Falares 17

Page 1

FALARES 17

CEIP DE TENORIO CURSO 2008-09

SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Índice: A CASIÑA VIAXEIRA…………...

3

CONTOFALARES………………...

4 - 16

MENÚ VEXETAL…………………

17

O CANÓN DE PAU……….. …….

18 - 24

MAGOSTO………………….…….

25 - 28

NADAL…………………….. …….

29

DÍA DA PAZ………………. …….

30 - 35

FALARES VIAXANTE……... …….

36 - 39

AS ABELLAS………………………

40 - 44

EU SON……………………..…….

45

FALARES COA CONVIVENCIA..

46 - 47

FALARES PERIODISTA………….

48 - 51

COMPAÑEIROS DO FALARES…

52 - 53

FALARES DEPORTIVO…………

54

DESPEDIDAS…………………….

55 - 57

2


3


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

4


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

5


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

6


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Pedro, Anxo, Raúl, David, Sheila, Tariana, J. Carlos (6º)

7


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Roberto, Carla, Irene González, Natividad e María 6º

8


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Cristina, Carlos, Tania, Irene Varela e Vicky 6ยบ 9


CEIP DE TENORIO

“MANOLIÑO

CURSO 2008-09

E

A ESPADA MÁXICA”

Hai moito tempo nun pobo vivía Manoliño, un neno que tiña 5 anos. Manoliño era moreno, tiña os ollos azuis , o nariz pequeño e levaba lentes. Era gordecho e moi ,moi trasto…

Un día na escola mentres a mestra explicaba o traballo ós nenos, Manoliño despistábase xogando cunha mosca , sacoulle as ás e a mosca non podía voar e rematou morrendo. Os seus amigos e máis a mestra puxéronse moi tristes.

10


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 Chegada a hora do recreo, cando xa estaban todos no patio, o noso amigo Manoliño, pelexou con Isabel, unha nena da súa clase. Todos os nenos se enfadaron moito e a mestra púxolle un castigo… Manoliño vai quedar sen amigos, verdade?...

A súa nai anoxouse moito e enfurruñada díxolle: -Por que pelexas sempre? Por que sempre andas a amolar ós teus amigos? Coido que se segues así quedarás sen ningún-Pero os guerreiros non pelexan!– seguiu dicindo súa nai. -E se non tiveses ningún amigo para xogar… como te sentirías?-preguntou

súa

nai. 11


CEIP DE TENORIO Manoliño despois destas

CURSO 2008-09

verbas quedou pensativo e quizáis un pouco triste. No fondo súa nai tiña razón… Manoliño seguía sen cambear. Faltaban só catro días para o seu aniversario. Os compañeiros da escola tiñan unha idea, algo sorprendente para o seu amigo Ían mercarlle un agasallo entre todos e … Preparáronlle unha caixa fermosa envolta en papel de moitas cores. Dentro da caixa agochábase unha sorpresa. Chegado o día do aniversario nada máis entrar na clase os nenos déronlle o agasallo que con tanto entusiamo prepararan para el. Manoliño moi sorprendido abriu aquel paquete e… sabedes que había dentro? Unha espada!

12


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 Cando viu o agasallo emocionuouse moitísimo, era o mellor que

agasallo

recibira

na

súa vida, xa que lle

facía

moita

ilusión. Manoliño quixo estrear a espada pero… cando a quitou para pelexar... TA- TACHAN! A espada non se despegaba del. -Sabedes por que? Porque era unha espada máxica, e non pelexaba, só facía amigos e a cada un que lle ía tocando quedaba con el para xogar. Manoliño pasábao moi ben e o mellor de todo foi que non volveu pelexar con ninguén. Desta vez aprendera a lección: “SE TEMOS MOITOS AMIGOS PASÁMOLO MELLOR!”. A partires daquel día o noso protagonista gañou un montón de amigos grazas a aquela espada máxica, agasallo dos seus amigos da clase.

E… colorín colorado este conto está rematado. ALUMNADO DE 1º E.P. 13


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 O HUSKY ABANDONADO

Érase unha vez un husky que tiña uns donos moi malos. Non lle botaban de comer todos os días, só de cando en vez. Pero en realidade, o can tiña unhas calidades moi especiais. Un día escapou e foi salvar un neno cego, que o ía atropelar un coche. Colleuno pola cazadora e apartouno. Despois os donos vírono na tele pero pensaron que era outro can e non lle deron recompensa ningunha cando chegou á casa. No verán os seus donos foron de vacacións. Deixáronlle moi pouca comida e un pouco de auga que non lle chegou a nada. Entón o husky sentiuse abandonado e escapou en busca de alguén que lle dera cariño e comida. Polo camiño encontrou unha cadela e fixéronse amigos. A cadela levouno ata a súa casa, onde vivía cunha xente que a quería moito. Cando a viron chegar acompañada, dixéronlle ao husky que o ían a adoptar. El quedou moi contento de ter ese recibimento. Puxéronlle comida e bebida e logo bañárono. Despois estiveron xogando polo campo os dous xuntos e fixéronse noivos. Meses máis tarde tiveron canciños. Daniel, 5º

“O REGALO QUE MÁIS ME GUSTOU” O regalo que máis me gustou foi o de meu pai. Foi un mini quat de gasolina! Eu quedei sorprendido e dinlle un bico enorme que nunca esquecerei. Ao día seguinte, montei nel e estaba chulísimo. Como non tiña casco, fomos compralo. Elixín un da cor do lume, como se estivese ardendo, era da marca X extrema. Cando fun ao aniversario de Leila leveino, e cando acabou a festa díxenlles que se puxesen en fila para que montasen nel.

14


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

A MIÑA VIAXE A ASTURIAS A miña viaxe a Asturias comeza nun día moi soleado: -Uaaaa! Por fin chegou o día da viaxe a Asturias. Estaba moi nerviosa porque tiña unha voda e nunca estivera alí. Meu pai e miña nai cargaron coas maletas no coche e eu, mentres, preparaba a maleta pequena: as colonias, os cepillos de dentes e sobre todo o xabón para lavarnos no hotel. De viaxe a Asturias pasei por moitos lugares como Santiago, Lugo, Ribadeo e Oviedo. O que máis me sorprendeu foi o niño da cegoña enriba dunha igrexa, as montañas tan grandes que había. As pontes tiñan unha altura de polo menos 1000 metros. Cando chegamos a Oviedo estaba tan aburrida de ir sentada no coche. Máis de dúas horas! Paramos nunha praza a esperar a Jose e despois déronnos a benvida a Asturias e fomos recoller a un amigo que viñera no autobús. Logo fomos cear e comemos moi ben. Marchamos para o hotel e cando chegamos dixemos miña nai, meu pai, meu irmá e máis eu: -Mimá, que xigante é! É máis grande que o salón! Deixamos as maletas, nos puxemos o pixama e vimos uns debuxos. Cando pasou un rato puxémonos a durmir, pero non eramos capaces porque non era a nosa cama. Entón tivo que vir a nosa nai a durmir con nós. Cando xa era de día espertei e de contado: -Cataplún, chisplás! Que pasou? Caeu meu irmá. Do golpe que se deu seguro que espertou e foi así e dixo: -Que susto levei! Pensei que me comía o lobo! Logo fomos á ducha. Cando chegamos a igrexa aínda non chegara a noiva. De contado comezaron a tocar os gaiteiros e apareceu a noiva polo camiño. Estaba moi guapa e o noivo xa a estaba esperando dentro da igrexa. O restaurante era xigante. Estaba enriba da montaña. A xente de Asturias é moi simpática. Fixemos amigos e pasámolo moi ben. Espero volver algún día porque me gustou moito esa viaxe. Ah! Que se me esquecía dicir que pasamos pola costa do mar Cantábrico e vin praias enormes e bonitas. Angela, 3º

A PANTASMA Nun castelo vivía unha pantasma que se erguía ás tres da madrugada. Audazmente ía cazar morcegos. Daba un berro e saían dos seus agochos. As tebras cubrían o ceo pavoroso. As rochas parecían que se partían en mil anacos, e o lago secaba e deixaba os seus tesouros ao descuberto. Un día un estraño foi ao castelo e a pantasma formou unha treboada de folerpas de neve. A neve derreteuse e o home puido escapar e todo quedou nun absoluto silencio. A pantasma morreu de soidade. Ernesto, 5º 15


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Esta historia trata de… Corten! Movemento, movemento!-grita o director dunha película. Unha cuncha á que un día descubriu unha serea chamada Estela. Ti es unha cuncha máxica! – di a serea asombrada.Como me dezcubrichez? Fizen todo o pozible para que non me dezcubrizendixo a cuncha co seu acento aceituno. Entón veu o polbo FANTASTICK.Non sabe falar só sabe rapear.E preséntase así: Son o polbo Fashion e gústame rapear tanto como xogar. Aa, aa, I love you, aa, aa, … Tola, ton a taltaluga Leituga –preséntase a tartaruga co seu acento leitugo. E como non, nesta conversación non pode faltar o cangrexo Pipipitexo. Ooola sooon ooo cangreeexooo Pipipitexo – dixo. O cangrexo levanta o brazo con forza e… Prprpr… Escápaselle unha ventosidade! Siiinto peeensei queee nooon vooos impooortaría -desculpouse o cangrexo Pipipitexo. A ver, zeguimoz có nozo: ezplícame cómo me dezcubrechez? - preguntou a cuncha á serea. Foi moi sinxelo: movíaste un pouco e xa tiñas a comida no prato, comías de todo, ata rás e ovellas, facías que os peixes tiveran mans e pernas, etc. - respondeu Estela. - Non zabía que zoubezez tantaz couzaz de min, tivechezte que ezconder moi ben. A que zi rapaza, por zerto, como te chamaz? – di a cuncha Malibuncha. - Eu chámome Estela. E ti? - Chámome Malibuncha- respondeu - Por qué te chamas así?Que nome máis raro. - Porque vivía en Malibú , por certo, era veciña de Hannah Montana, cando queiradez conzígovoz un autógrafo. Eu xa teño un no meu cuarto. Xuraz non dicir o meu zegredo? - Por suposto, seremos grandes amigas- di a serea. Pasaron os anos e, como non, Estela e Malibuncha seguían sendo amigas e descubriron que a tartaruga Leituga e o cangrexo Pipipitexo casaran e aprenderan unha nova canción: -Y eso es lo que quiero besos, todas las mañanas me despierten besos, luego por la noche que me den

más besos pa cenar… Esta película foi rodada en Hawai, 21-09-2028 CRÉDITOS: Directoras: Noelia ,Sonia ,Antía e Nerea. Leituga: María Pipipitexo: Anxo Fantastick: Álvaro Estela: Miriam Malibuncha: Teresa

16


17


Cando comezou a batalla os franceses rían porque ían moi ben armados con canóns de bronce. Os franceses rebentaron as defensas dos veciños de Cotobade.

Os Cotobadesesprepararon a defensa armados con fouces, coitelos, pedras…

Foi deste xeito que as xentes de Cotobade fixeron que os franceses fuxiran derrotados.

De súpeto, ás xentes de Cotobade ocorréuselles unha idea. Fabricaron un canón de pau para derrotar ós franceses.

fóra de Cotobade!

aos franceses de Cotobade. Franceses

O Crego de Cotobade moi cabreado tocou a campá para facerlle saber aos veciños que había que loitar para sacar

Chegaron franceses - con moi mala pinta - ó muíño. Entraron ó muíño e requisaron os petiscos e o viño.

No ano 1809, o exército de Napoleón, entrou en Galicia e parte dese exército quedou en Cotobade no mosteiro de Tenorio.

Tamén tiñan bo viño!

requeixo, filloas… que saboreaban mentres falaban uns cos outros.

Cotobade era un lugar onde os veciños se levaban moi ben uns cos outros. Preparaban uns doces moi ricos:

HAI MOITOS ANOS EN COTOBADE SUCEDEU UNHA HISTORIA QUE TODOS DEBEDES SABER

O CANÓN DE PAU


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

19


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

20


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

21


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

22


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

23


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Alumnado de 3ยบ E.P. 24


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

25


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

26


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

27


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 “ A HISTORIA DE FANI” Había unha vez unha castaña que se chamaba Fani. Ela chegou a Galicia nun circo mexicano que se chama Castaña Man. Estaban ensaiando no monte. Nese momento quedou engancha-

da nunhas follas do chan. Estaba tremendo de medo e despois de tanto camiñar encontrou un castiñeiro. Mirou que había uns homes, collérona e metérona nun cesto. Ela gritou: - Socorro! Pero ninguén a escoitou. Logo levárona a un sitio onde había moitas castañas coma ela. Alí coñeceu a dúas castañas que se chamaban Manuel e Xoán. Xoán era o máis pequeno dos tres. Un día decidiron escapar daquel horroroso lugar pero os homes non deixaron de perseguilos. - Escondámonos debaixo das follas, aí non nos encontrarán! - dixo Manuel E así foi, escondéronse como dixo Manuel. Cando saíron do escondite, déronse conta de que estaban ó lado do mar. Fani viu unha barca na beira do mar e dixo: - Imos na barca a Tenerife? - Vale! contestaron Xoan e Manuel á vez. Entón decidiron pasar unhas vacacións en Tenerife, tomando o sol. Sergio e Denis de 4º E.P. 28


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

29


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

30


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

31


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

O CONTO Despois da viaxe soñada, a Said dábanlle calafríos e pensou no seu pai. Mirou para a pulseira que lle regalara e quixo marchar para casa pero a cana non o deixaba moverse. Tirou e tirou e un peixe grandísimo saíu da auga. Así se tranquilizou e marchou onda súa nai co enorme peixe. Mentres a nai fritía o peixe para a cea, Said contoulle a aventura soñada: a feira, o home disfrazado de touro que contaba mentiras... Os dous puxéronse tristes pensando no pai que marchara a buscar traballo fóra. Observando a pulseira creron que alí onde fose o tratarían ben, coma a unha persoa. María e Mari Carmen, 4º

SAID E MÁIS EU Said é un neno pobre que vive en África, nunha humilde casa, pequena e sen auga potable. Eu son Pedro, un neno que vive en Xeve, nunha casa grande e con auga fresca no baño, na cociña, no xardín... No seu pobo non hai moitas casas e tampouco hai sitios onde comprar comida, xoguetes... No meu pobo ocorre todo o contrario: hai tendas onde comprar comida, xoguetes... El só ten un xoguete: é un balón. O aprecia moito e non se aburre. Eu teño moitos xoguetes. Non lles dou tanta importancia porque de cando en vez me compran algo que me gusta. El leva uns pantalóns e uns zapatos totalmente luídos. Eu teño moitas prendas de roupa de marca e hai veces, que ao medrar, case quedan novas. El durme nunha esteira. Nós durmimos nun colchón brandiño con mantas quentes e confortables edredóns. Como di miña amiga Noelia, “É moi difícil levar unha vida como a de Said”. Nós, en cambio, témolo todo ao alcance da man.

Pedro, 5º 32


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

33


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

34


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

“O ELEFANTE MUMÚ” Alumnado de 4º E.P. 35


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

36


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

37


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 O edificio que vemos ao fondo é o Concello de Pontevedra. É un edificio de finais do século XIX e realizado polo arquitecto Sesmeros. María Paz

BASÍLICA DE SANTA MARÍA .Tamén se lle chama “Basílica dos pescadores” xa que eles foron quen, vendendo cestas de peixe,fixeron a aportación económica para a súa construción.Foi mandada construír para o Gremio de Mareantes de Pontevedra, no século XIV, en substitución doutra románica máis pequena. Á esquerda da porta sur atópase a escultura do “Cristo del Buen Viaje”.O máis destacado é a fachada principal dende a que descende una gran escalinata. Lucía Piñón e Eva Gil RUINAS DE SANTO DOMINGO.Estas ruínas pertencen a un templo de dominicos que chegaron a Pontevedra no século XII e empezaron a construción desta igrexa no século XIII. Ao traspasar a verxa de entrada vense cinco ábsidas á esquerda, e de fronte a fachada un gran rosetón.Os principais restos conservados aquí son lápidas romanas, sarcófagos e una colección de armas de Galicia.

MONUMENTO AOS HEROES DE PONTESAMPAIO.Este monumento está feito de bronce e pedra.É un recordo a batalla que libraron contra os franceses os veciños de Pontesampaio cun improvisado canón de madeira que lles deu bo resultado. A batalla tivo lugar entre o 7 e o 9 de Xuño de 1809 ( Guerra da Independencia). As tropas españolas venceron ao mariscal Ney, quen se viu forzado a retirarse. 38


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09 PALACIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.É un claro exemplo do estilo ecléctico oficial de finais do século XIX, sendo construído polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros. O palacio da deputación atópase situado na gran vía de Montero Ríos, en pleno corazón da cidade de Pontevedra. David Piñón

INSTITUTO VALLE-INCLÁN O instituto de Secundaria e Bacharelato Valle-Inclán foi o primeiro centro de ensinanzas medias da provincia de Pontevedra. Este centro está situada na Alameda, máis concretamente na Avenida de Montero Ríos. A fachada deste centro é dunha gran fermosura. É un edificio cadrangular con dous impoñentes torreóns feitos de pedra tallada a man, que conta con dúas saídas.A fachada norte é de estilo modernista. Na parte central ten vidreiras co escudo de Pontevedra e varias figuras talladas na pedra. Os dous torreóns teñen un estilo de castelo da Idade Media. En todo o edificio, de tres plantas, hai grandes fiestras, cada una delas cun gran arco enriba. David Piñón

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA O museo de Pontevedra é moi bonito.Entramos no edificio e cruzamos unha ponte.Paramos nunha sala que

tiña moitas xoias e colares de antes, pero parecía que eran de agora. Alí fixemos unas actividades de observación. Despois pasamos a outra sala na que había fotos de personaxes importantes e un barco viquingo moi chulo. A continuación entramos noutra sala que tiña outro barco grande e bonito.Despois, nesa mesma sala, díxonos Bea que había que dar a volta e mirei un gran sillón cunha estrutura de barco. Alí había cousas tan bonitas, que me puxen a observalo todo.Primeiro me fixei nunha mesa que tiña un taboleiro de xadrez moi pequeno. Despois unha estantería cunha colección de tabliñas de diferentes países, pero non estaba completa. Tamén había minerais e un canón. Noutra das salas miramos soldados, e creo que algúns eran franceses. Ao lado había unha pintura que parecía que se movía: se nós iamos cara a dereita, o pé movíase para a dereita; e si nós iamos cara a esquerda, o pé tamén, pero moi a modiño. Despois de subir moitas escaleiras chegamos a unha sala cunha cociña antiga, parecía do conto de “Cincenta”. Enfronte da cociña había un montón de chaves. Máis tarde baixamos por unhas escaleiras e chegamos a unha sala preciosa dun barco; parecía que navegabamos. Para o final quedaron tres salas: a da pedra, a da prata e a do ouro. Bea díxonos que tiñamos que buscar tres cousas: un muíño na sala de pedra; un colar na sala de ouro e unha chocolateira na de prata. Atopámolas! despedímonos de Bea, a guía, e voltamos a Tenorio. Eva Gil 39


As abellas son moi traballadoras. Pola mañá cedo saen da colmea e van na procura do seu tesouro: o néctar, que coa súa fórmula máxica, transforman en mel.

Ao mesmo tempo que recollen o néctar, traen consigo pegado nas patiñas o pole.

Cando xa non poden cargar máis, van cara á súa colmea a continuar co seu traballo.

Dentro da colmea hai uns paneis de forma hexagonal, chámanse celas, constrúenas con cera. Alí pon os ovos a raíña; estes ovos eclosionan e aparecen as larvas. Tamén almacenan o mel nelas.

40


Unha vez feito o mel o apicultor ou apicultora, encargarase de recoller o mel que está dentro da colmea, para o que se pon un traxe especial que xeralmente é de cor branca.

O apicultor ou apicultora, utiliza uns útiles indispensables: sombreiro e traxe, luvas, botas, unha rasqueta para despegar a tapa da colmea, un cepillo para apartar as abellas con moito coidadiño, e un afumador para tranquilizar as abellas no momento de abrir a súa casiña e que vaian para a parte de abaixo da mesma.

Este é o tarro que levei para a miña casa, xa case non queda nin unha pinga, está deliciosaaaaaa!.

Hai diferentes habitantes na colmea: a raíña encárgase de poñer os ovos e todas as demais abellas coidan dela. 41


O zángano é como unha estufa , el dá calorciña para que ninguén pase frío, tamén lle fai as beiras á raíña.

ABÁZCARO

A obreira coida a limpeza da súa casiña, coida das larvas e da raíña, e, por último, sae a buscar alimento para a comunidade.

Esta é a vida das abellas, o que aprendemos xuntos, seguiremos investigando en novas edicións sobre a vida doutros seres vivos.

“As que se ven e as que andan agachadas somos as abelliñas do conto” Ed. Infantil 3 anos

42


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

43


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

44


45


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

UNHA VISITA ESPERADA O venres viñeron os nenos e nenas do Príncipe Felipe ao colexio. Despois de saudarnos e conversar un pouco, dividíronnos en tres grupos. O primeiro grupo foi xogar co paracaídas, o segundo a ver as maquetas do museo do conto e o terceiro estivo na biblioteca ollando os contos que escribimos este ano. E logo fomos pasando todos polos distintos sitios. A continuación, despois de estar un ratiño no patio, pasamos aos aperitivos que nos puxeron no comedor. Máis tarde, actuamos para eles. Houbo teatro, baile, poesía... e unha nena do Príncipe Felipe tamén cantou para nós. Ao final, démoslles un pequeno agasallo, un monicreque de papel, e

unha larpeirada.

Ese día o pasei moi ben. Eles xa nos prepararan unha sorpresa a nós no primeiro trimestre, coincidindo co magosto. Alberto, 5º

46


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

47


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

O ALUMNADO DE SEXTO FIXO UNHA ENTREVISTA AO DOUTOR COTA A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO: Ola, querido Doutor Cota: Somos un grupo de alumnos/as de 6º de Ed. Primaria do CEIP de Tenorio, que desexamos facerlle unha pequena entrevista para que saia no noso periódico escolar. O profe xa nos contou un pouco da súa vida, pero temos unhas cantas preguntas que nos gustaría que nos contestase. Para empezar, farémolo coa parte máis achegada a nós, que son os estudos: 1.- Por que decidiu estudar medicina e facer traumatoloxía, e en cantos anos rematou a carreira? Eu son un médico vocacional, non recordo ningún día da miña infancia na que non desexara ser médico. Era o meu soño. A verdade é que non sei claramente a razón de esa vocación inicial dado que nos meus parentes máis próximos non hai médicos. Sen embargo si teño conciencia de como se alimentou esa vocación, que foi grazas ós médicos de cabeceira da miña familia en A Estrada: o Dr. Blanco e sobre todo o Dr. D. Manuel de la Calle. Acórdome perfectamente das visitas de D. Manuel á nosa casa para tratar as doenzas da familia. A súa sola presenza calmaba ánimos, diminuía dores, e unha cega confianza se apoderaba de nós xa que eu estaba convencido de que aquel home sandaría a calquera enfermo que tratase.. Eu admiraba aquela confianza que desprendía e que non se baseaba só nos seus coñecementos médicos, que eran moitos, senón sobre todo no seu trato amable, próximo e, nunha palabra, humano. Na miña vida profesional sempre quixen emular a aquel médico que non só trataba enfermidades, sobre todo trataba persoas. 2.- Se non estudase medicina por que outra carreira se decidiría? Sería para min moi difícil decantarme por outra opción. Non me podo imaxinar a miña vida sen poder ser médico 3.- Cando tiña a nosa idade (11-12 anos) era un alumno de estudar ou tamén recorría a outros trucos como as chuletas? A verdade é que penso que fun un bo estudante. A miña capacidade de retentiva non me facía excesivamente duro o tempo de estudo na EXB e incluso nos primeiros anos do bacharelato, e sacaba boas notas. Se me prometedes non contarllo ós meus antigos profesores direivos que, algunha vez, caín na tentación e levei algunha chuleta a algún exame pero a verdade é que non me serviron de moito. Repito, ¡¡¡¡¡¡por favor non llo contedes!!!!! 48


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Continuamos pola parte do seu traballo: 4.- Cales son as características principais para ser un bo traumatólogo? Eu non faría diferenza entre especialidades. Penso que hai que ser un bo médico. Penso que para ser un bo médico o máis importante é que che guste, que non estudases medicina por presións familiares ou sociais. Despois hai que ter unha capacidade de estudo para estar ó día nas novas técnicas de diagnóstico e tratamento, que o avance científico pon nas nosas mans para tratar as enfermidades xa coñecidas e outras novas que van aparecendo. Pero non solo iso, para min un médico ten que ser un romántico. Non vos riades. A práctica médica ten que ser humana, o trato cos pacientes debe estar baseado nunha confianza mutua, nun respecto mutuo e saberse poñer ó outro lado da mesa. A xente que recorre a nós, en máis ou menos medida, está sufrindo no seu corpo e moitas veces tamén na súa alma. O labor do médico é tratar as dúas. Os coñecementos dannos a posibilidade de tratar o problema do seu corpo, pero este non curará de todo se non tratamos á persoa e non só á enfermidade. Eu son dos que pensa que falar co paciente, sen présa, apertarlle a man ou darlle un abrazo, achegándonos ós seus problemas xera confianza e cura, xa en parte, o mal que o afecta. Esa é a medicina romántica que a min me gusta practicar. Non hai que esquecer a frase “A xente quere ós médicos que queren á xente, antes de ser un bo médico, se unha boa persoa”. Unido a todo iso, para practicar calquera especialidade debe ser escollida cos gustos e a vocación de cada un. 5.- Cal é a lesión que máis custa curar? Me imaxino que vos referides á lesión no deporte. Actualmente a pesar dos avances que nos axudan a tratar médica e cirurxicamente moitas lesión que non hai tantos anos retiraban á xente da práctica deportiva, se tivese que escoller algunha agora mesmo, quizais sinalaría as lesións de cartilaxe articular e tamén as lesións musculares complicadas. 6.- Cal foi a operación máis difícil que realizou? Non pola súa dificultade pero si por ser a primeira que facía só, recordo unha fractura de tibia na que tiven que poñer un cravo. De iso xa hai uns cantos anos. De todas formas sempre hai que estar alerta porque ata as operacións consideradas mais fáciles pódense complicar por múltiples motivos. 7.- Está moito tempo fóra da casa a causa do traballo?, e cando chega, é capaz de desconectar? Na miña profesión e difícil desconectar totalmente. Moitas veces quedo pendente de pacientes que vin ou operamos e case sempre hai que botar man do teléfono para confirmar que non hai problemas e así quedar tranquilo.

49


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

8.- Que lle resulta máis doado: curar aos futbolistas ou aos pacientes da consulta? Os deportistas en xeral son pacientes que teñen en común á importancia que lle dan (eu tamén) á súa actividade física. Pois, queren retornar a esa actividade o antes posible. Por iso un deportista non esta curado dunha lesión ata que poida retornar a esa actividade, mentres que un paciente non deportista busca alivio da súa doenza para a vida diaria que non supón tantas cargas. Nos deportistas as fases de curación da lesión e as de recuperación funcional deben ir paralelas, para así diminuír os prazos de baixa. De todas as formas, nunca debemos esquecer que o trato humano debe ser sempre igual, sen diferenzas entre un deportista profesional e calquera paciente que confía en nós a súa saúde. Seguimos polo mundo do fútbol e da selección: 9.- Cal é a lesión máis grave e a máis común no fútbol? Canto tempo tarda en recuperarse? As lesións máis frecuentes son as musculares nos seus diferentes grados e despois dos ligamentos. Todo os domingos os equipos teñen algún xogador que non pode competir por culpa dalgunha lesión muscular. O tempo de recuperación é variable dependendo do grado de lesión e da zona afectada. De todas formas, por dar un dato, direivos que unha rotura fibrilar muscular ten un prazo mínimo de recuperación de unhas 3 semanas. 10.- É posible que se poidan evitar moitas das lesións dun futbolista cun bo adestramento? Hai varias recomendacións para intentar previr lesións: hábitos de vida correctos, a alimentación, a hidratación... pero tamén un correcto adestramento é fundamental, esa difícil e importantísima tarefa da prevención. 11.- Cando foi por primeira vez coa selección absoluta? O meu debut coa selección Absoluta foi nun partido amigable en Copenhague contra Dinamarca, o 20 de agosto do 2008. Gañamos 0-3. 12.- Cal cualifica como mellor xogador da selección española? Para min son todos bos. Non podería decantarme por ningún. Pensade que, neste momento, para min xa non só son grandes xogadores, senón que tamén estamos sendo amigos co cal non estaría ben citar a ningún deles por encima dos demais. Ademais direivos que todos eles son boa xente. 13.- Coñece algunha anécdota dalgún xogador? As que coñezo non se poden contar.

50


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Xa por último, temos unhas preguntas relacionadas cos seus hobbies: 14.- Por que deixou o fútbol? Xa sabemos que era porteiro, pero era bo? Non está ben que un se cualifique a si mesmo, por falta de obxectividade, ou por un desmedido orgullo ou modestia. Diríavos que eu creo que fun un bo porteiro sen ser nada do outro mundo. Antes o posto era máis específico que actualmente. Os porteiros de hoxe evolucionaron moito polos cambios nas regras do xogo. Por iso tamén cambiaron os tipos de adestramento, moi diferentes hoxe en día ós que faciamos nós. Penso que é o posto que máis evolucionou no fútbol nos últimos anos.

15.- Nos seus anos de xogador gañou algunha copa? Torneos modestos moitos. Importante citar o Subcampionato Galego de Xuvenís con Pontevedra e o Subcampionato na Copa da Liga co primeiro equipo do Pontevedra. 16.- Que música e que lecturas lle gustan? Son un amante da música de Elvis Presley. Non é un cantante da miña época, xa que o seu éxito foi nos anos 50, 60 e principios dos 70 (cando morreu no 1977 eu tiña 11 años), pero creo que foi o maior fenómeno musical da historia moi por encima dos actuais. Ten unha voz e unha forma de cantar para min especiais. Sabedes un segredo? No meu quirófano, cando estou operando poño música de Elvis co cal gaño as críticas das enfermeiras. Encántame ler e, sobre todo, novela histórica ou novela negra. Desgraciadamente, é unha das miñas afeccións que se ve máis afectada polos meus horarios, e aproveito as horas de avión e viaxes para gañar tempo perdido. Se vos digo tres libros que sempre recomendaría serían: “Los Pilares de la Tierra” de Ken Follet, “El Médico”de Noah Gordon e “La Sombre del Viento” de Carlos Ruiz Zafón. Para despedirmos, dámoslle as grazas pola súa colaboración e esperamos que cando poida nos faga unha visita. Por certo algún de nós ten unha última dúbida, recomendaríanos a súa profesión? Recomendaría a miña profesión a aqueles que no só lles guste, senón que sintan a verdadeira vocación e teñan claro que é unha disciplina de entrega ós demais, o cal supón sempre unha dedicación especial e, polo tanto, un sacrificio extra que ten que estar por encima de outros moitos aspectos. Moitas grazas e ata sempre, querido Doutor Cota. Moitas grazas a vós por facerme o honor de deixarme colaborar no voso periódico. Para rematar, e sen querer ser pesado, só vos deixo outra frase que me ensinaron sendo estudante e que sempre teño en conta na vida profesional “O día que deixes de loitar por ser o mellor, deixarás de ser bo” Unha aperta para todos e moita sorte nos exames.... e, sobre todo, na vida.

51


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

ANIMAIS QUE MERODEAN POLO NOSO COLE Ola, somos os rapaces e rapazas de 5º e queremos falar de dous animais que habitan no patio do colexio. Case podemos consideralos como as nosas mascotas. É frecuente ver aos pequenos e aos non tan pequenos ao redor deles. Nalgunhas ocasións contemplándoos e noutras molestándoos. O certo é que no fondo os queremos. Estes dous animais son: o lagarto arnal e o coello. O LAGARTO ARNAL No patio do colexio hai varias parellas. Podemos velas nos recreos nos días calorosos, pois a eles gústalles estar tomando o sol. Ata que chegamos nós, que entón foxen e métense nos buratos dos muros. É moi bonito velos cando están lonxe coa cabeza levantada, observando o perigo que se pode acercar. O lagarto arnal ten de nome científico Lacerta Lepida. É un animal vertebrado da familia dos réptiles. Ten un tamaño de entre 20 e 30 centímetros. Ten catro patas e unha cola moi longa, que nalgunha ocasión perden. Ten o corpo cuberto de escamas. A súa cor é verdosa, con pintas azuis e negras. Nace por ovos que depositan nas rochas ou en galerías. Aliméntanse de insectos, caracois, lesmas e pequenos réptiles. Hai crenzas que din que o lagarto lévase ben cos homes pero non coas mulleres. Nalgunha ocasión tamén é tema de cancións coma: “A saia de Carolina/ ten un lagarto pintado/ cando Carolina baila/ o lagarto move o rabo”. Tamén hai un dito no que se acepta ao lagarto como protector das persoas. Así, cando che preguntan por alguén e común escoitar: “Está ben, goza de boa saúde, lagarto, lagarto, non vaia perdela agora”. Outra expresión corrente é: “Tomar o sol coma un lagarto”. 52


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

O COELLO No patio do colexio hai un coello. Os anos anteriores houbo máis e incluso podiamos contemplar cazapos (crías de coellos). Este podémolo ver polas mañás. Cando nos ve agóchase e baixa as orellas para pasar desapercibido. Se nos achegamos moito escapa e métese debaixo do colexio. Podemos distinguir entre varios por unha característica particular: ten unha orella fendida. O que si é certo, é que segundo a posición en que o vexamos parece que ten tres orellas. O coello ten de nome científico Oryctolagus cuniculus . É un animal vertebrado, mamífero e roedor. Ten catro patas e un rabo curto. O seu corpo está cuberto de pelo. Mide sobre 40 centímetros e pesa 1,5 kg aproximadamente. Cría en galerías que fai no solo que se chaman tobeiras. En cada camada nacen entre seis e dez crías. Aliméntase de vexetais variados excepto o perexil que lle provoca a morte. Serve de alimento para varios seres vivos coma os humanos. Pero tamén é presa habitual de carnívoros coma o raposo ou de distintas aves rapaces. Sobre os coellos hai crenzas de que as súas patas son amuletos de boa sorte. Tamén hai cantares que din: “Cando a lebre diga misa/ e o coello sexa abade/ deixarei o meu querer/ para coller a túa amizade”. Tamén hai refráns como: Polo San Miguel o coello sabe ben. Desde que fuxiu o coello, veu o consello. Onde menos se pensa, salta a lebre. Alumnado de 5º 53


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

Que opinan os/as nenos/as sobre o deporte escolar? Frases textuais deles:     

“Gañáronnos algunhas probas, pero o importante é participar”. “Ao acabar todos os deportes marchamos todos moi contentos por participar” “Eu paseino moi ben, e ti?” “Foi xenial, por pouco gañamos”. “En balonmano foi moi difícil para os dous equipos pero…”

54


Agora xa medramos e hai que estudar números e letras vannos ensinar pero nunca poderemos esquecer

De moitas maneiras logramos pintar aprendemos cancións e a bailar cos nosos amigos xogamos sen parar e pasamos un ano fenomenal.

Pasamos tres anos en infantil cos compañeiros/as que hoxe están aquí, cantas cousas fermosas aprendemos e tamén, as veces, nalgunha lea nos metemos.

O NOSO PASO POR ED. INFANTIL


Jose C. Lameiro

Anxo Peleteiro

María Alonso

Roberto Rodríguez

Unha promoción máis marchamos do cole e como todas as anteriores o botaremos de menos. Cristina Gómez

Natividad Baliñas

Irene González

Tania Bugallo

Irene Varela

Crecemos e cambiamos de centro pero nunca vos esqueceremos.

Raúl Ibargüen

Tatiana Rojas

Victoria Marcial

Carlos Martínez

David Nores

Pedro Iglesias

Carla Rey

Sheila Sueiro

56


CEIP DE TENORIO

CURSO 2008-09

ADEUS, CATIVOS/AS, E GRAZAS POR TODO!

Nas cousas da vida todo ten un principio e un final. Atópome nun momento da miña vida na que unha desas cousas está chegando ao seu remate. Estoume referindo á miña faceta profesional como mestre de escola. Non pretendo avaliar o curso desta longa etapa de case corenta anos. De iso encargaranse os/as moitos/as alumnos/as que pasaron por min, os/as compañeiros/as de profesión e os/as pais e nais deles, que en ocasións tamén foron alumnos/as meus. O que si quero agradecerlle á vida é a oportunidade que me brindou de poder facer o que máis me gustou sempre, educar. Neste aspecto considérome un home privilexiado. Foron moitos os colexios por onde pasei nestes longos anos. Gardo moitos bos recordos de todos eles, pero de os aproximadamente quince últimos anos, gardo con especial agarimo o paso polo C.E.I.P. de Tenorio. De aquí voume cunha sensación marabillosa de sentirme querido por todos/as. Prégovos que non interpretedes as miñas verbas como fachendosas (parece que non teño avoa). É o que palpo e ninguén me vai facer crer outra cousa. Ao mesmo tempo, quero pedirlles desculpas a todos aqueles, aos que nalgunha ocasión puidera faltarlles en algo. Por último, voume permitir dar a miña última clase ao alumnado, en xeral. Fareino en forma de consello: “Non queirades ser maiores antes de tempo”. Recordade que sodes nenos/as e que como tales debedes de comportarvos. Gozade da vosa idade facendo as cousas que sempre fixeron os/as nenos e nenas. Traballade arreo para prepararvos de cara á vosa futura vida e facédeo con alegría, pasándoo ben, que se pode facer dese xeito. Aos/ás pais/nais tamén quero darlles un consello. Hai un refrán, xa vello, que di: “O que ten tenda que a atenda e senón que a venda”. En poucas palabras: dedicádelle todo o tempo que poidades aos/ás vosos/as fillos/as, interesádevos polos problemas que poidan ter... Non é suficiente con que os dotedes de canto se lles antolle. O máis importante é a convivencia diaria que implica moitas obrigas con eles/elas. Como remate, só me resta dicirvos: Adeus, cativos/as, e grazas por todo! O PROFE FERNANDO 57


CEIP DE TENORIO TENORIO S/N

TENORIO (COTOBADE) TELÉFONO/FAX: 986764102 E-MAIL:

CEIP.TENORIO@EDU.XUNTA.ES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.