Falares 23

Page 1

CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

CEIP DE TENORIO CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

OS INVENTOS O TELÉFONO MÓBIL : Martin Cooper foi o inventor do teléfono móbil co modelo DynaTAC 800 de Motorola. O 3 de abril de 1973 fixo a súa primeira chamada dende unha rúa de Nova York

O CHICLE : A primeira persoa en vender chicle foi John Curtis en 1848. Este primeiro chicle facíase con resina de abeto que se fervía e despois se metía nunha tina con xeo para que se tensase. Vendíase nun pau envolto en papel de seda.

A RODA: Existe pouca evidencia arqueolóxica da primeira roda. Sábese que as primeiras eran troncos para transportar cargas pesadas.

POTABILIZADORA DE AUGA: Varias persoas inventaron como potabilizar a auga, entre elas destaca Alberto Vázquez Figueroa ( periodista, novelista, empresario,…). Inventou un sistema para potabilizar a auga de mar por presión que xera, ademáis, enerxía eléctrica.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

A TABLET: Os primeiros exemplos mostráronse na película “2001, unha odisea do espacio” e “ Star Trek”. Probablemente baseado nesas táblets de ficción, Alan Kai desenrolou un dispositivo semellante en 1972, aínda que non era moi funcional.

CÁMARA DE FOTOS: A primeira cámara, realizada en madeira, foi fabricada por Charles e Jacques Vicente Louis Chevalier en París. O primeiro fotógrafo en utilizala foi Joseph Nicephore no ano 1826.

O FUTBOLÍN: A primeira patente data de 1890 en Alemania, onde se creou un modelo de pequenas dimensións coas pernas dos xogadores unidas. Posteriormente un galego, Alejandro Finisterre, inventou outro modelo no que os xogadores teñen as pernas separadas.

O CHUPA-CHUP: Enric Bernard inventou o chupa-chups no ano 1958 en Villamayor ( Asturias). A súa idea inicial era que os nenos/ as tomaran os caramelos cun garfo para non manchar as mans. Despois de varias probas substituiu o garfo por un pau de madeira.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

ORDENADOR: Jon Atanasoff inventou o primeiro ordenador no ano 1939. A súa batería de lámpadas electrónicas podía resolver ecuacións de 29 variables, pero tiña un tamaño monstruoso e pesaba máis de 20 toneladas.

O TITANIC: Mandouno construír a naviera VVite Star Line no ano 1908 en Liverpool. Era o maior de tres “irmáns” e pesaba 52.528 toneladas. Afundiuse no seu viaxe inaugural a noite do 14 ao 15 de abril de 1912. Este afundimento segue impresionando ao mundo.

A FRES ADOR A: Esta máquina desmenuza a terra, a remove e bate sen sacala do sitio. A Hans Koch, de nacionalidad alemana, concedéronlle en 1943 a patente dunha fresadora agrícola transportable á man.

A TELEVISIÓN: Inventouse no ano 1925. O inventor, un escocés chamado John Logie Band, efectuou a primeira experiencia real utilizando dous discos. O día mundial da televisión celébrase o 21 de novembro.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

COUSAS DA VIDA, COUSAS DE NENOS. NARRADOR: Os nenos de 3º imos representar COUSAS DA VIDA, COUSAS DE NENOS. O SEU AUTOR: CASTELAO.

Tres vellas van falando. - Disque van subir os selos das cartas. - Que dis? Que dis? - Disque van subir os selos das cartas? - Quen ben fixemos en non saber escribir!

A muller ao seu home. - Gandulo! Lacazán! Borrachón! - Bueno xa empezamos con indirectas!

Un avogado a dous paisanos. AVOGADO( cun libro de leis na man): - Eu sei de leis, estudei dereito. - Vostede terá moito dereito; pero nós temos moita razón!

O médico ao seu paciente: - Nas cidades prohibiron aos pobres. - Sería mellor que prohibiran a pobreza.

Un neno que pensa. - E se ao dar a volta á Terra caese a auga do mar enriba do sol?

Dous nenos que están preocupados. - O médico dixo que meu pai ten un catarro intestinal! - E por onde tose?


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Un mozo a unha moza. - Que me dás e son o teu mozo. - Eu? Eu… douche unha labazada!

Falan dous paisanos. – Por que non lle dás de comer ao can? - Para o que traballa… - Pois entón por que non o matas? - Para o que come

Un pai deixa escrito no testamento. PAI ( dille ao notario): - Ti escribe, e… ao meu fillo Ricardo non lle deixo nada … para que se acorde de min.

Un home a dous políticos. - Eu son Xan o que votou por vostedes… - Ah!... Si! Caramba! Si desea algo vuelva mañana.

Reflexión entre un sapo e un grilo. CRI, CRI,CRI….. CRI, CRI,CRI. CRO, CRO,CRO… CRO, CRO, CRO. Se fose home xa me parecería mal que ti dixeses cri – cri, dicindo eu cro-cro!

Un neno dille á súa nai. - Eu hoxe non quería ir á escola! - E logo por que? - Porque… total para o que se aprende nun día!


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

A mestra dille á nena. - “Se llama isla a una porción de tierra rodeada de agua por todas partes”. - Pois a min paréceme que as illas non teñen auga por riba nin por baixo .

Dous mozos a dúas mozas. - Queredes bailar? - Non, que nos temos que confesar mañá!

Unha paisana fala moi contenta. - Planteille pleito a un veciño pola cuestión dun regueiro. - Perder, perdín o que tiña, pero amolar amoleino.

O cura dille a dous mozos. - Sabedes os mandamentos da Lei de Deus? - Non señor, porque como anda por aí o run run de que xa están suprimidos. Dúas mulleres pregúntanlle a unha veciña. - Que é iso da “igualdá, fraternidá, e libertá”? - Será que hai que crer no que non vimos! Un mozo dille á moza. - Se fose rica, quereríasme máis? - Pois mira…non tiña porque quererte menos!

Reflexión dun gato. - Volven as escuras andoriñas pero unha que comín o ano pasado, esa… non volverá.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

2ยบ nivel


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Debuxamos a nosa panxoliña

Peitea o cabelo ao camelo Melchor que ben peiteado quédalle mellor. Peitea o cabelo ao camelo Melchor Estará alegre o seu corazón.

Peitea o cabelo ao camelo Gaspar. Vai con coidado que vai protestar. Peitea o cabelo ao camelo Gaspar E verás que contento estará.

1º nivel


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Peitea o cabelo tamén Baltasar. E moito máis guapo a Belén chegará. Peitea o cabelo tamén Baltasar.

E ben peiteados os tres seguirán polo deserto camiño ao Portal. Xunto a María e Xosé estará

1º nivel


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

REFRANEIRO 5ยบ E. PRIMARIA


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

A ÁRBORE DE MONDRIAN O alumnado de 3 anos de Educación Infantil e o de 6º de Educación Primaria traballou conxuntamente nun obradoiro de expresión plástica durante o 3º trimestre. Este traballo cooperativo tiña como obxectivo principal, entender a interpretación que fan os artistas da realidade para chegar a unha obra abstracta. Para ilustrar o proceso, escollemos a famosa obra titulada “A árbore” , de MONDRIAN. Como motivación á tarefa, fixemos un pequeno percorrido pola obra deste pintor do que podedes disfrutar a través do enlace: A continuación, puxemos en marcha un pequeno proxecto de investigación e produción, que atravesou diferentes etapas.

Nesta primeira fase o traballo promete. Non si?

2º FASE: A ANÁLISE Logo procedemos á analise da imaxe, a través da segmentación. Fixemos un pequeno puzzle, recortando o cadro en formas poligonais. Despois recolocamos as pezas, formando unha nova árbore. Aquí, a imaxe aínda non perdera a súa identidade. Conseguimos unha árbore

Aí están! Todas en ringleira! Hai quen aproveitou para gravar o seu nome, igual que os/as namorados/as.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

3ª FASE: A TRANSFORMACIÓN Esta foi a parte máis difícil do traballo. Por unha banda, tiñamos que seleccionar un nº determinado de pezas, que logo transformaríamos únicamente en cadrados e rectángulos. Outras figuras estaban prohibidas, xa que non aparecían no traballo de Mondrian. Alguén falou da cuadratura do círculo. Que casualidade! Pois tiñamos que convertir algún círculo en cadrado. Por outra banda, tiñamos que decidir as cores que utilizaríamos no cadro definitivo. Podiamos empregar as cores de Mondrian ou unha gama limitada que elixiría o grupo. Despois, fixemos unha selección de pezas da imaxe anterior. Pensamos no ceo, na atmosfera, no sol , nas follas, na madeira...Todo tiña que estar representado dalgunha maneira, e a iso chamámoslle “A esencia da árbore”. Unha vez tomadas as decisións oportunas, debuxamos e coloreamos as pezas en papel continuo. Despois recortámolas, rasgándoas coa man, e metémolas nun sobre. Algunha quedara un pouco redonda, pero non importaba, coñecíamos o truco.

4ª FASE: O BOCETO Coas pezas do sobre construímos o noso boceto. Ao principio quedaba moito espazo ó redor. Pero pronto o enchemos coa mesma cor. Esta parte foi bastante doada e os resultados bastante indicativos do que sería a obra final.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

5ª FASE: O CADRO A ferramenta desta etapa foi o pincel, a materia a pintura e o soporte o lenzo. Nós puxémoslle moito entusiasmo, aínda que para facer as liñas dereitiñas tivemos que concentrarnos moito. E así, paseniño, chegamos ao final. Así quedaron as obras no lenzo:

Como ás veces rematabamos a etapa un pouco antes, aproveitabamos o tempo para deixar voar a imaxinación. E así saíron outras obriñas que non teñen que ver con Mondrian pero que tamén representan o espírito do grupo.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

6º FASE: INTEGRACIÓN DO COÑECEMENTO ADQUIRIDO Unha vez investigado e imitado o modelo, tratamos de integrar o aprendido, empregando ese coñecemento para obter obras pictóricas máis persoais. Partindo dunha ficha con formas xeométricas, intentamos representar un obxecto ou un ser animado. A continuación, mostramos algúns dos resultados:

CAMIÓN

A TORRE EIFFEL SEÑOR CON ESCALEIRA

PAPÁ TRABALLANDO NO MONTE

CABALO

CASTELO


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

CAIXIÑAS PARA A PAZ A MIÑA CAIXIÑA Teño unha caixiña No fondo do mar Onde gardo as cousas malas Ao meu pesar.

COMPARTIR A TRISTEZA Teño unha caixiña No alto do pedestal Onde gardo as cousas boas E ningún mal.

Se estás apenada, o único que tes que facer, é que unha amiga che bote unha axuda.

Esta caixiña é sagrada Para min, Pero aos meus amigos Sempre lla deixarei abrir.

Se necesitas amor a familia dáche calor. Se necesitas alguén con quen estar a miña caixiña un sorriso

Estes son os meus recordos, Bos ou malos tanto ten Eu só quero pasalo ben.

che botará. Cando a miña caixiña, me bota un sorriso atópome moi feliz e ademais xa sei con quén debo convivir.

ALUMNADO 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


CEIP DE TENORIO

Poemas para a paz A melancolía ségueme,

CURSO 2014-15

SÍMBOLO ELABORADO POR TODO O ALUMNADO DE TENORIO COAS PULSEIRAS DE AMIZADE

A melancolía aséxame, Con toda a miña alegría, Intentarei vencer a melancolía. Se es un incomprendido, Meto nesta caixiña toda a miña amizade, Para ti este regalo, Para que nunca máis esteas apesarado.

A felicidade gárdase no corazón, A tristeza incinérase, A ira bombardéase e A paz sempre se leva.

DONOS DUNHA CAIXIÑA Na caixiña dun valente atopamos valentía, para rescatar as princesas de hoxe en día.

Na caixiña dunha fada atopamos a dozura, para converter os pesadelos en soños de mil aventuras.

Nas caixiñas dos rapaces atopamos fantasía, para afrontar o día a día con moita alegría.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

“ A discoteca ” Nós, Cristina e Mariangélica , pensamos en facer unha discoteca na que houbese un DJ , xente bailando , unha cantante … e como non!, a nosa bola de discoteca, que cando lle dás ao interruptor acéndese . Para que se acenda a luz , necesitamos dous cables , unha pila e por suposto, a lámpada . Para facer a bola seguimos unha maneira tradicional . Inflamos un globo e cubrímolo con papel de periódico. Cando secou démoslle outra capa e cando esa secou , pinchamos o globo. Finalmente pintámola, perforámola, e cun cordel atámola aos paus que facían de tellado . Para facer a mesa contamos cunha caixa de cartón , e a recortamos en forma de mesa . Para o escenario , da mesma caixa da mesa , utilizamos a tapa . Os bonecos vestímolos con plastilina , porque non tiñamos roupa para mini-barbies . E para rematar , pintamos as paredes e puxemos celofán e engadimos os retoques finais.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

O cohete Sar/Mar Nós, o que fixemos foi un cohete chamado Sar/Mar porque nós somos Sara e Marta. Fixémolo cun cartón e unha botella de plástico,despois pintámolo e decorámolo. Puxémoslle por dentro un circuíto eléctrico que consiste en dous motores para dar a sensación de que despega e dúas luces que parecen o lume cando despega. Pintámolo cunha mestura de pintura laranxa branca, negra,amarela e dourada que fixemos nós . Tamén cunha prancha de madeira fixémoslle o entorno do que decidimos que debía despegar. Foi unha actividade divertida pero á vez complicada porque o circuíto eléctrico era bastante complicado.Por outra banda, os dous motores tiñan un interruptor e as lámpadas outro. O interruptor dos motores ía conectado a unha pila e as lámpadas a outra. E así foi como o cohete Sar/Mar cobrou vida.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Estadio de rugby das estrelas O noso súper estadio de rugby principalmente está feito con briks de zume. Na recolecta de briks axudounos o alumnado de 5 anos. Fixemos tres pisos cos briks. O seguinte paso foi pintalos de vermello. Antes de facer as paredes, pintamos as liñas do campo de rugby coas cores amarela e branca. Despois cuns tubos, que cortamos cunha serra, fixemos os focos do estadio, que pintamos de gris cunhas raias vermellas. Despois de montar a estrutura principal ocorréusenos facer unha caixa onde gardaríamos o xerador e o interruptor do circuíto. Para colocar o cable axudounos o noso compañeiro Denís, que é moi bo cos circuítos eléctricos. Na recta final, fixemos uns xogadores, non obstante, con madeira, fixemos o céspede, que a continuación pintamos de verde.. Como non temos moita práctica coa plastilina, en vez de xogadores, saíronnos babosas. E por último, e non por iso menos importante, colocamos aos famosos de hoxe en día polas gradas do estadio e unha famosa ao lado do xerador. Así se formou o estadio de rugby das estrelas.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

“A CASA” Nós, somos un grupo do colexio de Tenorio, do curso de sexto e fixemos un circuíto eléctrico. Construímos un farol ao lado dunha casa. Precisamos unha táboa fina, cartón, cables, pila, un xerador, dúas lámpadas (unha dentro da casa) e outro farol. Tamén precisamos ferramentas e pinturas. Custounos un pouco pero ao final saíunos, con un pouco de axuda. ANDREA ABILLEIRA

DANIEL FORTES


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

HELICÓPTERO DE EXPLORACIÓN E RESCATE Nós, fixemos a forma dun helicóptero cunha prancha de poliestireno e con iso fixemos o corpo. Despois os cables e os motores foron cortesía do profesor. Foi un choio tremendo entre esa maraña de cables. Primeiro recortamos unha lámina de cartón para cubrir os cables e baterías do aparato. Conectar os motores, luces e interruptores foi o paso seguinte. Para que os motores funcionasen, conectamos un cable a un interruptor e o outro á batería. Para as luces foi moito do mesmo, pero o interruptor, escondémolo e comprobamos que… non se pode deixar sen esconder un interruptor, porque os alumnos teñen que tocar en todoooo!!!! Para rematar o traballo, collemos unha plancha de madeira e botámoslle area, e terminamos poñéndoa de base para suxeitalo!


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

O muíño de vento Nós, o que fixemos foi un muíño de vento, cos seguintes materiais:utilizamos unha cartulina,unha prancha de madeira e un circuíto eléctrico. Primeiro fixemos o circuíto eléctrico,despois creamos a estrutura do muíño e finalmente pegamos a estrutura á prancha . Por último escondemos o circuíto, pero antes de rematar o proxecto, pintámoslle enriba da prancha a herba cun río. E así foi como Rubén e Anxo fixeron un muíño de vento. Gustounos porque, ao facelo, nos divertimos, aínda que non resultou tan sinxelo como parece.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

“O PASEO” Nós, fixemos un paseo no que se pode pasear pola noite e polo día. Para isto utilizamos unha táboa , unha pila , cartón , cables , un interruptor, plastilina , goma eva , pintura e cinta de pintor. O primeiro: foi forrar a táboa con cinta de pintor e despois pintámola de verde , tamén forramos os farois e o banco. O segundo: foi facer as bonecas sentadas no banco co seu canciño. Logo pintamos os farois e o banco e o pegamos coa cola na táboa . O terceiro : foi enganchar os cables na pila e logo cortámolo e pasámolo polo interruptor. Máis tarde pasamos o cable do interruptor ás lámpadas e metémolas no farois . Logo escondemos a pila debaixo do banco para que non se vise .


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Un coche de xoguete Nós, intentamos realizar un coche que puidese andar. Pero nos fixemos ilusións e non o acabamos. Pensamos en facer unha estrada onde o coche funcionase. O coche consistía de cinco partes: unha maqueta, unha pila, un motor, un interruptor e unha luz. A estrada tiña de decoración: árbores, tobogán e bancos. Tivemos tempo, pero perdémolo. O máis difícil foi conectar os cables ao motor. Aí perdemos tempo, porque sempre se desconectaba. Somos uns nenos de sexto do colexio de Tenorio chamados Norberto e Daniel e este é o noso proxecto.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2014-15

Tócache a ti. Peitea o cabelo ao camelo

Peitea o cabelo ao camelo Melchor que ben peiteado quédalle mellor. Peitea o cabelo ao camelo Melchor Estará alegre o seu corazón.

Peitea o cabelo ao camelo Gaspar. Vai con coidado que vai protestar. Peitea o cabelo ao camelo Gaspar E verás que contento estará.

Peitea o cabelo tamén Baltasar. E moito máis guapo a Belén chegará. Peitea o cabelo tamén Baltasar. Terá cara de felicidad.

E ben peiteados os tres seguirán polo deserto camiño ao Portal. Xunto a María e Xosé estará ese neno que van adorar.

1º nivel


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.