PLAN DE IGUALDADE

Page 1

CAMIÑO Á INCLUSIÓN

PLAN DE IGUALDADE

User Luffi 2019-2020


1. Introdución Si partimos do principal referente lexislativo a nivel autonómico, o Decreto 229/2011 do 7 de decembro, para atender á diversidade nos centros educativos de Galicia defínese este concepto como “o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa as diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado”. Así mesmo, un dos seus principios establece que a atención á diversidade rexerase polos principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia; autonomía dos centros docentes e participación de toda a comunidade educativa. Para que dita atención á diversidade se faga realidade nas aulas en particular e no noso centro en xeral, partiremos da coeducación como contido transversal que impregne a práctica educativa no noso centro en particular. A coeducación constitúe unha das ferramentas máis útiles e potentes para poder acabar coa desigualdade. Ademais, a escola supón unha plataforma para a superación dos prexuízos sexistas e para acadar un cambio en profundidade das estruturas e das prácticas sociais non desexables, posto que todo o que ocorre nos colexios é un reflexo do que ocorre na sociedade. Como mestras e mestres debemos transmitirlle ao alumnado valores baseados na paz e na igualdade para que a sociedade do futuro sexa pacífica e igualitaria. Cómpre ter en conta que as aulas son tan diversas como o é a sociedade; con todo, ás veces a diversidade, como é o caso da afectivo-sexual, aínda non se visibiliza nin se respecta, senón que se rexeita por contravir “o correcto” e “o normal”. De aí a importancia de traballar esa diversidade desde as aulas. Todo isto, deberá impregnar as diferentes actividades que se desenvolvan nas aulas e as mestras e mestres deberán tomar como referente o establecido no presente Plan de Igualdade. Para a elaboración deste plan preséntase unha serie de obxectivos que despois serán concretados por cada titora e adecuaranse á realidade das súas aulas en particular. Así mesmo, estableceranse unhas liñas coeducativas e de actuacións concretas a desenvolver dende o centro que despois terminarán de tomar forma na súa posta en práctica ou coas aportacións do propio alumnado, partindo así dos seus intereses e motivacións e promovendo a inclusión real, onde todo

2|PLAN DE IGUALDADE


o alumnado teña cabida e se partan das súas capacidades e diferenzas, as cales enriquecerán o proceso de ensino aprendizaxe. É imporante mencionar que a nivel de centro estanse abordando cuestións organizativas en referencia a igualdade de xénero. Por exemplo, nomease a una persoa responsable en materia de igualdade no seo do Consello escolar, a mestra de educación infantil Jennifer Piñeiro González. Do mesmo xeito, elaborouse unha enquisa entre o claustro para analizar cal é a situación actual da que se parte no referente a valores coeducativos e de igualdade de xénero, e que tipo de propostas en materia de formación de profesorado se deben levar á práctica a nivel de centro.

2. Contextualización normativa e do centro 2.1. contextualización da normativa de referencia Para a elaboración deste plan de igualdade tomamos como principal referente a Instrución do 6 de setembro do 2019 da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación educativa, para a elaboración de plans de igualdade no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios da consellería de educación, universidade e formación profesional; onde se establece que a igualdade entre mulleres e omes cons t e un principio reitor das sociedades democr

cas e así se recolle en mul tude de normas de mbito

internacional, estatal e autonómico, tal e como se pode contemplar nas liñas seguintes. 

Dende a DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS onde se establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición»,

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA: no artigo 9.2 referido á igualdade e liberdade establece que lle “corresponde aos poderes p blicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas; remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos

3|PLAN DE IGUALDADE


os cidad ns na vida política económica cultural e social”. A igualdade é un dereito recollido no artigo 14 da “Os españois son iguais ante a lei sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de sexo, relixión, opinión ou calquera outra contradición ou circunstancia persoal ou social”. 

REAL DECRETO-LEI 9/2018, DO 3 DE AGOSTO, de medidas urxentes para o desenvolvemento do PACTO DE ESTADO contra a violencia de xénero. Redacta a necesidade de adoptar as modificacións legais oportunas para que a Administración local poida levar a cabo actuacións na promoción da igualdade entre homes e mulleres, así como contra a violencia de xénero.

REAL DECRETO 1686/2000, do 6 de outubro, polo que se crea o Observatorio da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes que permita facer un diagnóstico fiable e válido sobre os avances en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e, consecuentemente, avaliar as políticas planeadas con este fin.

LEI ORGÁNICA 1/2004, DE 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO na s a exposición de motivos di: “A violencia de xénero enfócase por Lei dun modo integral e multidisciplinar, comezando polo proceso de socialización e educación. A conquista da igualdade e o respecto á dignidade humana e a liberdade das persoas teñen que ser un obxectivo prioritario en todos os niveis de socialización”. A lei establece medidas de sensibilización e intervención no ámbito educativo. No seu Art. 4 establece: “1. O sistema educativo español incluir entre os seus fines a formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e da igualdade entre homes e mulleres, así coma o exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia. Igualmente, o sistema educativo español incluirá, dentro dos seus principios de calidade, a eliminación dos obstáculos que dificultan a plena igualdade entre homes e mulleres e a formación para a prevención de conflitos e para a resolución pacífica dos mesmos. 2. A educación Infantil contribuirá a desenrolar na infancia a aprendizaxe na resolución pacífica de conflitos. 3. A Educación Primaria contribuirá a desenrolar no alumnado a súa capacidade para adquirir habilidades na resolución pacífica de conflitos e para comprender e respectar a igualdade entre sexos.”

A LEI ORGÁNICA 2/2006, DE 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN modificada pola LEI

8/2013 DE MELLORA DA CALIDADE DA EDUCACIÓN recolle no Título Preliminar e dentro 4|PLAN DE IGUALDADE


do Capitulo I, Art. 1, entre outros principios: O desenrolo da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres. No art. 2, entre os seus fines: A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. Os decretos de currículo, e en concreto os decretos dos currículos de infantil e primaria de Galicia desenvolven estes principios: o

DECRETO 330/2009 DE 4 DE XUÑO POLO QUE SE ESTABECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL, así como o DECRETO 105/2014, DO 4 DE SETEMBRO, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN PRIMARIA. 

LEI 3/2007, DO 15 DE MARZO, REGULADORA DA RECTIFICACIÓN REXISTRAL DA MENCIÓN RELATIVA AO SEXO DAS PERSOAS concreta no seu Preámbulo que a transexualidade, considerada como un cambio da identidade de xénero, foi amplamente estudiada xa pola medicina e pola psicoloxía e trátase dunha realidade social que require unha resposta lexislada para que a inicial asignación rexistral do sexo e do nome propio poidan ser modificadas, coa finalidade de garantir o libre desenvolvemento da personalidade e a dignidade das persoas cuxa identidade de xénero non se corresponde co sexo co cal inicialmente foron inscritas.

LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO a cal ten por obxecto a adopción de medidas integrais dirixidas á prevención e atención para o tratamento da violencia exercida contra as mulleres, así como a protección e asistencia ás vítimas.

LEI 2/2014, DO 14 DE ABRIL, POLA IGUALDADE DE TRATO E A NON DISCRIMINACIÓN DE LESBIANAS, GAYS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E INTERSEXUAIS EN GALICIA. O obxecto desta lei é garantir o principio de igualdade de trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero das persoas homosexuais, bisexuais, transexuais, transxénero e intersexuais. Esta lei establece principios e medidas destinados á prevención, corrección e eliminación de toda discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

DECRETO 8/2015, DO 8 DE XANEIRO, POLO QUE SE DESENVOLVE A LEI 4/2011, DO 30 DE XUÑO, DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN MATERIA DE CONVIVENCIA ESCOLAR a través do cal regúlase o plan de convivencia que se

5|PLAN DE IGUALDADE


desenvolve nos centros educativos de Galicia e no cal se integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes. 

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA GARANTIR A IGUALDADE, A NON DISCRIMINACIÓN E A LIBERDADE DE IDENTIDADE DE XÉNERO (ESTRATEXIA GALEGA EDUCONVIVES, ABRIL 2016), o cal sirva de referente a todos os centros educativos co fin de abordar a temática da coeducación e a prevención da violencia de xénero desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal, no que se recollan de forma sistemática as medidas que se van desenvolver nas diferentes áreas do ámbito educativo dirixidas a alumnado, profesorado e equipos de orientación.

2.2. contextualización do centro O presente Plan de igualdade basearase nos principios inspiradores da propia Instrución do 6 de setembro do 2019 xa citada con anterioridade: 

VALORES DEMOCRÁTICOS. A coeducación constitúe un modelo educativo que garante os valores sobre os que sustentan as sociedades democráticas (igualdade, liberdade, xustiza) pois garante a defensa dos dereitos humanos.

TRANSVERSALIDADE. A perspectiva de xénero integrarase no proxecto educativo como estratexia de introdución da transversalidade nas políticas públicas educativas.

INCLUSIÓN. A aplicación da perspectiva de xénero supón a erradicación de calquera situación de discriminación do alumnado por razón de sexo, xénero, identidade de xénero ou orientación sexual.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. O centro educa vo axuda

construción dunha

sociedade libre na que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades de realización persoal e profesional. 

VISIBILIDADE. O plan de igualdade contribúe a transmitir un coñecemento libre de estereotipos que favorece a identificación e o recoñecemento de todos os saberes mais al do xénero. Ata agora a igualdade efectiva entre homes e mulleres formaba parte dos nosos principios

e obxectivos recollidos no Proxecto Educativo, nas NOFC, no Plan Xeral de Atención á Diversidade, no Plan de Orientación, no Plan de Acción Titorial e no Plan de Convivencia. Así coma das 6|PLAN DE IGUALDADE


diferentes programacións de aula das persoas titoras que concretan eses obxectivos na realidade particular do seu alumnado. A partir deste momento, coa elaboración deste I Plan de Igualdade do CEIP Número 1 de Tui concretaranse todos eses principios e obxectivos dun xeito mais específico, proclamando actuacións que permitan seguir unha liña coeducativa e libre de calquera tipo de discriminación, é dicir, que permitan impulsar o noso proxecto inclusivo de centro na súa totalidade. O noso claustro de profesorado actual está formado por un total de 22 mestras e 2 mestres, distinguindo entre profesorado responsable das titorías e profesorado especialista (inglés, música, educación física, pedagoxía terapéutica, relixión evanxélica, relixión católica e audición e linguaxe). Ademais, contamos coa figura de dúas coidadoras que complementan a función docente así coma facilitan as situacións de ensino aprendizaxe nas aulas. O centro conta cun total de 11 unidades, entre as que existen tres aulas de educación infantil, unha de 1º de EP, unha de 2º EP, unha de 3º EP, unha de 4º EP, un aula de 5º de primaria desdobrada na que se realizan tarefas de cotitorización entre as mestras

responsables

das

mesmas

(traballando a maior parte do horario lectivo nunha mesma aula con dúas figuras docentes) e un aula de 6º de EP. Ademais, temos unha unidade creada dende a administración educativa para a escolarización preferente de alumnado

TEA

aínda

que

no

centro

camiñamos cara a inclusión real e polo tanto traballamos de xeito que todo o alumnado estea incluído na aula ordinaria partindo dun Deseño Universal de aprendizaxe (DUA), onde tratamos de proporcionar múltiples formas de representación, de motivación e de acción e expresión.

7|PLAN DE IGUALDADE


3. Análise da situación do centro en relación coa igualdade de xénero, coa violencia de xénero e coa LGBTIfobia. Na actualidade, no noso centro as funcións de dirección recaen sobre unha muller. Así mesmo, o equipo directivo na súa totalidade está integrado por 3 mulleres. E ademais, a maior parte do noso claustro está composto por mulleres. O número total de alumnado matriculado no centro é de 205 alumnos e alumnas que están repartidos segundo a súa idade correspondente para cada nivel de ensinanza. As aulas están formadas por grupos heteroxéneos de nenos e nenas a excepción das semanas nas que traballamos por ámbitos inclusivos de aprendizaxe onde en infantil, traballa alumnado de 3, 4 e 5 anos nunha mesma aula e na etapa primaria traballan 1º e 2º xuntos, 3º e 4º noutra aula e 5º e 6º noutra distinta. Estes ámbitos créanse no actual curso escolar para darlle cabida ao conxunto da diversidade de alumnado no noso centro e atender ás necesidades individuais potenciando capacidades, de xeito que se optimizan recursos humanos e os grupos de traballo son mais reducidos (pasando a ser en infantil 16 alumn@s por aula e en primaria 12). Todo o alumnado vai rotando polos diferentes ámbitos semanalmente, permanecendo un total de 4 sesións por ámbito/semana. Os ámbitos nos que traballan son: STEAM, Artístico, Club de Letras e Social e Natural. Esta modificación a nivel organizativo supón para o noso centro educativo potenciar valores coma a inclusión, a tolerancia, o respecto, a igualdade de oportunidades… camiñando cara o modelo inclusivo que forma parte da nosa filosofía de centro, onde a inclusión abarca

todos os ámbitos e non forma parte dun único plan de igualdade na súa individualidade,

se

non

que se consolida co resto de documentos xerais do centro (incluíndo o PE, a PXA, o Plan Xeral de Atención á diversidade, o

8|PLAN DE IGUALDADE


Plan de convivencia as NOFC o Proxecto Lector…), así coma coas propostas de actividades que se desenvolverán dende as titorías e o claustro de profesorado. Coma resultados mais relevantes para a análise da situación de centro en referencia á igualdade, á violencia de xénero e a LGTBFobia e que foron obtidos dunhas enquisas que se levaron a cabo entre o profesorado do centro cabe mencionar o que se narra nas liñas seguintes. Un aspecto positivo a sinalar, tal e como se contempla na

gráfica,

un

77,8%

das

respostas obtidas indican que o claustro

estaría

disposto

a

impartir unha charla informativa acerca da diversidade existente entre as familias.

Tamén, pódese contemplar nos resultados das enquisas que o claustro ten unha perspectiva de xénero integradora na que teñen cabida calquera tipo de unidade familiar que poida xurdir, case un 80% do profesorado enquisado responde positivamente no referido a diversidade de familias.

9|PLAN DE IGUALDADE


Na pregunta sobre as solucións que se propoñen ao problema da violencia de xénero mais de a metade do claustro (55,6%) está de acordo en que a educación para igualdade entre homes e mulleres por parte da familia é un dos eixes principais a abordar sempre e cando estean conectados cos valores que se fomentan na escola e na vida social dos nenos e nenas.

Concluímos que o claustro é un órgano que está preparado para promulgar valores coeducativos entre o alumnado, e que actualmente ten unha perspectiva positiva en igualdade de xénero ademais de non discriminatoria.

4. Obxectivos coeducativos que se abordan no plan  Realizar accións que fomenten as relacións interpersoais de toda a comunidade: a partir do bo trato e a igualdade de oportunidades.

 Desenvolver accións que fomenten a igualdade de oportunidades e a participación activa do alumnado nos tempos de lecer.

 Propoñer recursos que impulsen a resolución pacífica dos conflitos con perspectiva de xénero, os bos tratos, o coidado e a corresponsabilidade.

 Desenvolver actividades de sensibilización e participación para as familias.  Utilizar canles para a información e difusión e dinamizalos utilizando unha linguaxe inclusiva e non sexista: blog, web, revista dixital e radio escolar.

10 | P L A N D E I G U A L D A D E


 Facer uso de metodoloxías que favorezan a aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe servicio, o uso da radio escolar, a repercusión social dos diferentes produtos finais das tarefas que se van desenvolver...

 Adquirir pautas de convivencia e relación social mediante as prácticas restaurativas.  Fomentar a participación do alumnado nas propostas para mellorar a convivencia no centro dándolle voz e voto a través do organismo do Consello d@s nen@s.

 Suprimir os roles e estereotipos sexistas, impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre todo o alumnado por igual e a orientación académico-profesional libre de estereotipos.

 Seleccionar materiais curriculares e libros de texto que teñan en conta a perspectiva de xénero, referentes de éxito de toda a diversidade humana, linguaxe non sexista, valores inclusivos….. criterios que a s a vez deben estar presentes no deseño das probas escritas e orais nos enunciados de exercicios problemas…

 Abordar a diversidade sexual e familiar como referentes e modelos da sociedade.

4.1. Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. A igualdade de xénero como parte da educación en valores tratarase como un contido transversal que estea presente a través de todas as areas e/ou materias que establece os currículos das etapas de infantil e primaria. De todos os xeitos, no centro tamén se levarán a cabo accións e propostas didácticas nas que se traballen dun xeito explícito este tipo de contidos, algunhas desas propostas son as que se poden contemplar nos parágrafos seguintes.  Unha forma de promover a igualdade de oportunidades dende o centro é partindo de diferentes lecturas de contos ou da selección e utilización de diversos libros ou fontes bibliográficas. Para isto, traballarse en coordinación co Equipo de apoio á biblioteca do centro e propoñerase a creación dun recuncho coeducativo dentro da propia biblioteca. É importante sinalar que para a selección de contos ou libros de consulta para a pescuda de información do alumnado e profesorado se tomarán como principais referentes os seguintes criterios coeducativos:

11 | P L A N D E I G U A L D A D E


Uso dunha linguaxe inclusiva non sexista.

Uso de imaxes non estereotipadas, referidas a profesións, relacións, etc.

Presenza de varóns se se tratan temas relacionados co coidado.

Presenza de mulleres cando se tratan temas actuais relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, o deporte, o emprendemento e éxito profesional.

Aportación de mulleres e homes ao longo da historia en todos os ámbitos culturais, sociais ou políticos, resaltando que a aportación das mulleres foi, tradicionalmente, invisibilizada.  A nivel de centro, no referente ao uso dos espazos escolares continuamos a

desenvolver o noso proxecto de patio inclusivo: “O patio dos nosos soños”. Un proxecto que se levou a cabo no curso 2016/2017 pero que seguemos dándolle continuidade no paso do tempo, o alumnado fai propostas de mellora dende o Consello d@s nen@s cada curso escolar. Este proxecto atópase vinculado coa proposta de patios dinámicos de Gey Lagar, a proposta dun patio inclusivo libre de estereotipos e de xogos que promovan o sexismo ou a discriminación. O patio organízase en zonas de xogo onde o alumnado está dividido por ditas zonas con mestr@s ao seu cargo e realízanse diferentes xogos segundo a zona que lle toque (por exemplo, na zona do circuíto xogan cos plasmacars e atenden ás normas de seguridade viaria, no recuncho artístico o alumnado pode realizar diferentes obras de arte nos encerados brancos ou nos de metacrilato, ademais de disfrazarse e cantar, bailar ou facer xogo dramático no escenario). Neste curso, crearase un recuncho coeducativo onde poderán desenvolver xogo simbólico (incluirá unha cociña, bebés, roupa de bebé, utensilios de cociña, taller de ferramentas, recuncho do centro de saúde ou salón de beleza…).  O Consello d@s nen@s. Este organismo foi creado para que o alumnado teña voz e voto no centro de forma igualitaria e forma parte do modelo de convivencia inclusiva do noso centro. A través del, o alumnado fará propostas que levará ao Consello a través d@s representant@s nomead@s en cada aula as cales serán escoitadas polo resto das aulas e mestras que colaborarán nas convocatorias mensuais. No Consello hai representación de ambos xéneros e realizaranse plenos nos que as diferentes aulas van asistindo como oíntes e poderán comentar apreciacións ao final de dito pleno. É unha ferramenta para que todos e todas compartan as súas propostas e ademais respecten ás d@s demais, así mesmo o alumnado adquire valores democráticos (realizaranse votacións sobre as propostas se é necesario e sobre o presidente ou 12 | P L A N D E I G U A L D A D E


presidenta escollido para o vindeiro curso escolar, así como da figura do secretario ou secretaria) os cales son fundamentais na igualdade de xénero.  Celebración das conmemoracións do calendario escolar: 

Día contra a Violencia de xénero (25 de novembro). Participación no proxecto educativo promovido dende o Concello Tui “Tui Soña” o cal ten por obxectivo principal construír un mundo mellor onde a violencia de xénero non ten cabida.

Día da declaración dos dereitos humanos (10 de decembro).

Día escolar da non violencia e da Paz (30 de xaneiro).

Día da muller (8 de marzo). Campaña de sensibilización e concienciación sobre os estereotipos e prexuízos de xénero que podemos atopar en diferentes anuncios nos medios de comunicación na actualidade, os cales promoven valores sexistas e discriminatorios. Para isto, o alumnado de cursos superiores (5º e 6º de primaria) levará a cabo a investigación e análise destes anuncios e despois elaborará un decálogo ou infografía sobre os requisitos que deben reunir os anuncios para que non discriminen por razóns de sexo. Este decálogo ou infografía viaxará ás aulas e serán eles e elas quenes o expliquen @s mais pequen@s do cole. Despois, dende as demais aulas participarase nesta proposta facendo cuñas publicitarias non sexistas e que promovan a igualdade de xénero que se irán emitindo nos programas semanais da radio do cole: Radio Athenea.

 A raíz das respostas do profesorado na enquisa sobre a coeducación cabe mencionar que se promoverán “Talleres coeducativos” onde diferentes mestras que practican algún deporte ou actividade de ocio que tradicionalmente está vinculada ao sexo masculino impartirán unha pequena charla de sensibilización e concienciación entre o alumnado do centro e explicará como traballa para conseguir os seus logros. Unha vez isto ocorra, cada mestra irá rotando polas aulas e farán xogos experimentando o deporte ou habilidade desa mestra no conxunto do grupo aula, chegando á conclusión de que todos e todas, se no lo propoñemos podemos lograr todo o que queiramos.  Plan Director, impulsado dende a Delegación do Goberno en Galicia e Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas 13 | P L A N D E I G U A L D A D E


sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcohol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís es, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias). Dende o centro solicítase a participación deste plan director e, en concreto para o presente plan de igualdade, as charlas de violencia de xénero.  As prácticas restaurativas, porque como xa afirmaba Aristóteles, filósofo grego, "O ser umano é un ser social”. Cada curso póñense en práctica estratexias seguindo o Repertorio das Prácticas Restaurativas: 

Estratexias Proactivas : Escoita , Declaracións afectivas, Círculos.

Estratexias Reactivas: Preguntas restaurativas, Pequena Reunión Espontánea, Reunións formais.

Promoverase dende as titorías e coa colaboración do equipo de dinamización da convivencia o desenvolvemento do programa restaurativo do noso centro que leva por título: “Facer ben faite ben” e que forma parte do noso plan de convivencia do centro. Co seu deseño preténdese sistematizar o uso das prácticas restaurativas a nivel de centro, tanto entre o profesorado coma nas diferentes aulas co alumnado que as conforman, fomentado a capacidade dos nenos e nenas para dialogar e expresar os seus sentimentos e emocións que poidan xurdir dun conflito na vida no centro. Este diálogo levarase a cabo a través das cuestións restaurativas tentando guiar ao alumnado cara a resolución pacífica de conflitos expoñendo o que senten e escoitando activamente como pode sentirse a persoa danada. Este programa é a base da non violencia e de fomentar esa capacidade de diálogo e comunicación a cal se facía referencia en liñas anteriores.

14 | P L A N D E I G U A L D A D E


Ademais, no patio existen recunchos da paz distribuídos nas diferentes zonas de xogo onde o alumnado pode mediar ante os conflitos que durante este tempo poidan xurdir, sempre baixo a supervisión do profesorado de garda. Estes recunchos son clave no fomento destas prácticas e no seu uso xeneralizado a nivel de todo o centro.

4.2. Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero. Por unha banda, dende o centro educativo temos unha labor importante neste ámbito. A prevención abordarémola poñendo en práctica as accións que se describen no presente Plan de Igualdade, pensando no noso alumnado como os adultos do futuro e instaurando nel@s valores coeducativos de respecto tolerancia empatía solidariedade… Esta ser a nosa labor preventiva fundamental a cal terminará de cobrar sentido no eido familiar, sendo a familia o axente de socialización fundamental. Por outra banda, para levar a cabo a detección e a intervención ante posibles casos de violencia de xénero, partiremos de que a titoría deberá dar aviso de inmediato ao equipo

directivo ante calquera sospeita de maltrato ou violencia que o alumnado poida sufrir no seu ámbito familiar. No centro tomarase como principal referentes para a intervención a Guía contra o maltrato infantil que deseñada pola Xunta de Galicia, así como o Protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil no ámbito familiar no cal se establece que o centro educativo dará notificación mediante o uso das follas para o ámbito educativo que estipuladas para tal fin a través do REXISTRO UNIFICADO DE MALTRATO INFANTIL (RUMI). Cada folla de 15 | P L A N D E I G U A L D A D E


notificación consta de dúas copias en papel autocopiativo. Unha copia deberá permanecer no expediente académico da/o alumna/o para o seguimento do caso se fose necesario. , outra copia enviarase por correo ou e-mail aos enderezos abaixo indicados do SERVIZO DE DEFENSA DO MENOR (subdirección xeral de Menores, secretaría xeral do Benestar). É IMPORTANTE lembrar que cada notificación debe realizarse nun cuestionario novo, mesmo cando se refira ao mesmo caso en datas posteriores á primeira detección.

A mestra que detecta o caso de maltrato deberá: valorar se a gravidade do caso necesita a investigación e o apoio de servizos sociais (no caso de dúbida comentar cun experto); tratar os proxenitores con respecto e comprensión; informar dos casos de maltrato aos servizos sociais da zona e actuar segundo os casos que se mostran no esquema a continuación. Nestes casos, poderase contar co asesoramento do EOE, en concreto, co equipo especialista en Traballo Social ou cos servizos sociais do Concello de Tui.

GRUME: Grupo de Menores da Policía Xudicial. EOEP: Equipo Orientación Educativa e Psicopedagóxica.

A continuación deberase valorar se unicamente se trata dunha sospeita, é dicir, non existen datos obxectivos, só a sospeita, que se deduce dos argumentos non cribles ou contraditorios e pode ser (marcarase cunha x na folla de Rexistro- RUMI): L (Leve): circunstancias que requiren un seguimento. M (moderado): necesita apoio/axuda dos servizos sociais, sanitarios, educativos... G (Grave): require intervención urxente dos servizos sociais. 16 | P L A N D E I G U A L D A D E


Cobra importancia neste proceso a figura do Departamento de Orientación do centro así como o equipo directivo. Dende o centro deberase ter moi presente que para notificar un caso non é necesario ter unha certeza absoluta, senón que é suficiente ter unha sospeita razoable .

4.3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual. Tal e como se establece na LEI 2/2014, DE 14 DE ABRIL, POLA IGUALDADE DE TRATO E A NON DISCRIMINACIÓN DE LESBIANAS, GAYS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E INTERSEXUAIS EN GALICIA. Enténdese polo concepto de familia a derivada do matrimonio, da unión entre dúas persoas do mesmo ou distinto sexo, en relación de afectividade análoga á conxugal, rexistrada ou non, do parentesco, da filiación ou da afinidade, e tamén as unidades monoparentais, formadas por mulleres ou homes, con fillos e fillas ao seu cargo. ¿Por que partimos deste concepto? A nivel de centro é importante partir desta definición e inculcar ao alumnado os valores de familia que nela se expoñen, posto que se trata de darlle visibilidade no ámbito educativo aos diferentes modelos de familia establecidos nesta lei, deixando atrás o concepto de familia nuclear (nai, pai e fill@s) que se propoñía noutros tempos. Partindo disto, podemos crear no alumnado unha mente aberta de cara á súa diversidade afectivo-sexual, posto que lle axudará a comprender que non existe un modelo de familia inculcado ou único, se non que e posible formar a familia que se quere. Neste sentido, é importante sinalar o seguinte: 

Estableceranse actuacións para combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e das distintas orientacións sexuais e identidades de xénero.

Para os efectos de favorecer a visibilidade e de integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual no centro, a Consellería competente en materia de educación favorecerá nos centros sostidos con fondos públicos a realización de actividades específicas próximas a datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo de dereitos a persoas lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais".

17 | P L A N D E I G U A L D A D E


5. Medidas concretas de actuación nos seguintes ámbitos: 5.1. Organización do centro. 

Difundirase este Plan e as súas medidas de actuación entre todos os membros da Comunidade educativa a través de web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/ así coma a súa aprobación no Consello Escolar.

Colaboraremos con outras entidades ou institucións da promulgación de valores coeducativos.

Revisarase o material educativo e os documentos de centro baixo a perspectiva de igualdade de xénero.

Asumiremos a responsabilidade de desenvolver as accións pertinentes que parten dos Contratos-programa na liña educativa “Iguala-T” “Incl e-T” e “Con-Vive”.

Inserir contidos de igualdade e de educación afectivo-sexual nos itinerarios formativos dos plans de formación del centro.

Establecer canles de información sobre a oferta formativa en materia de igualdade e Educación afectivo-sexual.

Deseñar estratexias de intervención formativas que impulsen a aprendizaxe servicio (ApS) co alumnado e accións con outras redes educativas.

5.2. Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e dos saberes. 

Crearase un espazo web dentro da páxina do centro para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.

Favorecerase a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.

Identificaranse e difundiranse as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.

18 | P L A N D E I G U A L D A D E


Elaboraranse os documentos xerais de centro baixo unha visión educativa con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias.

Promoverase unha elección do futuro académico e profesional libre de estereotipos de xénero, en particular poñendo en valor a vocación científica e tecnolóxica no alumnado feminino.

Realización de talleres e actividades educativas específicas para facilitar un proxecto persoal e profesional baseado na vocación e capacidades propias, libre de condicionamentos e usos sociais baseados en roles de xénero.

5.3. Xestión dos espazos, dos recursos e as oportunidades de realización vocacional de xeito inclusivo. I.

Creación da comisión de igualdade, cuxos membros coincidirán cos do equipo de dinamización da convivencia.

II.

Difusión e uso do Protocolo de identidade de xénero promovido dende a Consellería e de atención á diversidade de xénero.

III.

Aseos Unisex.

IV.

Utilización dunha linguaxe inclusiva nos documentos institucionais, circulares informativas, notificacións, programacións, carteleira, blogues, identificación de salas ou espazos…

V.

Existencia de espazos dedicados á igualdade (recunchos no patio e na biblioteca, taboleiros…).

VI.

Uso de espazos comúns que teñan en conta a xestión igualitaria e por tanto, a coeducación, prestando especial interese ao tipo de actividades no recreo, xogos de roles, deportes..., limitando os espazos que ocupan os nenos con respecto ás nenas e promovendo xogos alternativos libres de estereotipos sexistas e inclusivos.

VII.

Promoverase a participación do sexo menos representado nas actividades científicotecnolóxicas deportivas artísticas de coidado…

VIII.

Así mesmo, de forma anual, no marco da PXA concretaranse novas iniciativas xurdidas no seno do Claustro, que proveñan das familias, concello e outras institucións externas.

19 | P L A N D E I G U A L D A D E


5.4. Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia escolar. 

Incorporación da perspectiva de xénero nas programacións didácticas, situacións de aprendizaxe ou propostas pedagóxicas: visibilizar e dignificar a contribución da muller en todas as áreas de coñecemento, aa ciencia e o deporte, utilizar a linguaxe inclusiva na comunicación

verbal

e

escrita,

utilizar

referentes

diversos,

contemplar

a

corresponsabilidade no reparto de tarefas e na asunción de responsabilidades, así como nas tarefas de coidado. 

Suprimir os roles e estereotipos sexistas, impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as alumnas e a orientación académico-profesional libre de estereotipos.

Visibilizar categorías diversas en cuestión de xénero, raza, cultura ou etnia.

Abordar a diversidade sexual e familiar como referentes e modelos da sociedade.

Selección de materiais curriculares e libros de texto que teñan en conta a perspectiva de xénero, referentes de éxito de toda a diversidade humana, linguaxe non sexista, valores inclusivos…, criterios que a súa vez deben estar presentes no “deseño das probas escritas e orais” enunciado de exercicios problemas…”

Utilización de metodoloxías que favorezan a aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe servizo, uso da radio escolar...

Celebración das conmemoracións que teñen como obxectivo sensibilizar á sociedade en múltiples aspectos vinculados á igualdade, á situación da muller ou á diversidade sexual, a partir dun proceso participativo de toda a comunidade educativa.

6. Seguimento e avaliación. Unha vez aprobado o plan de igualdade, o equipo de dinamización de convivencia reunirase, ao menos, unha vez ao trimestre. Nestas reunións avaliarase a implementación do mesmo e se propoñerán as modificacións oportunas, as cales se incorporarán ao plan na revisión de cada inicio de curso dos documentos institucionais. 20 | P L A N D E I G U A L D A D E


O informe de seguimento anual, é dicir, a memoria final deberá incorporar as actividades realizadas, o balance dos resultados obtidos e o impacto das actuacións, e como resultado de todo isto as propostas de mellora. O equipo directivo garantirá unha adecuada información a todos os sectores da comunidade educativa, facilitando en todo momento a participación nos procesos de avaliación e mellora que se establecen a tal efecto.

21 | P L A N D E I G U A L D A D E


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.