Falares 21

Page 1


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

ÍNDICE; VERDE FAJARES REMEDIOS CASEIROS CARAS EN ACCIÓN VALORES E EMOCIÓNS A TRAVÉS DOS CONTOS ASÍ VEMOS O ESPACIO A LÚA LADROA FALARES VIAXEIRO OBRADOIRO DE BARRO FALARES POÉTICO CONTO FALARES DEVORALIBROS KUNFU PANDA FALARES ABSTRACTO DESPEDIDA FÁBULA FOTOS DO CURSO

3—8 9—10 11—14 15—16 17 18—26 27—31 32—33 34 35—38 39 40 41—47 48—49 50 51

2


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Primeiramente restauramos tres xardineiras vellas que a profe atopou no almacén,para empregar como macetas

Logo buscamos información na internet, e recollémola nun powerpoint

Con estes datos subimos ao laboratorio e agrupámonos de 5 en 5. Cada grupo tiña un bulbo ,unha xardineira, e varios envases de iogur para botar a terra.

3


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Enchemos a regadeira de terra e soterramos o bulbo deixando só ao descuberto a punta. Regamos e colocamos na ventá

Pasaron dous meses e medio dende a súa plantación, e temos tres tamaños de xacintos. A información que buscamos dicía que medraban entre 25-30 cm. Nós temos un de 44cm ; outro de 12cm e outro de 8 cm

4


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

5


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

6


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

7


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

8


CEIP DE TENORIO

PLUMEIRO MÁIS EFICAZ Para que o plumeiro colla ben todo o lixo, e ademais, non se manche, debes cubrilo cunha media. Así unha vez que fagas a limpeza, bastará con que retires a media. SEN PELUXE Se vas saír á rúa e notas que levas a roupa chea de peluxe e non dispós dun rolo de papel adhesivo para quitalas, ponte unas luvas de goma e leva a peluxe cara abaixo fretando a prenda. Conseguirás eliminalas facilmente. Este truco podes aplicalo tamén para facer desaparecer os pelos dos cans na roupa ou tapicerías. LOUREIRO PARA PEZAS DE ROUPA DESTENXIDAS Cando che destinxa algunha peza de roupa, poderás recuperala dunha maneira sinxela. Nunha pota ferve auga e unhas ramas de loureiro durante un pouco e deixa mornear. Introduce a prenda e déixaa en remollo durante 12 horas. Rematando ese tempo, escórrea e fíxate se recuperou a cor. Este truco non é efectivo en tódalas prendas, podes encontrar que algunha non dea o resultado esperado. POMOS E TIRADORES Recupera o seu brillo cunha mestura de vinagre, amoníaco e auga a partes iguais. Estende e freta cun pano para que resplandezan. QUITAR MANCHAS DE ÓXIDO NA ROUPA As manchas de óxido acostuman a ser difíciles de eliminar, por iso se mesturamos zume de limón con bicarbonato de sodio e o poñemos na mancha deixando actuar durante unha hora, e lavando a prenda despois, a mancha desaparecerá.

CURSO 2012-13

COMO QUITAR OU PARAR O RASQUIZO DA GORXA Ingredientes: 1 cebola, 1 limón e mel. Pícase a cebola e bótase nun vaso, e engadímoslle o zume de limón e por último dúas culleradas de mel. Deixámolo macerar 2 ou 3 horas . Cando pase o tempo vaise tomando o zume que se formou pouco a pouco a culleradas (2 ou 3 culleradas cada vez) COMO QUITAR A HUMIDADE DOS ARMARIOS. Colgar unas bolsiñas de tea cheas de arroz. Cambiar cada certo tempo para que o arroz poida absorber a humidade.

9


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

REMEDIOS PARA QUITAR MANCHAS NA ROUPA Manchas de café.- mesturando a partes iguais vinagre e alcohol. Manchas de iodo.- humedecéndoa con amoníaco, e logo aclaras con auga fría. Colos de camisas.- pintando con xampú os colos antes de lavalos. Manchas de chocolate.- mesturando glicerina e xema de ovo , despois aclarar. Brillo dos traxes.– pasar un pano con vinagre quente e fretando forte. Manchas de viño tinto.- fretando o tecido cun trapo empapado en viño branco. Manchas de moras.- a mancha dunha mora, con outra verde quítase. Roces de abrigos.- fretando cun pouco de amoníaco e sal, con coidado de non abusar. Bolígrafo.- con leite e se é resistente poñela a ferver tamén con alcohol. Salsa de comida.- cubrindo a mancha con pos de talco, cepillar e se é moi antiga fretando con amoníaco. Suor.- meténdoa en amoníaco diluído con auga. Cera.- pasando o ferro á mancha entre dous papeis secantes. Doces e xeados.- fretando a mancha cun pano empapado en auga fervendo. Manchas recentes.- en todo tipo de manchas a espuma de afeitar vai de marabilla. Pintura.- botándolle una gotas de aceite trementina e pos de talco, deixar secar e cepillar ben. Froitas.- en tecidos de lá e algodón, botándolle auga fervendo, e en teas de seda alcohol quente. Sangue.- fretando a mancha con auga osixenada. Resina.- fretándoa cunha mestura de bencina e alcohol a partes iguais. LOMBRIGAS 1.- Comer allo cru 2.- Tomar durante 5 días 5 pebidas de limón machucadas e mesturados con mel COMO ELIMINAR RASTROS DE CALCOMANÍAS Para eliminar os restos de calcomanías que quedaron, quéntase un pouco de auga con vinagre (ollo, quentar, non ferver) e fretar cun pano impregnado coa mestura sobre a zona na que queden eses restos, xa verás que efectivo é. PRODUCTOS NATURAIS Aposta por remedios naturais para limpar a casa. O limón deixa as billas brillantes e elimina os malos cheiros do microondas. Podes usar o sal para limpar alfombras e tapicerías, así como utensilios de cociña. O vinagre é un bo desinfectante no baño e combate a cal, mentres que o bicarbonato elimina os malos cheiros do desaugue e da neveira. MANCHAS DE GRASA Antes de poñer a lavadora bota na mancha de graxa un chorro de Mistol, deixa actuar un pouco e lava como de costume na lavadora. LIMPAR AS XUNTAS DE AZULEXOS. A mellor maneira de limpar as xuntas dos azulexos é usando un cepillo de lavalouzas. AMBIENTADOR NATURAL PARA TER A COCIÑA PERFUMADA. O día que teñas que utilizar o forno, cando remates, apágoa e coa porta do forno aberta, metes unhas cascas de laranxa. O agradable cheiro deste cítrico impregnará a nosa cociña, e se abres a porta, toda a casa. REMEDIOS TOS.- Mel con limón DOR DE BARRIGA.- Herba Luisa DOR DE GARGANTA.- Mastigar unha folla de oliveira CONXESTIÓN NASAL.- Vapores de eucalipto. COLESTEROL.- Comer un plátano unha vez ao día. GASTROENTERITES.- Infusión de follas de arando. MANS DURMIDAS.- Infusión de xenxibre. PRANTA DE ÁRNICA.- Serve para as inflamacións e ten unha olor moi especial EUCALIPTO.- Cheirar o vapor das follas fervidas en auga é bo para os catarros e as gripes. AUGARDENTE.- Utilízase para facer fregas e para o dor de moas. HERBA LUISA.- A súa infusión é boa para o malestar da barriga. PARA CURAR A GRIPE.- Leite quente, mel, xema do ovo, un pouco de coñac. Mestúrase todo, tómalo e méteste na cama.

10


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

ESTOU ESGOTADO! AÍNDA MÁIS ..ESTOU DESLOMADO! COMO GOZA, EH! E…EU QUE?

O OL LE S É CO CA ON , OL N O DE M O G Á. LE , DI C PIÓ RA VE HI N N S RS TE IÓ S N E

VINDE,VINDE XA! INVITO A CHURRASCO NO MONTE DO CARRASCO.

CATAPÍM… CATAPÁM! CATAPÍM…CATAPÁM! ARRE, CORRE MEU BURRO TROTÓN. MEU BURRIÑO MANSO, MEU BURRIÑO BON!

CON ESTA CARA DE GRUÑÓN QUE NINGUÉN SE META COMIGO QUE PODO FACER PICADILLO AO QUE VAIA DE LISTILLO.

ESTOU MOI FURIOSO. LEVO AGUANTANDO MOITO E...QUERO IR AO BAÑO. DESPOIS TOMAREI UN CHOCOLATE CON BISCOITO. SERÁ QUE AGUANTA MOITO E...QUERE IR AO BAÑO? OU… QUERERÁ UN BISCOITO? OU… QUERERÁ UN BISCOITO?

11


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

ESTOU MOI DESGUSTADO QUEDEI… DESCALIFICADO. AGORA ESTOU ENFADADO, AÍNDA MÁIS… ENFURRUÑADO!

VAIA, VAIA, SON IVÁN! CAMPEÓN DE TAEKWONDO! E O MELLOR DEPORTISTA NA CARREIRA CICLISTA!

ACCIÓN, PUÑOS FÓRA! QUEN SE ATREVE COMIGO? SON CINTURÓN NEGRO! QUERES PELEXAR COMIGO?

TOMA XA…

TOCOUME A LOTERÍA…!

URRA!

NON O PODO CRER!... VOUNO CELEBRAR CON TODOS OS MEUS AMIGOS!

MIÑA NAICIÑA! QUE EMOCIÓN! ABRAIADO QUE ESTOU! ABRAIADO!

12


CEIP DE TENORIO TOCOULLE A LOTERÍA A GARCÍA? SERÁ VERDADE? E AGORA…XOGARÁ COMIGO AO PILLA PILLA?

CURSO 2012-13 QUE ME DIS? GARCÍA MILLONARIO? MARCHARÁ DE TENORIO?

ESTOU MOI, MOI ASQUEADO DE TANTO FACER CONTOS INVENTADOS!

VAIA CARA DE PILLABÁN QUE SAQUEI! GUINDEI A PEDRA E ESCONDÍN A MAN

VIAXARÁ A XAPÓN? QUE PENA! …XA NON ESTUDIARÁ COMIGO A LECCIÓN!

QUERO SER MATEMÁTICO, DEPORTISTA, CAMPIÓN DE XADREZ OU UN ILUSTRE CIENTÍFICO

ESTOU DE MOI MAL MALHUMOR… CONTÁRONME HISTORIAS DE MEDO E… TIVEN PESADELOS POLA NOITE!

NON TE AQUELES, ÓSKAR, TODO É FANTASÍA. DEBES RIR CADA DÍA!

13


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

SOMOS FANTÁSTICAS SEMPRE CONTAMOS HISTORIAS MÁXICAS! QUE NENAS MÁIS RIQUIÑAS! SOMOS A PEÑA DO MELÓN! SOMOS A PANDILLA DA SANDÍA! ALIRÓN, ALIRÓN, ALIRÓN! MELLORAMOS CADA DÍA… O NOSO EQUIPO CAMPIÓN!

SOMOS COLEGAS NAS ALEGRÍAS E NAS PENAS!

PROFE… PROFE… PROFE… GAÑEI O CONCURSO?

XUNTOS… CONSEGUIMOS SEMPRE A VICTORIA!

VIVAAA!... VIVAAA! SOMOS OS MELLORES!

14


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Valores e emocións a través dos contos

“ Cuando Ana tiene miedo” (O medo)

“ Pinocho” mentiras)

“ Pedra pau e palla” de solucións)

(busca

(As “ Cuando Ana tiene miedo” (O medo)

“ Os tres osos” (Respecto ó alleo)

15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

“ El gatito desordenado” (As ordes)

“ Cuando Ana tiene miedo” Ed.Edelvives (O medo)

“ Pinocho”

(As mentiras)

Paco Papán”

(A responsabilidade)

16


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

17


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

18


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

19


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

20


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

21


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

22


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Nós tamén creamos: http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/page:1#contenido 23


CEIP DE TENORIO

Había unha vez, un pobo chamado Tenorio ó que a Señora Lúa visitaba cada noite.

Maruxiña, cada noite, durmía cunha mantiña moi especial dende que era un bebé, xogaba, compartía contos… o que Maruxiña non quería, era prestarlla a ninguén. Realmente, tiña unha compañeira inseparable !!

Seguen rebuscando, pero a mantiña, non aparece por ningures. -Neniña, e se a colleu a lúa, onte estaba moi triste chorando e hoxe está moi leda! -Mamá, como a ía coller a lúa, está moi alta moi alta!!! Eu quero a miña mantiña!!! Buaaaaa… A nena, cando se tranquilizou, decidiu falar coa lúa e preguntarlle… -Lúaaaaaa!!!! Lúaaaaaaa…! -Non berres que todo o mundo está a durmir! -Señora Lúa, non vería vostede a miña mantiña por casualidade? -Non, eu non vin tal, pero se segues a buscar nela, seguriño que darás co seu escondite!!!

CURSO 2012-13

Alí vivía Maruxiña unha nena de 4 anos.

Unha mañá Maruxiña non atopaba a súa mantiña… Buscouna por toda a casa… – Mamá, mamá, viches a miña mantiña? Non atopo por ningures!!! – Non Maruxiña, non sei por onde a deixarías… – Mamaíña, non a levarías para a lavadora, a ver se a foi tragar?! – Non neniña, eu non a collín, xa cho dixen… – Pois non a atopo, axúdasme a buscala? – Está ben, imos buscala.

A pequena busca outra vez por toda a casa… Vai á cociña e… Mamaíña mamaíñaaaa atopei un caracol dentro do forno da cociña! E iso para que servirá? Non sei, gardareina nunha fermosa caixa que decorei na escola.

24


CEIP DE TENORIO

A nena segue buscando e cando chega á sala… Mamaíñaaaaaa mira o que atopei esta vez ! Unha táboa cuns cadrados dentro, sabes ti para qué servirá? Non sei, pero gardar coas túas cousiñas Maru!

A nena está triste, pois atopa unha morea de cousas e a mantiña non aparece por ningures, leva días buscando nela, e soña cada noite, que fala coa lúa… Hoxe fala con ela dende a fiestra do seu cuarto: -Señora lúa!!! -Está segura de que non sabe por onde está a miña mantiña, estou certa de que dende tan alto no ceo se ve todo moi ben. -Non pequena, non vexo a túa manta. Debes durmir, é moi tarde…

CURSO 2012-13

Seguen a buscar xuntiñas e: Mira Maruxa! Dous caracois debaixo da cama! Vaia mamiña, mira que atopamos cousas,! pero nada da miña mantiña…

Ó día seguinte, proseguen a busca… -Maruxiñaaaaaa mira cantas arañas temos na bañeira! -Mamá, contamos xuntas? 1, 2, e 3! Para qué serven tres… -Pois non sei, pera igual deberías poñelas coas outras figuriñas que atopaches! -Vaite, agora mesmo as gardo.

Esa noite mirou a lúa dende a cima dun acantilado… volveuna chamar, pero, como non contestaba e viu que estaba máis cerca que dende a súa fiestra, deu un chimpo enooooooorme e… Plantouse na lúa.

25


CEIP DE TENORIO

-Boas, boas noites señora lúa! -Boas noites Maruxiña! -Sego sen atopar a mantiña! -Xa o sei, aínda está triste? -Sí, pero atopei unha morea de figuras e un taboleiro moi bonitiños, o malo é que non comprendo para qué serven!

-Ah! Esquecía dicirche que a túa mantiña é moi agarimosa, e aquí tan arriba como vai tanto frío, dáme moita caloriña. Non che importaría emprestarma? -Pois non, agora xa me afixen a durmir soíña, mesmo parece que estou medrando! -Non sabes canto me contentas, e como cho agradezo, vai un frío… semella que estamos no Polo! -Sí, eu tamén teño frío, será mellor que volva á miña camiña!

CURSO 2012-13

-Moi sinxelo pequena, é un xogo chamado TRES EN LIÑA! Para que en vez de xogar soíña coa túa manta, compartas o xogo, con novas amigas!

Maruxiña durmiu placidamente, agora que sabe que a mantiña, está a coidar da lúa e cada noite deséxalle FELICES SOÑOS a todo o mundo, sen pasar nin chisco de frío grazas á mantiña!

Dende entón, comparte o xogo, e novos xogos, con toda a familia e cos amiguiños e amiguiñas do cole de Tenorio!

E de aquí ata a Lúa tódalas noites soñarás cunha nova aventura! 26


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

UNHA VIAXE A CORUÑA O día 24 de maio os rapaces de 5º e 6º acompañados polas mestras Ana e Teresa e un servidor, fixemos unha viaxe a Coruña para coñecer os Museos Científicos Coruñeses. Pasámolo en grande porque conseguimos combinar o aspecto cultural e educativo, co lúdico, e asegurámosvos que isto non se chega a acadar tan facilmente. A continuación os propios nenos/as (que quen mellor ca eles) contarán polo miúdo como o pasaron, e o que máis lle gustou da viaxe.

CASA DAS CIENCIAS Na casa das ciencias pasámolo xenial. Xogamos, experimentamos, aprendemos e rimos. Na planta baixa había un péndulo que tiraba ferros (que realmente era un reloxo), videoxogos, e unha incubadora con poliños, onde presenciamos o nacemento dun. Na primeira planta había xogos moi divertidos : podíanse facer olas coa forza do son, facer voar unha pelota co aire dun ventilador, para así darse conta da forza da gravidade, e un xogo de facer pompas xigantes de xabón. Na segunda e terceira planta podíanse ver cousas sobre a natureza e descubrimentos que ocorreron non fai moito tempo. O que máis nos gustou foi a primeira planta onde se podía aprender xogando, e a incubadora de poliños da planta baixa. Recomendámosvos que o visitedes , pasarédelo xenial. Nuria G., Iria, Yaiza e Nerea 6º

O PLANETARIO No planetario vimos unha película sobre un vampiro que era astrónomo, a el sempre lle gustara a lúa e por iso mandou ó seu científico tolo que construíra un artefacto xigante para poder ver a lúa coma se estivese nela, as constelacións, os planetas, as vías lácteas … Grazas a este artefacto podían andar sobre os planetas e coñecer todos os seus segredos, ademais tiveron a sorte de ver as constelacións: o carro, o cisne, o dragón, os cans de Hércules … Tamén puideron ver como morría unha estrela e moitas cousas máis. Cando estaban a piques de ver a lúa tiveron que deixalo, pois estaba facéndose de día e xa non podían observar as estrelas con claridade. Nuria B., Esteban, Raúl e David 6º

27


CEIP DE TENORIO

AQUARIUM FINISTERRE

CURSO 2012-13

Non estivemos moito tempo, pero creo que todos estamos de acordo en que o mellor do acuario foi a sala do Nautilus o submarino do capitán Nemo. Ao entrar na sala hai un montón de cadros con cómics. Alí vimos un montón de peixes interesantes: rodaballos,quenllas pequenas, peixes paiaso … pero o mellor foi o quenlla toro de 2 metros, que chegou alí con 2 anos, no ano 2009. Despois vimos un montón de estanques onde había morenas, mantas raias, polbos, congreos … Máis tarde chegamos á sala central onde vimos como nace unha quenlla. E onde tamén había uns barcos radiocontrol. O guía díxonos que non era moi recomendable meter a moeda porque era probable que se atascase, pero Ángel decidiu metela e trabouse. O profesor Simón riuse mentres Ángel intentaba que a máquina lle devolvese o diñeiro. Foi moi divertido. Foi unha pena porque non puidemos ver todo o acuario xa que so tivemos unha hora e media. Ainoa, Luis, Luismi, Hadrián e Leila 6º

DOMUS Na excursión A Coruña fomos tamén ao DOMUS que é un museo interactivo. Pasámolo moi ben, había moitos xogos entretidos dos cinco sentidos, de como facer novas cores, adiviñar unha figura, facer fotos coa sombra … Ata había un minicampo de fútbol¡ Na planta superior había unha exposición chamada homínidos e homínidas a familia presumida. Aprendemos moito, porque ao lado de cada imaxe había información interesante. Ao subir ata a terceira planta tiñas que pasar por unha reprodución do corazón humano( parecía de verdade). Nela había xogos de escoitar musica, copiar debuxos, facer avións de papel, facer un cómic… Divertímonos moito e sobre todo aprendemos Adrián E., Ismael, Alejandro G, Nuria S. e Alex M 6º. Xa vedes o ben que o pasamos!! Recomendámosvolo!!! Quero agradecer aos nen@s o ben que se portaron e dicirlle que con eles dá gusto facer actividades tan produtivas. Grazas por facernos pasar tan bo día! Espero que esta viaxe sempre quede no voso recordo, sobre todo aos meus alumn@s de 6º que para eles foi a última saída no colexio. Quéresevos moito e esperamos que teñades moita sorte na nova etapa que logo comezaredes. Unha aperta. Simón Pérez.

28


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

A finais de xaneiro os nenos e nenas do 3º ciclo fomos a Caixanova ver unha obra de teatro sobre o Camiño de Santiago, chamábase “O camiño do lobo”. Trataba duns comediantes que ían actuando en todas as cidades polas que pasa o Camiño de Santiago. Estivo moi ben e foi moi divertida e sacaron ao escenario aos nenos/as do público, e entre os escollidos estaban as nosas compañeiras Ainoa e Nerea. Aproveitando que estabamos en Pontevedra, visitamos algunha das diferentes prazas da cidade dedicadas a distintos personaxes ilustres, dos cales buscamos información sobre eles na aula, para así coñecelos mellor, e tamén para, despois, unha vez nas prazas explicarlle, quenes eran, e o porqué da súa importancia aos nosos compañeiros de 5º. As prazas que escollemos para visitar foron as de: Casto Méndez Núñez: (Vigo, 1 de xullo de 1824 - Pontevedra, 21 de agosto de 1869) foi un mariño e militar español, contraalmirante da Real Armada Española o heroe da Guerra Hispano-Sudamericana, distinguíndose no Combate do Callao (1866). Manuel Quiroga Losada: (1892-1961) foi un violinista español, actividade na que alcanzou gran renome internacional no seu tempo, sendo considerado xunto con Pablo Sarasate y Juan Manén, un dos máis grandes violinistas españois da historia. Ramón Valle y Peña: (Vilanova de Arousa, 28 de outubro de 1866 – Santiago de Compostela, xaneiro de 1936), tamén coñecido como Ramón del Valle-Inclán o Ramón María del Valle-Inclán, foi un dramaturgo, poeta e novelista español, que formou parte da corrente literaria denominada modernismo en España. Encontrase próximo, nas súas últimas obras, á denominada Xeneración do 98. Considérase un dos autores clave da literatura española do s. XX. Manuel Curros Enríquez (Celanova, 15 de setembro de 1851 - La Habana, 7 de marzo de 1908[1] ) foi un poeta español de lingua galega representante do periodo histórico-literario denominado Rexurdimento da literatura galega. Hadrián, Ainoa, Esteban e Luismi 6º 29


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

CAMPIONATOS DE XADREZ O venres fomos a Pontevedra ó Casino Mercantil o Campionato Provincial de Xadrez por equipos. O principio estabamos moi nerviosas xa que era a primeira vez que competiamos e non sabiamos como era aquilo.Tamén tíñamos o coñecemento de que eran superiores a nós, pois ían a escola de xadrez e levaban máis tempo competindo. Raúl o noso compañeiro e amigo, foi o único que logrou gañarlle aos da escola de Pontevedra. Máis tarde, merendamos e xogamos unhas partidas. Eles, demostrando o bo compañeirismo ensináronnos trucos novos. Ese día non iamos a gañar , se non a pasalo ben e a aprender. Tamén tivemos a sorte de que hai poucas nenas xogando ó xadrez en Pontevedra e levamos a medalla de ouro. Iso, quería dicir que … iamos ir ó Campionato Galego de Xadrez! Levantámonos moi cedo porque … iamos ao Campionato Galego de Xadrez! Collemos o autobús en Tenorio e alí, cos xogadores do Club de Xadrez de Pontevedra, emprendemos a viaxe ata … Sober (Lugo). Ao chegar, fomos á casa da Cultura e empezamos a xogar a nosa primeira partida. Despois fomos ao parque e a dar un paseo pola vila. Máis tarde, comemos na Escola de Repostería da vila. Xa era pola tarde, cando xogamos a nosa última partida contra o Club de Xadrez de Rianxo. Todos os equipos, aínda que eran superiores a nós, felicitáronnos, pois dixeron que non se notaba que era a nosa segunda vez. Quedamos en terceiro posto, pero estabamos moi contentas, xa que nos deron unha medalla, un trofeo de cristal e un trofeo para o colexio. Pasámolo xenial !!! 30


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

31


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Traballamos no laboratorio sobre un soporte de madeira, cun rolo para amasar e coas nosas mans,as cales lle ían dando forma aos anacos de barro . Fixemos un “medallón” coa axuda dunha tapa

32


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Cun lapis debuxamos unha flor e deixĂĄmolos secando.

Empregamos tĂŠmpera para darlle unha cor de fondo,e plastelina para construir a flor que fixeramos de base

Finalmente utilizamos cola branca para que quedara ben pegado e as cores recobraran luminosidade.

33


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

34


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

35


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

36


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

37


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

38


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Os nenos e nenas de 6º Infantil fixemos a mascota da biblioteca con material de refugallo. Precisamos,primeiramente, dúas celulosas, bólas de papel de xornal ,e pegamento en barra

Cubrimos, a modiño, con cola branca e papel hixiénico .Logo pintamos con témpera

Na Semana do Libro, coa axuda de Samia, presentámoslla a todo o alumnado e mestres

39


CEIP DE TENORIO

A película “Kun fu Panda” e os seus personaxes.

CURSO 2012-13

Había unha vez no Val da Paz tres profesionais do kun-fu chamados Tai-lun, Po e Tigresa que soñaban con percorrer o mundo e protexelo do mal. Owen era o seu mestre e lle manda facer unha viaxe ata un país pobre que está en guerra. OWEN é unha tartaruga, pero non unha calquera, é o mestre de kun-fu!, sabio, forte e valente. Ten o corpo verde, a cabeza pequena, o nariz lle nace na fronte e continúa ata a boca; os ombreiros os ten caídos, as mans grandes con zarpas robustas. TAI-LUN é un guepardo grisáceo con dentes brancos e afiados. É áxil, resistente e con mal carácter. Abandona aos seus compañeiros e non participa na batalla. PO é un panda baixo, gordo e simpático. Ao principio é vago, cánsase fácilmente e non lle gusta nada preparar os fideos que súa nai lle manda. É listo e tonto ao mesmo tempo, só se esforza cando algo lle interesa moito. Ao final consigue superar todas as probas e demostrar o seu valor e a súa xenerosidade. TIGRESA é de cor laranxa, con raias marróns e nalgunhas zonas brancas. É alta, delgada, valente, segura de sí mesma e moi boa no kun-fu. Ao principio foi un pouco egoísta co panda pero ao final fixéronse amigos.

40


41

illa

oso polar

esquío

universo

esqueleto

espantallo

unicornio

iguana

uvas

ordenador

avión

urraca

Que son?

CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Este curso os nenos do 1º Ciclo visitamos a exposición de Ramón Lorda “Deside”. Faláronnos do que era a arte abstracto e das cores que empregaba este pintor nas súas obras. Negro, vermello e branco, eran as cores principais, pero tamén pintaba con algo de azul, verde e marrón. Despois botamos unha ollada aos cadros, e estivemos listos para imitalo. Queredes ver como os fixemos? Non quedaron nada mal. Para colgalos nun museo!!! Ah, tende en conta unha cousa… Facer arte, MANCHA!!!!

http://www.obrasocialncg.com/es/evento/exposicion_deside._a_pintura_sen_tempo_en_pontevedra

42


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

43


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

44


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

45


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

46


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

47


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Os nenos e nenas de 5º nivel, despiden aos/ás seus/ súas compañeiros/as de 6º, que se van para a ESO, coa petición de que a súa etapa de Primaria nunca quede esquecida. Compañeiros e compañeiras de ciclo, vós, marchades para a ESO. Nós, tamén iremos para o ano, cando rematemos 6º. Para o curso que vén non poderemos compartir festivais, nin saídas, nin patio, nin ximnasio…pero …foron moitas vivencias xuntos que nunca poderedes, nin poderemos esquecer. Botarémosvos de menos! Que todo vos vaia moi ben! Confiamos que, non importa onde esteamos,sempre levemos con nós ese “algo” que nos axudou a medrar durante estes oito anos… A AMIZADE!

ADEUS AMIGOS

48


Con todo o cariño do mundo deixamos un centro que fíxonos mellores persoas. Ata sempre CEIP de Tenorio! David Fontenla

Iria García

Alejandro Gil

Alejandro Martínez

Adrián Esperón

Nuria González

Esteban Villanueva

Leila Gómez

Ainoa Sampedro

Luis López

Ismael Martínez

María Rodríguez

Nerea Akbar

Nuria Sebastián

Hadrián Peleteiro

Yaiza Bugallo

Raúl Chantrero

Nuria Bugallo

Luis Miguel Cuiñas

CEIP DE TENORIO CURSO 2012-13

49


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

50


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Algunhas fotos do curso

51


CEIP DE TENORIO

CURSO 2012-13

Recomendacións 2º Ciclo Recomendacións Ed. Infantil

Recomendacións 1º Ciclo

Recomendacións 3º Ciclo

52


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.