Falares 20

Page 1


ÍNDICE: FALARES DO MAGOSTO FALARES DO CORPO DIA DA PAZ RECICLANDO PAPEL A SEMENTEIRA FALARES DO OUTONO PREGÚNTALLE A LLUMBO

PÁXINA 3 4 6-8 9 10-12 13 14-17

DESPEDIDA

18

FALARES DAS LETRAS GALEGAS

19

FALARES DO DEPORTE ESCOLAR

20

FALARES DO PROA

21

FALARES DA ARTE RUPESTRE

22-23

FALARES DO 112

24

FALARES DOS CONTOS

25-28

FALARES DO SAMAIN

29

UNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO

30-32

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

33

DIA DO LIBRO

34

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS

35

AS FESTAS DO ANO

36-39

FALARES DE SER, TER E PARECER

40-41

FALARES DO BOSQUE

42


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

3


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Os nenos e nenas de 4 anos estivemos a desenvolver boa parte do curso un proxecto sobre o corpo humano.Comezamos traballando o esqueleto.Ao 1º tiñámoslle un pouco de medo a “huesitos” ,pero logo mirade o ben que nos sentimos entre tanto óso.

Aprendemos o camiño que segue o aire dende que entra polo nariz ou boca, ata que chega aos pulmóns. Logo elaboramos o noso propio sistema respiratorio.

Tócalle o turno ao aparato dixestivo.Ademais de facer fichas,fomos completando un mapa conceptual que nos axudaba a repasar o traballado.

4


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Vimos videos que nos axudaban a entender o complicado mundo do corpo humano, e buscamos as veas polas que circulaba o sangue.

Aquí estamos construíndo o sistema nervioso sobre a silueta de Iago.Poñiamos ao encargado/a sobre papel de embalaxe,marcabamos cun rotulador,e despois dabámoslle cor e definiamos a silueta con plastelina.

Recollemos todo o aprendido nun panel expositor, e nun mapa conceptual.

5


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

PECHAREI OS OLLOS, CONTAREI ATA TRES. CANDO OS ABRA QUE ATOPAREI? PARQUES CON ÁRBORES BEN COIDADAS NENOS XOGANDO, E NON ESTÁN PELEXANDO PAPÁS DE PASEO COMA NO RECREO PECHAREI OS OLLOS, CONTAREI ATA TRES, CANDO OS ABRA QUE ATOPAREI? UN CEO CELESTE CUN SOL BRILANDO XARDÍNS CON FLORES E PAXAROS VOANDO

PECHAREI OS OLLOS, CONTAREI ATA TRES. CANDO OS ABRA QUE ATOPAREI? PERSOAS DISTINTAS, CONVIVINDO EN PAZ, NUN MUNDO CHEO DE AMOR E AMIZADE 6


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O día da PAZ Para celebrar esta data o alumnado do derradeiro curso de Infantil fixemos unha “tormenta de ideas” a partires da pregunta : que é a PAZ para ti? A PAZ é … . Cada un escribimos a nosa palabra nun paraugas

Logo fixemos un crebacabezas de pomba coas tapas das caixas de folios, e xogamos a construir a Paz

7


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Aprendemos e recitamos un poema de Gloria Fuertes titulado “ violencia no, gracias” ,e que logo traducimos ao galego

No meu colexo o mestre fálanos da Paz, vou para a casa, vexo a tele, e zas! Engánanse, péganse, mátanse, ninguén se quere, ninguén se ama, vaia programa! A miña nai di que a tele é un tostón, e o meu mestre que a tele é unha visión.

8


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO E ENGRUDO Os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria ensináronlle aos cativos do 2º nivel de Educación Infantil os pasos que habían seguir para a elaboración de papel reciclado e engrudo. Comezaron facendo tiras de papel de xornal.

Enchemos un recipiente de plástico con auga ata a metade, e comezamos a botarlle os cadradiños de papel de xornal que estiveramos a facer.

Deixamos repousar durante a fin de semana, para o luns botarlle un chisco de cola e poder elaboralo papel. Velaí tedes o resultado

Tamén elaboramos engrudo para cubrir globos, e ter a base para caroutas, sombreiros,…

9


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

SEMENTAR PLANTAS AROMÁTICAS EN INVERNADOIROS RECICLADOS

Precisamos: tarrinas de fresa de 1/2 kg, terra, auga, sementes, limpiapipas de cores, bolsiñas de plástico transparentes, plastilina , paus de xeado ou depresores, cartulina.

Botamos un pouco de terra na tarrina. Aplastámola un pouco para compactala.

Regámola con coidado, procurando respartir ben a auga.

Esparexemos as sementes pola terra, intentando que queden ben repartidas.

Botamos outra capa fina de terra (uns 0,5 cm) e regamos un pouco máis.

10


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Facemos un arco cos limpiapipas e pegámolos aos lados da tarrina. Metemos a tarrina nunha bolsa de plástico vella, deixando aire suficiente dentro, e pechámola con outro limpiapipas.

Colocamos un cartel diante do invernadoiro co nome da semente e a data na que a sementamos. Utilizamos unha boliña de plastilina para que se manteña.

Alfábega púrpura 20/04/2012

Dado que nós sementamos 6 tipos de plantas aromáticas (tomiño, pirixel, alfábega verde e púrpura, lavanda e ourego), colocamos o cartel nunha bóla de plastilina coa mesma cor que os limpiapipas utilizados para facer o invernadoiro. Deste xeito, saberemos en todo momento que hai sementado en cada un deles. Cando as sementes comecen a xermolar, quitamos os plásticos e regamos sempre que sexa preciso. En canto as plantas medren o suficiente, procederase ao transplante a macetas ou horto.. ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA

11


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O alumnado do 2º ciclo de EP e 5º nivel tamén levou a cabo unha plantación,no seu caso foi de legumes e hortalizas.Tamén fresas. Cada alumno/a trouxo da súa casa algún tipo de semente.Cando tiveron recollidas as de todos saíron á parte posterior do centro a botar terra en caixas,macetas,envases de iogur,…

Trasladaron tódalas plantacións a un patio que temos no interior do centro, e que xa conta con mangueira e regadeiras. Alí remataron o proceso regando.

12


ED. INFANTIL 3 ANOS


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

ALUMNADO DE 2ยบ DE ED. PRIMARIA 14


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O Sauroposeidón foi, probablemente, o dinosaurio máis grande. Vivíu en Norteamérica fai entre 110 e 100 millóns de anos. O seu nome procede do grego: saurio (lagarto) e poseidón , deus do mar asociado aos terremotos. Só se atoparon 4 vértebras do pescozo que, nun primeiro momento, confundíronse con madeira. En 1994 foron descubertas en Oklahoma, e en 1999 tasadas como ósos pertencentes a este dinosaurio. Era herbívoro e estímase que podería alcanzar os 17 m de alto, por 34 de longo. O seu peso estaría entre as 50 e 60 toneladas.

O fútbol, tal e como o coñecemos hoxe en día, ten a súa orixe en Inglaterra. Este país redactou as reglas actuais en 1863.Estas sufriron pequeñas modificacións co paso do tempo, pero mínimas, polo non afectan á forma de xogo orixinal.

15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Plutón (o planeta anano) ten catro satélites, sendo Caronte o máis grande. A diferenza de tamaño entre Caronte e Plutón é tan pequena, que provoca a apariencia de planeta dobre.

A pesar de estar feitos de materiais máis ou menos pesados, a forma dos barcos, e o feito de que posúan grandes cavidades cheas de aire, fan que estes floten sen dificultade. Se por calquera motivo se producise unha rotura do casco causando a entrada de auga, o barco acabaría por afundirse, no mesmo intre en que pesase máis que a auga que o sostén.

16


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

A torre Eiffel mide 324 m, correspondendo 24 m a unha antena de televisión. Nun primeiro momento estaba previsto que medise 350 m, pero os veciñós tiñan medo de que caíse, e quitáronlle 50m. A altura de torre Eiffel pode variar ata 8 cm, dependendo de se vai frío ou calor.

Marte ten dou satélites: Fobos e Deimos, que teñen o nome dos fillos do deus grego da guerra Ares (Marte para os romanos), dados polo seu descubridor Asaph Hall, en 1877). Fobos significa medo, e Deimos, terror.

17


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

DAVID PIÑÓN

ÁNGELA MÁRTINEZ

ALBA TAJES

GABRIEL MARTINEZ

TAHA BAAIT

SARA CABALLERO

MARÍA PAZ

MARTÍN GODOY

RUTH GONZALEZ

DENIS GONTAD

NOELIA DIOS

IAN GÓMEZ 18


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

19


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Un ano máis seguimos a participar nas actividades de Deporte Escolar que os colexios de Terra de Montes organizan. Entre outros deportes participamos en xadrez, que non por se desenvolver sentados deixa de ser un deporte...

O día 1 de xuño tivemos a entrega de medallas, e tamén unha visita moi especial, pero vaiamos por partes… así de felices posamos!

Sandra Azón é unha deportista que compite en vela, e que nas Olimpíadas de Atenas 2004 conseguiu unha medalla de prata, que trouxo e nos ensinou, e tamén nos respostou as preguntas que lle fixemos. Logo veu ata o noso cole e fíxose unha foto con cada un dos ciclos, aquí a podedes ver cos pequenos,que aínda que non tiveron a oportunidade de estar con ela na carballeira ,tamén puideron compartir con ela un anaquiño.

20


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O plan PROA é un programa de reforzo, atención, e orientación que facilita o desenvolvemento escolar. Nel facemos un montón de tarefas divertidas

Un dos seus participantes opina que... A min gústame porque quedo no colexio cos meus compañeiros e podo facer os deberes. Non me agrada moito ter que ir os mércores porque teño fútbol e non me gusta chegar tarde. Gústanme os exercicios que facemos como as adiviñas, preguntas e respostas, fichas, xogos, cartas e traballos. Gustaríame ter algo máis de tempo para rematar os deberes aquí. Aprendín a aproveitar o tempo limitado que son 30 minutos. Tamén a compartir cousas escolares e outras cousas boas. Taha, 6º

21


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O

O centro de arte rupestre de Campo Lameiro mércores día 7 de marzo fomos a Campo Lameiro ao centro de arte rupestre. Este centro está moi ben para coñecer como vivían as persoas hai millóns de anos.Tamén nos ensina como vestían , sobre todo os guerreiros,como se apañaban para sobrevivir … Nos

ensinaron

algunhas

pe-

dras onde debuxaban o que vían, chámanse petroglifos : Na primeira había un cervo que tiña lanzas cravadas no lombo que significaba que cando gravaron ese debuxo na pedra estaban na tempada de caza, pero tamén estaban na tempada de apareamento.Tamén había

un cervo que ía caer nunha trampa, isto representa

que lle daba sorte cando ían cazar un cervo. Na segunda había unha cerva intentando escapar dunha trampa e moi pegado a ela estaba a súa cría .Tamén había un home montado nun cabalo que estaba medio escondido esperando a que un cervo estivese o suficientemente

cerca

para cazalo, isto significaba

que

estaban

na

tempada de caza e de reprodución . Na

terceira so

había cervos na tempada de reprodución. Pero en todas estas pedras había uns círculos concéntricos. 22


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Prenguntabámonos

que podí-

an significar e a nosa guía nos dixo que os cervos para os cavernícolas eran uns animais máxicos que os levaban ao outro mundo (o ceo) .Tamén podía significar que houbera auga cerca.Nas pedras había como uns cervos entrando e saíndo dos círculos concéntricos. Ás femias

non as mataban

porque se había só un macho e moitas femias chegaba para que non se estinga a raza. Tamén había un poboado onde nos ensinaron como facer pulseiras, colares, pan e lume. As peles dos animais usábanse para facer roupa, bandoleiras... e moitas cousas máis.Na exposición de dentro ensináronnos como vestían os guerreiros daquela época, tamén vimos un vídeo que nos mostraba o que facían e como se comportaban, neste vídeo saía un druída (un médico)que bebía unha poción alucinóxena (composta por plantas) que cando a bebía vía os círculos concéntricos e os debuxaba. Ninguén sabe o que significan. Aprendimos moitas cousas sobre como era aquela época. Divertímonos moito!

ALUMNADO DO 3º CICLO

23


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

, SERVICIO DE EMERXENCIA ALUMNADO DO 3ยบ CICLO

ALUMNADO DO 3ยบ CICLO

24


CEIP DE TENORIO

U

CURSO 2011-12

“A MIÑA PAISAXE“

n día miña nai levoume a un lugar de nome indescritible , do cal non me hei de acordar. Aquela viaxe foi bonita, chea de animais e emoción, pero aquel lugar … vouno explicar! O terreo era firme, a herba suave, todo estaba cheo de flores brancas, amarelas, violetas, azuis … Había un río, cuxa auga limpa, que o home non tivo tempo de ensuciar, era como un espello no que, se te mirabas, saían os peixiños a pedir comida. Do río saía un lago, onde vivían as rás, que cantaban e cantaban máis … e cando viña unha mosca ou bolboreta … as comían con delicadeza! O ceo sempre azul, coas nubes quixo xogar, formando moitas cousas imposibles de contar! As montañas eran altas, altas coma xigantes e nelas habitaban moitos animais. Se as mirabas eran dun verde puro, puro de verdade, pois só con recordalas … éntrame felicidade! As árbores, o mellor, de todo tipo había:altas, esveltas, baixas, grosas árbores con moitas follas e outras con ningunha; todas se completaban e estaban en PAZ , non había nin un só “eucalipto” que lles bebera toda a auga, que había comida para todos! Así é a miña paisaxe e o que máis me gusta dela é que hai moitos seres vivos que habitan nela en PAZ, non lles fan falla cartos nin armas, e son felices! Por iso, cada vez que vou alí, a aquela paisaxe marabillosa, penso que nós deberíamos aprender deles.

AUTORA: SARA 6º

25


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

AS PAIXASES DE TENORIO Vivo en Tenorio, a miña aldea a que quero tanto, tan fermosa e tranquila. Neste momento estou na miña habitación e desde a ventá vexo a enorme Igrexa que parece un castelo antigo. Se a vexo de noite, sinto moito medo porque tamén se ve o cemiterio coas veliñas alumeando. Tenorio garda moitos segredos. Miña avoa contoume que antigamente existía unha mina que pasaba por Tenorio e chegaba ata o monte, fixérana os mouros para roubar as mulleres ou matalas, porque querían invadir Tenorio. En Tenorio podedes atopar moito monte, con xestas, castaños,eucaliptos, piñeiros e abundante toxo. A min gústame pasear nel para ver os cabalos, lagartos, serpes e coellos. Tamén cos prismáticos observo os paxaros, un deles e o Chotacabras a min gústame moito imitalo, porque me responde. Por Tenorio pasa o río Lérez. Gústame bañarme nel pero nalgúns sitios e moi profundo e dáme bastante medo, tamén hai uns bichos que andan por encima da auga que parecen arañas xigantes, coidado que pican! Son os zapateiros. Nesta pequena vila temos un colexio fantástico, un instituto moi grande de tres pisos, unha gardería rodeada de parques e un polideportivo no que facemos ximnasia. Tenorio é moi grande e espacioso. Neste pobo vive moita xente. Algunhas casas atópanse nas ladeiras das montañas, coma a miña, outras no cume. Por último está a zona chá e nela tamén hai moitas casas. Tenorio ten unha terra moi negra na que a xente cultiva moitas legumes, coma chícharos, tomates, cebolas, patacas,sandías e a vide para facer oviño. O seu ceo é de cor azul moi, moi clariño con un sol pequeno pero radiante. As nubes son longas e moi esponxosas. Por este ceo voan moitos paxariños felices, que veñen a facer os seus niños nas grandes árbores para quedarse na primavera e espertarnos co seu cantar. Iso, se non esperto antes co ladrido da miña cadela! O que máis me gusta son as minas dos mouros que vou ir visitar dentro de pouco. Convídovos que as veñades ver, pero avísovos que é moi perigoso! E sabedes? Pasan por debaixo da miña casa! Que listos e malvados eran eses mouros! Fixeron unha mina segreda e a xente de Tenorio non se enterou. A miña amiga a Lúa, cando vou para a cama parece que me sorrí para darme as boas noites. A xente de Tenorio e moi divertida e faladeira sobre todo a xente maior, cóntache contos de antes, da súa época, como a miña avoa. ÁNGELA 6º ED. PRIMARIA 26


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

TOBI E TROSQUI

H

abía unha vez dous cachorros Tobi e Trosqui, que non tiñan dono. Os cachorros vivían na rúa e tiñan que comer lixo, comida podrida… e demais. Un día

Trosqui dixo: -Teño fame,teño fame! O cachorriño non podía máis .Así que fuxiu e encontrou unha cafetería. O outro cachorriño estaba moi preocupado polo seu irmán. Foi preguntando por todas as rúas: -Alguén viu ao meu irmán! Todos dixeron que non. Mentres, o outro irmán, comía sen parar. Un día Tobi pensou que podía estar nun sitio que houbera comida por exemplo unha cafetería. Tamén pensou que ao mellor tiñan poderes e podían acabar co mal. Entón dixo rapidamente: -Vou buscar o meu irmán Trosqui para derrotar os inimigos! Aínda que pasaba fame non parou ata atopar a Trosqui. -Estás aí! Que alegría!- dixo cando o encontrou-.Agora podemos ir derrotar os inimigos! E exclamou Trosqui : -Non podo!!! E dixo Tobi: -Por que? Se agora temos poderes! Trosqui dixo desanimado: -Porque agora é este o meu lugar. Tobi contestoulle : -Que prefires, estar sempre aquí ou vir comigo? E Trosqui respondeu : MARTA 3º ED. PRIMARIA -Irei contigo.

27


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O LIBRO Había unha vez un libro que sempre estaba triste porque non coñecía a ninguén que fora o seu amigo. Só coñecía ao seu fillo, que era o que o alegraba . Nese momento chegou o fillo e dixo: -Ola , papá! Ti cando eras pequeno…Aprezábante os nenos? El respondeu: -A miña vida era moi divertida pero agora que xa son vello só a podo contar e recordala así que cha vou contar. Cando era pequeno era un libro precioso, e era adorado por uns nenos que se chamaban: Pedro, María , Sofía , Antía e Marcos. A eles encantáballes ler as miñas páxinas de ´´Gerónimo Stilton´´ e ´´Kika Superbruja´´. Pero a Enma encantábanlle as páxinas de ´´Club de Ponis´´. Sempre me lía e nunca me rompía . Pero un día Enma deixoume no andel . Martín , o seu irmán pequeno, cando Enma descansaba , colleume , pintoume , rompeume e tiroume ao chan . Ao día seguinte , a nai dos irmáns miroume , pensou que se trataba dun libro vello e púxome no andel . Eu berraba e berraba sen saber ben o que facer. Un día colleume de novo e dixo: -Este libro xa fixo a súa función cando Enma era pequena . É vello e de aquí xa vai marchar. Vouno vender! A nai puxo unha mesa no xardín e na mesa algunhas cousas que xa non quería e nela ao libro cun cartel que poñía ´´VÉNDESE´´. Ao pouco chegou Pedro e comproume , pero alí ninguén me lía porque Pedro estaba todo o día facendo os deberes. Entón non lle daba tempo a lerme . Ao día seguinte , tiroume debaixo dunha árbore e deixoume aí só e aburrido sen saber o que facer. Ao outro día colleume unha muller e levoume a un sitio raro onde había moitos libros. Eu non sabía onde estaba, pero aquel sitio era familiar. A BIBLIOTECA! Xa sabes como foi a miña vida , filliño. Así que xa sabes onde estiven e onde estamos: NA BIBLIOTECA!!!

SARA 3º ED. PRIMARIA

28


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

29


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Os alumnos/as de 3º decidimos facer unha viaxe arredor do mundo ,e aquí tendes unha pequena mostra do máis interesante.

A ESCOLA

Os chinos/as levántanse moi cedo para ir á escola; a súa nai lévaos en bicicleta. Que difíciles son para nós as letras chinas! Cando regresan a súa casa practican o tai chi chuan, o seu deporte favorito.

AS FESTAS A máis importante chámase a Festa da Primavera ou Festa do Ano Novo. As rúas adórnanse con farolillos vermellos porque eles creen que lles traerá boa sorte. A Festa do Ano Novo termina co tradicional desfile do dragón.

Os nenos/as de Ecuador xogan cos seus amigos e amigas ao “Lobito”; neste xogo todos se sentan menos un e preguntan: Que estás facendo, Lobito? DE VACACIÓNS: Estou poñendo os pantaEn Ecuador vaise moito de lóns, os calcetíns, a camivacacións ao Parque Nacioseta… Estou listo para conal Galápagos. Está bastante mervos a todos. lonxe de Ecuador, a uns 1.000 Nese momento os que estaban senkilómetros de distancia. tados empezan a correr e o lobo persígueos. O primeiro xogador que se atrape convértese en lobo. 30


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

En Dacar existen moitos mercados que poden visitar os turistas. O mercado de Sandoga é un sitio para encontrar de todo, pero tamén para perderse debido ao seu tamaño e á cantidade de xente que o visita cada día. Chama a atención a zona onde se sitúan os artesáns que reciclan latas de refresco,de cervexas ou sardiñas e fabrican con elas verdadeiras xoias de deseño , maletíns, malePRATOS DELICIOSOS. A comida senegalesa é sinxela e moi saborosa. Cada unha das rexións do país posúe unha gastronomía particular, aínda que en todas elas o arroz é o elemento principal. Estes son algún dos pratos máis coñecidos: Poisson yassa: arroz branco con peixe,acompañado cun prebe elaborado con moita cebola e pemento. Mofe: verdura e carne de prebe n cacahuete. Bissop: é a babida máis popular en Senegal, feita con auga e flores de fiuncho.

FICHA. Capital: Bucarest Outras ciudades: Lasi, Galati, Constanza, Timisoara, Napoca Lingua oficial: romanés Moeda: Leu Superficie: 237.500 quilómetros cadrados ( algo menos da metade da superficie de España) Poboación: 8.387.000 habitantes Relixión: cristianismo ortodoxo (87 ), catolicismo ( 5 ), protestantismo ( 7 ) Número aproximado de persoas de Romanía que viven en España: 505.000 persoas.

31


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

LUGARES ASOMBROSOS. MARAMURES. Maramures está ao norte de Transilvania. É rica polas tradicións e os costumes. As igrexas de Maramures son estreitas, altas e de madeira. As torres son delgadas, altas e elegantes. As torres están colocadas cara a occidente , teñen un reloxo moi grande e unha agulla en forma de cruz. Estiveron ocultas nos Cárpatos durante séculos. No ano 1999 foron declaradas Patrimonio Mundial pola Unesco

TORRE DE LONDRES. Este monumento londinense consta en realidade dun total de vinte torres, pero a máis popular é a Torre Branca. Na actualidade na Torre gárdanse as xoias da coroa. Entre estas xoias encóntrase a coroa da raíña Isabel e a coroa de San Eduardo, cuxo peso é de máis de dous quilos.

MONSTRO DO LAGO NESS. Existe unha lenda escocesa que fala dun temible dragón que vive nun lago de augas moi escuras chamado lago Ness. Este lago negro (loch Ness) ten 56 quilómetros cadrados de extensión e unha profundidade máxima de 240 metros. Segundo conta a lenda, o monstro que o habita devoraba reses enteiras e tamén ás persoas que se achegaban demasiado á beira. A maior parte das persoas que din que viron este animal, descríbeno cun longo pescozo, un corpo robusto e unas aletas en forma de rombo. Moitos científicos organizaron expedicións para atopalo. O resultado foi máis ben desalentador: unha gran poboación de troitas, algunas teteiras e varios zapatos, mais ningún monstro mariño. Estaría Ness agochado? 32


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

campรก 33

Tambor


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O MEU POBO

No meu pobo podemos ver o Universo ao anoitecer e ver ao lonxe miles de reflexos. Eses reflexos minúsculos ao lonxe desprenden cada día montóns de alegría. No meu pobo pódese ver animais a máis non poder, árbores, arbustos, sempre hai algo novo que coñecer. Nuria Bugallo 5º E.P.

DÍA DO LIBRO OS LIBROS

Os libros fan soñar pois caes nun mar de letras no cal dan gañas de nadar. Mergúllome na súa profundidade de fantasía ou realidade. Son atrevidos e divertidos extravagantes e sinxelos. Invítanme a viaxar sen cambiar de lugar, pois péchome nun mundo onde todos os soños son bos. Nuria González 5º E.P.

34


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

O Departamento de Orientación propuxo,a comezo de curso, levar a cabo un programa de

Ha-

bilidades Sociais, coa fin de que o alumnado mellorara as súas relacións sociais, convivencia, e desenvolvemento emocional.Cada mes tratamos un tema diferente.

O SAÚDO : os saúdos son a maneira coa que as persoas expresamos a nosa dispoñibilidade a entablar unha “certa relación cos demais” .É unha benvida que deixa unha porta aberta á comunicación.

OS MODAIS NA MESA: fixemos unha reflexión de que cousas faciamos mal no comedor, e escribimos exemplos de bos modais : comer coa boca pechada, non xogar coa comida, pedir as cousas por favor e dar as grazas, falar baixiño, ...

O XOGO: o xogo demostrou ser unha valiosa ferramenta de aprendizaxe que vai máis alá da consideración dunha “perda de tempo” propia da infancia.Facilita o desenvolvemento de:

DESTREZAS SOCIAIS: cooperar, negociar, seguir regras, esperar turnos,… INTELIXENCIA RACIONAL: comparar, categorizar, memorizar, contar,... INTELIXENCIA EMOCIONAL: autoestima, compartir sentimentos cos outros,… COÑECEMENTO PERSOAL : capacidades, habilidades e limitacións; intereses e preferencias; expectativas,… COÑECEMENTO DA CONTORNA: explorar posibilidades, coñecer perigos e límites; roles,tradicións e valores… SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: considerar e implementar estratexias TOMA DE DECISIÓNS: recoñecer opcións, escoller e lidiar coas consecuencias

35


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Este curso, no ceip de Tenorio, dramatizamos o conto de Carapuchiña Vermella para celebrar a festa do Entroido. Elaboramos coidadosamente decorados e traxes.

Realizamos ensaios nos días previos, e tamén a última hora !

O demais xa o víchedes,lembrádesvos ?

Pero como ben sabedes, no cole tamén celebramos o Nadal, o Día da Paz, das Letras Galegas, o Día do Libro...así volo resumimos en imaxes ...

36


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

37


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

AS NOSAS POSTAIS DE NADAL

38


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

39


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Os nenos e nenas do 3ยบ nivel de Educaciรณn Primaria andivemos a traballar, ao longo do curso , nas descriciรณns. Para elo elaboramos murais como este cos textos que iamos facendo

40


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

Describimos as nosas mascotas e amigos. Velaí van algúns exemplos

41


CEIP DE TENORIO

CURSO 2011-12

42



1ยบ CICLO

2ยบ CICLO

ED. PRIMA RIA

ED. PRIMA RIA

RECOMENDACIร NS LITERARIAS

3ยบ CICLO

ED. PRIMA RIA

ED. INFANTIL


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.