Rúa do Candil 19. Vimianzo 15129. A Coruña Telf – Fax 981 716 059 Correo electrónico: ceip.sanvicenzo@edu.xunta.es
C.E.I.P. “SAN VICENZO”
Fondo Solidario de libros de texto 2015/16 O día 2 de xuño abriuse o prazo para acollerse ao programa de Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2015/2016. Esta é unha información parcial dos aspectos mías importanes da normativa. A información completa pódese atopar no centro, no taboleiro de anuncios situado no vestíbulo de entrada, e tamén poden informarse na secretaría do centro. En internet pódese acceder a esta información no enderezo http://www.edu.xunta.es/ e pódese encher a solicitude en https://sede.xunta.es para logo imprimila e presentala na secretaría. Tamén se colgará esta información na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsanvicenzo/. En que consiste este programa? Todos os alumnos que no curso 2014/2015 adquiriron libros de textos con cargo ás axudas da Xunta terán a obriga de devolver eses libros en bo estado para constituír un banco de libros. Tamén poderán facer aportes voluntarios ao banco de libros as familias que non fixeran uso da axuda da Xunta . Os alumnos de 3º e 5º de primaria poderán utilizar os libros do banco de libros que serán asignados segundo orden de menor a maior reda. Os alumnos con minusvalía igual au superior ao 65% que non poidan usar libros de texto no curso no que estean matriculados poderán acollerse á axuda para adquisición de libros de texto aínda que estean matriculados en 3º e 5º no curso 2015/2016. IMPORTANTE: A falta de devolución dos libros estando obrigado a ela será causa de exclusión da participación no Fondo Solidario. Lugar e prazo: Devolución de libros: entregaranse no centro antes do 19 de xuño. Informarase a cada alumno da relación dos libros que ha de devolver e que se corresponden cos que adquiriu con cargo ás axudas do curso 2014/2015. Solicitude de participación no fondo solidario: Na secretaría do centro antes do 30 de xuño. Prégase sen embargo que se tramite o antes posible para axilizar os trámites. A resolución provisional de admitidos publicarase e exporase na cristaleira de entrada ao centro e/ou na páxina web do centro o 7 de xullo Poderán realizarse reclamacións a esta resolución os días 8 e 9 de xullo. A relación definitiva de admitidos se publicará do meso xeito anterior o día 15 de xullo. Os libros entregaranse aos seus novos usuarios ao inicio do novo curso escolar. Documentación : (referida á situación familiar ou económica a 31 de decembro de 2013): a) Impreso de solicitude que se poderá conseguir nas secretarías dos centros ou descargar e imprimir nas direccións de internet citadas máis arriba. Unha solicitude por alumno.