Falares 16

Page 1

FALARES 16

C.E.I.P. DE TENORIO CURSO 2007-08

SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

 



          



        

 

       



         

  

           



          

  

               

  

         

  

                             

  

   




CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Glossary A:

F:

N:

T:

Adventures – aventuras

Farm : granxa

Name - nome

Tell – contar ( un conto, unha historia)

Alone – só

Far : lonxe

Never - nunca

All – todos/as

Find : atopar

Hurry up – apurar

Among : entre

Finish : rematar

Arrive : chegar

Flock : rabaño

As – como

Friend : amigo / a

B:

Frog – rá

Thief – ladrón / ladroa Toad - sapo

Beautiful : bonito Big : grande Boat : barco

G:

O:

Together – xuntos / as

Observes - mirar

Too - tamén

Old – vello / a

U:

Only - só

Ugly – perigoso / osa

Open - abrir

Get up – erguerse

Underwater – debaixo da auga atopar

Goes out – saír

P:

Gold – ouro

Pass – pasar

Grass – herba

Phosphorescent – fosforescente

Call : chamar

H:

Pick up – recoller

W:

Catch : coller

Happy- feliz

Pig – porco / a

Walk - camiñar

Clothes : roupa

Hiden – agochar

Play – xogar / tocar un instrumento

Wash - lavar

Come on : veña / imos

Hurry up – apurar

Country : país / pobo

I:

CH :

In love – namorarse

Chaning room : vestiario

K:

Children : nenos / as

Knows – saber

D:

L:

Deceive : enganar

Later – máis tarde

Dirty : sucio

Leave - deixar

Brake : romper Build : construir

C:

Disappoint : desilusionar Leg – perna Discover : descubrir

Lifeguard - salvavidas

Dog : can

Live - vivir

Door : porta

look after - coidar Look for - atopar

Police – policía Poor – pobre

S: Sad – triste Search – atopar Shameful – vergoña Shark – quenlla Stretch – estirarse Strong – forte Suddenly – de súpeto Sure – seguro / a Swim - nadar

V: Vegetarian – vexetariano / a

Within - sen Wonderful – marabilloso / a


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

OBRADOIRO DE ESCRITURA

Alumnado de 1ยบ, 4ยบ e 6ยบ de Ed. Primaria


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

C A N T A R D E

T e ña n b o d ía s e ño r e s e gr azas por escoi t ar e* est as est r of as si nxel as que os de qui nt o van r eci t ar .

Ac a d émi c o f o i n o me a d o d a Re a l Ac a d e mi a Ga l e g a c o n t a a Hi s t o r i a d e Vi g o co novel i st a Cu n q u e i r o .

C E G O

Ad íc a s e a u n g r a n poet a h o me d e l e t r a s s e n par , naci do na pat r i a gal ega p r e t o d o n o s o ma r .

Po e ma s d e T i e Mi n Ca n c i o n e i r o d e Mo n f e r o , Ro s e i r a d o t e u Me n c e r e t a mén Ca n l e Se g r e d o

Ho me d e mo i saber es con hi st or i cont ar e* f i xo i l ust r a mi g o s c o mo Bóv e d a Ca s t e l a o .

F o r o n a s s úa s gr andes obr as e por i so as r e c o r d a mo s o d ía d a s L e t r a s Ga l e g a s a Xo s é l l e a d i c a mo s .

t os as que es e

T a mén f o i u n g r a n d e me s t r e a s úa p l u ma exer ci t ou ent r e t r abal l o e

O f i n a d i ño ma r c h o u no ano oi t ent a e ci nco gr azas ao seu l abor o gal ego espal l ou. Gr a z a s d e n o v o


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

FALARES AFICIONADO A miña mascota

BIOGRAFÍA DE TINTÍN

Bos días, hoxe vou falar da miña mascota, chámase TINTÍN. Estivo 9 meses na miña casa. Regaláronmo pola comuñón. Era un cachorriño. Era blanco e as puntas das orellas tíñaas de cor marrón. Os acontecementos destacados da súa vida foron: cando chegou por primeira vez á miña casa, as saídas polo monte co meu pai e eu, as visitas ao veterinario. A primeira vez que foi en coche ao veterinario pasouse do asento de atrás ao de adiante xunto a miña tía. A parte máis interesante de esta biografía chega agora. Foi un día ao vir do colexio, eu mirei o chimpín con tódolos cables destrozados. Despois o meu avó contoume o que sucedera: foi TINTÍN cos seus enormes dentes; a avoa berroulle e quedou toda a semana sen saír de paseo. Ah! Outra trasnada del foi un día, sucedeu cando estaba facendo os deberes na habitación coa luz acendida, e, de repente, foise a luz, TINTÍN foi o causante do apagón na miña casa. Tiña ao lado unha instalación eléctrica e el mordeuna; ao mesmo tempo que se foi a luz TINTÍN meteu un grito e todo quedou nun susto. Finalmente, a súa morte foi con 9 meses. O día anterior comera unhas plumas dos polos que matara a miña avoa. Ao día seguinte estaba tombado nas escaleiras cando eu saía pola porta. Funlle dar ánimos para que se recuperase, pero cando miña nai me veu buscar ao colexio contoume que falecera. Agorá está enterrado no monte polo que tanto lle gustaba pasear. Ernesto 4º Ed. Primaria

O meu programa Este debuxo fixeno un día que estaba mirando na tele o programa “Art Attack”. Sae os sábados e domingos pola mañá. Séntome diante do televisor e presto moita atención. Logo collo as cores, as tesoiras e o papel e trato de facelo igual. Este debuxo é unha árbore que se ve de noite coa lúa e as estrelas. Denis 3º Ed. Primaria


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Alumnado de 4ยบ Ed. Primaria


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Praza da Leña: recibe o nome do produto que se vendía nesta praza. No centro está o cruceiro do século XV que posiblemente estivo na ponte do Burgo. Aquí atópanse os edificios centrais do Museo de Pontevedra.

Praza da Ferrería: é a principal praza da cidade e recibe o seu nome polas forxas que existían antigamente nos seus soportais. No entorno da praza está o edificio de Facenda.

Praza da Verdura: esta praza, que tamén toma o seu nome do comercio que en elas se desenvolvía, presenta con respecto a outras de Pontevedra a peculiaridade de conservar ata hai pouco o tradicional mercado de verduras que antigamente foi tamén de castañas e froitas.

Praza da Pedreira: nome derivado das Rúa do Rego: hoxe chamada Rúa Real. Esta foto está tomada na “Fonte dos tornos”

actividades de talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade. Antigamente coñecida como “praza da herba” é un lugar inundado de tempos pasados no que atopamos un precioso pazo construído nos séculos XV e XVIII. Exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego: o pazo de Mugartegui.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Praza de Curros Enríquez: praza dedicada ao poeta de orixe ourensá do mesmo nome. Nesta praza podemos ver un monumento a Alexandre Bóveda

Praza de España: é unha praza de aspecto moderno na que se alzan os principais edificios administrativos de Pontevedra e a igrexa de Santo Domingo, do século XIV, transformada hoxe nun museo que expón pezas de arqueoloxía romana e medieval.

Praza de Méndez Núñez: antigamente chamada “praza das galiñas” polo mercado que na praza se celebraba. Está situado no centro histórico de Pontevedra, un dos mellores conservados de España. O nome da praza tómao da casa onde viviu o contraalmirante Méndez Núñez e onde morreu en 1869.

Praza de Alonso Fonseca: a praza alberga a casa gótica da familia e o fogar dos Méndez Núñez. A estrada asoma a igrexa de Santa María.

Praza do Teucro: Esta praza está rodeada por casas patriarcais dos séculos XVII e XVIII, como eran os Gago e os Montenegro, o pazo de San Román e o pazo do Marqués de Aranda. Nelas podemos atopar bos exemplos de heráldica da cidade. Sinalar que nas rúas adxacentes encóntrase unha das zonas máis importantes para tomar tapas e ir de viños. Outra singularidade segundo conta a lenda é que o arqueiro grego Teucro, despois da guerra de Troia, viaxou a occidente e fundou o que sería a cidade de Pontevedra. Alumnado do 3º ciclo


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Os/as nenos/as de Ed. Infantil elaboraron un mural e montaron unha exposiciรณn sobre a NATUREZA, que foi visitada polo demais alumnado do colexio. Un gran traballo!


CEIP DE TENORIO

ESCENAS DE MATRIMONIO

CURSO 2007-08

Luís.- Matildeee, xa estou na casa! Matilde.- Amoriño, estou no salón! (Luís vai andando ata o salón e ó chegar queda coa boca aberta) Luís.- Pe-pe-pero! Que fas así vestida? E que...imos de pesca? Ah, ah, ah! Matilde.- Que non bobo, mira o que teño aquí! (Matilde agáchase e colle unha barca. Luís ri a gargalladas) Luís.- Unha barca. Ah, ah, ah! Para que queremos unha barca? Ah, ah,ah! Matilde.- Merqueina para facer exercicio e adelgazar...e...para de rir , oh! Que home este! Luís.- Irás ti soa, non? Porque eu non estou tan gordo coma ti! Ah, ah, ah! Matilde.-Argalleiroo! Eu son máis delgada! Colle a túa roupa e imos aló! (Luís pon as botas de pesca e un chuvasqueiro e botan a camiñar lixeiros coas cousas que han levar. Escollen un sitio para parar) Matilde.-Cuchifritín, paréceche ben este sitio? A min encántame! Luís.-Ah, ah, ah! Paréceme un sitio boiiiísimo! O caso é que a auga aguante o teu peso. Ah, ah, ah! Matilde.-Ah, ah! (di con sorna) Canta graza! A ver se vas quedar sen merenda! Veña, colle os remos e dálle! Luís.- A orde balea! Ah, ah, ah! A ver se vou quedar sen merendar outros cincuenta anos. Matilde.-Cala dunha vez e sube! Colócate detrás! (Collen os remos e empezan a remar. Matilde canta mentres o home, disimuladamente, empeza a pescar e non rema) Matilde.- Pero...que fas? (Luís leva un caldeiro cheo de peixes) Luís.- Coller peixes e máis peixes! Matilde.- Peixes son os que ti tes na cabeza! (tira os peixes fóra da barca) Imos merendar, oh! Que xa chegamos á praia! (Deixan a barca e van camiñando ata o lugar onde colocan a toalla e unha caixa, da que sacan bocadillos e viño) Luís.- Que bo está isto, non fan coma ti que cada vez me gustas menos! (Matilde enfádase moitísimo, deixa o seu bocadillo e ameaza ó seu home) Matilde.- Correee todo o que poidas lacazán, que vas levar unha boa! (Matilde persegue ó seu home polo escenario e remata a función)

(Juanchiño e Xabieriña son unha parella de noivos que aparecen de pé roncando enriba do escenario. Falan entre eles con moita suavidade) Xabieriña.- Juanchiño! Juanchiño.- Que ? Que pasa ? Xabieriña.- Roncas! Juanchiño.- E ti...! Xabieriña.- Si, pero eu non me molesto! Juanchiño.- E eu a min tampouco... Xabieriña.- Por que non marchas á cama? Juanchiño.- Porque me senta moi ben esta soneca! Xabieriña.- Pero é que así roncas máis forte! Juanchiño.- Pois xa tiñas que estar acostumada! Xabieriña.- A isto? Pero si pareces un león! Ademais...cada vez que roncas lémbrasme que segues respirando! Juanchiño.- Eu tamén te quero, bombonciño! Xabieriña.- Juanciño, teño insomnio! Juanciño.- Normal, se foses á cama! Xabieriña.- Pero eu estaba aquí antes! Juanchiño.- Si, toda a vida! Xabieriña.- E agora, que fago? Juanchiño.- Conta cascudas, vella! Xa verás como dormes! Xabieriña.- Que asco, serán ovellas! Juanchiño.- Non, ovellas non, que seguro que as comes! Xabieriña.- Bobo! Juanchiño.- Flor de loto!


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

(Alfredo e Marisinda están na casa, el deitado no sofá e ela traballando) Alfredo.- Vou cambiar de equipo porque este Madrid non gaña nada. Vou cambiar para o Barcelona! Laura.- Alfredooo! Alfredo.- Queee! Laura.- É a hora de cear, corre ven! Alfredo.- Tráeme a cea ó sofá, está xogando o Madrid pero creo que vai perder! Laura.- Que te cres, que che vou levar a cea ó sofá? Lacazán! Alfredo.-Pois espera que estou mirando o partido! Laura.- Pois eu...voume duchar! Alfredo.- Que muller esta! Parece unha vella rosmona! (Escóitase GOL!) Laura.-Alfredo, Alfredo! Acaban de meter un gol! Alfredo.- Si, vale! (Marisinda sae do baño coa máscara de beleza de cor verde posta na cara pero Alfredo non se decata e fala só) Alfredo.- Pero que día máis redondo. Primeiro atopo á vella da miña muller enfadada e logo perdo o partido. O único que me faltaba era que houbese coliflor para cear. (Marisinda enfadada pétalle no lombo con discreción e Alfredo ó vela berra)) Marisinda.- Hum! Alfredo.- Aaaaah! Marisinda! Corre! Nin coliflor nin gaitas! Acabo de ver unha pantasma e... parécese moito a ti! Marisinda:- Que home este! (fala con resignación)

(Berta e Óscar manteñen un conversa dende cuartos separados polo que teñen que berrar bastante) Berta.- Óscar! Vai ó mercado e compra un quilo de mazás e catro tiras de allos! Óscar.- Eu estou reparando a moto e agora non podo! Berta.- E eu estou a facer un pastel dos meus e preciso o que che encarguei! Óscar.- En fin... irei (di malhumorado). Berta.-Pero... o que merques , fíxate que sexa de boa calidade! E non o merques na tenda de FRUTAS PONTEVEDRA! Óscar.- E logo? Berta.- porque nesa tenda, un día merquei laranxas e todas estaban esmagadas! Óscar.- Ben, se tanto me aconsellas vai ti e rematamos antes! Berta.-Non! Óscar.- E...merco das máis baratas ou das máis caras! Berta.- Contigo, Óscar, non hai forma... (Óscar vai ós recados facéndose o preguiceiro e cando volve...) Berta.- Estaban baratas? Óscar.- Toma! Aí tes todo! Si, fun a FRUTAS PONTEVEDRA PORQUE na outra tenda non había froita. Berta.- Ti... Estás xordo ou que? Non che dixen que non mercaras alí? Óscar.-Aínda por riba, non está contenta! (Berta mira a bolsa que non ten nada e fala con resignación) Berta.-Meu amor! Pero...ti que fixeches? Mercaches os allos máis baratos de toda a cidade? Óscar.- Pois eu non vou máis! Se non che gusta, bótalle azucre! Berta: Grrr! Que pesadelo de home! (Para finalizar, Óscar bota un baile cunha froita que entra no escenario) CORO: Goza da froita Sabor sen azucre. Azucre non! (bis) Azucre!

Alumnado 3º ciclo


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA O terceiro ciclo de E. Primaria asistiu, no terceiro trimestre, a un obradoiro de creación literaria programado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Xesús Constela Doce, Premio Torrente Ballester de 2003 e o da Crítica Española de 2004, coa súa obra de relatos “As humanas proporcións”. Durante varias sesións, o alumnado do terceiro ciclo achegouse ao mundo da narrativa e da poesía, levados pola man de Xesús, que lles amosou pequenos trucos e reviravoltas do mundo da escritura. Deste xeito, todos/as puidemos gozar e xogar coas letras e achegarmos aos pequenos universos, reais ou ficticios, dos que xorde a literatura. OBRADOIRO DE METÁFORAS A bala vai por un túnel, a fala por un cordel. Vai dicindo chucu-chucu, moita xente voa nel. (O TREN) O tigre corre coma o lume. Devora como o lume. Atravesa o bosque o lume. (O TIGRE) Do universo saíu unha pelota. E pola galaxia vai botando, vai xogando coas estreliñas e nunca se cansará. Do universo saíu unha pelota que está moi maliña, pola xente que está en guerra e só a contamina. ( A TERRA) O mundo en que vivimos, é como unha pelota. Redonda e inmensa igual ca unha sorpresa. As sorpresas son fermosas, fermosas como as bolboretas. (A TERRA) Os raios do sol brillan na herba porque as margaridas están contentas. As margaridas son pequeniñas como perlas. E están alegres nos días soleados. E tristes nos nubrados. (AS MARGARIDAS

As fresas* son vermellas como o sangue. O sangue saíu da herba. As fresas* beben auga. A auga saíu da terra. (OS AMORODOS)

A NUBE A esponxa está no ceo. A esponxa chora. E todo o mundo se molla. (A NUBE) A perla maquíllase todas as mañás. A perla peitéase co seu peite de cristal. A perla engalánase tódolos días. (CARA BONITA) O sol é coma unha moeda. O sol é unha moeda. Unha moeda dourada ten resplandor no ceo. (O SOL) Polas tardes escoito un reiseñor nas ondas, nas douradas ondas do atardecer que me fala que me conta, que me fai sentir ben. (A RADIO)


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

POEMAS POR QUE CHORAS? Por que choras sen parar? A túa dona deixoute soa. Miña meniña de pernas de trapo corre, corre e escapa do gato.

VERDE TERRA... Verde terra de meus pais es máis bonita que tou-pai-pai. Aínda que non máis que meus pais que pasa? Flipais!

UN HOME montado a cabalo cabalga polas montañas rochosas albisca as árbores, as cousas e os paxaros. Fala das historias.

Branca rosa dos meus días que sempre decoras a miña casiña cos teus relucentes brillos como contentos paxariños.

Verde terra de meus pais, a ti che debo a vida, se non fose por ti non estaría viva.

Enchédevos das lágrimas de meu amor, porque me deixaches a min aquí soa, no fin.

Verde terra de meus pais, verde terra da miña avoa, verde terra dos meus soños e das miñas poesías.

( David Nores) O MAR tamén cantou xunto á primavera que chegou. Os nenos póñense a xogar xunto ás ondas do mar. As flores miraban e xunto a elas cantaban (Tania Bugallo) VOA, voa paxariño que vas chegar tarde e ti es o responsable.

DOCE SABOR DE MEL Doce sabor de mel que sabes tan ben que recendes como un caravel que naces nunha colmea das abellas.

MENIÑA DE OLLOS DE AUGA Meniña de ollos de auga meniña doce coma o mel, eu douche esta cantiga, ti dásme ese papel.

Doce sabor de mel que enche o meu corazón e vai de boca en boca pedindo doce amor.

Papel cheo de versos, papel cheo de risas, papel cheo de cantos, de rosas e de brisas.

Doce sabor de mel resplandece na pel co teu amor de papel e o teu cheiro de mel.

Meniña dos ollos de auga que un día vinte na rúa chorando e chorando pola túa boneca Lúa.

Xa está, xa está bateaches sen parar e xa sabes voar. (Javier e Juan Carlos)

Doce sabor de mel é coma a súa pel branquiña coma a neve. Beizos vermellos, ten de sabor mel, vermellos coma un caravel.

Que en primavera es rosa, amorosa e en inverno es branca e fría xa non sei por que o digo porque chego ao inverno e danme calafríos.

MÚSICA A música suave é coma o resplandor da túa pel. Xogando cos teus cabelos de ti me namorei.

Voa, voa paxariño para deixar pegadas no camiño e os que veñan atrás pisarán os oquiños. Bate as túas ás, move a túa cola, e xa verás como voas.

Música sinxela que enches o meu corazón que ao meu amor xa llo encho eu. (Carla e Cris) O MAR As ondas batían fortemente na area. O sol brillaba docemente na tarde. Mais enriba da praia, bonitas flores florecían durante a primavera. As gaivotas, todas contentas voaban ao longo da praia. O mar era dun azul mariño intenso, frío que viña e marchaba. ( Fanny)


CEIP DE TENORIO AS VIAS DA IMAXINACIÓN Fomos de viaxe ao mar pola autoestrada da imaxinación. O ceo estaba colorido e os paxaros entoaban a súa canción. Os paxaros piaban a súa fermosa melodía e nós a escoitabamos e así alegrabamos o día. (Iván, Anxo e Pedro) O SOL é tan brillante como o teu mirar. Mar, mar,mar, es tan inmenso coma o amor que sento. Corre polo ceo, corre pola terra, é o vento que murmura que murmura na fiestra. ( Nati) NUBES As nubes brancas son como a pel do meu amor. Teñen formas moi distintas e un corazón de vapor. Unhas veces vanse outras veces non pero nunca desaparecen do teu amor ardente. (Irene e María) A ÁRBORE Unha árbore de cristal brilla,brilla como metal. A árbore forte é pequena tamén é garda da flor “dancal”, árbore que vive nos montes do mal e pásao fatal. (Roberto) VOA, voa andoriña e torna axiña, que aí ven a galiña e detrás a pitiña coa unlla ben afiadiña. Voa, andoriña e marcha da eiriña que senón vas ser pasto da cabriña que xa está cheíña. Corre, andoriña preciosa, a comer esa babosa que no teu ventre estará ben saborosa. Salta, bonita por riba da pita e sae a voar cando escoites falar. (Juan)

CURSO 2007-08 QUE TRISTE, QUE TRISTE As montañas están negras, que triste, que triste. A natureza chora, os animais escapan, que triste, que triste. A lúa volveuse tola, que triste, que triste. Xa pasaron moitos días e o bosque non renaceu, que triste, que triste. Con palas e bo corazón, os humanos axudaron, que ben , que ben. Chegou a salvación, que ben, que ben. O monte resucitou que ben, que ben. A montaña recuperouse, que ben, que ben. ( Raúl e Martín) O AMOR E A MÚSICA O meu amor é coma a música. Cando o escoito penso nela. Cando a vexo penso nas estrelas. A música é coma o amor, tan fráxil e tan fermoso. O amor e a música xúntanse nun cantar agarimoso. Cando te vexo teño calor polo teu amor. Es raíña das guapas xoaniñas. ( Miguel e Vicky) CEO FERMOSO que es azulado de noite moi negro e tamén estrelado. De día es ás veces, neboento pero igualmente fermoso. Tes compañeiros no aire son os pícaros paxariños, e os grandes avións viaxando entre nubes de algodón. Os humanos non comprenden por que choras, e as bágoas do teu traxe branco póñenlle o nome de choiva. Por que choran eses veludos brancos? É que perderon un amigo? ( Carlos)

O SOL Sol, soliño quenta un pouquiño ao meu meniño. No berce está o meniño botando bágoas de auga doce, caladiño. Sol, soliño es moi grandiño igual ca o meu irmanciño. Meu irmanciño doce coma o mel é suaviño como a miña pel. Sol, soliño es moi redondiño como un garavanciño. Garavanciño, garavanciño tan pequeniño como o soliño. Sol, soliño tan coloradiño rindo e quentando polos camiños. (Tania e María) A LÚA Lúa, luíña saes pola noitiña. Lúa, luíña es moi redondiña coma unha moediña. Lúa, luíña es moi branquiña como a neviña. Lúa, luíña es moi bonitiña como unha perliña. Lúa, luíña es a miña amiguiña! ( Iralys e Rocío)


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

VOA, VOA ANDORIÑA que tes moita présa. Non vaias caer na miña mesa. A túa cor preciosa nunha tarde manchada. Voa, voa andoriña que es moi boíña e cando te vexo voar síntome coma un peixiño do mar. Voa, voa andoriña que aí che ven unha paxariña e xuntas iredes moi contentiñas. Voade, voade andoriñas que ides moi rapidiñas nunca vos cansedes para non ter sede. (Eloy) ESTRELAS E O MAR O teu amor é coma as estrelas. As estrelas parecen moi pequenas, pero son grandes coma o teu amor. Os teus ollos brillan de amor coma as estrelas. As estrelas están no ceo e ti na terra, pero co teu amor eu síntome coma elas. É dicir, coma unha estrela. (Jessica e Jenifer) FLORES E AMORES No campo florecen as flores na herba florecen pequenas cores. Ai María! Que floreces como os amores. A María gústalle o campo porque está cheo de olores. Ai María! Que floreces como os amores. As flores están cheas de sabores. Os amores veñen dos olores. Ai María! Que floreces como os amores. Os amores de María son as flores. Os amores de María son as cores. Ai María! que floreces como os amores. ( Sandra, Irene, Sheila e Iago)

O VERÁN Cando o verán ven, os nenos póñense contentos; saben que veñen as vacacións, a praia e o bo tempo. Os barcos,mareados póñense a bailar por enriba das belas ondas, enriba do noso inmenso mar. O ceo está azul, e as nubes moi brancas; o azul e o branco, fan o ceo máis brando. ( Tatiana e Laura Nores)

O BOSQUE No bosque brillante do belo atardecer, bailan as papoulas e os grilos tamén. Coa súa danza constante pouco a pouco van animar a todos os animais deste vello bosque vexetal. Os paxaros voando aprenden este belo cantar, cheo de adiviñas de amores e de paz. As froitas e os insectos deste bosque singular andan na procura do poeta que fixo este fermoso e agradable cantar. ( Tatiana e Laura Nores)


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

S.W.A.T. Érase unha vez un home de dezanove anos, alto, ollos azuis, pelo corto e rubio que se chamaba Mikel. Era un S.W.A.T. legal. Era o mellor e cando había unha misión que non podía resolver a policía ían el e o seu grupo de S,W.A.T.. Os demais chamábanse Xabi, Xoán e Martín. Un día foron a un edificio que se chamaba Guggenheim. Alí había dezanove secuestradores con trinta e oito reféns, que eran millonarios. Despois de unha hora e media chegaron os S.W.A.T. e entraron polo tellado. Cando entraron no edificio víronos dous ladróns e os SWAT empezaron a facer karate e deixáronos K.O. Logo os S.W.A.T. fixeron un plan que consistía en que un deles atraía parte secuestradores e os deixaban inconscientes. Mikel e Xabi quedaron vixiando por se viñan máis. Mentres, Xoán e Martín, foron polos condutos dos ventiladores e caeron enriba dos secuestradores e atrapáronos, lanzando un fume que deixaba inconscientes a todos . Ao final, Mikel, Xabi e Martín foron para a casa coas súas noivas, que eran as máis guapas do mundo, que non vou nomear porque senón... Miguel MUTADO POR UN DÍA Un neno ía paseando e topou cun león que o quería coller e o león fuxiu á central nuclear. Alí caeu na poza de residuos nucleares e sufriu unha mutación. Converteuse nun león xigante. O neno ao ver o que provocara decidiu vencelo e tirouse tamén na poza. Converteuse nun orco xigante cunha maza de pinchos. Enfrontouse ao león e gañou. Logo tirouse á poza e volveu a ser o mesmo de antes. Enterrou ao león e iso levoulle cincuenta días e medio da súa vida. Volveu á casa e contoullo a todo o mundo o que pasara, pero ninguén creu. Entón colleu unha cinta de vídeo e alí saía todo o que fixera. Carlos e José Carlos SARA Había unha vez unha nena que se chamaba Sara. Vivía nunha casa moi bonita. Un día chamárona os veciños da casa do lado, dicindo que a súa avoa estaba moi enferma e que ía morrer dentro duns días. Entón apareceu Verónica que era unha fada . Sacou unha bolsa que tiña pos curativos e curou á avoa de Sara. Sandra, Sheila, Irene e Iago A NOVA CABAÑA Érase unha vez tres irmáns que estaban na cabana, onde a cotío xogaban. Sentiron un forte ruído. Era unha das cordas da cabana que rompera porque estaba mal atada e era vella! Ía caer a cabana! Todos baixaron polas escaleiras a todo correr. Agocháronse detrás dunha árbore e ... bum!A cabana derrubouse. Os nenos quedaron moi desgustados e tiveron que empezar a construír unha nova. Conseguiron paus, táboas, plásticos e tamén cordas; puntas e un martelo. Dende aquela a cabana era máis ampla e fermosa e aínda máis secreta, pois iso era o que querían. Anxo, Pedro e Iván


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

O PORCO ESPIDERMAN O porco Espiderman vai rescatando vidas dos outros animais. Viste unha capa de cores azul e vermello, ten a pel coma un ancián , usa unhas lentes en forma de peixe e leva uns zapatos que lle deron os “Pitufos”. Hoxe foi ao instituto de Forcarei porque o director lles dixo que fose alí para que soubesen quen era e coñeceu a uns rapaces moi argalleiros. Logo chamárono para que fose a rescatar ao seu amigo “Ratón” que se chamaba Wili que facía sempre trampas ao xogar ao parchís. Pasáralle unha cousa tremenda: estaba no seu piso a durmir e, de súpeto, comezoulle a arder a cociña. Pediu axuda pero ninguén o oía, ata que apareceu un raio voando: -É o porco! Venme rescatar! -Onde estás? -Aquí no medio do lume e voume queimar! -Tes o rabo ardendo! -Miña naiciña! Meu rabo! O porco máis o rato saíron de alí, cando de súpeto chegaron os bombeiros para apagar o lume. O porco gritou: -Despois dunha hora chegades para apagar o lume! Os bombeiros dixeron: -Non puidemos vir antes! E os dous felices e contentos foron para a casa do porco a comer unha torta. Iso si, o rato co rabo queimado. Ata a próxima, amigos! Vicky e Jéssica A GALIÑA CHIQUI CHIQUI Un señor moi normal, que non chegaba a fin de mes, estaba andando pola cidade cando... caeu unha galiña dun camión e quedou gravemente ferida. A galiña era moi divertida: parecíase ao Chiquilicuatro, o de Eurovisión. Tiña un “tupé” grande e unhas lentes redondas. O home colleu a galiña e salvouna na súa casa. En agradecemento, a galiña cantoulle a canción do “Chuiqui Chiqui” e expúxolla ao público. Así conseguiu ser famoso e rico. David e Roberto TOBY, TABY E OS ZAPATOS MÁXICOS Á granxa onde vivían Toby e Taby, uns coellos moi divertidos pero pequerrechiños, dirixíase un furacán. Toby e Taby dixéronllo aos demais coellos pero non os creron, así que fuxiron ao bosque. Cando pasou o furacán volveron á granxa pero... non había ninguén, só uns zapatos que falaban. Ao principio estaban moi asustados pero despois fixéronse moi amigos. Toby e Taby. Toby e Taby e os zapatos que se chamaban Corolín e Corolón decidiron emprender unha viaxe par buscar unha nova granxa onde pasar o inverno, que xa faltaba pouco para que chegase. Polas noites Toby e Taby metíanse en Corolín e Corolón para estar quentiños. Corolín e Corolón estaban moi felices porque os querían moito. Un día, camiñando, atoparon unha granxa onde os acolleron moi ben. Alí pasaron toda a vida! Con Corolín e Corolón. Irene, Carla, María e Cristina.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

MISIÓN ULTRASECRETA Ola! Somos o equipo Raluchuova e temos unha misión: atopar aos ladróns do leite, da la e dos ovos. E que... XA ESTAMOS FARTOS! Hoxe estaremos nos nosos postos toda a noite, a ver se os pillamos coas mans na masa. -Aos vosos postos!- di o granxeiro Ramiro- Lucía, vixía a porta! Churriña, prepara os ovos que hoxe van cear tortilla! Ovilli, dille ao barbeiro Peleteiro que te afeite e que garde a la! Vacamú, carga as pistolas de leite! -Alerta “canuda”, alerta ladroa! Que veñen! Que veñen!-din todos a coro. -Que veñen! Quen?- di o granxeiro. -Os ladróns!- din todos a coro -Todos aos seus postos!- di o granxeiro. -Ola! Son... Os animais da granxa disparan leite, collen a catapulta e ... TOMA TORTILLAZO! TOMA OVAZOS! E aínda por riba...Era a nai de Ramiro. María e Tania. OBSESIÓN POLAS AMORAS Había hai moitos anos, nun recuncho de Rusia, unha nena chamada Carolina. Ela compartía casa cos seus pais e o seu irmán. A Carolina encantábanlle as amoras, e todos os días ía ao bosque na súa procura. Pasaba a maior parte do tempo no bosque . Pero un día un oso, o que lle gustaban moito as amoras, e que estaba quedando sen elas pola súa culpa, díxolle con moi mala intención: -Oes, Carolina? Que che parece se che ensino un lugar no que hai moitas amoras? A nena moi emocionada díxolle que si e o oso levouna por un bosque. Cruzaron un río e... de súpeto, chegaron a unha inmensa casa feita de pedra, con verdes ventás e unha porta o dobre de grande que un avión. O oso empurrou á nena por un burato que daba á cociña. Nela, estaba un xigante que, sen moito esforzo, a atopou. Carolina, asustada, correu ata unha flor dun metro na que se agochou. O xigante, ao non atopala, marchou para casa. Ao final, aproveitou a súa aventura para contarlla ao seu irmán en forma de conto. Mentres, a súa nai facía a cea. Era o que máis lle gustaba a Carolina: torta de amoras. Aquel día, aprendeu unha lección: non te fíes dos descoñecidos. Laura e Tatiana O BOSQUE INCENDIADO Nun fermoso e vello bosque no que habitaban moitos animais moi bonitos, destacaban os irmáns Xil. Destacaban porque son dous esquíos moi rebuldeiros que pasaban o día rillando nas piñas. Un día, saltando de póla en póla, déronse conta de que o bosque estaba ardendo. Asustáronse e saíron escorrentados. Berraron moi alto, meteron o rabo entre as pernas e fuxiron. Finalmente, atoparon unha residencia de animais perdidos. Javi e Juan Carlos


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

DE NADA A TODO Son Lord Lancelot, o garda do rei Arturo e quérovos contar a miña historia. Comezo do século XI D.C. Estaba eu no meu posto de vixía , cando unha frecha me atravesou: -Atácannos! Todos ás armas campesiños! De súpeto, un mar de frechas caía sobre o pobo, matando a todos os campesiños. A todos? Non! Arturo, Xenebra máis eu saímos a tempo do pobo. Por sorte, tiña unha pequena cabana construída no norte do pobo. Estivemos varios días nela, ata que decidimos saír. Ao chegar ao pobo, Xenebra case se esvaece. Estaba todo arrasado! Só había unha casa en pé. Ano 1020. Xa estabamos cansos de traballar! Xa pasaran moitos anos desde a batalla! Un día, á espera dalgunha peza, escoitamos carros, cabalos e moita xente. Ao principio, tiñamos medo pero non eran inimigos. Ano1030. Enriba deste pequeno pobo construíuse unha gran cidade, chamada Camelot. Arturo converteuse en rei e Xenebra en raíña. A min déronme o título de garda persoal do rei. Raúl A GALIÑA CELOSA Un día, nunha granxa, un galo e unha galiña discutían coma sempre: -Ti sempre andas con outras galiñas e comigo nada. Por iso, vou marchar do curral, a outra parte... onde haxa un “quirico” máis guapo! -Non! Eu quérote moito e non quero que marches do curral! -Pois a solución e que esteas comigo e con ninguén máis! - Eu quérote! -Déixate de bobadas!rematou a galiña con frialdade. E... sen pensalo dúas veces, a galiña marchou con moita rabia do curral. O galo quedou triste e pensou: -E se vou detrás dela? E así fixo e pediulle perdón. A galiña fíxolle xurar que estaría sempre pendente dela e así tiveron moitos poliños. Tania Bugallo, Fanny e Natividad A TRISTE HISTORIA DO PAI E DO FILLO Había unha vez un neno e un pai que vivían nunha afastada montaña. Tiñan unha cabana para durmir. A nai do rapaz morrera e tiñan que facer todas as labores da casa e da horta: preparar a comida, plantar cebolas e patacas... Todos os días tiñan que baixar da montaña cara á aldea que estaba a cinco quilómetros. Non tiñan medio de transporte e tiñan que ir a pé, e levar as bolsas ou unha caixa de comida na cabeza. Ían cara á súa cabana e un coche que ía a toda velocidade levounos por diante, e desprazounos aos dous uns trinta quilómetros. Chegou a ambulancia pero non podían facer nada por eles porque morreran. E así foi a desgraciada historia do pai e o fillo. Martín e Isaac


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

“ O COE -

BRAN-


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Tradución do conto feito en castelá pola autora, que tamén se dobrou ao galego para facer unha proxección na Semana das Letras Galegas


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Antía Gondariz 4º Ed. Primaria


CEIP DE TENORIO

Fanny Bourdón 6º E.P.

CURSO 2007-08

Tania Bugallo 5º E.P.

Jose Carlos Lameiro 5º E.P.

Jenifer Morgade 6º E.P.

Antía Gondariz 4º E.P.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Pedro 4º E.P.

Antía 4º E.P.

Álvaro 4º E.P. Ernesto 4º E.P.

Nerea 4º E.P.

Alberto 4º E.P.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

Visitounos Federico de la Peña

Viñeron dous contacontos

Tamén tivemos aos do RACC

Un ilustrador estivo con nós.

Recibimos información do medio ambiente cos de Ciencia Divertida


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

AS NOSAS PRIMEIRAS XORNADAS DE CONVIVENCIA No primeiro trimestre do curso o noso colexio tivo unhas xornadas de convivencia coa Asociación Xoán XXIII e o Colexio de Educación Especial Príncipe Felipe. O alumnado de 6º de educación primaria acudiu á Asociación Xoán XXIII onde lles amosaron os distintos obradoiros dos que dispoñen, implicándose activamente no de xardinería. Despois dunha merenda visitamos a finca de Montero Ríos. O colexio de Educación Especial Príncipe Felipe recibiu ao alumnado de 5º de educación primaria onde logo de guiarmos polas distintas dependencias, fixéronnos partícipes nos distintos xogos, obradoiros e merendas. No terceiro trimestre, o noso colexio, recibiu a visita de ambos os dous centros. Despois de amosarlles as distintas actividades feitas polo alumnado ao longo do presente curso e facer unha pequena actuación teatral, demos por concluída a convivencia, non sen

antes ter unha gran chocolatada.


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

O profesorado deste colexio considerou moi importante a experiencia, polo enriquecemento que aportan este tipo de actividades onde todos os nenos e todas as nenas, dun modo espontáneo e cordial, colaboraron estreitamente e no que prevaleceron os intereses de compartir o seu saber, chegando a crearse boas relacións entre os/as asistentes. No colexio tamén houbo unhas charlas entre o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e o profesorado. O motivo era como actuar para mellorar a convivencia no centro. Despois do debate e de aclarar que non había grandes problemas no centro, decidiuse que o alumnado do 3º ciclo iría polas aulas do centro para recordar algúns aspectos que se poden mellorar.

NAS AULAS: IMCUMPLIR TAREFAS MOLESTAR AOS COMPAÑEIROS ANDAR DE MESA EN MESA NO PATIO: NON DEIXAR XOGAR AOS DEMAIS NON COMPARTIR OS XOGOS TIRAR PAPEIS AO LIXO NO COMEDOR: FALAR EN VOZ ALTA ESTAR MAL SENTADOS DEIXAR RESTOS DE COMIDA NO CHAN

NOS CORREDORES: NON BERRAR NIN CORRER NON MOLESTAR ÁS AULAS QUE ESTÁN TRABALLANDO


CEIP DE TENORIO

CURSO 2007-08

DEPORTE NA ESCOLA Coma todos os anos continuamos a participar no deporte escolar dentro do programa de Deporte na Escola. Seguimos compartindo bos momentos cos nosos compañeiros/as de Cerdedo, Soutelo, Campolameiro, Carballedo, Forcarei e Pontecaldelas. O de menos están sendo os resultados, o mellor é a convivencia, as amizades, etc. Estivemos participando na nosa zona, e logo, en certos deportes, acudimos as fases finais provinciais e incluso galegas. Fomos a Salceda de Caselas para participar na final provincial de campo a través, estivemos en Silleda na fase galega de “Xogando ao atletismo”, tamén en Ponte-

vedra na fase provincial de “Deporte na escola” e por último fomos a Ourense para a fase galega do mencionado deporte na escola; nesta última estivemos co alumnado do CPI O Cruce (Cerceda—A Coruña), do CEIP Bibei (Viana do Bolo—Ourense) e CEIP As Mercedes (Lugo). Ah! Por certo, este ano estreamos novas camisetas. Esperemos que duren.


CEIP DE TENORIO Laura Nores

Martín Estévez

Roberto Rodríguez

Javier Meijueiro

CURSO 2007-08 Juan C. Argibay

Tania Rodríguez

Iván Couto

Victoria Marcial

Querido Colexio de Tenorio: Estes anos compartimos moitas risas. Sobre todo co Magosto, Nadal, Entroido, Excursións, Semana das Letras Galegas… Cantos recordos! Os premios, as visitas, os campionatos de Deporte Escolar… Todo isto (para algúns de 6º), xa soamente son recordos. Recordos que gardarán nos seus corazóns con moito agarimo, alegría e aprecio; recordando que sempre tiveron un Colexio que lles ensinou os camiños que deberían tomar, tanto para ser estudantes, coma para ser boas persoas

Jennifer Morgade

Iago Fontenla

Eloy Lorenzo

Rocío Pereira           

Isaac González

Juan Gil

Miguel Dios

Iralys Márquez

María García

Sandra González

Fanny Bourdón

Jéssica Marcial


C. E. I . P. DE T ENORI O T ENORI O S/ N 3 6 1 2 0 T ENORI O ( COT OBADE) T E L ÉF ONO/ F AX 9 8 6 7 6 4 1 0 2 E- MAI L CEI P. T ENORI O@EDU. XUNT A. ES


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.