Protocolo de avaliación da linguaxe espontánea
AVALIACIÓN
1.
DO COMPONENTE FONÉTICO FONOLÓXICO
LINGUAXE DIRIXIDA: DENOMINACIÓN DE PALABRAS a) Obxectivo: observar y avaliar a articulación de palabras con apoio gráfico. b) Material: *
Imaxes (68 imaxes).
*
Folla de rexistro (F-1).
*
Folla de análise: denominación de palabras, imitación de palabras e conversa (F-3).
c) Aplicación: a especialista mostra as imaxes para que o alumno-a as nomee. Non se debe realizar ningún tipo de corrección.
2. LINGUAXE REPETIDA: IMITACIÓN DE PALABRAS a) Obxectivo: observar e avaliar a capacidade discriminativa nos diferentes sons que percibe e a articulación na linguaxe repetida. b) Material: *
Folla de rexistro (F-1).
*
Folla de análise: denominación de palabras, imitación de palabras e conversa (F-3).
c) Aplicación: a especialista irá pronunciado as palabras con emisión clara para que o alumno-a as repita.
3. LINGUAXE ESPONTÁNEA: CONVERSA. a) Obxectivo: observar e avaliar a linguaxe espontánea. b) Material: *
Folla de rexistro (F-2).
*
Folla de análise: denominación de palabras, imitación de palabras e conversa (F-3).
c) Aplicación: a especialista iniciará unha conversa sobre un tema de interese para o alumno-a e gravará polo menos 5 minutos, ou u tempo que se estime necesario, para ter unha mostra suficiente. A gravación será revisada e rexistraranse só os erros. Primeiro na folla de rexistro e despois na folla de análise.
1