Periodico

Page 1



CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

O mércores 15 de Xuño os alumnos de 6º dramatizaron os contos Room on the broom e The Gruffalo da autora Julia Donaldon e o ilustrador Axel Scheffler.

3


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Este é un conto que trata dun ratiño que consegue enganar aos animais que o queren comer . O ratiño inventa a historia dun grúfalo que ao final existe de verdade. Ou non??

Este conto trata sobre os valores da solidariedade e a amizade entre os animais e a bruxa. Ambos os dous contos foron dramatizados en inglés . Os destinatarios foron os/as alumnos/as de 1º a 5º de Educación Primaria. Despois de moitos ensaios, as representacións foron un éxito. 4


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Despois da actuación , os alumnos de 5º fixeron a descripción do grúfalo.

He has terrible tusks And terrible claws And terrible teeth In his terrible jaws.

He has knobbly knees and turned-out toes And a poisonous wart At the end of his nose

His eyes are orange. His tongue is black. He has purple prickles all over his back.

5


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Chámome María Curie María Curie nacín o 7 de Novembro 1867. Meus pais eran mestres de física, por iso desde pequena gústame ler moito e era unha súper estudante. Eu fun a estudante máis intelixente da escola, ademais falaba catro linguas, cando tiña 24 anos fun a París e me matriculei na Universidade da Sorbona para estudar matemáticas e ciencias naturais. E era cando coñecín a Pierre Curie un mestre de física, moi intelixente. Primeiro fixémonos amigos e despois casamos. Xunto con Pierre, descubrín un elemento químico: o radio, e grazas ao descubrimento destes elementos, fun a primeira muller en ter un Premio Nobel que é un premio moi importante e unicamente llo entregan aos descubrimentos marabillosos e non gañei un só premio senón dous, e grazas a iso púidenlle mostrar a todo o mundo que as nenas e as mulleres somos capaces de alcanzar cousas extraordinarias se nolo propoñemos. Eu morrín pola radiactividade o 4 de xullo de 1934, fun enterrada xunto a Pierre. Chámome Cleopatra Cleopatra Filopator Nea thea naceu en Exipto, na cidade de Alexandría. Alexandro Magno era o seu pai, que fundou dita cidade. A Cleopatra gustáballe moito ler libros sobre todo no Museión que era o museo de Alexandría. Dito museo tiña unha biblioteca dentro. No ano 51 a. C. morreu o seu pai e casou con Ptolomeo XIV. Tivo tres fillos con Marco Antonio: Cleopatra Selenio, Alexandro Helio, e Ptolomeo Philadelphus. Morreu xunto con Marco Antonio no ano 30 a. C.

Chámome Alexandro Magno Eu era fillo de Felipe II, aínda que so vivín trinta e tres anos. Levantei un gran imperio e tamén fundei unha cidade do norte de Exipto, que tivo a biblioteca máis grande da Terra, e un faro que os sabios dicían que iso era unha das sete marabillas. Eu nacín a mediados do século IV a.C. en Macedonia. Visitei algúns lugares como a India. Tamén participei en varias batallas, pero morrín o trinta de Xullo do ano 323a.C., e non puiden rematar o traballo que estaba facendo.

Chámome Leonardo Da Vinci LEONARDO DA VINCI é do pobo de Toscana, no centro de Italia. Leonardo foi pintor, escultor, enxeñeiro , arquitecto, inventor é escritor. Quizás foi na escultura e a pintura onde máis destacou. Das súas pinturas destaca a Mona Lisa. É un retrato que imprime a Gioconda de Francia.

6


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Chámome Teresa de Calcuta Teresa de Calcuta naceu en Skopje, a súa nai desenvolveu boa parte da súa obra na India, asistindo aos pobres e enfermos de superpoboados. Aínda que de aspecto físico insignificante,esta muller encarnou algúns dos máis altos valores que dignifican o ser humano: compaixón, xenerosidade, solidariedade, respecto polas crenzas dos demais, alegría e esperanza e iso por encima das súas profundas crenzas relixiosas persoais, que lle proporcionaron a fe e o vigor necesario para acometer unha das obras sociais máis dignas da admiración do século XX. En contra da súa vontade, en 1979 concedéuselle o premio Nobel da Paz, e en Outubro do 2003 foi beatificada pola súa santidade o Papa Xoan Pablo II. Chámome Agatha Christie Agatha naceu nun soleado 15 de setembro de 1890 en Torquay.O seu pai morreu cando ela tiña once anos. Cando tiña dezaseis anos estudou canto, danza e piano. No 1912 coñeceu a Archibald Christie e dous anos despois casaron. A voda coincidiu coa primeira guerra mundial. Eles tiveron una filla chamada Rosalind. A nai dela enfermou e faleceu ao pouco tempo. No ano 1930 foise a Irak onde coñeceu a May Mallowan. En total, escribiu 17 obras teatrais, 80 novelas policíacas, e o resto novela rosa. En 1976 o 12 de xaneiro morreu.Tiña oitenta e cinco anos. Enterrárona na igrexa de Saint Mary en Cholsey. Chámome Vicent Van Gogh Vicent Van Gogh ao largo da sua vida foi moitas cousas: marchante de arte , predicador nunha rexión mineira , profesor de idiomas , vendedor de libros . . . pero a súa verdadeira paixón foi pintar. Soíanlle chamar “o tolo do cabelo vermello”. O de vermello e porque naceu co cabelo vermello e o de tolo é polas súas pinturas, porque facía uns trazos alocados. Naceu o 30 de marzo de 1853 nun pequeno pobo Holandés. Seus pais chamábanse Theodorus e Anna Cornelia. Eran seis irmáns: Theodorus, Cornelius, Anna, Elizabeth e Wilhelmina. Cando se fixo maior pouco a pouco foi descubrindo moitas cousas sobre a arte e desde alí empezou a facer montóns de cadros.Finalmente pasados uns anos o 27 de xullo de 1890 morreu por unha enfermidade mental . Chámome Charles Chaplin Foi un gran actor que fixo un montón de películas , románticas, de humor, tristeza. Naceu o 16 de abril de 1889 en Londres. Cando era pequeno o pai abandonou a nai , el estivo 14 anos bailando na rúa para manterse e á súa familia. E como gran actor, unha empresa o mandou a os Estados Unidos, triunfou na segunda actuación. Tamén inventou un personaxe chamado Charlot que foi moi popular. Estivo cambiando moito de empresa pola gran cantidade de diñeiro que lle ían ofrecendo. El morreu en Suíza en 1997 aos 80 anos de idade.

7


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Chámome CRISTOBAL COLON Antes de que nacera Cristobal Colón, so existía o Mar Mediterráneo. Cando naceu xa se exploraron algunhas illas do Océano Atlántico, a Cristóbal Colón gustáballe moito ver como exploraban algunhas illas do Océano Atlántico. Para os pais de Cristobal Colon so existía o mar Mediterráneo . Pero Cristobal Colon, quixo internarse máis lonxe de terra firme, despois todos seguiron o seu exemplo . Cristóbal Colon gardou ben a súa identidade, aínda agora se segue buscando: onde naceu, etc . Cando tiña vintecinco anos críase capaz de facer todo. Casouse con Filipa Moniz. Chegada a España : Cantos intereses se formaron para que el descubrise o novo mundo. Cerca de Granada: A súa segunda guerra foi a principios de 1499 pero foise de Granada decepcionado. Cristobal tivo un accidente e morreu. Chámome Charles Darwin Charles Robert Darwin naceu en Shrewsbury. Gústalle a química e colecciona moedas, caracois mariños ... Cómo non aprendía nada o pai mandouno a universidade. Era vo cazador de escaravellos. E lle fixeron unha proposta de ir a bordo do Beagle. EL decidiu ir, e a súa misión era buscar mostras, fotografías, animais... En 1832 desembarcaron en San Salvador onde recolleu algunhas mostras. Despois foi a América do Sur onde investigou sobre os arrecifes de coral. Logo a Galápagos onde hai tartarugas, iguanas e pinzóns. Tamén visitou Thaití onde mira mamíferos, e moitos seres vivos. O 29 de 1839 casa coa súa prima Enma. Tamén fixo un caderno de como cambian as especies. Estudou moito sobre a selección natural. Instalouse nunha casa de campo. Algunhas persoas no crían en Charles Darwin, sería porque deixou de crer na Biblia. Morre o 18 de abril de 1882, está enterrado en abadía de Westminster entre tumbas de reis, primeiros ministros e grandes científicos. Chámome John Lennon John Lennon naceu en Liverpool, e era una persoa moi famosa por pertencer e ser fundador dos Beatles, un grupo de rock que revolucionou o mundo da música. Despois de moitos anos da súa desaparición aínda teñen moitos fans. Casou con Yoko Ono e xuntos emprenderon a súa loita pola paz, de aí sae a súa canción Imagine. Dita canción era un himno pacifista. Estivo un tempo separado da súa muller pero volveron a facer a súa vida e de aí nace o seu fillo Sean; e 5 anos máis tarde en 1980 foi un día moi triste para todo o mundo, John Lennon foi asasinado no portal da súa casa. O bo de todo isto é que aínda hoxe en día, séguese escoitando música del e ese é un recordo para todos.

8


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Chámome Julio Verme Nado en Nantes, nunha cidade do noroeste de Francia, Julio Verne fixo soñar a millóns de nenos, xóvenes e adultos coas súas obras. Quen non leu nalgún momento Cinco semanas en globo, Da terra á lúa, Vinte mil leguas de viaxe submarina ou A volta ao mundo en oitenta días? A súa paixón polos libros e súa capacidade para imaxinar situacións, personaxes, lugares, artefactos ou vehículos do futuro leváronlle a ser considerado o percusor da ciencia ficción. Lede a Julio Verne é embarcarse nunha fabulosa aventura, repleta de sorpresas, emocións, riscos e exotismo. Chámome Mozart Era un pianista que lle encantaba a música. Súa irmá chamábase Narel que sempre tocaba con el. O seu pai quería que Mozart fora o máis listo de todos en compoñer música, e cando Mozart tiña 11 anos levouno a tocar por todos os países pero nun non lle deixaban porque era moi pequeno, entonces o neno demostrou o que sabía para que así puidera convencelos. De maior foi o mellor compositor coñecido por todo o mundo. Chámome Nelson Mandela Mandela naceu en Mvezo en 1918,cando foi maior uniuse ao Congreso Nacional Africano (CNA), alí coñeceu a Evelyn Ntoko Mase. Anos máis tarde o Partido Nacional Africano gaña as eleccións e crea o Apartheid, que separaba a negros e brancos. Despois separouse da súa esposa e casou con Winie Mandela. El participou en actos armados debido a iso fíxose o Xuicio de Rivona, no que foi condenado a cadea perpetua. Abriuse unha campaña co nome liberade a Mandela. De Clerk o presidente díxolle que lle deixaba libre se non usaban armas, primeiro dixo que non pero despois aceptou. Máis tarde o (CNA) gaña as eleccións e Mandela é presidente nese tempo o Apartheid desapareceu. Unha vez Súdafrica ganou a Copa Mundial de Rugby. Mandela tamén escribiu unha biografía. E volveuse a casar con Graça Simbine. Máis tarde a ONU nomeou o 18 do xullo “Día de Nelson Mandela”. Finalmente Mandela morreu con 90 por problemas respiratorios. Chámome Beethoven Beethoven naceu en Bonn (Alemaña ). Tocou por primeira vez en público aos 7 anos. Convertese en organista da corte. Visita Viena e toma clases co compositor Mozart. Compón dúas cantatas e un ballet. Deixa Bonn e vaise vivir a Viena (Austria). Estuda cos músicos Haydn, Albrechtsberger e Antonio Salieri. Escribe tres tríos para piano. Empeza a ter sordera. Comeza a compoñer sinfonías, e na novena da o seu último concerto como pianista. Logo, anos máis tarde, visita ao seu irmán e cando volve ponse peor. O día 26 de marzo de 1827 morre. Chámome Marco Polo Marco Polo naceu en Venecia (Italia) , nos seus tempos viaxar era moi peligroso. Cando so tiña 17 anos seu pai Niccoló, o seu tío Matteo e él foron a China a xunto Kublai Khan, e con el estivo outros 17 anos ao seu apego e tamén as súas ordes . Cando volveron de China o tío Marco falecera e o gran Khan tamén , foi unha pena moi grande. Pero Marco Polo encontrou unha amada chamada Donata e con ela tivo tres fillas : Fantina, Bellela e Moretta. 9


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Ao longo do 2º trimestre, e parte do 3º, o alumnado da aula mixta de 5º-6º de Infantil traballamos nun proxecto que empregou a escultura como elemento motivador. Comezamos experimentando coa plastilina e estes foron algúns dos resultados

Coñecemos algunhas das técnicas : tallar , imprimir, modelar e vaciar . Para poñelas en práctica elaboramos primeiro un boceto da escultura que queríamos obter e logo puxémonos mans á obra. Aquí podedes ver como tallamos e pintamos un bloque de esponxa empregando como instrumento un mondadentes longo.

Para imprimir empregamos diferentes siluetas sobre un bloque,neste caso, empregando como material a plastilina, e para modelar unha pasta de cerámica fría

10


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

A técnica do vaciado foi todo unha experiencia!! Encantounos elaborar a pasta para verter nos moldes e tamén para facer papel reciclado ( empregámolo para realizar a portada do proxecto )

Para a elaboración dunha escultura con material de refugallo botamos man das nosas familias… quedaron tan fermosas que pareceunos unha boa idea poner en funcionamento unha exposición cos traballos realizados.

11


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Traballamos en pequenos grupos con materiais descoñecidos para nós : limpapipas e “porexpan” . Para conseguir obter un “grupo escultórico” como os que podedes ver a continuación, primeiro modelamos o limpapipas,cada un o seu, e despois colocámolos sobre unha base e puxémoslle un nome.

Na escultura de “porexpan” tiñamos que poñernos dacordo sobre o que queríamos construir e como iamos construilo… non foi nada doado,pero ao final conseguímolo !!!

Para rematar co proxecto da escultura, decidimos facer unha entre todos… para iso houbo que : facer proposta de ideas e votar a que máis nos gustou, facer un boceto, experimentar co material, e obter este resultado :)

ALUMNADO DA AULA MIXTA 5º-6º INFANTIL

12


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Non só celebramos os aniversarios do mes., tamén celebramos coñecer e aprender que dereitos e deberes temos .

13


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Traballamos a escultura e ao fin visitamos a Illa das Esculturas 14


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Storytelling Class 1

Os alumnos de 1º de Primaria contáronlles un conto en inglés aos compañeiros de Educación Infantil e 2º de Primaria. O conto está basado no libro Dear Zoo de Rod Campbell.

Nestas fotos observamos a varios nenos/as presentando un animal do conto. O alumnado aprendeu vocabulario relacionado con animais do zoo (camel, lion, tiger, leopard, snake, crocodile, kangaroo, giraffe, elephant…) e con mascotas (parrot, dog). Na aula os nenos decoraron e pintaron as caixas onde estaban gardados os animais. Outra actividade foi debuxar o seu animal favorito.

16


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Storytelling in English. Class 4. . A clase de 4º contou e cantou o conto The animal boggie da editorial Barefoot Books ao alumnado de 1º,2º e 3º de E. Primaria. Ademais de aprender novo vocabulario, os alumnos pasaron un rato divertido cantando e bailando.

A música tan pegadiza fixo que case todos se animaran a bailar o boggie-boggie . Posteriormente, os alumnos/as de 1º e 2º realizaron debuxos dos animais protagonistas do conto.(foto mural)

17


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

BERENGUELA. MANUEL MARÍA. TEATRO, 4º PRIMARIA- 2016 (MÚSICA: O SON DO AR DE LUAR NA LUBRE) Narrador: A nosa obra titúlase Berenguela.Trátase das aventuras e desventuras dunha Espiña de Toxo. O seu autor: Manuel María.

Folla de Carballo (Lucía): Son a Folla de Carballo agarimada do aire. A leve pinga de orballo sobre mín se vén pousar. Espiña de Toxo (Valentina): Eu son a Espiña de Toxo, espiña de toxo arnal. Aínda que teño cara fera nunca fixen ningún mal. Folla de Carballo: Feridora, fera, mancas o aire co teu xeito de agulla. As andoriñas foxen de ti. Eu son mol. Doulle pousada aos paxaros. Espiña de Toxo : Teño feitura de agulla porque así son máis delgada. Só por iso. Folla de Carballo: Todo o mundo che ten medo. Espiña de Toxo: Eu gardo e protexo as miñas flores amarelas. As miñas flores, para que saibas, son o sorriso da primavera. Os paxariños son os meus amigos. Folla de Carballo: Ti non tes amigos. Soñas esperta. Espiña de Toxo: Co meu cóitelo afiado firo o azul da mañá. O aire queda cortado, e faise entón a claridade. Folla de Carballo: Tes un coitelo! Estás armada para facer o mal. Espiña de Toxo: Eu son así. Non fago mal a ningúen. E quero ser a túa amiga Folla de Carballo: Imposible!

Espiña de Toxo: Por que…?

Folla de Carballo: Porque non.

Espiña de Toxo: Iso non é razón.

Folla de Carballo: Son unha señora/ moi señoreada,/amiga do vento / e máis da xeada. Eu estou no alto/ nun trono sentada./Ti estás no chan/ e non vales nada! Espiña de Toxo: Pamplinas!

Folla de Carballo: Envexa! Tesme envexa!

Espiña de Toxo: Non, non teño envexa. Non me cambio por ningunha folla de carballo. Folla de Carballo: Que máis quixeras ti! Espiña de Toxo: Presumida! 18


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Folla de Carballo: Fáltasme ao respecto! A min que son unha Señora Folla de Carballo! Espiña de Toxo: Eu non che falto . Non sexas trapalleira. Es ti que me tiras do xenio. Folla de Carballo: Cala, famenta que te esgano! Ríllote cos meus dentes de serra! Espiña de Toxo: Que medo! Atrévete abusona! Folla de Carballo: Señor Garda! A Espiña vaime esfolar! Espiña: Eu non fixen tal cousa!

Garda (Manuel): Cala que te mallo! Mira que quereres esfolar á Folliña de Carballo! Espiña de Toxo( Miriam): Perdoe , Señor Garda. Eu non fixen nada malo. Foi ela quen me acometeu. Garda: Cousa máis cativa endexamais vin. Es unha espiña feroz e ruín! Espiña de Toxo: Non fixen nada malo! Eu nunca me metín con ninguén! Garda: Agora veste perdidiña e fas a mosca morta. As espiñas espiñades. Non é certo? Espiña de Toxo: Eu non espiño a ninguén. Son boa e pacífica. Garda: Si…? Imos ver. Ti vas á misa…? Espiña de Toxo: Non. Garda: Pagas a Contribución? Fixeches ao servizo militar? Espiña de Toxo: Non. Garda: E aínda dis que es boa? Espiña de Toxo: É que eu non son unha persoa, que son unha espiña. Garda: Logo se es unha espiña, es mala. Espiña d e Toxo: E dálle! Garda: Sen faltar, eh! Se me dá a gana mexo por ti! Para iso son o garda!

19


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Espiña de Toxo: Sí, señor Garda. Garda: Arreando! Alá imos xunto do Xuíz! Espiña de Toxo: Teña piedade de min, non fixen nada! O que fixen foi defenderme. Garda: Todos os criminosos sodes uns caralavadas! Se non vos coñecera eu! Arreando! Que veña, que veña o señor Xuíz! Xuíz (Andrea): Como te chamas? Espiña de Toxo (Miriam): Chámome Berenguela. O codeso é o meu padrino e a xesta a miña madriña. Aínda que non sei se será ao revés… Xuíz: Iso non me interesa. Respóndeme si ou non ao que che pregunto. Espiña de Toxo: Sí, Señor Xuíz… Xuíz: Así que lle pegaches á Folla de Carballo, eh? A pobre non ten con que defenderse, E ti… Espiña de Toxo: Eu, Señor Xuíz… Xuíz: Ti calas! Eu son o Xuíz e, polo tanto, quen fala. Entendiches? Espiña de Toxo: Sí, Señor Xuíz. Xuíz: Despois de atacar á infeliz Folla de Carballo aínda tes a caradura de replicarme? Espiña de Toxo: Eu non replicaba. Xuíz: Non eh…? E logo non me estás a replicar? A min, que son o Xuíz! Aínda o negas! Estou perdendo a paciencia.E non me cabrees. Como me cabrees heiche dar para o cabelo. ( Agárralle dos pelos á Espiña de Toxo). Espiña de Toxo: Eu… Eu non fixen nada! Xuíz: Es teimuda! Aínda te atreves a mentir diante de min! Maleducada! Larpeira! Espiña de Toxo: Clemencia e Perdón, Señor Xuíz! Xuíz: Agora mudas de trécola porque te ves perdida. Vou facer un escarmento exemplar. (Fai unha pausa). Voute mandar a xunto do Alcalde para que che dea unhas leccións de cidadanía, a ver se sacamos algún proveito de ti, cousa que dubido. Alcalde (Pedro): Eu son o Alcalde dono da alcaldía. E se quero déixote sen cidadanía… E, ademais expúlsote da cidade. Espiña de Toxo (Miriam): Sí, señor Alcalde.

20


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Alcalde: Imos ver. Ti estás no censo? Espiña de Toxo: Sí, señor Alcalde. Estou censada como ben rústico. Alcalde: Ai, logo ben. Pagas o alcantarillado? Espiña de Toxo: Non, señor Alcalde. Alcalde: E a recollida de porcallada? Espiña de Toxo: Non, señor Alcalde. Alcalde: E pagas os dereitos de voladizos? Espiña de Toxo: Non, señor Alcalde. Alcalde: E a baixada de canalóns? Espiña de Toxo: Non, señor Alcalde. Alcalde: Non, señor Alcalde; non señor Alcalde! Que non nin que puñetas! Mentireira Espiña de Toxo: Eu non teño casa nin ando pola cidade. Servidora vive no monte. Alcalde: O que es ti é unha anarquista, unha separatista, unha vagamunda, unha espiña de malvivir. Iso é o que es. Espiña de Toxo: Eu, eu… Alcalde: Señor Recaudador,! (bis) Veña cobrar os trabucos a esta Espiña rebelde!

21


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Recaudador (Nacho): Son recaudador da recaudación/ Encho a miña bolsa e meu bolsón./ Recaudo diñeiro/ contante e cabal,/ sexa de papel/ ou sexa de metal./ Quero que me pagues/ todos o trabucos./ Comigo non valen/ nin mañas nin trucos! Espiña de Toxo: Eu non teño diñeiro. Recaudador: Non, eh…? Non tes quen cho Espiña de Toxo: Eu non. Preste? Recaudador: Non tes unha leira de patacas…, un dente de ouro, unha camisa, unha entrada de fútbol…? Espiña de Toxo: Non, non teño nada. Recaudador: Non é posible! Teño a obriga de cobrarche os trabucos e impostos. Espiña de Toxo: O único que teño é o amarelo das miñas flores. Recaudador: Que pecado! Que herexía meirande! O amarelo das flores non vale nada! Vou chamar polo crego para que esconxure a esta herexe. Señor Crego, señor Crego!

22


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Crego( Xulia): Oh, Espiña de Toxo/ á que ollo con noxo/ no poder do mal,/ no lume infernal,/ Baixo a pouta de Belial!/ celeiro do pecado/ que vas contra o mandado/ sementando a guerra/ pola faz da terra/ ven/ a cen/ polo camiño do ben! Di: AMÉN. Espiña de Toxo (Mar): Amén! Crego: Máis forte! Máis forte! Espiña de Toxo: ( A berros) Amén, amén, amén! Crego: Verdadeiramente esta Espiña ten o demo metido no corpo! Arrenégote Satanás! Dios me lo perdoe Señor! Señor Garda leve a esta Espiña de Toxo que xa me dá noxo! Garda( Nicole): Arrea! Estou desexando perderte de vista e deixarte xa na cadea. Espiña de Toxo: Non tires tanto que me mancas. Garda: Estache ben merecido. Espiña de Toxo: Eu non fixen nada! Garda: Teño que ir beber unhas cuncas a do Carrazúa, á de Covas e a onde me pete. Espiña de Toxo: A moitos lugares vas. Garda: E que teño moita sede. Espiña de Toxo: O que che pasa é que ti es un borrachuzas.

23


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Garda: Eu un borrachuzas? Mide as túas palabras, que son unha autoridade! Espiña de Toxo: Que máis quixeras! Se me deixas fuxir, douche un bocoi de viño. Garda: E onde o tes? Espiña de Toxo: Agora non o teño. Doucho se me deixas fuxir Garda: Olla que es lista. Andando para a cadea! Espiña de Toxo: Eu son inocente! Garda (cantando): Todos comigo: A Espiña é inocente/ inocente/ como o nabo da semente. (Bis)

Todos comigo:

Que veña, que veña o carceleiro!

Carceleiro (Kevin): (Ponlle as esposas á Espiña) Eu son o Carceleiro / da Cadea Principal!/O que custodia o rateiro/ o ladrón e o criminal!/ Espiña tola e ruín,/ Tes cen anos de cadea/ ben gardadiños por min!/ Espiña de Toxo (Laura): Non entendo nada! Eu non me metín con ninguén! A ninguén lle faltei! Que inxustiza máis grande! ( Rompe a chorar e a saloucar). Carceleiro: Non chorabas cando lle atacaches á Folliña de Carballo…eh?! Vas botar cen anos e un día nesta cadea! Espiña de Toxo: Non hai xustiza! Eu non fun contra ninguén! Son de natural pacífico! Carceleiro: Aínda tes que dicir, desvergoñada! Anarquista!, Dexenerada! Separatista! Mentiches ao Xuíz, Burlácheste do Crego, non respectaches ao señor Alcalde, négaste a pagar os trabucos. E dis que non fixeches naaada? Espiña de Toxo: Eu digo a verdade. Non hai dereito ao que facedes comigo! Carceleiro: (Revisando os cadeados) Aí quedas presa e ben presa., atada e ben atada! Eu vou botar un subastado cos meus compadres os gardas! Ha, ha, ha! Espiña de toxo: Ai de min! Ai de min, que son perdidiña! Aquí nesta cadea irei esmorecendo pouco a pouco. Quen me pode axudar? Non sei se o Espírito do monte me escoitará… (Chora con saloucos un bo anaco). 24


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Espírito do Monte ( Pablo Ch. e Pablo G.): Espiña…Espiñiiiiña …Berenguela… Berengueliiiiiña! Espiña de Toxo: Que… que… Quen me chama? Espírito do Monte: Son eu. O espírito do Monte, que veño por ti. Non me recoñeces? Espiña de Toxo: Claro que te recoñezo! Mais como poderei fuxir? Espírito do Monte : Teño poder para iso e para moito máis. Eu son un espirito. Espiña de Toxo: E non darán comigo? Espírito do Monte: Non teñas medo. Os teus perseguidores nadan poderán contra ti nin contra min. Fora do asfalto, eles no son ninguén, Espiña de Toxo: Non te fíes. Teñen todo medido, catastrado, e apuntado nuns libros. Espírito do Monte: Eu levareite ben lonxe. Alí terás por compañeiras ás nubes que pasan, aos animais ceibes e os aires puros das fragas. Alí serás libre. (O Espirito do Monte sopra e a Espiña Berenguela desfaise da cadea Espiña de Toxo: (Dando brincos) Libre!, Libre!, Libre! (Música final de Carlos Núñez: Pasacorredoiras)

25


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!"

Poema Galicia. Os soños na gaiola. Manuel María

26


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Unha das actividades propostas para traballar a figura de Manuel MarĂ­a foi a ilustraciĂłn de poemas do poeta . Nestes murais recopilamos debuxos de poemas realizados polos alumnos.

27


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

28


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

29


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

30


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Este curso os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria volvemos a traballar a horta escolar. Despois de limpalo e reacondicionalo procedemos á planificación das plantacións e elaboramos un croquis e posteriormente á plantación. O traballo foi duro e esixente, xa que cada pouco tempo tiñamos que regar e eliminar as malas herbas que invaden rápidamente a plantación.

E por fin clegou o momento da colleita.

31


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

32


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

O TRABALLO MERECEU A PENA. A COLLEITA FOI MOI BOA

33


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

E AGORA… A PREPARAR A PRÓXIMA COLLEITA.

34


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

35


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

36


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

37


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

38


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

TRABALLAMOS CO SUPERMERCADO ESCOLAR Durante este curso os nenos de 2º nivel estivemos aprendendo co supermercado escolar. Para iso tivemos que investigar, recoller información, escoller un nome, debuxar un plano… Pouco a pouco o noso proxecto tomou forma. Aprendemos a observar o que nos rodea, a analizar productos, a ler etiquetas, a traballar en grupo (aínda que non sempre foi sinxelo). Pero non so iso. Tamén aprendemos a describir alimentos e todo tipo de envases, a utilizar moedas e billetes de euro, a comparar unidades de capacidade e de peso, a conservar alimentos, a usar a calculadora e moitas cousas máis xa que, aínda que nunca chegamos a pensalo, un supermercado dá moito de si.

39


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Nós non tiñamos idea de que iamos montar un supermercado. Estivemos unha tempada convivindo cun par de sacos de lixo, pero non se nos deu por mirar que había neles. Un bo día a profe abriu os sacos. Un por un fomos sacando produtos e fixemos unha descrición (a verdade e que fomos todos á vez. Moitas das fotos que tomou a profe están movidas.) O resto dos compañeiros tiña que adiviñar que nos tocara. Xa fixeramos descricións de froitas do outono e de froitas e verduras que tiñamos en fotos, pero nunca sospeitamos que iamos traballar todo o curso co noso supermercado.

Outro día tocou analizar os envases dos productos. A profe non nos deu moitas instruccións (algo que foi habitual durante todo o curso). Non quería influír en nós. Cada un apuntou o que máis lle chamaba a atención. Fixémolo en grupo, porque de seis a oito ollos, ven máis que dous. O traballo en grupo non sempre foi doado, pero melloramos coa práctica.

40


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Outro día tocoulle o turno á clasificación. Coma xa ía sendo habitual, a profe deu poucas instruccións. Díxonos que tiñamos que organizar os productos dunhas cestiñas como mellor nos parecese. Os productos das cestas eran miniaturas. Non tiñamos claro que eran algún deses produtos e tivemos que preguntar.

Xa estabamos preparados para clasificar o que había nos sacos, ou iso pensabamos. Pero non era tan doado como parecía. Cando xa estaba todo clasificado nas mesas do fondo, a mestra entregou un produto a cada un de nós. Había que localizar o modo de conservación. Eran produtos diferentes, pero todos se tiñan que conservar de igual modo, no frigorífico ou no conxelador. A profe axudounos coa nova clasificación, recordándonos que había produtos que se ían estropear se non se conservaban correctamente. Estabamos a aprender moito. As etiquetas son verdadeiros libros de instruccións.

41


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Despois da visita ao supermercado démonos conta de todo o que tiñamos que facer para montar o noso. Unha das cousas máis importantes era poñerlle un nome. Formamos catro grupos. Cada un inventou un nome e xogou con el, facendo rimas, oracións con palabras que empezasen con cada das iniciais dese nome e ata fixemos un debuxo. Despois soubemos o que era a democracia. A profe deunos a escoller entre votar entre nós o nome que máis nos gustase dos catro, ou dárllelo a escoller a todo o colexio. Aínda que unha compañeira acabou desgustada pola decisión, a votación por parte de tódalas clases, foi a opción elixida. Para saber que nome era o gañador, tivemos que sumar todos os votos. SÚPER RÍO MAX foi o gañador.

Era o turno da decoración. No primeiro trimestre foramos a unha exposición titulada “Bodegón Oculto” e comprendemos por que a profe nos puxera a pegar boliñas de parpel en froitas xigantes. Tamén fixemos as letras do nome homenaxeando a Giuseppe Arccinboldo que facía caras con froitas e verduras.

42


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Día a día fomos exprimindo as posibilidades do noso supermercado. Clasificamos os alimentos frescos (peixe, marisco, carne, pan, bollería…), puxemos as froitas e verduras en orde alfabético, órdeamos prezos de maior a menor e de menor a maior...

De cando en vez a profe nos sorprendía cunha nova actividade, como cando nos explicou as unidades de medida de peso e nos deu unha cesta para que collésemos produtos dun kg, 1/2kg, 1/4kg… iso nos obrigaba a ler as etiquetas . Coma noutras ocasións, o supermercado quedaba arrasado, e a clase chea de cousas. Pero non nos importaba, porque había que ordear os pesos entre todos e botabamos unhas risas.

43


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

PERSOAS IMPORTANTES NA MIÑA VIDA

44


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

45


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

QUE SE AGOCHA EN CADA GARABATO?

UN CAN CHAMADO TOBI (LUCÍA)

ESTÁ PAUL, UN NENO CUN NARIZ MOI GRANDE (ALICIA)

HAI UN GOLFIÑO QUE ESTÁ NO MAR DANDO SALTOS DE ALEGRÍA (PABLO)

EU IMAXINEI UN TRIÁNGULO MORTAL (DIEGO)

UN CARACOL ADOPTADO POR ZOE (MAREA)

46


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

O MEU IRMÁN MARTÍN ESCALOU UNHA MONTAÑA E PUXO CO CUME A BANDEIRA DE ESPAÑA

EU ATOPEI O TIRACHINAS DE JEREMY (IAGO)

DANIEL, UN NENO MOI DESPISTADO. SEMPRE LLE CAEN AS COUSAS AO CHAN E ESTRAGA O SEU SUPER-TRAXE (BREIXO)

EU ATOPEI UN NENO, A EL NON LLE GUSTA MOITO O QUE ESTÁ OBSERVANDO (HUGO)

EU VIN UNHA PANTASMA SOLITARIA QUE CANDO SE FIXO MAIOR ATOPOU UNHA FAMILIA (BEGOÑA)

EU VIN UNHA SERPE ÁXIL E RÁPIDA QUE DEVORA MOITAS PRESAS, POR ISO TEN OS DENTES MANCHADOS DE SANGUE (MARCOS)

47


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

EU TAMÉN VEXO UN CARACOL, UN ANIMAL MOI LENTO QUE USA A BABA PARA DESPRAZARSE (GUILLE)

EU ATOPO O YING E O YANG, QUE REPRESENTAN O BO E O MALO (IBAI)

ESTA ARCORIS, É UN CARACOL DE MOITAS CORES, QUE ÁS VECES ESTÁ TRISTE PORQUE SE BURLAN DEL (AINHOA).

EU VEXO A PIMPÓN, UN COELLO AVENTUREIRO (ALDARA)

EU VEXO UNHA MULLER LENDO NA PRAIA MENTRES A AUGA LLE MOLLA OS PÉS (LORENA) 48


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

49


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

50


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

51


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

52


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

ALUMNADO DE 6º SANTIAGO, ÁNGELA, NOEL, MARCOS, CÉSAR, IVÁN ROBERTO, ADRIÁN M., ANDRÉS, IAGO, JAVIER, ALEJANDRO R., ALEJANDRO G., MARTÍN

53


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Estes días demonos conta de que nos pasa igualiño que ó noso amigo o Monstro de Cores. Sentímonos alegres ás veces, outras un pouquiño tristes, tamén tranquilos, ata nos enfadamos ou sentimos medo, descubrimos que hai moitas persoas que nos queren e que nós tamén queremos. Por iso aprendemos a disfrutar das emocións e aprenderemos a pensar para non pasar malos momentos ou simplemente melloralos.

Sentimos alegría  Cando xogamos cos amigos e amigas ao fútbol, pillar…  Se nos tiramos polo tobogán.  Na Praia.  Se nos mercan xoguetes.  Nos aniversarios.  Se vou a mergullarme e a pescar co meu pai.  Se me dan chuches.  Se vexo libros de Caillou.  Montando a cabalo.  Estando cos amigos e amigas.  Se nos portamos ben.  Xogando.

54


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

          

     

Se meu curmán di tonterías. Se caio e me manco. Estou triste cando miña nai me da no cuíño. Se me porto mal e se enfadan meus pais. Se me collen o sitio. Cando me pegan. Cando choro se mami se enfada. Se meu irmán está enfermiño. Se miña curmán me turra polas orellas. Se mami non está no cole. Cando mami non merca o xoguete que quero.

Estou enfadada cando se marchan as miñas amigas. Cando se mancou o meu can. Estou enfadada con mamá porque me rifou. Cando mami non me deixa ver a tele. Cando chego e miña avoa non me da chuches. Se non dou tirado ben o trompo.

55


CEIP DE TENORIO

       

CURSO 2015-16

Se estou soliña e ás escuras e teño pesadelos. Se soño con monstros que me queren comer. Os crocodrilos, serpes, touros… que me queren comer. Os coches que non conduce ninguén. Cando escoito un lobo e vou ao bosque sen mamá. Aos xabaríns. Á escuridade. A algúns animáis.

              

Se me poño o pixama vendo a tele. Ao almorzar. Xogando coa tablet. Cando me deito no sofá vendo os debuxos. Cando mami me deixa ver a tele. Cando leo ou vexo un conto. Ao ver a tele. Cando viaxo. Se soño cos amigos!!! Se escoito música tranquila. Cando durmo. Se mami me dá abrazos. Cando vexo a tele. Se mami non se enfada. Cando vexo voar as bolboretas.

56


CEIP DE TENORIO

    

CURSO 2015-16

Cando estou coas persoas que quero. Cando xogo co meu can. Se estou cos meus amigos. Se me visita a miña madriña. Cos profes porque me coidan e me queren.

Este foi un dos libros que se traballaron en E.I. relacionado coa Convivencia. Noutras aulas de E.P. traballáronse outros como “O EMOCIONARIO”. Se lle queredes botar unha ollada, está na biblioteca do cole.

57


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Neste curso, tamén traballamos dende infantil as diferentes familias de instrumentos musicais: corda, percusión e vento, dos que fixemos unha pequena mostra dos noso traballos.

Utilizamos diferentes materiais de refugallo para a súa construcción: caixas, cartón, botes de suavizante, tubos, globos...

O alumnado, con moita paciencia, foi artellando diferentes instrumentos de percusión e experimentando co seu son. Ata acompañamos unha canción.

58


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Esta Julia, tan concentrada, a ver se remata que mola moito decorar os instrumentos!!!!!

quedan e m a t s a ti cía, e Oes Lu l o traballo, ar e ia ic do xen e gusta fabr h c tamén nstrumentos? i a r deco r

pinpintar, , r a t n i P patar sen rar....

As maracas estas son ben difíciles de pintar! Menos mal que soan xenial!

Grazas as familias que colaboraron aportando material, imaxinación e entusiasmo pola música e o traballo en grupo.

59


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Unha anciá fixo unha deliciosa galleta de xenxibre. Case estaba cociñada, cando escoitou unha voz.

”Déixame saír, déixame saír!”

Abriu o forno e a galleta saltou da bandexa e escapou.

A muller, asustada, díxolle: “Volve!”. Pero a Galleta riu e cantou: “Corre o rápido que poidas, non me alcanzarás. Son a Galleta de Xenxibre!”

60


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

Pasou por diante da vaca, que lle dixo: “Volve, quérote cear!”. Pero riu e cantou: Corre o rápido que poidas, non me alcanzarás. Son a Galleta de Xenxibre!”

Despois pasou a carón do cabalo e díxolle o mesmo. A Galleta cantou de novo. Corre o rápido que poidas, non me alcanzarás. Son a Galleta de Xenxibre!”

Chegou a un río. Como todos o perseguían, un raposo ofreceuse a cruzala: “que lista son!”, dixo a Galleta.

Cando se sentiu aliviada, o raposo lanzouna ao aire e dun bocado comeuna. Ese foi o final da Galleta de Xenxibre.

61


CEIP DE TENORIO

V

CURSO 2015-16

isitounos Leandro Lamas Ermida, nado en NarĂłn o 14 de xaneiro de 1973, ĂŠ un pintor, ilustrador, actor e director teatral galego.

62


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

MÁSCARAS PARA UNHA BANDA DE MÚSICOS/AS O alumnado de PROA de 5º e 6º representou a obra “Os músicos de Bremen”. Para a súa escenificación elaboraron unhas máscaras con material de refugallo. A continuación vos describimos o proceso empregado.

Primeiro pegamos anacos de periódico con cola de celulosa sobre globos inchados. Logo , unha vez secos, cortámolos pola metade para facer as formas redondeadas das caras. Metémoslles papel dentro, para que ao pegalas nas plantillas non se deformasen, e grapámolas nas plantillas. Por último, puxémoslles unha tira de cartón pluma para poder manexalas ben. E… a decorar!

E mirade que guapos/ as estabamos nos ensaios coas nosas caroutas rematadas!

63


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

UN POUCO DE TEATRO PARA ESTABLECER VÍNCULOS A peza teatral que representou o alumnado de PROA de 3º e 4º, axudoulles a coñecerse mellor, de xeito divertido, respectuoso e atento. Tamén lles ensinou a medir e valorar as súas posibilidades vocais e expresivas, e a tomar conciencia de grupo. A obra que representaron titúlase “A orquesta Simpatía”. Conta a historia dun instrumento presumido que pensaba que era o mellor do grupo. Pero un día que andaba desafinado e tivo que abandonar o traballo, os outros instrumentos da orquesta ensináronlle o valor do traballo colectivo na procura dun obxectivo común. Estas imaxes representan diferentes momentos da súa actuación. Benvidos/as ao teatro!. PRESENTANDO AOS PERSONAXES DA ORQUESTA SIMPATÍA

DESENVOLVENDO A TRAMA. HAI UN PROBLEMA QUE SOLUCIONAR: ALGÚN DOS INSTRUMENTOS ANDA UN POUCO DESAFINADO!

AO FINAL, A ORQUESTA SIMPATÍA DANDO UNHA SERENATA

64


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

ACTIVIDADES PARA A CONVIVENCIA Desde hai varios anos o CEIP de Tenorio e as familias da comunidade educativa colaboraron con INTI, nun proxecto que desenvolve esta ONG en Huancarama, na Serra de Perú. No mes de maio levouse a cabo no centro un obradoiro de sensibilización, impartido por dúas persoas da organización, no que participou todo o colexio. Os obxectivos eran promover o espíritu solidario, compartir información de carácter cultural e desenvolver actitudes de interese e respecto por outras culturas alleas á nosa. Como agradecemento ao noso labor INTI nomeounos este ano socios de honor. A continuación, mostramos algúns dos murais realizados polo alumnado do noso centro, así como a placa que nos enviaron, como recoñecemento á nosa colaboración.

GRAZAS A TODOS/AS

65


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

ACTIVIDADES PARA A CONVIVENCIA Por outra banda, o Día da Paz o alumnado do centro levou a cabo un grupo escultórico titulado “Xardín da paz”.

E o alumnado da aula de 5º e 6º de E.I. en colaboración co alumnado de 1º e 2º de E. P. levaron a cabo na aula de Música un mural para traballar a amizade.

E por último, queremos expresar a nosa gratitude a todas as familias que participades intensamente no desenvolvemento das actividades do centro con traballo, interese e entusiasmo. Sodes un exemplo de convivencia.

66


CEIP DE TENORIO

CURSO 2015-16

67



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.