOS PARA REFORESTAR OS MONTES DO CONCELLO DAS NEVES”


Proxectos: PROXECTO RECICLARTE PRIMARIA CURSO 2015/16  “MANIFESTACIÓN ARTÍSTICA”: Organización dunha manifestación artística para concienciar a sociedade da importancia de reciclar. A manifestación contaba cos permisos do concello e a colaboración da policía local. https://www.youtube.com/watch?v=yRexgqV1nr0


PROXECTO RECICLAXE INFANTIL NO CURSO 2015/16

 TALLER DE PAPEL RECICLADO http://osananosdemarta.blogspot.com/2016/05/taller-de-papel-reciclado.html

 TRAILERS CINEMATOGRÁFICOS DA RECICLAXE.

Unha das tarefas finais do proxecto da reciclaxe foi a de crear un trailer cinematográfico para concienciar da importancia da reciclaxe. http://osananosdevane.blogspot.com/search/label/proxecto%20reciclaxe


PROXECTO DO CAMIÑO DE SANTIAGO CURSO 2016/17  “LIMPEZA CAMIÑO SANTIAGO”: Analizamos as necesidades do camino Portugués que pasa por diante do noso cole, para iso percorremos o camiño fixándonos ben, observando atentamente, seguindo as sinais e de paso recollemos lixo e recolectamos mostras da flora.

 “ BOTIQUIN NATURAL DO CAMIÑO”: Formado por plantas mediciñais que podemos atopar no camino portugués e son útiles para os peregrinos. http://uncaminoparaconvivir.blogspot.com/2017/06/productos-finais-de-5-e-6-de-primaria.html http://www.periodicodelcamino.com/unha-caixa-de-urxencias-natural/


PROXECTO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA CHEO DE VIDA CURSO 2017/18



http://cienciaetecnoloxiacheodevida.blogspot.com/


OUTROS:  PARTICIPACIÓN EN VOZ NATURA: VIDEO SOBRE A REFORESTACIÓN (Abril 2012) https://www.youtube.com/watch?v=e_FVwTp9Rm4 VIDEO SOBRE AS ENERXÍAS RENOVABLES (Abril 2013) https://www.youtube.com/watch?v=FlsalR9bDpo

PINGAS DE AUGA SOBRE TUI: Presentación sobre o aproveitamento da chuvia nas aulas de infantil durante febrero do 2011. https://issuu.com/urigago/docs/pingas_de_auga_sobre_tui Mural pintado no patio do colexio para concienciar a comunidade educativa sobre o aforro de auga.

DECÁLOGO PARA AFORRAR AUGA:


 O PROTAGONISTA DA SEMANA: Experiencia levada a cabo na aula de 3 anos en novembro de 2015. Esta metodoloxía, idea de Ibáñez Sandín (1992), consiste en dedicar unha semana do curso a cada alumn@ da aula. Cada semana un nen@ de a clase é elixido o Protagonista. Este alumn@ acompañado da súa familia explican algunha cousa da súa vida ou comparten alguna experiencia para o resto dos compañeir@s. https://www.youtube.com/watch?v=slLFuZhWBt8&feature=youtu.be



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.