Fontinha 14

Page 1

ANO ESCOLAR 2013 – 2014 LETRAS GALEGAS: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Temos: NOVAS CREACIÓN CULTURA HUMOR e moito máis ...



EDITORIAL Antes que nada os que fan “A Fontiña” e eu, Ardemiro, quero agradecervos a vosa participación e entusiasmo, non só neste xornal senón tamén nas actividades e campañas do centro (como a recollida de alimentos ou tapóns). Este curso, despois dun par de anos sen saídas, volvemos a facelas. Penosamente, as últimas fanse cando este xornal xa está na imprenta polo que non poden verse aquí (que esperades para ver as fotos na nosa web?). Seguimos, dentro das nosas limitacións, mellorando e renovando o material do colexio, así que mercamos novas pizarras dixitais e ordenadores. Tamén renovamos a porta de entrada -iso seguro que o sabedes todos!!!Un ano máis quixemos que a biblioteca e a lectura sexan o noso foco de ensinanza. Así que seguimos potenciándoa. Continuamos por suposto cos contacontos nos que participaron moitos dos nosos rapaces. Recordarvos que case todo o que facemos no cole podédelo ver na nosa páxina web www.edu.xunta.es/centros/ceipmesonvento/ (ou poñendo "ceip mesón" en google). Para rematar quero despedirme dos alumnos e profesores que non estarán con nós o ano próximo. sabemos que non é un adeus, senón un "ata logo" e que pronto volverán a visitarnos, pero sempre sentimos esa pena. Sen máis, espero que pasedes un momento entretido co noso xornal.

ONDE ESTÁ CADA COUSA EDITORIAL: 1 BIBLIOTECA: 17 INFANTIL: de 2 a 7 CONTACONTOS: 18 DÍAZ CASTRO: 8 DÍA da PAZ: 19 DEPORTE: 9 3º e 4º: de 20 a 23 1º curso: 10 e 11 INGLÉS: 24 2º curso: 12 e 13 SAÍDAS: 25 MAGOSTO: 14 5º e 6º: de 26 a 29 NADAL: 15 VIMOS: 30 ENTROIDO: 16 PASATEMPOS: 31 DESPEDIDA de 6º: 32


Este foi o noso primeiro ano neste colexio, e ainda que cando comezamos un pouco, deseguida nos adaptamos a novos amigos, novos lugares, e novos profes... Logo fixemos moitas actividades divertidas coas que aprendemos moito, como o


E participamos en moitas festas coma o

o

,o

o dテュa das letras galegas,

os contacontos na biblioteca, o dテュa do libro, ou o dia da テ。rbore.

PERO O QUE Mテ!S NOS GUSTOU DESTE CURSO FOI:


E ISTO SÓ NO NOSO 1º ANO!!! IMAXINÁDEVOS O QUE PODEREMOS FACER E APRENDER EN TODOS OS ANOS QUE NOS QUEDAN NESTA GRAN ESCOLA!





LUGAR DE NACEMENTO: Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).

VIDA: Aos 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Aos 40 anos casou con Mª Teresa Zubizarreta coa que tivo tres fillos. Morreu en Lugo en 1990 con 76 anos de idade.

OBRAS: Escribiu os primeiros versos aos 12 anos e o seu primeiro poema publicouno aos 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou “Nascida dun sono” e “El cántico de la ciudad” e en 1961 “Nimbos”, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros “Sombra radiante” e “Mediodía”. Soe ser encadrado dentro da Xeración do 36, ao lado de figuras como Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro ou Aquilino Iglesia Alvariño.


Ola a todos! Aquí me tedes de novo, neste caso para falar de deporte, porque a paixón polos libros non quita para que tamén me guste coidarme físicamente. Este curso tivemos algunhas novidades. Comezamos forte xa en setembro cunha exhibición de judo e logo, xa lanzados, volvemos a participar en competicións de deporte escolar fóra do colexio e, non é por chulearme, pero creo que o fixemos de marabilla. Recórdovos que todo isto que vos conto aquí tamén o podedes ver (con moitas fotos e mesmo un vídeo) na nosa páxina web. Aquí vedes a tres dos membros do "Compostela Judo Club" amosándolle aos rapaces varias técnicas do seu deporte. Logo eles saíron ao tatami e demostraron o que aprenderon. O venres 10 de xaneiro os alumnos de 3º ciclo acudiron a Touro para participar na carreira comarcal de campo a través. Alba (6º) e Abel (5º) acadaron medalla, mentres Alba (5º) foi a campiona do seu grupo. Os tres volveron o día 18 a correr na alameda de Santiago e outra vez tiveron unha gran actuación quedando entre os 20 primeiros. Alba (5º) clasificouse para a fase provincial o 15 de febreiro no parque de Salgueiriños onde novamente quedou entre os 20 primeiros. NORABOA A TODOS !


Queredes ler alguns contos?



Os rapaces de 2Âş curso somos moi bos debuxantes, asĂ­ que decidimos facer uns autorretratos para que todos vexades como somos ... ou como nos vemos.



Este curso, celebramos a festa o venres 8 de Novembro. Era aparentemente un día precioso así que Virtudes e Anabel púxeronse a asar as castañas ao aire libre. De súpeto empezou a chover e houbo que trasladarse ao cuberto, non sen levar antes unha boa molladura. Afortunadamente os alumnos estaban xa, ou ben no pavillón (primaria), ou ben no cuberto de infantil divertíndose cos diversos xogos que lle tiñan preparados as profesoras. Chegou o momento de probar as castañas e, coma sempre ... estaban deliciosas!

Asando as castañas.

Lucía marcando o cambio de xogo. Os pequenos de infantil xogando ás sillas musicais.

Despois de pasalo de medo xogando todos tiveron de castañas a súa ración. No cuberto sentados descansando comeron e comeron con satisfacción. O próximo Magosto xa están esperando!


O Nadal é unha festa que lle gusta moito aos nosos rapaces. Todos os anos no cole do Mesón facemos máis ou menos as mesmas cousas na mesma invariable orde: Primeiro preparamos a árbore cos seus regalos. Logo a profe Cristina cos alumnos de 6º curso é a encargada de crear o Belén que decora o vestíbulo do edificio onde está a biblioteca. O seguinte é decorar os corredores. De novo a profe Cristina ponse á fronte e consegue superarse ano tras ano. Este curso todos os alumnos e persoal do centro fixemos unhas coloridas bolas en lugar dos calcetíns que tiñamos feito o ano pasado para recibir os agasallos das Súas Maxestades. Lóxicamente nas clases tamén se traballa sobre o Nadal. Decóranse, píntanse debuxos, confecciónanse as postais para o concurso, escríbense as cartas para os Reis Magos ... E chega o esperado, o último día de clase antes das vacacións. Pola mañá xuntámonos a ver películas na biblioteca e en audiovisuais. Logo a rica comida con sobremesas de Nadal. Pola tarde comezamos vendo unha gran actuación da clase de 5º curso na obra “Unha boa merenda”. Logo recibimos como se debe a unha das Súas Maxestades de Oriente (explicamos o ano pasado que a crise lles afecta tamén a eles e non poden vir todos). A profe Jéssica repartiu os libros de premio aos gañadores do concurso de postais de Nadal. Todas as clases recibimos un agasallo, saudamos ao rei e, como final de festa, cantamos panxoliñas e despedímonos da profe Jéssica que marchaba do cole.


Este ano a nosa celebración de Entroido foi moi especial: estivo inspirada nas antigas feiras e mercados aos que nosos avós tiñan que acudir cando querían mercar algo. Así que durante toda a semana precedente as consignas dos mecos (este ano eran dous) ían encamiñadas a conseguir un disfraz final de paisano e paisana dos de antes.

Os distintos ciclos, mentres tanto preparaban os seus tenderetes nunha deportiva competencia por ver quen acadaba o mellor. Por fin, o venres 28 de febreiro pola tarde foi o momento da nosa feira. Cunha morea de cartos nos nosos petos e faldriqueiras paseamos polos distintos postos mercando aquilo que nos gustaba máis, degustando varios produtos da terra, gozando da música que soaba, das conversacións cos amigos e dos regateos. Cando xa estabamos cansos de tanto comprar e beber chocolate, fixemos unha roda no centro do mercado e alí todos xuntos cantamos a canción que levabamos ensaiando toda a semana e que, lóxicamente, saiu moi ben. Logo marchamos contentos e felices.


Ola a todos! Xa sabedes de sobra quen son: O voso amigo Ardemiro e, nesta páxina, vou contarvos todo o que se fixo este ano na biblioteca, que foi moito e moi variado. Este curso quizais notastes menos novidades porque decidimos parar un pouco coa decoración pero, coma sempre, compramos unha morea de libros e cómics novos que xa sabedes onde están e como acceder a eles. En Outubro tivemos unha gran inauguración con Susa e Merchy. Continuamos coas xa coñecidas e tradicionais MOCHILAS VIAXEIRAS, unha das nosas iniciativas máis exitosas. Tamén continuamos co préstamo de DVDs, responsabilidade que recaeu nos alumnos veteranos, aos que dou as grazas. Celebramos a semana do libro en primavera, sacando os libros ao patio. Seguimos facendo contacontos, pero iso mellor o vemos noutra páxina. Recordade que sempre podedes gozar cun bo libro. Consultade as nosas guías de Nadal e Verán que están á vosa disposición na nosa páxina web. Para rematar quero despedirme da miña colaboradora Lucía, que se vai con certa tristeza pero coa satisfacción do gran labor realizado aquí. Un forte abrazo e moita sorte!


Ola. Xa vos falei na páxina da biblioteca do orgulloso que estou dos rapaces e rapazas que participaron nos contacontos (e tamén dos profes que gastaron moito do seu tempo libre dos mediodías para ensaiar), así que vou dicir cales foron eses contos: - "Unha boa merenda" (5º curso) - "Os tres lobiños e o porquiño feroz" (Rapazas de 4º + Alba) - "A casa da mosca chosca" (Rapaces de 6º + Pablo) - "Paco Papán" (Adrián de 3º) Para celebrar como é debido o Día do Libro (23 de abril) toda esa semana os alumnos de 3º ciclo estiveron contándolle contos aos alumnos máis pequenos que os recibían con ledicia. Na foto vedes a Luismi e a Óscar na clase de 5 anos.

Aquí podedes ver como en primavera as nosas árbores tamén dan libros!


Levábamos varios cursos dedicándolle unha semana completa a temas como a paz, a natureza, a ecoloxía, etc. Sin embargo, este ano decidimos celebrar por separado o Día da Paz, considerando que merecía maior atención. Inspirándonos no proxecto “Latas pola paz”, todos os rapaces do cole trouxeron a súa lata que prepararon para podela tocar polos dous lados e decorárona nas clases con motivos axeitados alusivos a este día. Ana, na clase de música, aprendeulles a canción que tamén podía ser vista no vídeo colgado na nosa páxina web. A profe Isabel nas clases de Ed. Física preparou unhas imaxinativas esculturas que representaban diversos símbolos da paz. Ao mesmo tempo, na aula de relixión a profe Cristina preparaba uns preciosos antefaces que simbolizaban a dualidade bondade / maldade, guerra / paz. Como vedes, todo o colexio estaba implicado no proxecto. Por fin, o xoves 30 de xaneiro chegou o gran día. Primeiro estivemos na biblioteca vendo unha presentación adornada coas voces de Lorena e Óscar de 6º. Logo no pavillón fixemos a gran “latucada” e recreamos as nosas artísticas esculturas.


OS BICHIÑOS Caracol, sae da col, que hai que tomar o sol. Abelliña, sae da túa colmeíña que estás maliña. O oso e o raposo beben auga do foso. O saltón fai relixión saltando nun cartón e cantando unha canción. Andrea

A BOLBORETA A bolboreta é amarela. Ten unha estrela de cor vermella. Pousada nunha arandela baténdolle o sol, a sombra é fermosa coma unha rosa. Adrián

A VIDA DE PEPE VILARIÑO Pepe de Vilariño ao que lle gustaba ir ao muíño alí na Ponte Gafín, esperaba un sen fin, a chegada do mes de abril. Gustábanlle as pontes, e escribía sobre os montes, e coidaba das vacas, traballaba na leira e gústalle moito ir á feira. Para crego ía pero non quería, xa que lle gustaba a poesía Nuria

O MAGO VELLO Érase unha vez un mago que era vello. Tiña un anel máxico. Un neno que era novo rouboulle o anel máxico. O neno cada vez facíase máis grande con moito poder. Quería todo o mundo para el, o mago díxolle á xente que había que paralo. O mago tiña unha gata que se chamaba Novedades e ... derrotaron ao neno! O neno pediu perdón: "Síntoo moito, non o volverei facer. Podo ser o teu aprendiz, por favor?". O mago contestou "si". Fátima

A COMPETICIÓN MARIÑA Érase unha vez un golfiño que vivía nun mar. Cada cinco anos celebrábase unha carreira de obstáculos e o golfiño sempre gañaba. Para a carreira faltaban cinco días e o golfiño estaba adestrando. El era moi fachendoso e se perdía enfadábase. El para gañar sempre comía ben, facía exercicio e durmía ben. -Como sempre gaño non fai falta que coma, faga exercicio e durma ben. Así que comeu mal, non fixo exercicio e non durmiu ben. E chegou o día da carreira. Empezaron a correr e o golfiño ía o último e quixo correr máis pero non podía porque non comeu ben, non durmiu ben e non fixo exercicio, e o golfiño preguntouse: -Por que non poido correr tan rápido como os outros anos? Ao final o golfiño quedou último e nunca máis volveu a presumir de ser o máis rápido de todo o mar.

Jorge


O ELEFANTIÑO E A ESTRELA Érase unha vez un elefantiño que vivía na selva. Unha noite o elefantiño foi pasear e de repente caeu unha estrela do ceo. Pola mañá unha voz que saía do ceo dicíalle: -Elefantiño, leva a estrela a aquela montaña. O elefantiño contestou: -Si, fareino. O elefantiño comezou a andar e atopou unha serpe xigante que lle dixo: -Que é esa cousiña tan brillante? -Isto é unha estrela. A serpe púxose a rir. -Ja, ja,ja. E o elefantiño seguiu camiñando cando de repente un tigre saiu de entre as herbas e dixo: -Que levas aí, elefantiño? -Eu levo unha estrela. -Si? -dixo o tigre. -Dama ou quítocha. O elefantiño correu e correu ata que chegou á praia e alí encontrou á balea e pediulle que o levase ao cantil máis próximo á montaña. A balea accedeu a levalo, nadou e nadou ata que chegaron. O elefantiño trepou e trepou. E xusto a tempo que xa se ía facer de noite. José Gómez

O ESQUÍO PERDIDO Érase unha vez un esquío pequecho que foi pasear coa súa nai ao bosque. Mentres a súa nai recollía abelás, o esquío escapou e perdeuse. Tiña medo, oiu unha voz ao lonxe. Foi correndo e coñeceu a un bufo que estaba durmindo e o esquío preguntoulle: -Ola señor bufo, pódeme dicir onde está a miña nai? -Pois claro que si! Está nunha árbore buscándote. -Pero ... por onde teño que ir? -Pola dereita. -Moitas grazas, señor bufo! -De nada! -Mamá, mamá!!! -Por fin te atopo, meu filliño! Disfrutade o conto! Lucía Barbeito

O ANEL MÁXICO Érase unha vez nun pobo, unha avoa que tiña un anel. O anel ao poñelo no dedo voltábase máxico e podíanselle pedir cousas e concedíachas. A avoa usaba o anel para axudar á xente que o necesitaba. Un día, cando a avoa se fixo velliña regaloulle o anel á súa neta. Pero no pobo había un home vello e moi malo e un día, mentres a nena durmía, rouboulle o anel. O primeiro que lle pediu foi que o fixese novo e o anel concedeullo. Despois empeza a pedirlle moitas cousas e tamén llas concedeu. Pero despois, como era tan malo, pediulle cousas malas para a xente do pobo e daquela o anel, como era máxico, deuse de conta que iso non estaba ben e sacoulle as cousas que tiña e deulle as cousas malas que pedía para os demais. E o home, cando se viu outra vez vello e coas cousas malas que lle pedía para a outra xente, colleu e devolveulle o anel á nena e a nena gardouno e díxolle que o anel só facía cousas boas, porque se es malo aínda que teñas moitas cousas ninguén te quere. E a nena foi moi feliz e, aínda que nunca lle pediu nada ao anel, gardouno con moito cariño. E o home aprendeu a ser bo coa outra xente do pobo e viviron todos moi felices. Laura Gil Silveira


O MEU GATO LAMBÓN O meu gato lambón comeu o xamón, saltoume á mesa e rompeume o xarrón. O meu gato lambón a comerme un rixón. O meu gato lambón lava a cara con xabón, o meu gato lambón pinta as uñas cun tizón. Iago LINDA Linda que me es, cos teus ollos de cristal, mírame ben, non me mires mal. Se os teus ollos me mirasen como eu te miro a ti, non correrían as bágoas polo río Sil. Lucía F G A VIAXE Marchei de viaxe e fun a África. Cando vin de volta traballei nunha fábrica. Estiven alí cinco días e coñecín moita xente. A xente era famosa, tamén guapa e intelixente. Os días anteriores non durmín nada, pero alá un pouco durmín aínda que estivera interesada. Estes días de verán xa estou máis tranquila, porque mirando ós paxariños tomei unha pouquiña tila. Nuria García

RAP!!! O colexio de Ordes está feito un desorde ... O colexio do Mesón está feito un gañador. Os profes son valentes e os nenos diferentes ... A miña profesora é das que máis molan ... Antonio o orientador é o que berra mogollón ... A comida do comedor é todo un sorpresónnn ... E tamén temos momentos de corazón coa nosa profesora de relixión. No colexio do Mesón somos do mellor, nenos e nenas, estudosos e cariñosos. A encargada da biblioteca chámase Lucía, é moi divertida e boa amiga. Martín Dono Candal O OSO PANDA Estando no zoo vin algo negro e branco, unha especie de oso, que se estaba acercando. Era moi bonito e regordechiño, tamén cariñoso, por iso o chamaban Amoroso. Bambú para o almorzo, bambú para este oso moi goloso. Ana Gómez

A POBRIÑA DA LÚA A pobriña lúa quere casar, pero non atopa mozo para casar. A pobriña da lúa quere bailar pero non atopa mozo para bailar. Chora que chora sen parar, non ten quen a queira para casar. Chora que chora sen parar, non ten quen a queira para bailar. Vestida de festa sae pasear buscando ao seu mozo para casar. Busca toda a noite sen parar un mozo ben guapo que queira casar. Despois dalgún tempo de pasear, de pronto encontra con quen casar. Martín Figueira OS MEUS AMIGOS O meu mellor amigo chámase Iago e non é ningún vago. Tamén son amigo de Martín e ás veces é pillín. Diego


O RAPOSO, O CAN E O GATO Érase unha vez un raposo, un can e un gato. Ó raposo, como sabedes, gústanlle as galiñas. O gato e máis o can estaban coidando da casa e das galiñas. O raposo dixo: - Quero ver as galiñas. O can e máis o raposo dixeron: - Non que ti halas de comer. Entón o raposo dixo: - Facemos un trato. - Entón, se as comes eu córtoche as pernas e a lingua cómecha o gato – dixo o can. O raposo empezou a comer as galiñas. O can chamou ó raposo, pero o raposo non contestaba porque tiña a boca chea. De alí a un pouco entraron o can e máis o gato no galiñeiro e dixeron: - Trato é trato. Eu córtoche as pernas e a lingua cómecha o gato. E así foi como acaba esta historia dos tres animaliños. Sahara A.

O LOBO E O RAPOSO Hai tempo, nun bosque, ocorreu algo extraordinario que se vai contar agora. Un lobo de camiño a un lago atopou a un raposo. -Ola! – Dixo o lobo. -Ola. Coñecesme? – dixo o raposo. -Non. Debería coñecerte? – dixo o lobo. -Claro! Eu son o raposo máis famoso do bosque! – mentiu o raposo. -Ben! Eu xa vou para a cova – dixo o lobo. -Chao – dixo o raposo. -Ata mañá – dixo o lobo. Pero como era moi listo engadiu: -Espera! -Que pasa? – dixo o raposo. -Vasme demostrar que es famoso. Mañá pola mañá levareite a onda o xefe lobo –dixo o lobo. -Vale – contestou o raposo. O raposo arrepentiuse. Chegou a mañá seguinte e o raposo estaba moi nervioso. Non sabía que facer! O xefe que coñecía ao verdadeiro raposo famoso, vira como adestraba e púxolle o mesmo percorrido ao raposo mentiroso. O raposo, que non aguantaba mentindo nin un minuto máis dixo: -Non son famoso! Mentín, pero deixádeme ir coa miña familia. O xefe non lle deixou marchar e mandou que o encerraran. O lobo non quixo, dixo que o encerraran a el e non ao raposo. O xefe encerrou ao lobo pero ... arrepentiuse e soltouno. Todos viviron felices con paz e sen guerras! Ana Rivas


Benvidos á clase de inglés. Un ano máis , a data máis importante para nós foi HALLOWEEN. Fixemos unha gran decoración das murallas dun castelo, que por certo logo aproveitamos para variar durante as distintas estacións.

Os nosos vampiros, esqueletos e cabazas daban auténtico espanto. Pero, por suposto, traballamos ao longo de todo o ano. Este curso estamos especialmente alegres porque temos unha pizarra dixital na clase. Así non temos que ir á aula de audiovisuais cada vez que queremos ver un vídeo ou unha canción. Aquí na foto de abaixo vedes aos alumnos de 5 anos na nosa Library.


Este curso fixemos varias saídas: Para empezar, os alumnos de 6º dirixidos polo orientador Antonio e coa axuda do mestre Pablo participaron no 1º Certame de Radio Escolar CamUSCulturae. Lograron estar entre os 13 colexios gañadores -entre 60 participantes- e o premio foi asistir (acompañados dos alumnos de 5º curso) á gala do certame que tivo lugar en Santiago o 13 de febreiro.

En abril os alumnos de 2º e 3º ciclo foron ao Auditorio de Santiago para ver un concerto didáctico chamado "Manifestacións Musicais Lúdicas". Na foto podedes ver aos alumnos de 3º curso esperando todos formais antes de entrar a ver o espectáculo.

Desde a mancomunidade están traballando en valores como a igualdade. Así viñeron varias veces ao colexio e logo, o 1º ciclo, visitaron a biblioteca municipal onde lle contaron un bonito conto: "Titiritesa". O día 4 de xuño os alumnos de primaria fixeron a súa excursión de fin de curso á Granxa Escola BELELLE en Neda, preto de Ferrol, e o día 9 foron os de infantil quen foron ao Aquarium Finisterrae - A Casa dos Peixes. Se queredes ver fotos desas dúas excursións teredes que botarlle unha ollada á nosa páxina web.


MARCOS E ISABEL Un dragón chamado Marcos foi abandonado 4 días despois de nacer no País das Marabillas. Como tiña fame foi ao BOSQUE DAS CHUCHES para comer un rato de chocolate branco. Alí había una nena chamada Isabel que se perdera mentres que o seu pai cortaba árbores de chupachús. Marcos nunca vira un humano, seguiuna sixilosamente ata ter unha idea: para ver se era comestible ou non, e mordeulle o cu. Pero como non lle gustaba o sabor non a comeu. A Isabel non lle gustou nada iso e deu a volta, deu un salto e marchou. Cando pasou un anaco, Isabel sentiuse triste porque o dragón lle daba pena, aínda que tamén sentía medo. Sen embargo, intentou ser a súa amiga e o dragón púxose moi contento e nunca máis se separaran. Lara G M

O CABALO VOADOR Érase unha vez un cabalo salvaxe que un día achegouse á porta dunha casa na que vivían un rapaz, a súa nai e o seu pai. O rapaz saiu da casa e viu o cabalo alí deitado e viuno cunha cara como se tivera moita fame e deulle un pouco de pan. Cando o acabou de comer, o cabalo marchou. Pero ao día seguinte o cabalo volvía a estar alí. O rapaz volveulle a dar pan e o cabalo volveu a marchar pero non coma a outra, senón voando. Abel

O PIRATA MALDITO Érase una vez un pirata que naceu no ano 1808 e chamábase Pata de Ouro. Un día, despois de derrotar a uns piratas, como era costume, foise a tomar unha xerra de cervexa. Pata de Ouro foise cos seus axudantes á taberna. Cando estaban servindo a cervexa empezaron a dispararlle aos seus axudantes. Mataron a todos menos a Pata de Ouro. Ao regresar ao seu barco encontrou unha mensaxe nunha botella. Poñía que nunca máis podería gañar unha batalla. El pensou que era unha broma. Unha semana despois enfrontouse aos piratas máis débiles de todos os mares. Non puido con eles e ao final vencérono. Despois doutras 30 batallas, seguía perdendo as batallas e xa cría na mensaxe. Nunha illa viu uns homes tomando cervexa. Eles preguntáronlle se era Pata de Ouro porque eles foran os que escribiron a mensaxe. Brais Silva García


DÍA DAS LETRAS GALEGAS O dezasete de maio celebramos o Día das Letras Galegas no que os galegos e galegas todos nos xuntamos. Ese día todos cantamos e o noso himno tan prezado e tamén tan agrazado e del nós nos alegramos. Sabela García García XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Xosé Mª Díaz Castro escribiu sobre un castro. Ao Roncudo viaxou e cuns percebes xantou. Cando se cansou ao cole do Mesón viaxou. Para celebrar o seu día a todos os nenos invitou. Alba Rodríguez López

MANUEL O PASTELEIRO A Manuel gustáballe o pastel. Comíao ao lado dun candibel gastado. Manuel afameado, volvíase cara ó pastel e mirábao como se fose un cascabel. Kevin Graña Suárez O ESPAZO A Terra, a Lúa son dous astros de moita fermosura. Atópanse no Sistema Solar. Á Vía Láctea pertencen todos estes amigos que nos enriquecen. Outros máis hai que nomear como Marte, Xúpiter e Saturno. Todos teñen algún satélite e un Sol moi diurno Manuel Rama Villasenín OS OLLOS Cos ollos miro flores, cos ollos miro cores. Ollos, olliños, moi ben feitiños.

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Foi un autor que un único libro el publicou. Chamoulle “Nimbos”. El lle puxo o nome, tan bonito e discreto como era ese home. Jennifer Fariña Pallas

Cos ollos miro mares, cos ollos miro ríos. Ollos, olliños, moi bonitiños. Hugo Valencia


ROSALÍA E XOSÉ Mª Rosalía traballa e traballa na súa bonita franquicia para facer poemas a toda Galicia. Rosalía, Rosalía fai poemas sen parar para a todos os galegos poder namorar. As estrelas bailaban, o ceo ri mentres Xosé María lle dedicaba un poema a mesmísima Rosalía. O esquío toca a gaita, o oso o tambor, para que Xosé Mª e Rosalía fagan poemas de amor. Pablo Mouriño Gómez XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO Este hermoso ano o coello canta. Este hermoso ano porque lle encanta. Un día fun de romaría e pasei por Guitiriz. Alí estaba Xosé María rascando o nariz. David Prego A MONA TOLA Esta era a mona que estaba moi tola. Era moi refinada por ser moi calada. Esta era a mona que ría a todas horas, botaba garagalladas por ver tantas mallas. Esta era a mona que adoraba as Letras Galegas, tiña dentes como perlas pero non as súas orellas. Viktor Samuel

AS ESTACIÓNS A primavera é bonita, a primavera é especial, a primavera gústame moito, a primavera namórame máis. O verán espera que marche a primavera, o verán esperando é un reloxo facendo tic-tac. O outono, o outono cúbrese coa bufanda porque o frío do inverno está a chegar. O inverno é un copo de neve, é como unha luz branca que empeza a brillar como o sol sen parar. Lorena A MIÑA SEMANA Onte foi luns e cromos só teño uns. Onte foi martes e fun a Marte. Onte foi mércores e comprei as cores. Onte foi xoves e ti mellor que cobres. Onte foi venres e ese día ti non suspendes. Onte foi sábado e xoguei ao ábaco. Onte foi domingo e ti xogaches comigo. Fabio Louro

AS ESTACIÓNS O verán é soleado, o verán está vivo como se fose un neno, como se fose un amigo. No outono hai vento, no outono hai follas, comemos castañas cocidas nas potas. No inverno hai frío, no inverno hai folerpas e eu sempre xogo nas brancas herbas. Na primavera hai pole, na primavera hai flores brancas, azuis e negras, con distintos olores. Joel Méndez Madueño AS ESTACIÓNS As estacións pasan rápido, as estacións bonitas son. Unhas son moi divertidas e outras non. O inverno e o outono son aburridas, porque non podes xogar fóra e o sol brilla como unha bombilla. Óscar Queijo A MIÑA SEMAÑA Cando é luns creo en Xesús. Cando é martes vou a Marte. Cando é mércores vexo a peli de “Hércules”. Cando é xoves ti non te moves. Cando é venres a roupa tendes. Cando é sábado sempre nado. Cando é domingo, limpo. Luismi


HERBA VERDE Herba verde, herba verde, bonita paisaxe verde, bonita herba verde, herba verde como a mar. No verán fai calor coma nun bosque que ten lume, no outono ven unha montaña que tiña un pico como un cono.

Árbore verde, árbore verde que ten as follas moi grandes, tan grandes como un edificio e no inverno quedan sen elas.

Carlos AS LETRAS GALEGAS Errado leva o camiño, leva o camiño errado. Sen sabelo e sen dicilo chegan equivocados. Mentres a lúa sorría as Letras Galegas chegaron. Brillando a lúa despediuse como sabe. As estrelas mirábannos e nós sorríamoslles. O día logo se puxo e as estrelas marcharon con luxo. Alba Graña Pena NON ME CHEGA O TEMPO

Non me chegan as horas meu ben, para abrazarte. Non me chega a noite meu ben para bicarte. Non me chega o tempo meu ben, para acariñarte. Non me chega a vida Meu ben, para acocharte. Rodrigo Figueira

O NENO QUE CONSEGUIU O SEU SOÑO Fai moitos anos, nun pobo chamado Vilamaior, había un neno chamado Suso que, de maior, quería ser panadeiro, pero para ser iso tiña que sacar un título e os seus pais non tiñas cartos para pagarlle a universidade. Así que colleu un xornal para mirar teléfonos de traballos e encontrou un número de teléfono; buscaban un empregado para traballar de camareiro nun bar. Gravou o número no seu móbil e chamou ao dono do bar. O xefe do bar contestoulle que ao día seguinte xa podía empezar a traballar. Así que escapou correndo a contarllo aos seus pais. Ao día seguinte Suso xa estaba no bar. O xefe fíxolle unha seña para que se acercase a el e díxolle que empezara a recoller os pratos dos pinchos e os vasos das bebidas. Cando acabou, marchou para a casa para xantar, logo volveu e o xefe deulle o soldo do día. E así tivo que ir tres semanas para aforrar cartos para a universidade. Ao cabo dunhas semanas empezou a sacar o título na universidade e, cando o sacou, empezou a traballar de panadeiro. Ía repartir sempre polas casas. Os veciños estaban contentos pola súa amabilidade e cando tivo os cartos necesarios empezou a montar a súa propia panadería. Pola súa bondade e a súa amabilidade tivo moitos clientes e sempre soubo levar ben o negocio.

David Sánchez Mosquera

UNHA GRAN FAMILIA Érase unha vez un neno chamado Ben que vivía nunha casa encantada, nunha aldea encantada. A súa nai Ruberta, que era maga, tiña un espectáculo ao lado da súa casa. Tiñan diñeiro grazas a ela. O seu pai Antón, que era un superheroe, axudaba e salvaba a todo o país. Tiñan fama grazas a el. Ben non era mago nin superheroe pero era cociñeiro, un gran cociñeiro. Quería ser chef como os que tiña nos libros. Un día Ben díxolle á súa nai: -Mamá, pódesme apuntar a algún concurso de cociñeiro? Pero díxolle que non. Ben foi á súa habitación, pechouna e tirouse na cama a chorar. Antón despechouna e díxolle que fora con el. -A onde imos? -preguntou Ben. -A loitar contra dragóns -díxolle Antón. Ben quedou pampo co que lle dixo seu pai. Na habitación de Antón había unha porta, entraron e había miles de dragóns vermellos ... de todas as cores. Estiveron alí días e noites, meses e meses ... ata que Ben conseguiu montar nun, voando e sen caer. -Moi ben, Ben -díxolle Antón. -Grazas -respondeulle cun sorriso na cara. Ben chamoulle Trono ao dragón. Dende aquel día todos o admiraban, dábanlle moedas e Ben olvidouse do que lle gustaba: ser cociñeiro, máis ben ser chef. Agora son unha familia feliz: unha nai maga, un pai superheroe e un neno domesticador de dragóns. Lorena


En xaneiro viñeron visitarnos María José Martínez e Albino Quinteiro para falarnos dos vermes de seda. Mª José contounos as lendas chinesas sobre a súa orixe, a vida dos vermes e o proceso de fabricación da seda que poidemos ver na nosa biblioteca en directo, xa que Albino fíxonos unha demostración in situ con casulos que traía preparados. Logo, durante varios días gozamos dunha exposición sobre diferentes aspectos do tema: bolboretas, casulos, teas, etc. En marzo recibimos a visita da gran escritora pontevedresa Fina Casalderrey que veu dar unha charla aos alumnos maiores. Fina falounos da súa vida e da súa obra e ensinounos a importancia da sensibilidade e das palabras. Antes de marchar firmounos unha chea de libros e deixounos unha carta de despedida que exhibimos orgullosos na biblioteca.

En maio, para celebrar axeitadamente o Día das LETRAS GALEGAS, asistimos todos os alumnos do cole, desde infantil ata 6º a unha representación dada pola Asociación Musical "Monicreques". O espectáculo consistiu nunha recreación con títeres do conto "O crebanoces" de Ernst T.A. Hoffmann, no que os seus personaxes p viaxaban por diversos países do mundo, todo iso acompañado pola música de Tchaikovski. E como gran fin de festa gozamos dun vals!


Atopa 10 diferencias entre estes dous debuxos. Logo podes colorear o que queiras.

ENCRUCILLADO

1

2

3

4

5

A B C D E HORIZONTAIS A: En Galicia hainas altas e baixas. B: Ata logo.

6

C: 7ª nota musical / En inglés, tecla para encender un obxecto electrónico. D: 2º apelido do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. E: Ao revés, casa noble. VERTICAIS 1: Noxo. 2: 1º apelido do autor homenaxeado. 3: 2ª nota musical / Sociedade Anónima 4: Ao revés, exclamación / Ao revés, Lucía é a profe de ... 5: Ao revés, flor moi común. 6: Sur / lazo, atadura de cordas ou fíos.


Luis Miguel López

Óscar Queijo

Joel Méndez

Alba Graña

Lorena García

David Prego

David Sánchez

Rodrigo Figueira

V. Samuel Nogueira

Carlos García

Pablo Mouriño

Fabio Louro



E unha vez máis... A toda a xente que logrou que a nosa campaña de recollida de alimentos fose un gran éxito:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.